| Symbian liberou o seu código, xa Nokia o prometeu 2 anos atrás e hoxe, catro meses antes do previsto, symbian é agora oficialmente "Open Source Software" Baixo Licenza EPL (Eclipse Public License) Nokia liberou máis de 40 millóns de liñas de código fonte de Symbian. Na web da Fundación Symbian, anuncian con alarde a noticia dicindo que "o futuro do teléfono móbil é aberto". Symbian agora é libre de ser moldeado ao gosto dos desenvolvedores de todo o mundo, e débese ter presente que Symbian está non só na Nokia, se non en outras marcas como a Samsung, Panasonic, Sony Ericsson e Motorola, dando pé a que un puñado de desenvolvedores poida modificar a vontade o famoso sistema operativo. Esta decisión prematura de Nokia para symbian open source é motivada polo gran aumento da fama do concorrente Android, no entanto, Lee Williams da Fundación Symbian comentou: "Cerca dun terzo do código do Android é aberto e nada máis. E o que está aberto é unha colección de middleware. Todo o resto é pechado ou propietario". ";É a maior migración de todos os tempos ao código aberto", dixo o propio Williams. Ademais, esta decisión de Nokia, deixa claro o anuncio da migración gradual ao sistema operativo Maemo, que dará moita máis capacidade as súas futuras terminais de última xeración. Symbian é libre! |
Total de visualizações de página
terça-feira, 9 de fevereiro de 2010
Symbian é libre!
quarta-feira, 1 de outubro de 2008
Feliz 25 aniversario GNU !!!
| Rating: | ★★★★★ |
| Category: | Computers & Electronics |
| Product Type: | Other |
| Manufacturer: | Free Software Foundation FSF |
Stephen John Fry, nacido en 1957, é un comediante, actor, director e escritor británico. Foi elixido por The Observer entre os cincuenta mellores cómicos da historia, e é ben coñecido polo seu agudo cinismo, o seu peculiar estilo do humor tipicamente británico, as súas implicacións políticas, e o seu fanatismo pola tecnologia dixital. Algúns dos seus papeis foron en películas talles como Wilde, V de Vendetta, Os amigos de Peter, a adaptación ao cine do seu libro Guía do autoestopista galáctico ou Un peixe chamado Wanda .
quarta-feira, 7 de novembro de 2007
Why Linux is better, by Manu Cornet - Agora tamén en galego: Por que é mellor Linux?
"Why Linux is better" é probablemente a páxina que mellor explica aos usuarios de sistemas operativos privativos as vantaxes de pasarse ao Linux. A páxina foi creada e mantida por Manu Cornet, que recentemente ten saido victorioso da sua loita cun cancro. Parabens, Manu!
Non deixen de visitar a páxina traducida a moitos idiomas, agora tamén en galego.
Manu Cornet é membro de Ubuntu, usuario de Linux desde 1998, e escribiu, entre outros, algúns libros de peto (en francés), sobre algúns programas de Código Aberto (Firefox, Linux, etc). Tamén foi un deses excéntricos do Google's Summer of code, un dos 400 hackers escollidos entre 9000. Escribiu tamén un libro sobre China, pais que adora e do que fala a lingua. Recentemente ten sido o "inventor" do PCJacking , que ten practicado nas grandes superficies comerciais de París (a cousa consiste en poñer un CD vivo con Linux nun PC dos que se expoñen, e reinicialo, de xeito que os que pasen poidan ver que existen outras cousas ademáis de win2. E tomar fotos do evento. Reiniciando o PC sen o disco, todo volta a "normalidade win2"). Tamén é un dos creadores do complemento texturizador para o GIMP, e traballa nos campos da música, a ciencia e a informática, entre outros. Para saber mais, podese visitar o seu sitio na rede, onde entre outras cousas está un CD cas suas músicas.
domingo, 22 de julho de 2007
Chicas Linux
A comunidade non fai discriminación de xénero; a axuda sempre será benvida, non importa quen a proporcione.
Esta comunidade baséase no respecto aos demá¡s e ás súas opinións.
quarta-feira, 13 de junho de 2007
Non tires a PC vella!!! instalalle DeLi Linux (traducín a web deles ao galego e o español, xa está en liña, alguem me ajuda com a versao portuguesa?)
DeLi Linux é un Linux "de escritorio lixeiro" . É unha distribución de Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou III. Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etcétera. Unha instalación completa, incluíndo XOrg e ferramentas de desenvolvemento, non necesita máis de 350 MB de espazo no disco duro.
O truco é que DeLi Linux soamente usa aplicacións alternativas "lixeiras". A computadora de proba é unha 486 con 16 MB de RAM, e todas as aplicacións que veñen con DeLi Linux están funcionando sen problemas. Cecais se pregunte "porqué diaños facer un Linux para ese lixo vello?". Aínda hai moitas computadoras coa configuración mencionada arriba, sería unha vergoña desperdicialas. Moita xente simplemente non pode comprar unha máquina de 4 Ghz por 1000 € ou máis, pero pode comprar un Pentium I 133 por 50 € en ebay. Estudantes, ONGs, ou simplemente xente consciente de que é mellor ter un PC que ter lixo altamente contaminante son os usuarios potenciais aqui, xunto con aqueles dos paises do terceiro mundo.
Entre na páxina de DeLi Linux ou continue lendo....
