Total de visualizações de página

Mostrando postagens com marcador galiza. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador galiza. Mostrar todas as postagens

sábado, 29 de novembro de 2008

O domingo, todos contra o Plan Vigo Íntegra! por que?

Start:     Nov 30, '08 12:00a
Location:     Gran Via Vigo (Praza dos Cabalos)
Vigo Íntegra: Un Plan que arruinaría o territorio, a paisaxe, a natureza, a biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial.
Un Plan que destruiría, polo tanto, a nosa identidade.

Baixo o lema "O ASFALTO NON É PROGRESO" os 30 colectivos abaixo asinantes, entre eles Salvemos Monteferro, queremos convidarvos a tod@s a participar connosco na Manifestación contra o Plan Vigo Íntegra. Este domingo, día 30 de novembro ás 12:00 h.

Partirá da Gran Vía (Praza dos Cabalos) para rematar na Porta do Sol


CONVOCAN: A Ría Non se Vende / A.C. Berra Val Miñor / A.C. Caleidoskopio / A.VV. "Dunas" (Nigrán) / A.VV. "A Irmandade" de Priegue / Afectados Ronda Vigo - Lavadores / Agrupaçom de Montanha "Augas Limpas" / Alternativa Veciñal / Asociación A Groba / Asociación Afectados PO-313 / Bouzas Móvete / Centro Social A Revolta / Clube Espeleolóxico Maúxo / Colectivo Lúa Meiga / Colectivo Nacionalista de Marín / Colectivo Xogo Descuberto / Comisión de Seguimento da Conexión da A-57 con Peinador / Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares / Foro Social de Cangas / Grupo Axitación Social (GAS) / Luita Verde / Nunca Máis Val Miñor / OAR Redondela / Plataforma Cidadá de Redondela / Plataforma pola Defensa de Mos / Plataforma Priegue Unido / Plataforma Vive Gondomar / Salvemos Monteferro / Sárdoma en Loita / SOS Serra da Groba / Verdegaia

terça-feira, 18 de novembro de 2008

DECÁLOGO DO CONSUMO RESPONSABLE

1 - Faite consciente do teu poder como consumidor: a túa elección diaria afecta á Economía Mundial.

2 - Que non che pisen os teus dereitos de consumidor: fíxate na calidade do produto que mercas e na información que aparece na etiqueta.

3 - Que non che cambien a festa; o Nadal non significa consumir. Non sexas monicreque da publicidade.

4 - Detrás dun produto excesivamente barato pode haber explotación laboral, deterioración medioambiental ou problemas para a túa saúde; infórmate.

5 - Que o teu consumo respecte o Medio Ambiente: merca produtos que indiquen na súa etiqueta que non estragan a Natureza.

6 - Pensa que as marcas “de moda” encarecen o prezo final. Sé crítico.

7 - Non merques xoguetes bélicos nin sexistas.

8 - Apoia ó pequeno produtor local. Que non o esmaguen as transnacionais.

9 - Colabora coas iniciativas solidarias que che propoñan.

10 - Un consumidor responsable medra dende pequeno. Fai do teu consumo un exemplo para os teus fillos.

 

De seguro que algunha destas proposicións che parece novidosa. Infórmate mellor e divúlgao.


Fonte: http://www.covadaterra.org

quarta-feira, 17 de setembro de 2008

terça-feira, 16 de setembro de 2008

Firmas a prol da CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA e a IGUALDADE de DEREITOS para o GALEGO



As persoas que promovemos esta chamada queremos manifestar, perante as institucións de autogoberno e como aclaración perante a sociedade galega, o seguinte:

1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no s
eu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.

2.- A situación do galego está moi lonxe d
e ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.

3.- Por i
so, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.

4.- O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado españo
l. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.

5.-. Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade
plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.

6.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.
Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser fir
mes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.

Podes firmar  en:

Convivencia e igualdade






domingo, 3 de agosto de 2008

Dous novos grupos en Last.fm : Música galega e Lusofonía

Last.fm é unha rede social, unha radio vía Internet e ademais un sistema de recomendación de música que constrúe perfís e estatísticas sobre gustos musicais, baseándose nos datos enviados polos usuarios rexistrados. Na radio pódese seleccionar as cancións segundo as preferencias persoais (de acordo a un algoritmo e ás estatísticas) ou doutros usuarios. O servizo é de código aberto. Fusionouse co seu proxecto irmán Audioscrobbler en agosto de 2005. (Fonte: wikipedia)

En Last.fm hai unha enorme cantidade de música para escoitar, e unha boa parte está dispoñible para baixala legalmente, con permiso dos autores.

Recentemente fixen dous grupos novos en Last.fm, que son o de Música galega e o da Lusofonía. Estades convidados a formar parte deses grupos, poñer a música que gostedes e disfrutar da que xa está posta. Espero que sexa do voso gusto!!!

sábado, 2 de agosto de 2008

Astérix voltará a falar en galego o vindeiro outono!

 
 A MESA - A directora da empresa, Trinidad Marull, confirmoulle a noticia a Fran Rei, coordenador de Mocidade pola Normalización Lingüística. As Mocidades da Mesa ven na noticia “o éxito notorio da campaña de presión desenvolvida” e lamentan a “manifesta pasividade” da Xunta. “A Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente directamente do presidente da Xunta, nin tan sequera levantou o teléfono para negociar coa editora”.
 
A Mocidade pola Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa, vén de confirmar con Salvat Bruño, editora responsábel da publicación das aventuras de Astérix e Obélix para o Estado español, que os máis coñecidos guerreiros galos de todos os tempos “voltarán ao fin a falar en galego” por volta do próximo outono, previsibelmente entre outubro e novembro.
 
O ano próximo festéxase o 50 aniversario do nacemento das aventuras de Astérix e os seus amigos, da man dos creadores Goscinny e Uderzo. Adiantándose uns meses, a editora Salvat Bruño ten previsto lanzar ao mercado un novo tomo triplo da coñecida banda deseñada. Esta edición, como lle confirmou a directora da empresa, Trinidad Marull, ao coordenador das Mocidades da Mesa, Fran Rei, estará dispoñíbel en castelán, catalán e, por vez primeira desde hai varios anos, tamén en galego.

A Mocidade da Mesa considera “unha excepcional noticia” a confirmación de Salvat Bruño ao tempo que “agradece” que “finalmente atendese” os millares de cartas e correos electrónicos recibidos nos últimos anos doutras tantas persoas, cativas e mozas na súa maioría, demandándolle a publicación das aventuras de Astérix no noso idioma e unha “igualdade real de tratamento” coas outras linguas do Estado en que a banda deseñada se viña publicando até o momento: castelán e catalán.

A campaña en demanda da publicación das aventuras de Astérix en galego naceu en 2005 e durante estes anos mantívose no tempo, conseguindo millares de adhesións individuais e colectivas, moi especialmente entre a poboación escolar. O “cambio de actitude” de Salvat Bruño responde, segundo Fran Rei, Responsábel Nacional da Mocidade da Mesa, “ao evidente éxito das moitas iniciativas que durante estes anos se levaron adiante” e demostra que “moverse ten todo o sentido do mundo, cando os obxectivos son xustos e razoábeis”.

A Mocidade da Mesa, que constatou a actual “magnífica vontade” da editora de colaborar para a publicación regular de títulos en galego, lamenta que “a Secretaría Xeral de Política Lingüística nin tan sequera levantase o teléfono para falar coa editora”. “Esta Secretaría Xeral, que depende directamente de Emilio Pérez Touriño, só serve para propaganda e autobombo, mais nunca existe nin intervén cando a lingua galega está discriminada”, observa Fran Rei.

A sección xuvenil da Mesa chama aos departamentos autonómicos con competencias na materia a “traballaren por lograr adiantos concretos para o noso idioma” e, nomeadamente, insta a Secretaría Xeral de Política Lingüística a “non deixar pasar esta oportunidade”. O colectivo de mozas e mozos en defensa da lingua entende que “non sería de recibo” que Política Lingüística renuncie a apoiar e difundir a volta de Astérix ao galego. “Dámoslle o traballo feito, igual que llo demos para a dobraxe de Shin Chan e Doraemon. Agardamos que saiban aproveitalo”, conclúe Fran Rei.


Fonte: Kiko das Leiras (na Ciberirmandade da Fala)

segunda-feira, 7 de julho de 2008

Monteferro Parque Natural?

Nos últimos días todo parecen boas noticias para Monteferro, para a súa conservación e protección como espazo natural. (Na foto, as Illas Cíes vistas desde Monteferro).



Primeiro foron as palabras dos responsabeis da Consellería de Medio Ambiente expresando a súa intención de que Monteferro fose integrado no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Máis recentemente, Monteferro aparece citado no documento das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia (DOT) que a Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas acaba de facer público. Moi en concreto, ao falar de "Vigo-Pontevedra. A Metrópole das Rías Baixas", no parágrafo "O Sistema Verde Metropolitano", o cabo de Monteferro inclúese entre os "elementos singulares que, polo seu valor ecolóxico, deben ser obxecto dunha adecuada protección e mellora pois constitúen referentes de excelencia ambiental para o conxunto da metrópole".

De maneira que todo parece indicar que os desexos de moitas persoas, nomeadamente do Val Miñor e da ría de Vigo, poden chegar a ser unha realidade de prosperar estas declaracións de intención. Poucas reivindicacións en materia medioambiental tan sentidas coma esta de Monteferro, como así se ten demostrado con milleiros de adhesións e con mobilizacións nas propias rúas de Nigrán.

Desde Salvemos Monteferro saudamos estas boas noticias que confiamos sexan realidade máis pronto que tarde. Aí estaremos apoiando canto sexa preciso para conseguilo.

segunda-feira, 23 de junho de 2008

Noite de san xoan


Noite máxica, as 12 da noite as fogueiras e as augas purifican, as fontes milagreiras o son mais que nunca, ainda que tedes que ter coidado, xa que as meigas e os encantos andan soltos nesa noite, e tamén gostan das fontes...entre as ligazón que vos mando, hai tamén receitas para preparar as herbas de san xoan, para lavar a cara o dia seguinte. Non sei se protexen do meigallo, o que podo garantizar é que cheiran de maravilla...

As herbas de SanXoán
A noite de SanXoán
A noite de San Xoán en Galicia.
As sete herbas básicas.
Herbas e cachos. da noite de San Xoán.


E para os que estades por aqui perto, Gran Festa no Bar Patos, Concerto de Dakidarría,

Arredor da media noite, cando baixan as fadiñas, 

A Ría Non se Vende estará tamén presente

na noite máxica de San Xoán

 

Ven celebralo con nós á praia de Patos, en Panxón

 

Aproveitaremos esa noite, a máis corta do ano,  para entregar ao lume purificador tantas malas ideas, tantas agresións que ameazan e están a destruír esta marabillosa Ría.

A festa prolongarase na madrugada con divertidas actuacións e a música en directo do grupo Dakidarría

Estades todas e todos convidados.

Unha aperta desde Salvemos Monteferro




quinta-feira, 22 de novembro de 2007

OS MÁRTIRES DE SOBREDO


Parece incrible que sexan tan recentes os sucesos que marcaron o principio do fin da Idade Media e o feudalismo en Galiza. Só 85 anos. Varios veciños que participaban nas revoltas antiforais foron asasinados en 1922 no lugar de Sobredo (Tui). Por ter o atrevemento de pedir que os labregos tivesen a plena propiedade das terras que traballaban unha xeración tras outra.

E resulta vergoñoso o silencio que sempre se mantivo sobre estes feitos, que continúa hoxe en día na Rede.

O vindeiro domingo 25 celébrase a Homenaxe aos Mártires de Sobredo, organizado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais 'Rosalía de Castro' e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

Reflexo na Rede, en anos recentes:
ORGACCMM
InfoRosal
Boedense
La Voz de Galicia
GalizaCig
BNG Baiona

quarta-feira, 7 de novembro de 2007

Why Linux is better, by Manu Cornet - Agora tamén en galego: Por que é mellor Linux?


"Why Linux is better" é probablemente a páxina que mellor explica aos usuarios de sistemas operativos privativos as vantaxes de pasarse ao Linux. A páxina foi creada e mantida por Manu Cornet, que recentemente ten saido victorioso da sua loita cun cancro. Parabens, Manu!

Non deixen de visitar a páxina traducida a moitos idiomas, agora tamén en galego.

