Total de visualizações de página

Mostrando postagens com marcador gastronomia. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador gastronomia. Mostrar todas as postagens

terça-feira, 18 de novembro de 2008

DECÁLOGO DO CONSUMO RESPONSABLE

1 - Faite consciente do teu poder como consumidor: a túa elección diaria afecta á Economía Mundial.

2 - Que non che pisen os teus dereitos de consumidor: fíxate na calidade do produto que mercas e na información que aparece na etiqueta.

3 - Que non che cambien a festa; o Nadal non significa consumir. Non sexas monicreque da publicidade.

4 - Detrás dun produto excesivamente barato pode haber explotación laboral, deterioración medioambiental ou problemas para a túa saúde; infórmate.

5 - Que o teu consumo respecte o Medio Ambiente: merca produtos que indiquen na súa etiqueta que non estragan a Natureza.

6 - Pensa que as marcas “de moda” encarecen o prezo final. Sé crítico.

7 - Non merques xoguetes bélicos nin sexistas.

8 - Apoia ó pequeno produtor local. Que non o esmaguen as transnacionais.

9 - Colabora coas iniciativas solidarias que che propoñan.

10 - Un consumidor responsable medra dende pequeno. Fai do teu consumo un exemplo para os teus fillos.

 

De seguro que algunha destas proposicións che parece novidosa. Infórmate mellor e divúlgao.


Fonte: http://www.covadaterra.org

quarta-feira, 8 de agosto de 2007

Queres contribuír na loita contra o arrequecemento da Terra?, acode ao supermercado en coche


Segundo indica o ecoloxista Chris Goodall, é preferible acudir ao supermercado a realizar as compras habituais en coche que camiñando, pero non penses
que é pola túa comodidade. Para chegar a tal afirmación, o ecoloxista calculou o gasto enerxético dunha persoa que acode ao seu establecemento habitual andando e tivo en conta todo o que move este simple feito e o que del se deriva.


O consumo enerxético que realiza o consumidor en cuestión provén dos alimentos que se procesan na industria, a maior consumo enerxético maior é a fame e maior é a maquinaria industrial que se move para satisfacer a necesidade do
consumidor. Esta maquinaria contamina ata catro veces máis do que o faría un coche que acode a devandito establecemento.


A resposta á pregunta queres contribuír na loita contra o
arrequecemento da Terra?, podería ser: acode ao supermercado en coche.


O simple feito de sobrealimentarse xera unha gran cantidade de contaminantes verteduras á atmosfera e en consecuencia, en prol do arrequecemento global. A contaminación ambiental tradúcese en enerxía, practicamente todos os alimentos teñen tras de si un ronsel de contaminación, ata se son ecolóxicos, claro que se son da propia horta a cousa cambia, pero por norma xeral, os produtos que compramos proveñen de distintas partes do mundo e só o transporte xera unha incrible cantidade de CO2 e demais
contaminantes.

Segundo mostra a publicación Times  Online, un quilo de carne consumido xerou nada menos que 36 quilos de gases que favorecen o arrequecemento global. Cecais, reformularse os cambios necesarios para que os alimentos non xeren tales cantidades de desperdicios sexa algo practicamente inviable que repercutiría en toda a economía mundial pero ata entón que?, imos en coche ao supermercado?


O artigo publicado en
Times  On Line é sumamente interesante e fainos reflexionar sobre a orixe real de moitos dos gases e contaminantes que propician o arrequecemento global. Esta é unha das fatais consecuencias da globalización gastronómica.

Fonte: Times On Line (via Directo al Paladar) Imaxes: METSUL


e Geografia para todos



sábado, 5 de maio de 2007

McDonald´s con M de Merda




Este vídeo demostra os poderosos conservantes, aditivos e demais
sustancias que utiliza a cadea de comida rápida McDonald´s nos
produtos que ofrecen aos consumidores, pero especialmente destacamos
a resistencia do Big Mac e das tradicionais patacas fritas.


No experimento en cuestión introdúcense en varios tarros de cristal
algunhas das hamburguesas que podemos adquirir en McDonald´s, a
chamada Cuarto de libra, o Big Mac, Chiken McGrill, etc. Tamén se
introducen dous tipos de patacas fritas, as clásicas que adoitan
ofrecer e outras de tamaño extra moi grosas. Non perdades detalle
sobre o proceso que se desenvolve no vídeo, no que nos mostran o estado
destes alimentos ao cabo dunha, dous, tres e ata 10 semanas logo de
habelos introducido no tarro.


O premio á conservación lévano as patacas fritas, que logo de pasar
10 semanas, teñen unha aparencia que se podería dicir "comestible",
aínda que dubidamos moito que sexa así.


En canto ás hamburguesas, a máis resistente foi a abandeirada




da cadea, xa que foi a última en mostrar os signos de descomposición pertinentes. Sen dúbida, este vídeo fai que se pense duas veces antes de acudir a comer
a McDonald´s.

Fonte: Directo al paladar

E para terminar, a publicidade masi antiga do
McDonald´s. Como unha porquería de tal calibre deu de si para construir un imperio, e un dos grandes misterios da historia da humanidade.












quarta-feira, 31 de janeiro de 2007

A candeloria: esmorece o inverno, casan os paxaros. E a seguir, o cocido de San Brais, preparadevos para cantar





Como todos os anos, lembramos que o 2 de febreiro, é a festa da Candeloria, unha modesta celebración relixiosa, cargada de simbolismo, que consiste en levar velas á misa para que o crego as bendiga. 


A candeloria era considerada tradicionalmente coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Segundo a crenza popular, o día da Candeloria casan os paxaros nas árbores. É a festa do AMOR, do sentimento, da atracción física e tamén o amor a familia, os amigos, os animais, ou a terra de nacencia.
 

Para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal. A candeloria era unha festividade que marcaba un tempo: a metade do inverno, por iso naceu aquel coñecido refrán: “Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora”. 

A festa naceu para suplir outra festa pagán que celebraban nesas datas os romanos (as lupercais), nas que acendían candeas para facer cerimonias chamadas lustracións, no entorno dos templos.






E tamén nalgúns lugares de Galicia, celébrase este día a chamada festa do Pote, como no concello de Verín, onde pode haber na mesa cachucha, ovos, cabrito, tortilla, vitela, fideos con azucre, roscas, churros, figos, roscóns, arroz con xarope, noces, laranxas e bica de rixóns, co cal á festa anterior tamén se engade unha celebración gastronómica.
En outros lugares é o 3 de Febreiro festa de San Brais, santo que ten sona de ser abogoso da gorxa. Ese dia se comese cocido, acompañado de viño tinto e cantos populares que se prolongan o longo da tarde, para que o santo protexa as nosas gorxas todo o ano   :-D
















sexta-feira, 5 de maio de 2006

Vigo foi invadido por Salvemos Monteferro


 


No pasado fin de semana os miñoranos invadiron Vigo cas suas reivendicacións, xunto con outros colectivos sociais e ecoloxistas.


O xoves Verdegaia presentou Salvemos Monteferro  no local social A Revolta.  


O venres foi o 2º Concerto solidario na sala Iguana Club, no que participaron Cogito e Dakidarría (reegae, ska, punk).Aqui podedes ver as fotos do 2º Concerto Solidario de Salvemos Monteferro.


 O sábado, Festa-Presentación da sección viguesa de Verdegaia, en A Revolta de novo, gran festa na que tocaron Servando e Contradança, APERTA (asociación de percusionistas e tamborileiros), Música y Letra, Woïma, Thiossane (percusión africana),  e as Pandereteiras de Andarela. Aqui están as fotos.


Salvemos Monteferro non faltou tampouco en outras convocatorias fora de Vigo, como foi o Rock do Mosteiro, en Oia.


Todo esto enmarcado nas actividades da recta final para a Concentración o  sábado que ven, dia 13, as 12h, no Concello de Nigrán, para a entrega das case 10 000 asinaturas recollidas.


Ese dia se espera que os vigueses devolvan a visita, INVADINDO NIGRÁN EN APOIO A "SALVEMOS MONTEFERRO". Se tocas un instrumento, fas malabares ou tes calquera outra idea que se poida incorporar a festa, non o penses duas veces. E non esquezas traer algo de comes e bebes que a romería ten que ser sonada. Dalle unha última ollada a convocatoria, e nos vemos en Nigrán!!!!


 


 


 

quinta-feira, 20 de abril de 2006

Gastronomia mexicana


http://comenius.orbis.org.mx:8886/bibdigm/bibdigm_cart1/bid_busc_subt?f_tema=7&f_subt=5
Jose Fuentes Mares (1919-1986) é un dos historiadores mexicanos máis lidos deste seculo. Nestas paxinas brindase unha sabrosa invitacion a compartir viandas gastronomicas, circunstancias historicas e trazos culturais de "antojos", "platillos" e modales de mesa a traves duma deliciosa lectura. Na ligazon podedes ler o seu libro "Arte del bien comer y del mejor beber" e outros libros de gastronomia mexicana (Gracias a Colineta pola referencia)

quinta-feira, 16 de março de 2006

LAMPREA


Description:
Andamos estes días a contas co patrimonio inmaterial galego portugués, que certamente é unha obra mestra por si. Ese patrimonio está presente en tódolos ámbitos da cultura que compartimos galegos e portugueses, e a cociña e gastronomía non ía ser menos.

Sentase un á mesa en calquera lugar do norte de Portugal cun bo prato de caldo verde e séntese na casa e rodeado de amigos. O gusto polos viños algo acedos e cun chisco de agulla define de forma substancial a nosa irmandade culinaria, xa que en ningún outro lugar da península ibérica gozan de tanta estima tales caldos.