Que di a xente de DeLi Linux
"Non podo parar de xogar con el. Asi que non tire a súa vella computadora, instale DeLi Linux." (Susan Linton, de tuxmachines.org nunha reseña en Distrowatch)
"DeLi Linux sorprendeume convertendo o vello 486 nun sistema utilizable [...] o Pentium III foi extremadamente receptivo, resultando ata mais rápido que o meu PC principal, un sistema AMD64 con Fedora Core 6 [...] Ata onde chegan as distribucións lixeiras de Linux , DeLi é unha das mellores." (Stefan Vrabie nunha reseña en linux.com)
"Aínda conservo a miña primeira máquina Intel, un sistema 486 DX2 66 MHz [...] funciona actualmente con DeLi Linux como sitio de traballo para a miña nai que, a pesar de ser tecnofobica, ámao e non ten ningún problema." (mensaxe publicada en Usenet)
Consiga DeLi Linux
Aviso: DeLi Linux é aínda beta. Non hai garantía de ningunha clase, use e examine DeLi Linux baixo a súa responsabilidade e risco.
Consígao por BitTorrent (grazas a catwalk)
Baixe unha imaxe de CD (ISO) desde mihd
Baixe a ISO desde Mirror berlios
Baixe a ISO desde Mirror darksnow (Brasil)
Baixe discos floppy de instalación.
Capturas de pantalla de Deli Linux
- DeLi Linux 0.7.2
- Foto de DeLi funcionando nun Pentium I 133 con Firefox
- Foto de DeLi funcionando no meu vello 486 portatil de 12 anos
- DeLi Linux 0.7.1
segunda-feira, 11 de junho de 2007
Foros de discusión en portugues e castellano, de DeLi, ideal para recuperar aquel PC obsoleto
É un dos sistemas mais lixeiros, o que o fai perfecto para recuperar aquel 486 ou Pentium 1 que por sorte non tiramos ao lixo. O DeLi Linux ten agora foros en portugues e español, e están ainda sen estrenar. Animo! Escribide as vosas dúbidas e problemas!
http://www.delilinux.org/forum/index.php
segunda-feira, 21 de maio de 2007
Richard Stallman o Apostolo do software libre, coa diputada socialista Lourdes Muñoz: O SOFWARE PROPIETARIO É INMORAL, É UM PROBLEMA SOCIAL.
(CANCIÓN "PRESO GUANTANAMERO": STALLMAN CONTRA O IMPERIO)
- Suráfrica migra ao Software Libre
- Zaragoza pásase ao Software Libre
- Caja de Guadalajara leva GNU/Linux a todos os seus computadores
- Peugeot-Citröen anuncia a migración de máis de 20.000 computadores a GNU/Linux
- A India pode vivir sen Microsoft
- Oracle, IBM e Nec venderán no Xapón sistemas que executen o sistema operativo GNU/Linux
- Máis do 75% dos principais supercomputadores do mundo empregan GNU/Linux
- O Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) 2007-2010, a favor da interoperabilidade e os estándares abertos.
segunda-feira, 14 de maio de 2007
Linux no Xapón
reducir a dependencia dun só proveedor, e converte Linux e o código aberto nunha prioridade en todas as súas adquisicións de
tecnoloxía. A decisión, que se encadra nun programa de investimentos de
máis de dez mil millóns de dólares en sistemas de información durante o
ano fiscal de 2007 que comezará en xullo, provocou que empresas como Dell, Hewlett Packard, Hitachi, IBM, NEC e Oracle se agrupen nun consorcio para desenvolver e vender ordenadores e servidores baseados
en Linux para o mercado xaponés. A distribución escollida permanece
aínda por determinar.
Fonte: blogue de Enríque Dans
Artigos relacionados
- Suráfrica
migra ao Software Libre - Zaragoza
pásase ao Software Libre - Caja
de Guadalajara leva GNU/Linux a todos os seus computadores - Peugeot-Citröen
anuncia a migración de máis de 20.000 computadores a GNU/Linux - A
India pode vivir sen Microsoft - Oracle, IBM e Nec venderán no Xapón sistemas que executen o sistema operativo GNU/Linux
Máis do 75% dos principais supercomputadores do mundo empregan GNU/Linux- O Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) 2007-2010, a favor da interoperabilidade e os estándares abertos.
- O parlamento francés elixe Kubuntu (a distribución GNU/Linux baseada en Ubuntu, pero co escritorio KDE).
quinta-feira, 12 de abril de 2007
O parlamento francés elixe Kubuntu (a distribución GNU/Linux baseada en Ubuntu, pero co escritorio KDE).
VOU IR ENGADINDO ALGUNS PARTES DA GUERRA DO CÓDIGO LIBRE NO FIN DESTE ARTIGO
Pero entón, esto do Linux non era cousa de frikis e xentes
de mal vivir? (Artigo copiado de www.mancomun.org)
Segundo pode
lerse no diario francés Le Monde, o parlamento francés, que xa decidira
migrar a GNU/Linux hai unhas semanas, acaba de elixir Kubuntu
(a distribución GNU/Linux baseada en Ubuntu, pero co
escritorio KDE). O novo sistema tamén contará
con aplicacións de escritorio moi estendidas como o paquete ofimático
OpenOffice.org, o navegador web Firefox e o xestor de correo Thunderbird.
Artigos relacionados
- Suráfrica
migra ao Software Libre - Zaragoza
pásase ao Software Libre - Caja
de Guadalajara leva GNU/Linux a todos os seus computadores - Peugeot-Citröen
anuncia a migración de máis de 20.000 computadores a GNU/Linux - A
India pode vivir sen Microsoft - Oracle, IBM e Nec venderán no Xapón sistemas que executen o sistema operativo GNU/Linux
Máis do 75% dos principais supercomputadores do mundo empregan GNU/Linux- O Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) 2007-2010, a favor da interoperabilidade e os estándares abertos. NOVO!!!
Ademais, neste artigo encontrarás unha reflexión sobre o gran gurú e visionario do sw libre o Sr. Richard Stallman.