Vigo Íntegra: Un Plan que arruinaría o territorio, a paisaxe, a natureza, a biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial. Un Plan que destruiría, polo tanto, a nosa identidade.
Baixo o lema "O ASFALTO NON É PROGRESO" os 30 colectivos abaixo asinantes, entre eles Salvemos Monteferro, queremos convidarvos a tod@s a participar connosco na Manifestación contra o Plan Vigo Íntegra. Este domingo, día 30 de novembro ás 12:00 h.
Partirá da Gran Vía (Praza dos Cabalos) para rematar na Porta do Sol
CONVOCAN: A Ría Non se Vende / A.C. Berra Val Miñor / A.C. Caleidoskopio / A.VV. "Dunas" (Nigrán) / A.VV. "A Irmandade" de Priegue / Afectados Ronda Vigo - Lavadores / Agrupaçom de Montanha "Augas Limpas" / Alternativa Veciñal / Asociación A Groba / Asociación Afectados PO-313 / Bouzas Móvete / Centro Social A Revolta / Clube Espeleolóxico Maúxo / Colectivo Lúa Meiga / Colectivo Nacionalista de Marín / Colectivo Xogo Descuberto / Comisión de Seguimento da Conexión da A-57 con Peinador / Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares / Foro Social de Cangas / Grupo Axitación Social (GAS) / Luita Verde / Nunca Máis Val Miñor / OAR Redondela / Plataforma Cidadá de Redondela / Plataforma pola Defensa de Mos / Plataforma Priegue Unido / Plataforma Vive Gondomar / Salvemos Monteferro / Sárdoma en Loita / SOS Serra da Groba / Verdegaia
O meu amigo Angel Reigosa, de Salvemos Monteferro, falando coa súa filla de seis anos, acabou facendo este pequeno conto:
Permitídeme hoxe que vos conte un conto. Había unha vez un sistema hidráulico que abastecía a unha poboación. As presas almacenaban a auga que logo por diferentes canos, chegaba ás billas dos cidadáns.
Pasou o tempo e ocorreu que das presas saía moita máis auga da que chegaba ás casas, estaba claro que se perdía auga no traxecto, mais como había auga suficiente, ninguén fixo nada. Este problema inicial, non fixo mais que crecer e crecer. Algunhas veces a auga saía á superficie desde as conducións e entón o buraco era reparado, mais outras veces, a auga discorría baixo terra sen que ninguén o soubese e outras, trileiros da auga canalizábana cara ás súas propiedades sen que ninguén tivese constancia diso.
Nun momento determinado, a auga comezou a escasear e os sisudos mandatarios, logo de meditar durante moito tempo, optaron polo que para eles era a mellor solución: Ir casa por casa recollendo unha garrafa de auga e botar esas garrafas de auga de novo na presa.
O resultado de todo isto, é fácil de entender, onte contáballo á miña filla de 6 anos e coincidiu no diagnóstico: fracaso absoluto. Non parece moi sensato botar auga na presa antes de selar as fugas non vos parece?
E asi acabou o conto. --------------------------------
E todo conto debe ter a súa moral:
Para o meu pobre entender, isto é o que fixeron os nosos "sisudos mandatarios" coa crise financeira mundial. utilizaron a nosa "auga" para introducila de novo na "presa", sen selar antes as "fugas" nin expulsar aos "trileiros da auga" e o resultado pode ser un "fracaso absoluto".
Nota para mellor entender:
@s amig@s de fala portuguesa: Poden mudar presas por "barragems", "billas" por "torneiras" e "trileiros" por "gatunos" ou "vigaristas".
@s amig@s de fala española: Pueden cambiar "billas" por "grifos" y "buraco" por "agujero".
Nos últimos días todo parecen boas noticias para Monteferro, para a súa conservación e protección como espazo natural. (Na foto, as Illas Cíes vistas desde Monteferro).
Primeiro foron as palabras dos responsabeis da Consellería de Medio Ambiente expresando a súa intención de que Monteferro fose integrado no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
Máis recentemente, Monteferro aparece citado no documento das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia (DOT) que a Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas acaba de facer público. Moi en concreto, ao falar de "Vigo-Pontevedra. A Metrópole das Rías Baixas", no parágrafo "O Sistema Verde Metropolitano", o cabo de Monteferro inclúese entre os "elementos singulares que, polo seu valor ecolóxico, deben ser obxecto dunha adecuada protección e mellora pois constitúen referentes de excelencia ambiental para o conxunto da metrópole".
De maneira que todo parece indicar que os desexos de moitas persoas, nomeadamente do Val Miñor e da ría de Vigo, poden chegar a ser unha realidade de prosperar estas declaracións de intención. Poucas reivindicacións en materia medioambiental tan sentidas coma esta de Monteferro, como así se ten demostrado con milleiros de adhesións e con mobilizacións nas propias rúas de Nigrán.
