Un ano máis reproduciuse en Padrón o lamentábel espectáculo da tourada de Pascua, baseada na tortura e a morte de seis animais. A tradición non pode servir de pretexto para encubrir a máis elemental crueldade, e por moi concorrido que fose o acto segue a ser unha minoría da poboación a que acode e apoia as touradas no noso País.
Total de visualizações de página
terça-feira, 17 de abril de 2007
ADEGA rexeita as touradas e esixe unha nova Lei Galega de Protección Animal
Un ano máis reproduciuse en Padrón o lamentábel espectáculo da tourada de Pascua, baseada na tortura e a morte de seis animais. A tradición non pode servir de pretexto para encubrir a máis elemental crueldade, e por moi concorrido que fose o acto segue a ser unha minoría da poboación a que acode e apoia as touradas no noso País.
quinta-feira, 12 de abril de 2007
O parlamento francés elixe Kubuntu (a distribución GNU/Linux baseada en Ubuntu, pero co escritorio KDE).
VOU IR ENGADINDO ALGUNS PARTES DA GUERRA DO CÓDIGO LIBRE NO FIN DESTE ARTIGO
Pero entón, esto do Linux non era cousa de frikis e xentes
de mal vivir? (Artigo copiado de www.mancomun.org)
Segundo pode
lerse no diario francés Le Monde, o parlamento francés, que xa decidira
migrar a GNU/Linux hai unhas semanas, acaba de elixir Kubuntu
(a distribución GNU/Linux baseada en Ubuntu, pero co
escritorio KDE). O novo sistema tamén contará
con aplicacións de escritorio moi estendidas como o paquete ofimático
OpenOffice.org, o navegador web Firefox e o xestor de correo Thunderbird.
Artigos relacionados
- Suráfrica
migra ao Software Libre - Zaragoza
pásase ao Software Libre - Caja
de Guadalajara leva GNU/Linux a todos os seus computadores - Peugeot-Citröen
anuncia a migración de máis de 20.000 computadores a GNU/Linux - A
India pode vivir sen Microsoft - Oracle, IBM e Nec venderán no Xapón sistemas que executen o sistema operativo GNU/Linux
Máis do 75% dos principais supercomputadores do mundo empregan GNU/Linux- O Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) 2007-2010, a favor da interoperabilidade e os estándares abertos. NOVO!!!
Ademais, neste artigo encontrarás unha reflexión sobre o gran gurú e visionario do sw libre o Sr. Richard Stallman.
domingo, 8 de abril de 2007
Domingo 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, International Roma Day.
Fonte: www.vieiros.com
Este domingo 8 de abril conmemórase en todo o mundo o Día Internacional do Pobo Xitano, International Roma Day.
Esta data foi institucionalizada, xunto á bandeira e o himno xitanos,
no Primeiro Congreso Mundial Xitano que tivo lugar en Londres en 1971.
Un ano de avances para o pobo xitano
En
Galiza viven dez mil xitanos. Previr a exclusión e axudar á integración
das comunidades xitanas está entre os obxectivos do goberno, cara aos
que as secretarías de Benestar e Igualdade xa iniciaron plans concretos.
En Galiza, onde habitan
preto de dez milleiros de cidadáns xitanos, tamén se están a levar a
cabo diferentes medidas, impulsadas polas secretarías xerais de
Benestar e Igualdade. O novo Plan Integral para a Convivencia e o
Desenvolvemento Social do Pobo Xitano en Galicia, prevé o financiamento
de actuacións específicas de "intervención social para a atención,
prevención da exclusión e promoción das comunidades xitanas".
A Vicepresidencia e o Ministerio de Traballo financian de maneira
conxunta (60 – 40%, respectivamente) os proxectos desenvolvidos polos
concellos galegos para a execución deste plan. Neste senso, o Consello
da Xunta do pasado 25 de xaneiro, aprobou un investimento inicial de
máis de 22 millóns de euros para 2007.
Normalización social
Entre os seus principais obxectivos están: acadar o acceso maioritario
da poboación xitana galega aos servizos normalizados, así como o uso
adecuado dos mesmos; facilitar os procesos de erradicación do
chabolismo e o acceso a vivenda normalizada; favorecer desde o ámbito
socio-familiar a plena normalización do alumnado xitano; mellorar a
empregabilidade e a inserción socio-laboral da poboación xitana.
Ademais, vaise facer fincapé na promoción integral da saúde, sobre todo
no que se refire ao fomento da saúde reprodutiva nas mulleres xitanas,
e na mellora da participación social do colectivo xitano con, entre
outras cousas, coa celebración aberta de días sinalados para a
comunidade e con obradoiros interculturais de ocio e de lecer.
Ano de avances
Durante este último ano, producíronse relevantes avances para a
comunidade xitana no eido institucional. Así, tras ser aprobado polo
Consello de Ministros de Madrid o pasado 9 de marzo creouse o Instituto
de Cultura Xitana, e estabeleceuse o Consello Estatal do Pobo Xitano.
Ademais, as reformas estatutarias en Andalucía e Cataluña recoñecen a
contribución histórica do colectivo a estes dous territorios. O
Parlamento de Cataluña, con motivo do Ano Europeo da Igualdade de
Oportunidades para Todas as Persoas, redactou unha Declaración
Institucional, lida polo seu presidente en pleno o pasado 29 de marzo,
sobre "a persecución e o xenocidio do pobo xitano".
Garantías contra a discriminación
Os
problemas para o recoñecemento como minorías que sofre o pobo xitano
son comúns a diversos estados europeos. Nesa liña, a loita pola
superación de obstáculos para a integración social é un desafío que
envolve a comunidades xitanas en toda a Unión Europea. En 2005, a
Fundación Soros e o Banco Mundial apoiaron unha xuntanza internacional
para tratar o problema e buscar compromisos concretos da UE. Aló,
colectivos ciganos de toda Europa definíronse como "unha gran nación
sen fronteiras", ao tempo que lle pedían á ONU o recoñecemento da
condición de "nación non territorial".
