Total de visualizações de página

Mostrando postagens com marcador censurada. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador censurada. Mostrar todas as postagens

sábado, 2 de agosto de 2008

Astérix voltará a falar en galego o vindeiro outono!

 
 A MESA - A directora da empresa, Trinidad Marull, confirmoulle a noticia a Fran Rei, coordenador de Mocidade pola Normalización Lingüística. As Mocidades da Mesa ven na noticia “o éxito notorio da campaña de presión desenvolvida” e lamentan a “manifesta pasividade” da Xunta. “A Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente directamente do presidente da Xunta, nin tan sequera levantou o teléfono para negociar coa editora”.
 
A Mocidade pola Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa, vén de confirmar con Salvat Bruño, editora responsábel da publicación das aventuras de Astérix e Obélix para o Estado español, que os máis coñecidos guerreiros galos de todos os tempos “voltarán ao fin a falar en galego” por volta do próximo outono, previsibelmente entre outubro e novembro.
 
O ano próximo festéxase o 50 aniversario do nacemento das aventuras de Astérix e os seus amigos, da man dos creadores Goscinny e Uderzo. Adiantándose uns meses, a editora Salvat Bruño ten previsto lanzar ao mercado un novo tomo triplo da coñecida banda deseñada. Esta edición, como lle confirmou a directora da empresa, Trinidad Marull, ao coordenador das Mocidades da Mesa, Fran Rei, estará dispoñíbel en castelán, catalán e, por vez primeira desde hai varios anos, tamén en galego.

A Mocidade da Mesa considera “unha excepcional noticia” a confirmación de Salvat Bruño ao tempo que “agradece” que “finalmente atendese” os millares de cartas e correos electrónicos recibidos nos últimos anos doutras tantas persoas, cativas e mozas na súa maioría, demandándolle a publicación das aventuras de Astérix no noso idioma e unha “igualdade real de tratamento” coas outras linguas do Estado en que a banda deseñada se viña publicando até o momento: castelán e catalán.

A campaña en demanda da publicación das aventuras de Astérix en galego naceu en 2005 e durante estes anos mantívose no tempo, conseguindo millares de adhesións individuais e colectivas, moi especialmente entre a poboación escolar. O “cambio de actitude” de Salvat Bruño responde, segundo Fran Rei, Responsábel Nacional da Mocidade da Mesa, “ao evidente éxito das moitas iniciativas que durante estes anos se levaron adiante” e demostra que “moverse ten todo o sentido do mundo, cando os obxectivos son xustos e razoábeis”.

A Mocidade da Mesa, que constatou a actual “magnífica vontade” da editora de colaborar para a publicación regular de títulos en galego, lamenta que “a Secretaría Xeral de Política Lingüística nin tan sequera levantase o teléfono para falar coa editora”. “Esta Secretaría Xeral, que depende directamente de Emilio Pérez Touriño, só serve para propaganda e autobombo, mais nunca existe nin intervén cando a lingua galega está discriminada”, observa Fran Rei.

A sección xuvenil da Mesa chama aos departamentos autonómicos con competencias na materia a “traballaren por lograr adiantos concretos para o noso idioma” e, nomeadamente, insta a Secretaría Xeral de Política Lingüística a “non deixar pasar esta oportunidade”. O colectivo de mozas e mozos en defensa da lingua entende que “non sería de recibo” que Política Lingüística renuncie a apoiar e difundir a volta de Astérix ao galego. “Dámoslle o traballo feito, igual que llo demos para a dobraxe de Shin Chan e Doraemon. Agardamos que saiban aproveitalo”, conclúe Fran Rei.


Fonte: Kiko das Leiras (na Ciberirmandade da Fala)

sábado, 15 de março de 2008

American life: versións censuradas e libres

Rating:★★★★★
Category:Music
Genre: Other
Artist:Madonna
No ano 2003 Madonna sacou ao mercado un álbum chamado "American Life"; o vídeo do primeiro sinxelo, do mesmo nome, foi vetado en Estados Unidos e nunca se comercializou; en cambio, unha versión totalmente diferente do mesmo deuse a coñecer ao mundo. Envíovos a versión orixinal, sen ningunha censura, para que vós mesmos xulguedes a que se refería Madonna cando falaba da "American Life". Vale a pena velo todo. Para os que non saiban inglés, unha segunda versión incompleta, subtitulada en español, E finalmente, a versión censurada. (Pasando o cursor por riba do video, aparecen unhas flechas a esquerda e dereita da imaxe, que permiten pasar dunha versión a outra)

segunda-feira, 23 de julho de 2007

Portada de "El Jueves" censurada! ABAIXO A CENSURA!




Un xuíz español ordenou o secuestro dunha publicación satírica por atentar contra a corona española. Tras ordenar o secuestro da revista, acaban de ordenar o feche da web. Esta é unha proposta pra facer frente de forma simbólica pero efectiva a este ataque á liberdade de expresión, que non é o mais grave que temos vivido, pero sí ten unha cousa importante: todo o mundo pode entendelo, e os media están a magnificalo.

A proposta é moi sinxela: collede a foto da portada e colgádea nos vosos blogs e páxinas pra ilustrar o voso comentario sobre o sucedido, a ser posibel denunciando a cuestión e sobre todo deixando así en evidencia ao sistema xudiciário, que parece que quere matar moscas a cañonazos.

Se ademais todos/as engadimos as palabras chave: portada, jueves, censurada, cover, censored, spain, lograremos multiplicar o efecto cunha boa posición en buscadores.


O caso é que levan así dende os noventa, tratando de poñerlle portas ao mar, e os tipos non aprenden! Non queren caldo? DÚAS CUNCAS!

Viva a liberdade de expresión! Abaixo a censura!

Esta proposta é algo perfectamente legal, non supón actividade económica algunha e por tanto cae fora do que a lei española pode facer, tanto a través da LSSI como da LAECPS.

Fonte: Galiza IndyMedia