Desde Salvemos Monteferro saudamos estas boas noticias que confiamos sexan realidade máis pronto que tarde. Aí estaremos apoiando canto sexa preciso para conseguilo.
Noite máxica, as 12 da noite as fogueiras e as augas purifican, as fontes milagreiras o son mais que nunca, ainda que tedes que ter coidado, xa que as meigas e os encantos andan soltos nesa noite, e tamén gostan das fontes...entre as ligazón que vos mando, hai tamén receitas para preparar as herbas de san xoan, para lavar a cara o dia seguinte. Non sei se protexen do meigallo, o que podo garantizar é que cheiran de maravilla...
Aproveitaremos esa noite, a máis corta do ano, para entregar ao lume purificador tantas malas ideas, tantas agresións que ameazan e están a destruír esta marabillosa Ría.
A festa prolongarase na madrugada con divertidas actuacións e a música en directo do grupo Dakidarría
Salvemos Monteferro e as asociacions da Ría non se vende, sumaronse á convocatoria da primeira reconquista da illa de Toralla que se celebrou o Sábado día 8 as 18 horas, convocada polo colectivo Xogo Descuberto (grupo do barrio de Coia) cuxo texto convocante foi o seguinte:
O sábado 8 de setembro ás 18:00 convidámosvos a I Reconquista da illa de Toralla, coa que pretendemos reinvidinca-lo uso da illa por parte de tod@s e manifestar a nosa repulsa ás construccións feitas nela, en especial á torre. Será un acto pacífico que arrincará dende o principio da ponte, no que levaremos música e iremos con vestimenta pirata para facelo máis visibel. Animámosvos a participar, tanto pola ponte como pola auga, xa sexa en piraguas, barcas, chalupas…Un saúdo. Colectivo Xogo Descuberto
A policía desaloxa a 300 persoas que «tomaran» a illa de Toralla nun acto de protesta
Policías antidisturbios desaloxaron o sábado pola tarde da illa de Toralla a 300 persoas que invadiran esta propiedade privada.O colectivo vigués Xogo Descoberto organizara un acto lúdico e pacífico reivindicando o uso e goce público da illa, que pertence a unha comunidade de propietarios. Na concentración interviñeron membros doutros grupos como Acción Cultural A Revolta e outras asociacións como Caleidoskopio, Luar, Bouzas-Movete, GAS, Salvemos Monteferro e Verdegaia.
No acto participaron piratas, músicos bañistas, nenos e maiores. Unha vez lido o comunicado que reivindica un deslinde de seis metros ao redor da illa para uso público terminou a concentración.
Acabado o acto, un bo número de participantes entraron na illa dando un paseo. Segundo os organizadores «nese momento tres furgóns antidisturbios irrumpiron entre os paseantes de xeito totalmente inxustificabel con porras en man alzada, ofrecendo una pésima imaxe aos nenos e nenas asistentes». Segundo membros do colectivo Bouzas Móvete, unha das entidades que acudiu ao acto, algúns dos participantes recibiron «mais dun porrazo».
Segundo indica o ecoloxista Chris Goodall, é preferible acudir ao supermercado a realizar as compras habituais en coche que camiñando, pero non penses
que é pola túa comodidade. Para chegar a tal afirmación, o ecoloxista calculou o gasto enerxético dunha persoa que acode ao seu establecemento habitual andando e tivo en conta todo o que move este simple feito e o que del se deriva.
O consumo enerxético que realiza o consumidor en cuestión provén dos alimentos que se procesan na industria, a maior consumo enerxético maior é a fame e maior é a maquinaria industrial que se move para satisfacer a necesidade do consumidor. Esta maquinaria contamina ata catro veces máis do que o faría un coche que acode a devandito establecemento.
A resposta á pregunta queres contribuír na loita contra o arrequecemento da Terra?, podería ser: acode ao supermercado en coche.
O simple feito de sobrealimentarse xera unha gran cantidade de contaminantes verteduras á atmosfera e en consecuencia, en prol do arrequecemento global. A contaminación ambiental tradúcese en enerxía, practicamente todos os alimentos teñen tras de si un ronsel de contaminación, ata se son ecolóxicos, claro que se son da propia horta a cousa cambia, pero por norma xeral, os produtos que compramos proveñen de distintas partes do mundo e só o transporte xera unha incrible cantidade de CO2 e demais
contaminantes.
Segundo mostra a publicación Times Online, un quilo de carne consumido xerou nada menos que 36 quilos de gases que favorecen o arrequecemento global. Cecais, reformularse os cambios necesarios para que os alimentos non xeren tales cantidades de desperdicios sexa algo practicamente inviable que repercutiría en toda a economía mundial pero ata entón que?, imos en coche ao supermercado?
