Total de visualizações de página

sexta-feira, 5 de maio de 2006

SOS Touriñán: Será que temos que poñer o cava a refrescar?

Category:   Collectibles

As veces os que loitan contra eses poderosos esquecen que tarde ou cedo van vencer, porque contan con algo da sua parte moito mais forte que o poder... esa arma é a razón. O cabo Touriñán, unha das paisaxes máis fermosas e millor conservadas de Europa, LIC (Lugar de Interese Comunitario) parte da Rede Natura, podería converterse nun polígono industrial se, como proxectou o anterior governo no Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, se constrúise a piscifatoría de rodaballo meirande do mundo (máis de 300.000 m2). O novo governo puso freo á destrucción e á especulación, e presidente do Grupo Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, rabeou. Agora sabese que os técnicos de Pescanova xa se pronunciaran positivamente para duas situacións alternativas, e o seu Presidente moderou o seu discurso. o que non se sabe ben é que intereses defendía no medio da liorta Lopez Veiga...ainda que non é dificil de imaxinar. (Fontes: ADEGA e Vieiros)

E mentras o champán non está listo, podedes ver este video de Arredemo - Burla Negra

E NON ESQUEZADES: O SÁBADO 13 AS 12H, NO CONCELLO DE NIGRÁN: SALVEMOS MONTEFERRO!!!

quinta-feira, 4 de maio de 2006

2º CONCERTO SOLIDARIO DE "SALVEMOS MONTEFERRO"


 


O venres día 5 ás 12,30 da noite, na Iguana Club de Vigo, terá lugar o segundo concerto Salvemos Monteferro.Ler mais AQUI

quarta-feira, 3 de maio de 2006

A organización ecoloxista Verdegaia falará en Vigo de Monteferro (xoves 4 as 8:30)


 


Aviso urxente de que o xoves 4, ás 8,30  no local de A Revolta (Rúa Real 35, Vigo),  terá lugar un acto explicativo do que está a pasar en Monteferro, organizado pola organización ecoloxista Verdegaia

Mordor avanza na Galiza

Category:   Video Games

O Señor do Anel Único quere destruir a Galiza mentras agarda polos outros Aneis de Poder. Xa mandou os seus orcos o Val Miñor, o Morrazo, a costa da Morte, Touriñán... aqui tedes un avance dos seus planos.

A UBICUIDADE DE SALVEMOS MONTEFERRO


É que non paran!!! Por si non fora bastante sair no programa de TV CámaraCafé,  este martes Salvemos Monteferro estaba na camisola de un dos premiados nos prestixiosos Premios Literarios Minerva, e no fin de semana na festa con pinchadiscos e graffitti que o Concello de Baiona encomendou para a inauguración de unha half (pista de monopatín) en Baiona. Vexan nas fotos a festa literaria e o traballo dos graffitteiros.


Tal como van as cousas, parece cada vez mais que os que gobernan en Nigrán e na Deputación van ver esfumarse o seu futuro político, a non ser que retiren a tempo o polémico vial-autopista de Monteferro.

terça-feira, 2 de maio de 2006

Premios Minerva 2006




En pe, os ganhadores

¡Por un referendo libre e xusto para a autodeterminación do pobo saharaui!


At: Kofi Anan - Secretario Xeral de Nacións Unidas


As organizacións e persoas abaixo firmantes solicitamos que Nacións Unidas asuma os seus compromisos e cúmprase a legalidad internacional coa celebración do referendo de autoderminación sobre o Sáhara Occidental cuxo proceso iniciouse fai máis dunha década (1991), conforme á legalidad internacional e segundo compromiso establecido en diversas resolucións do Consello de Seguridade da ONU.

Os intereses familiares do Presidente Bush e a contorna do emporio petrolífero -co agravante da relación profesional e persoal do fillo de Bush coa empresa que acaba de lograr a concesión por parte de Marruecos de prospecciones petrolíferas nas costas saharauis- non pode ser o determinante do futuro do pobo saharaui.

Non podemos permitir que o pobo saharaui sexa unha nova vítima do dobre rasero da política internacional.

Demasiadas vítimas, demasiados mortos.... imposible pensar en que "outro mundo sexa posible" coas premisas de flagrantes inxustizas que están conculcan os dereitos básicos dos pobos e os dereitos humanos.

Reclamamos da Unión Europea unha posición máis activa no que se refire ao conflito saharaui defendendo a legalidad internacional co mesmo interese e implicación que nestes momentos ten en relación ao conflito entre Israel e Palestina.

Pedimos aos nosos gobernos o compromiso claro en defensa desta legalidade internacional.

¡Uns cantos pozos de petróleo non poden ser suficiente para abandonar a miles de saharauis que desde fai máis de 25 anos esperan nas zonas máis inhóspitas do deserto arxelino que se faga xustiza e que se cumpran as promesas da comunidade internacional!

¡Por un referendo libre e xusto para a autodeterminación do pobo saharaui!


PREMA AQUI PARA ASINAR