A volta
A finais de 2005, a un mozo de etnia xitana impedíanlle en Galiza a
entrada nun local de copas. Ao resto de compañeiros de empresa cos que
saíra de cea deixábanos pasar sen problemas. O suceso foi cualificado
daquela de "acto intolerábel e inadmisíbel", desde a Vicepresidencia da
Xunta.
A revolta
O goberno galego anunciou daquela que no bienio 2007-2009 entraría en
funcionamento un plan de desenvolvemento e incorporación social do
colectivo xitano "co obxectivo de acadar a súa integración real na
sociedade".
A reviravolta
O éxito dun plan deste tipo dependerá dun compromiso social amplo para
acabar con situacións de intolerancia e erradicar estereotipos como "os
que identifican aos xitanos ou aos inmigrantes coa delincuencia e os
problemas".
sexta-feira, 6 de abril de 2007
Dereitos Humanos contra Bush : Vostede decide
Transcribo o correo que recibín do equipo Avaaz:
Adel Hamad creceu numa pequena aldea no Sudán. Através de moito esforzo se fixo profesor e asistente de hospital. Para sustentar sua familia aceitou un emprego melhor num hospital comunitário no Afganistán. Ata que uma noite foi arrancado de sua cama e enviado para o inferno, como o prisioneiro número 940 de Guantanamo Bay.
Adel Hamad non foi xuzgado. Non viu a os seus familiares en catro anos. Ata os oficiais militares que están evaluando sua situación definiron a sua detención como "increible". Mas el e outros 400 prisioneiros ainda están presos en Guantanamo. A semana pasada o Secretario de Defensa dos EUA Robert Gates, finalmente dixo que Guantanamo deveria ser pechado. Os asesores de Bush están divididos en ese asunto. Uma chamada global pode influenciar a decisión e presionar a Bush a pechar Guantanamo para sempre. Clique abaixo para asinar a petición para Pechar Guantanamo e asemana que ven publicaranse anuncios nos principais xornais americanos anunciando o número de asinaturas:
http://www.avaaz.org
Agora está claro que a maioria dos detidos son simplemente persoas inocentes que estaban no lugar errado na hora errada. O ex-comandante de Guantanamo Xeneral Jay Hood admitiu que "Algumas veces simplemente colhemos os que non eran". Eso é o que acontece cando as persoas son mantidas presas sen acusación nin proceso xudicial.
Despois de estar preso en Guantanamo cinco anos, a semana pasada o Australiano David Hicks foi finalmente xuzgado e sentenciado a 9 meses de prisión na Australia. Eso ilustra que os presos de Guantanamo están lonxe de ser "os peores dos peores", palabras do governo americano para xustificar a falta de compromiso con os dereitos humanos. Ademais, outros reximes ao redor do mundo usan Guantanamo como desculpa para violar tamén os dereitos humanos.
Asine a petición para qu o governo americano peche Guantanamo e para que os detidos sexan xuzgados por un tribunal lexítimo ou sexan liberados. Vamos colocar ese anuncio em Washington DC para mostrar que os cidadáns de todos os países da Terra queren que esa inxustiza acabe:
http://www.avaaz.org
Con esperanza,
Ricken, Milena, Tom, Graziela e todo o equipo Avaaz
sexta-feira, 23 de março de 2007
Non haberá fin da transición democrática ata que pidan perdón... (Lluis Llach)
Un 3 de Marzo na transición democrática. Pola readmisión dos despedidos convocouse a terceira folga xeral o
mércores, tres de marzo. Se potenciaron as asembleas de barrio, de
traballadores que non estaban en folga, de comerciantes, de bares e de
todo o pobo traballador. A maioría das asembleas realizabámolas nas
igrexas.. O domingo anterior, á hora da misa, os que
enchían as parroquias ían vendo como o cura daba a palabra a
traballadores en folga que explicabamos o conflicto e chamaban á
solidariedade e á folga.
Mais información aqui e aqui
quinta-feira, 22 de março de 2007
'Bienvenida' en Colombia al Rey de España
El rey Juan Carlos es uno de los grandes invitados al
Congreso de la Lengua en Cartagena y también estará de paso por
Medellín. Sin embargo, para el escritor Fernando Vallejo su visita es
todo menos un halago para Colombia. "Bienvenida" del maestro a su
majestad.
El
12 de octubre del 2004 el periódico Romania Libera de Bucarest informó
de la cacería en la región rumana de Covasna, al pie de los Cárpatos,
en que Juan Carlos Borbón, alias Su Majestad don Juan Carlos I de
Borbón y Borbón (con el "de" y la "y" que se suelen poner estos
zánganos en sus nombres para significar que nacieron de la vagina de
oro), mató a escopetazos a nueve osos, una osa gestante y un lobo y
dejó malheridos de bala a varios otros animales que medio centenar de
ojeadores le iban poniendo a su alcance de suerte que los pudiera
abatir alevosamente. Varios miembros de la policía secreta rumana
disfrazados de campesinos e infiltrados entre los ojeadores protegían
de los osos y de cuanto peligro se pudiera presentar al señorito. La
cacería o masacre tuvo lugar del viernes 8 de octubre al domingo 10 y
la organizó la empresa Abies Hunting, experta en estas bellaquerías. El
rey había llegado al aeropuerto Otopeni de Bucarest en su jet privado,
y escoltado por diez patrullas de la policía y varios vehículos de
acompañamiento protocolario se había trasladado a las cabañas que tenía
en la región para sus cacerías Ceaucescu.