O artigo publicado en Times On Line é sumamente interesante e fainos reflexionar sobre a orixe real de moitos dos gases e contaminantes que propician o arrequecemento global. Esta é unha das fatais consecuencias da globalización gastronómica.
O centro antena de Nigrán acolle ata o próximo 13 de agosto unha exposición sobre os traballos que se están realizando dentro do proxecto pioneiro de revalorización patrimonial de Chandebrito. Os visitantes atoparán fotografías sobre a riqueza desta parroquia do interior de Nigrán e poderán contemplar un vídeo para poder apreciar as súas paisaxes, sons e ata cheiros, posto que na sala tamén se colocaron diversas especies vexetais. As autoridades locais comprometéronse a continuar apoiando esta iniciativa que dirixe a arqueóloga Rosa Villar. Fonte - La Voz de Galicia .
Este arquipélago está formado por tres illas, a de Monteagudo ou Illa Norte, a Do Faro ou Illa do Medio e a de San Martiño ou Illa Sur.
A illa de Monteagudo está separada da costa de cabo Home, na península do Morrazo, pola canle Norte, e a illa de San Martiño está separada da costa de cabo Santoulo (monte Ferro) por un estreito coñecido como Freu dá Porta. Mentres, a illa do Faro acabou unida á illa Norte por unha acumulación de area na parte interior do arquipélago, na cara leste das illas, que forma a praia de Rodas, de 1.200 metros. Ao subir a marea, a auga pasa entre as dúas illas pola cara oeste e, taponada pola praia, énchese a lagoa formada entre o areal e as rocas. O pico máis alto atópase na zona norte da illa de Monteagudo, no Alto dás Cíes, de 197 metros de altitude e ten unha superficie emerxida de 434 hectáreas.
A súa formación xeolóxica é de finais do Terciario, cando se produciron os afundimentos dalgunhas partes da costa, co que penetrou o mar e creáronse as rías. Todas as illas atlánticas son os cumes das serras costeiras que quedaron parcialmente baixo o mar e están formadas case na súa totalidade por pedra granítica.
As tres illas son montañosas cunha cara oeste abrupta, con cantís case verticais de máis de 100 metros e numerosas covas (furnas) formadas pola erosión do mar e o vento. A cara leste ten ladeiras algo máis suaves cubertas por bosques e matogueira e atópase protexida dos ventos atlánticos, o que permite a formación de praias e dunas.
As borrascas atlánticas pasan sobre as illas, descargando ao chocar coa costa, polo que as Cíes reciben máis ou menos a metade de choiva que o resto da costa das Rías Baixas.
Historia
Na antigüidade foron chamadas Siccae (áridas). Atopáronse nas Cíes restos arqueolóxicos que datan a presenza humana sobre o 3500 adC, aínda que os restos do primeiro asentamento humano de que se ten constancia son un castro de comezos da Idade de Ferro.
Por alí pasaron os romanos, deixando restos como un anel de ouro datado no século II de nosa era, así como ánforas, cerámica e diversos útiles que se expoñen hoxe no Museo de Pontevedra.
Na Idade Media foron habitadas por monxes de diversas ordes. No século XI estiveron alí os benedictinos, que as abandonaron e volveron a finais do século XIII. No século XIV asentáronse alí os franciscanos. Tamén pasou por aí a Orde de Cluny. Desta alternativa ocupación das illas quedan como proba os mosteiros de San Estevo na Illa do Faro e de San Martiño na illa do seu nome, así como unha fábrica de salgadura sobre cuxos restos actualmente hai construído un restaurante. As idas e vindas dos monxes eran debidas a que, pola súa proximidade á cidade de Vigo, o arquipélago era frecuentemente atacado e usado como base de operacións por piratas turcos e normandos, así como armadas invasoras, por exemplo a inglesa, comandada por Francis Drake. Esta situación dura ata o século XVIII, o que acaba producindo o seu despoboamento.
A mediados do século XIX constrúese o primeiro faro na Illa do Medio, que acaba chamándose Illa do Faro. Nesa data as illas xa volvían estar poboadas por algunhas familias que se dedicaban á pesca e á gandería ovina e caprina.
Nos anos 60 do século XX as illas se despoboan de novo, esta vez definitivamente. Nos 70 e 80 comezan a ser utilizadas como destino de descanso ao que, sobre todo a xente nova da zona, acudía en busca de natureza, mar, sol e liberdade, lonxe da vixilancia social e familiar. Entón en toda Galicia practicábase a acampada libre.
As agresións ambientais, como a importante actividade industrial na ría, os emisarios submarinos evacuando augas con escasa ou nula depuración... fan que as illas sufran unha rápida degradación.
O Parque Natural
Debido ao alto valor natural deste espazo e á rápida deterioración que estaba sufrindo por causa das actividades humanas, no ano 1980 son declaradas parque natural. A situación legal de protección vai variando ao longo dos anos ata que o 21 de novembro de 2000, o Parlamento Galego acorda por unanimidade pedir ao goberno central a declaración do arquipélago como parque nacional. O Congreso dos Deputados tomou o acordo definitivo en xuño de 2002, creando o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, formado por un conxunto de arquipélagos, illas e illotes que son as Cíes, Ons, Sálvora, Noro, Vionta, Cortegada e Malveiras.
O parque ten unha parte terrestre e outra marítima que comprende unha franxa de 100 metros, medidos a partir da baixamar. Nas Cíes está prohibida a pesca submarina desde 1992.
Desde 1988 as illas teñen ademais a consideración de ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves). Tamén se atopan incluídas, no ámbito europeo, na Rede Natura 2000, que desenvolve directivas comunitarias de hábitats e aves.
Actualmente só están ocupadas polos servizos do parque, cámping e restaurante e o acceso está restrinxido a un máximo de 2.200 persoas diarias. Fonte: Wikipedia Foto: Wikimedia Commons
A Asemblea Cidadá ratifica a convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia: Domingo, 3 de xuño, ás 12 do mediodía, concentración no peirao de Ferrol.
Domingo, 1 de Xuño
ás 12 do mediodía CONCENTRACIÓN no peirao de Ferrol posteriormente saída en MANIFESTACIÓN até a Praza do Concello
Contra a entrada de gaseiros, na Ría de Ferrol, cargados de GNL para REGANOSA Pola liberdade de Bernardo Bastida [Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Ferrol] PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
Xa o dixo Álvaro Cunqueiro no artigo anterior, que os galegos somos intelectualmente moi lentos cando queremos atacar, mais de unha gran rapidez mental para nos defender, por ser esa a actividade que practicou a nosa alma colectiva ao correr dos séculos....
Este vídeo demostra os poderosos conservantes, aditivos e demais sustancias que utiliza a cadea de comida rápida McDonald´s nos produtos que ofrecen aos consumidores, pero especialmente destacamos a resistencia do Big Mac e das tradicionais patacas fritas.
No experimento en cuestión introdúcense en varios tarros de cristal algunhas das hamburguesas que podemos adquirir en McDonald´s, a chamada Cuarto de libra, o Big Mac, Chiken McGrill, etc. Tamén se introducen dous tipos de patacas fritas, as clásicas que adoitan ofrecer e outras de tamaño extra moi grosas. Non perdades detalle sobre o proceso que se desenvolve no vídeo, no que nos mostran o estado destes alimentos ao cabo dunha, dous, tres e ata 10 semanas logo de habelos introducido no tarro.
O premio á conservación lévano as patacas fritas, que logo de pasar 10 semanas, teñen unha aparencia que se podería dicir "comestible", aínda que dubidamos moito que sexa así.
En canto ás hamburguesas, a máis resistente foi a abandeirada
da cadea, xa que foi a última en mostrar os signos de descomposición pertinentes. Sen dúbida, este vídeo fai que se pense duas veces antes de acudir a comer a McDonald´s.
E para terminar, a publicidade masi antiga do McDonald´s. Como unha porquería de tal calibre deu de si para construir un imperio, e un dos grandes misterios da historia da humanidade.
Cando o Val Miñor volta a estar en boca de todos polos lamentables delitos urbanisticos mostrados en todos os xornais, "varias asociacións e colectivos organizamos as primeiras Xornadas de Urbanismo de Nigrán co obxetivo de que o veciños e veciñas da comarca continúen o debate necesario sobre o seu futuro; debate que comezou hai xa algún tempo e que nesta altura queremos avivar.
As xornadas celebraranse todos os sábados do mes de Marzo ás 19:00h, a máis dunha charla o xoves 22 ás 20:00h co arquitecto Pedro de Llano.
Dado que o concello de Nigrán non dispón de ningún auditorio nin sala pública para a realización das xornadas, as charlas celebraranse nunha aula do colexio público H. Juanes de Vilameán (Nigrán). Así mesmo porque para este lugar e o seu contorno lle tiñan reservado un destino que o pobo de Nigrán non aceptou nin vai aceptar nunca: xa que este é un terreo de dominio público que non pode entrar como moeda de cambio en ningún “cambalache” inmobiliario para beneficio particular. Non o consentiremos".
Ver mais en www.pxomnigran.com , onde se irá presentando información detallada das xornadas.
Non poden ser mais xentes con a ialma podre as que ainda conspiran para destruir este paraiso, que ainda que só fora pola riqueza paisaxistica xa merecería toda o nosa admiración e cariño. Premendo na foto poderás ver unha animación con todas as fotos que os veciños mandaron a Salvemos Monteferro