Total de visualizações de página

quarta-feira, 31 de janeiro de 2007

A candeloria: esmorece o inverno, casan os paxaros. E a seguir, o cocido de San Brais, preparadevos para cantar





Como todos os anos, lembramos que o 2 de febreiro, é a festa da Candeloria, unha modesta celebración relixiosa, cargada de simbolismo, que consiste en levar velas á misa para que o crego as bendiga. 


A candeloria era considerada tradicionalmente coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Segundo a crenza popular, o día da Candeloria casan os paxaros nas árbores. É a festa do AMOR, do sentimento, da atracción física e tamén o amor a familia, os amigos, os animais, ou a terra de nacencia.
 

Para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal. A candeloria era unha festividade que marcaba un tempo: a metade do inverno, por iso naceu aquel coñecido refrán: “Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora”. 

A festa naceu para suplir outra festa pagán que celebraban nesas datas os romanos (as lupercais), nas que acendían candeas para facer cerimonias chamadas lustracións, no entorno dos templos.






E tamén nalgúns lugares de Galicia, celébrase este día a chamada festa do Pote, como no concello de Verín, onde pode haber na mesa cachucha, ovos, cabrito, tortilla, vitela, fideos con azucre, roscas, churros, figos, roscóns, arroz con xarope, noces, laranxas e bica de rixóns, co cal á festa anterior tamén se engade unha celebración gastronómica.
En outros lugares é o 3 de Febreiro festa de San Brais, santo que ten sona de ser abogoso da gorxa. Ese dia se comese cocido, acompañado de viño tinto e cantos populares que se prolongan o longo da tarde, para que o santo protexa as nosas gorxas todo o ano   :-D
















Um comentário:

  1. en mipais, tambien en febrero se celebra la FIESTA DE LA CANDELARIA, pienso que tiene raices hispanas entonces, perdón..raíces gallegas,pero dura una semana, es en el Norte de mi pais, y desfilan muchas comparzas.......diabladas........en todo caso es una fiesta tan popular y populosa que ralla en elpaganismo y se presta para muchos excesos..................si un "promesero" lee esto me odiara,pero asi lo siento yo, una vez que fui, me provoco angustia
    besos

    ResponderExcluir