Manu Cornet é membro de Ubuntu, usuario de Linux desde 1998, e escribiu, entre outros,  algúns libros de peto (en francés), sobre algúns programas de Código Aberto (Firefox, Linux, etc). Tamén foi un deses excéntricos do Google's Summer of code, un dos 400 hackers escollidos entre 9000. Escribiu tamén un libro sobre China, pais que adora e do que fala a lingua. Recentemente ten sido o "inventor" do  PCJacking , que ten practicado nas grandes superficies comerciais de París (a cousa consiste en poñer un CD vivo con Linux nun PC dos que se expoñen, e reinicialo, de xeito que os que pasen poidan ver que existen outras cousas ademáis de win2. E tomar fotos do evento. Reiniciando o PC sen o disco, todo volta a "normalidade win2"). Tamén é un dos creadores do complemento texturizador para o GIMP, e traballa nos campos da música, a ciencia e a informática, entre outros. Para saber mais, podese visitar o seu sitio na rede, onde entre outras cousas está un CD cas suas músicas.



sexta-feira, 26 de outubro de 2007

NÓS

Rating:★★★★★
Category:Books
Genre: Comics & Graphic Novels
Author:Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelao

http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelao

terça-feira, 4 de setembro de 2007

Policía local. Poñamos que falo de Nigrán.




Xa teño observado en moitos lugares que a policía local nos concellos democráticos ten moitas veces unha imaxe inda peor da que tiña na ditadura. E certo que se produciu unha certa modernización, mais lamentablemente consistiu na adopción de un "look" chulesco, con Ray-Ban ou outras gafas de sol, canto mais macarriles, mellor. Como eses policías gringos do "Midwest", que tanto medo dan nas peliculas.

E que aconteceu co seu traballo? É de supoñer que co fin da ditadura tamén cambiou. Nas cidades o seu traballo na ditadura practicamente se reducía a dirixir o escaso tráfico da época, xa que para a represión dos "vagos e maleantes" xa estaban os corpos represivos. Nas vilas non existia ese tipo de policía por ser innecesario. E hoxe son necesarios para que? Podería preguntar alguén. Dificil pregunta, eu non sei respondela.

Onde eu vivo, pouca actividade se lles coñece. Unha das suas principais funcións e posar co seu "atrezzo" mais propio de
"Easy Rider" que de unha pequena e tranquila vila de 16110 Habitantes espallados en 35 km².

Outra actividade na que destacan é na persecución da mocidade de cabelo longo. Pouco importa que nos continuos rexistros a que son sometidos nunca lles encontren nada ilegal, eles ben saben que con esa pinta algo deben fumar de cando en vez, e non perden a esperanza de algún dia atopar algo. Para que tanto empeño?

Será que buscan algo que fumar gratis? non sei... pero a verdade é que parece estraña esa actitude, cando é ben sabido que hai nas veciñanzas unha discoteca onde se reune outro tipo de público, os chamados "malotes", que non levan cabelo longo, son violentos, e consumen todo un arsenal de substancias ilegais. Non é a primeira vez que hai algún morto, nas continuas liortas entre grupos rivais. Non me consta que ese local e os seus frecuentadores  recibiran Bula ou Licencia do Papa de Roma, mais eso é o que parece, xa que a impunidade parece ser total.

Non dispoño de datos dabondo para analizar en profundidade os motivos de todo o anteriormente  exposto, o que si podo decir é que, como mínimo, deberían ser estudados polas autoridades democráticas, sen esperar a que algunha traxedia o faga inevitable. Prever sempre é mellor que curar.



domingo, 15 de julho de 2007

Chandebrito

Rating:★★★★★
Category:Movies
Genre: Documentary
O centro antena de Nigrán acolle ata o próximo 13 de agosto unha exposición sobre os traballos que se están realizando dentro do proxecto pioneiro de revalorización patrimonial de Chandebrito. Os visitantes atoparán fotografías sobre a riqueza desta parroquia do interior de Nigrán e poderán contemplar un vídeo para poder apreciar as súas paisaxes, sons e ata cheiros, posto que na sala tamén se colocaron diversas especies vexetais. As autoridades locais comprometéronse a continuar apoiando esta iniciativa que dirixe a arqueóloga Rosa Villar.
Fonte - La Voz de Galicia .

sexta-feira, 6 de julho de 2007

UN COUTO DE CULTURA: O Couto Mixto, un territorio histórico entre Galicia e Portugal, vive un renacemento que o sitúa no mapa cultural galego. Os Pobos Promiscuos


Unha república entre dous reinos, un lugar cheo de singularidades históricas e culturais, un símbolo da conexión entre Galicia e Portugal. O Couto Mixto, un enclave de tres aldeas que durante séculos funcionou coma unha república independente, está a converterse nos últimos anos no eixe de múltiples iniciativas culturais que reivindican a importancia deste lugar e da súa historia única. Unha historia de séculos durante os cales eran unha terra de ninguén entre Galicia e Portugal, coas súas propias leis e privilexios en canto a alfándegas. Non foi ata 1864 cando, ao se definir finalmente as fronteiras aínda hoxe en vigor, as tres aldeas pasaron a formar parte de Galicia.


Foi no 2000 cando se crean e se entregan os primeiros premios “Xuíces honorarios” do couto mixto, un premio que se repite desde entón ano tras ano a persoas que teñan apoiado a recuperación da memoria deste lugar. Ademais tense feito o irmanamento cos Pobos Promiscuos, aldeas que antes da definición da fronteira estaban divididos pola raia e que ficaron finalmente da banda portuguesa.


En 2002 foi o Couto Mixto o lugar escollido para presentar publicamente o manifesto “Falamos unha lingua milenaria” promovido pola Fundación Premios da Crítica, co que algúns dos nomes máis destacados da cultura do país, ata un total de 149 persoas, dezasete institucións e nove membros da Real Academia, proclamaban a súa fidelidade ao galego como lingua propia e independente. Coincidindo con estes evento creouse en Santiago de Rubiá un milladoiro de
pedras e palabras. Na orixe desta peculiar construcción está un monte de pedras que persoas de todo o país achegaron a este lugar canda unha palabra propia do seu lugar de orixe. A intención é que este milladoiro vaia medrando coas achegas de novas persoas comprometidas coa lingua.


Este ano tamén, a Fundación Premios da Crítica outorgou o seu premio á mellor iniciativa cultural a este lugar pola “recuperación da autoestima e memoria histórica coma parte dun espacio xeográfico e cultural” así como por “favoreceren o reencontro da convivencia entre Galicia e Portugal a partir das raíces comúns”.

Nova completa en Cultura Galega



O outro lado da "fronteira"

A norte de Montalegre situa-se o Couto Mixto composto pelas aldeias de Meaus, Rubiás e Santiago. Hoje pertencem a dois municípios galegos, mas até 1855, formaram um território com apenas 27 quilómetros quadrados, que gozava de uma série de privilégios, a começar pelo auto governação, embora dependessem das casas do duque de Bragança e do Conde de Monterrei.

Os habitantes podiam escolher entre a nacionalidade portuguesa e a espanhola, ou nenhuma. Estavam isentos da tropa, de pagar impostos e até podiam cultivar tabaco. A falta de taxas aduaneiras favoreceu o comércio e também o contrabando. Quem fosse por um caminho que ligava o Couto a Tourém, em Portugal, não podia ser preso nem a mercadoria apreendida. E, para não perder tais benesses, os habitantes do Couto casavam uns com os outros.

Pois bem, dirão vocês – O que é que tudo isto tem a ver com Lamadarcos!? Pois hoje em dia, nada. Mas houve tempos em que parte da actual aldeia de Lamadarcos era Galega e é precisamente aqui que entra o Couto Mixto, pois o tratado de Lisboa de 1864 instituiu a troca do Couto Mixto pelas aldeias de Soutelinho da Raia, Cambedo e Lamadarcos, hoje portuguesas, passando o Couto Mixto, desde então, a ser território galego e daí espanhol.

Fonte: chaves.blogs

Mais información no Instituto Galego de Analise e Documentación Internacional (IGADI)


quarta-feira, 4 de julho de 2007

As Illas Cies e o Parque Natural das Illas Atlánticas

Rating:★★★★★
Category:Movies
Genre: Documentary



O arquipélago

Este arquipélago está formado por tres illas, a de Monteagudo ou Illa Norte, a Do Faro ou Illa do Medio e a de San Martiño ou Illa Sur.

A illa de Monteagudo está separada da costa de cabo Home, na península do Morrazo, pola canle Norte, e a illa de San Martiño está separada da costa de cabo Santoulo (monte Ferro) por un estreito coñecido como Freu dá Porta. Mentres, a illa do Faro acabou unida á illa Norte por unha acumulación de area na parte interior do arquipélago, na cara leste das illas, que forma a praia de Rodas, de 1.200 metros. Ao subir a marea, a auga pasa entre as dúas illas pola cara oeste e, taponada pola praia, énchese a lagoa formada entre o areal e as rocas. O pico máis alto atópase na zona norte da illa de Monteagudo, no Alto dás Cíes, de 197 metros de altitude e ten unha superficie emerxida de 434 hectáreas.

A súa formación xeolóxica é de finais do Terciario, cando se produciron os afundimentos dalgunhas partes da costa, co que penetrou o mar e creáronse as rías. Todas as illas atlánticas son os cumes das serras costeiras que quedaron parcialmente baixo o mar e están formadas case na súa totalidade por pedra granítica.

As tres illas son montañosas cunha cara oeste abrupta, con cantís case verticais de máis de 100 metros e numerosas covas (furnas) formadas pola erosión do mar e o vento. A cara leste ten ladeiras algo máis suaves cubertas por bosques e matogueira e atópase protexida dos ventos atlánticos, o que permite a formación de praias e dunas.

As borrascas atlánticas pasan sobre as illas, descargando ao chocar coa costa, polo que as Cíes reciben máis ou menos a metade de choiva que o resto da costa das Rías Baixas.


Historia

Na antigüidade foron chamadas Siccae (áridas). Atopáronse nas Cíes restos arqueolóxicos que datan a presenza humana sobre o 3500 adC, aínda que os restos do primeiro asentamento humano de que se ten constancia son un castro de comezos da Idade de Ferro.

Por alí pasaron os romanos, deixando restos como un anel de ouro datado no século II de nosa era, así como ánforas, cerámica e diversos útiles que se expoñen hoxe no Museo de Pontevedra.

Na Idade Media foron habitadas por monxes de diversas ordes. No século XI estiveron alí os benedictinos, que as abandonaron e volveron a finais do século XIII. No século XIV asentáronse alí os franciscanos. Tamén pasou por aí a Orde de Cluny. Desta alternativa ocupación das illas quedan como proba os mosteiros de San Estevo na Illa do Faro e de San Martiño na illa do seu nome, así como unha fábrica de salgadura sobre cuxos restos actualmente hai construído un restaurante. As idas e vindas dos monxes eran debidas a que, pola súa proximidade á cidade de Vigo, o arquipélago era frecuentemente atacado e usado como base de operacións por piratas turcos e normandos, así como armadas invasoras, por exemplo a inglesa, comandada por Francis Drake. Esta situación dura ata o século XVIII, o que acaba producindo o seu despoboamento.

A mediados do século XIX constrúese o primeiro faro na Illa do Medio, que acaba chamándose Illa do Faro. Nesa data as illas xa volvían estar poboadas por algunhas familias que se dedicaban á pesca e á gandería ovina e caprina.

Nos anos 60 do século XX as illas se despoboan de novo, esta vez definitivamente. Nos 70 e 80 comezan a ser utilizadas como destino de descanso ao que, sobre todo a xente nova da zona, acudía en busca de natureza, mar, sol e liberdade, lonxe da vixilancia social e familiar. Entón en toda Galicia practicábase a acampada libre.

As agresións ambientais, como a importante actividade industrial na ría, os emisarios submarinos evacuando augas con escasa ou nula depuración... fan que as illas sufran unha rápida degradación.


O Parque Natural

Debido ao alto valor natural deste espazo e á rápida deterioración que estaba sufrindo por causa das actividades humanas, no ano 1980 son declaradas parque natural. A situación legal de protección vai variando ao longo dos anos ata que o 21 de novembro de 2000, o Parlamento Galego acorda por unanimidade pedir ao goberno central a declaración do arquipélago como parque nacional. O Congreso dos Deputados tomou o acordo definitivo en xuño de 2002, creando o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, formado por un conxunto de arquipélagos, illas e illotes que son as Cíes, Ons, Sálvora, Noro, Vionta, Cortegada e Malveiras.

O parque ten unha parte terrestre e outra marítima que comprende unha franxa de 100 metros, medidos a partir da baixamar. Nas Cíes está prohibida a pesca submarina desde 1992.

Desde 1988 as illas teñen ademais a consideración de ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves). Tamén se atopan incluídas, no ámbito europeo, na Rede Natura 2000, que desenvolve directivas comunitarias de hábitats e aves.

Actualmente só están ocupadas polos servizos do parque, cámping e restaurante e o acceso está restrinxido a un máximo de 2.200 persoas diarias.
Fonte: Wikipedia
Foto: Wikimedia Commons