| Symbian liberou o seu código, xa Nokia o prometeu 2 anos atrás e hoxe, catro meses antes do previsto, symbian é agora oficialmente "Open Source Software" Baixo Licenza EPL (Eclipse Public License) Nokia liberou máis de 40 millóns de liñas de código fonte de Symbian. Na web da Fundación Symbian, anuncian con alarde a noticia dicindo que "o futuro do teléfono móbil é aberto". Symbian agora é libre de ser moldeado ao gosto dos desenvolvedores de todo o mundo, e débese ter presente que Symbian está non só na Nokia, se non en outras marcas como a Samsung, Panasonic, Sony Ericsson e Motorola, dando pé a que un puñado de desenvolvedores poida modificar a vontade o famoso sistema operativo. Esta decisión prematura de Nokia para symbian open source é motivada polo gran aumento da fama do concorrente Android, no entanto, Lee Williams da Fundación Symbian comentou: "Cerca dun terzo do código do Android é aberto e nada máis. E o que está aberto é unha colección de middleware. Todo o resto é pechado ou propietario". ";É a maior migración de todos os tempos ao código aberto", dixo o propio Williams. Ademais, esta decisión de Nokia, deixa claro o anuncio da migración gradual ao sistema operativo Maemo, que dará moita máis capacidade as súas futuras terminais de última xeración. Symbian é libre! |
Total de visualizações de página
Mostrando postagens com marcador gnu. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador gnu. Mostrar todas as postagens
terça-feira, 9 de fevereiro de 2010
Symbian é libre!
quarta-feira, 1 de outubro de 2008
Feliz 25 aniversario GNU !!!
| Rating: | ★★★★★ |
| Category: | Computers & Electronics |
| Product Type: | Other |
| Manufacturer: | Free Software Foundation FSF |
Stephen John Fry, nacido en 1957, é un comediante, actor, director e escritor británico. Foi elixido por The Observer entre os cincuenta mellores cómicos da historia, e é ben coñecido polo seu agudo cinismo, o seu peculiar estilo do humor tipicamente británico, as súas implicacións políticas, e o seu fanatismo pola tecnologia dixital. Algúns dos seus papeis foron en películas talles como Wilde, V de Vendetta, Os amigos de Peter, a adaptación ao cine do seu libro Guía do autoestopista galáctico ou Un peixe chamado Wanda .
Assinar:
Postagens (Atom)