Pero posiblemente o rasgo culinario máis característico de cantos unen a ambas beiras do Miño sexa o gusto pola lamprea. Neste caso o río lonxe de separarnos únenos nun abrazo fraternal profundo e primixenio.

Penso que non hai lugar do mundo onde ese peixe primitivo, antediluviano, goce de tanta estima coma o fai en Galicia e Portugal, fundamentalmente nas terras próximas ao Miño.

E non se trata unicamente do gusto de uns e outros por este peixe que nos visita so nunha curta tempada cada ano, senón que as receitas empregadas para cociñalo son moi semellantes en ambos países. A chamada “lamprea á bordalesa” énos común e xa é unha receita máis nosa que do seu Burdeos natal.

O emprego en Galicia do arroz branco como gornición desta receita lévame a pensar nunha posible influencia dos veciños portugueses na nosa maneira de guisar tan exquisito peixe. Non podemos esquecer que en Portugal o arroz é elemento imprescindible na cociña tradicional, mentres que a tradición galega tívoo confinando ao apartado das sobremesas, coas papas de arroz, ata tempos recentes. Para que non todo sexa igual, no norte de Portugal tamén se amaña o “arroz de lampreia”, mentres en Galicia metemos o animal entre dúas capas de pan e preparamos unha empanada de chupar os dedos ata o óso.

O gusto pola lamprea entre nos ven de lonxe. Nun tratado de cociña portuguesa do século XV pode atoparse a seguinte receita:


Ingredients:

”Lampreia

Limpem a lampreia em água quente, tirando-lhe as vísceras e dando-lhe golpes na carne.
Coloquem-na enrolada, numa tigela, e temperem-na com azeite, coentro, salsa(1), cebola ralada e sal.


Directions:

Deixem-na em repouso por algum tempo, levando-a em seguida ao fogo.
Depois de bem refogada, deitem-lhe um pouco d'água com vinagre, cravo, pimenta, açafrão e gengibre.
Cozinhem em fogo lento.”

(1) Perexil, en Galicia.

quinta-feira, 26 de janeiro de 2006

GASTRONOMIA LIMIA, COCINHA INVERNAL


Description:
Xa podes desfrutar da melhor gastronomia tradicional da Baixa Limia, estes pratos e sobremesas contribuiron en boa medida a paliar a fame (en tempos de guerras e postguerra), e algúns deles so se desfrutaban en días de festas.
Cocinha axeitada o tempo de inverno. Tedes toda a información aqui:


Ingredients:
http://geo.ya.com/lobios/gastronom%EDag.htm

Directions:
PRATOS

Lacón con Grelos
Caldo Galego
Pan de Millo
Empanada Artesana
Papas de fariña Milla
Zarrabullo
Callos Limiaos

SOBREMESAS

Formigos
Migallas
Letría
Filloces
Torradas
Chulas

sexta-feira, 28 de outubro de 2005

FESTA GAITEIRA NO CUATRO CAMIÑOS DE GONDOMAR

Start:     Oct 30, '05 8:00a
Location:     Gondomar, Galiza
http://mmeixide.multiply.com/journal/item/18

CASA FORESTAL (A DE PIRRI)

Rating:★★★★★
Category:Restaurants
Cuisine: Steak
Location:Mougas (Galiza) (estrada de Biona a A Guarda)
Carnes e vexetais caseiros
Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

CATRO CAMIÑOS

Rating:★★★★★
Category:Restaurants
Cuisine: Other
Location:Gondomar (Galiza)
Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués
Todos os domingos venhen do Carbalhinho Placido e a sua familia a preparar un "pulpo a feira" do melhor. E o ultimo domingo de cada mes, cando coincide ca "Festa gaiteira", e algo a non perder de xeito ningun. No Catro Camiños podense comer excelentes embutidos, xamón e queixos, e conta cunha excelente carta de viños, e varios grifos de cervexa de importación.

Plácido comes from O Carbalhinho with his family , every Sunday, to cook the best octopus "fair style". And when it coincides with the last Sunday of every month, there is also a "Horn Pipe Party" that is something not to lose without good reasons.

quinta-feira, 27 de outubro de 2005

GAITEIRADA E PULPO - HORN PIPES AND OCTOPUS


Este derradeiro domingo de Outubro volta a abrir o Catro Camiños. Recén chegados de Cuba, a ver que contan Manolo, Neves e Iago do paso do furacan, entre outras cousas. Haberá pulpo a feira como todos os domingos, e festa gaiteira, como todos os últimos domingos de mes.


The last Sunday of October the Catro Camiños pub opens again. Recently arrived from Cuba, we will hear what Manolo, Nev and Iago have to say about the hurricane, among other things. There will be octopus "a feira" as every Sundays, and piper's party, as every last Sunday of month.