Total de visualizações de página

segunda-feira, 29 de janeiro de 2007

As cruzes de pedra na Galiza




Un cruceiro é un monumento relixioso constituido por unha cruz de pedra sobre un pilar, situado nun lugar público, principalmente encrucilladas, adros e outros sitios onde nalgúns casos existían cultos pagáns á natureza. O cruceiro, fora de toda dúvida, é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra galega; é unha sincera obra de arte popular, escultura en granito, que xurde nos máis inesperados rincóns, e á que se admira e respecta con espontánea devoción Fonte: Galipedia, a wikipedia en galego
.

Foron ampliamente estudados e debuxados por Castelao que tamén os estudou na Bretaña

Orixe do cruceiro

As cruces altas de pedra teñen a súa orixe na Irlanda recén evanxelizada, cando esta serviu de refuxio á Igrexa católica escindida polas invasións, e representan a asimilación cristiana do elemento de culto en pedra herdado de culturas anteriores. Resalta a presencia de figuras esculpidas e de elementos decorativos.

En Galicia, ó igual que outros países, e especialmente Irlanda, Escocia, Gales e Bretaña, impúxose o costume cristián de cristianizar os monumentos megalíticos, convertíndoos en cruces ou convertíndoos en soportes da cruz. Da mesma forma, tamén se cistianizaban lugares consagrados por antigos ritos e os camiños. Neste caso dos camiños Galicia é o referente máis importante, de aí a importancia folclórica dos camiños galegos. Ademáis, antigamente os soterramentos tiñan lugar á beira dos camiños e nas encrucilladas, o que explica o medo histórico que estes lugares infundían pola noite. Anque os cruceiros propiamente ditos non datan de antes da cristianización, alá no século XII, si existían previamente cruces gravadas en pedra, tanto cristiaas coma precristianas.

As cruces altas de pedra naces en Irlanda no século VI como cristianización do menhir. De alí pasan á Bretaña (croaz-hir) e expándese a cristianización de camiños por Francia. De alí, a súa introducción a través do Camiño de Santiago parece evidente. Estas cruces que marcaban este camiño francés e que se introduciron en Galicia eran, sen embargo, pequenas cruces sobre promontorios rochosos.Ler máis....

Um comentário: