Total de visualizações de página

terça-feira, 27 de fevereiro de 2007

Tres mulleres iraquíes enfróntanse á forca tras un xuízo sen garantía legal algunha . Non ás execucións !!! Hanging the womb of Iraq (link in English below)



In English:



http://www.brusselstribunal.org/hanging.htm


Declaración Internacional *



Tribunal BRussells (www.brusselstribunal.org),
14 de febreiro, 2007



IraqSolidaridad (www.iraqsolidaridad.org),
18 de febreiro, 2007



Traducido do inglés ao español por Paloma
Valverde (e ao galego por min)



“A ningunha
destas tres mulleres se lle permitíu o dereito a un
avogado. Os xuízos aos que as someteron eran ilegais de acordo coa
legalidad internacional. As tres son prisioneiras de guerra
con estatuto protexido segundo a Terceira Convención de Xenebra. A sua execución sería non só ilegal e sumaria, senón
completamente inmoral. A civilización do mundo repudia a pena de morte
á vez que os dirixentes feudales en Iraq fan un
espectáculo público das execucions.”


Wassan
Talib, de 31 anos, Zeynab Fadil, de 25 e Liqa Omar Muhammad de 26,
todas elas acusadas de “delitos contra a sociedade” por un goberno
que nin sequera é capaz de fornecer electricidade á poboación
pero que enche as rúas de cadáveres, enfróntanse a unha execución
inminente en Iraq. Todas
elas están na prisión de Kadimiya de Bagdad. Duas delas teñen
fillos pequenos. A filla de Liqa, dun ano, naceu no cárcere.
Todas as mulleres negan as acusacións polas que se enfrontan á forca.


O párrafo
156 do Código Penal iraquí, segundo o cal foron xulgadas,
sinala que “[…] calquera persoa que cometa intencionadamente un
acto coa pretensión de violar a independencia do seu país ou a súa
unidade, ou a seguridade do seu territorio e que ese acto, pola
súa natureza, implique tal violación é punible coa pena de morte”.
O goberno títere acusa a esas mulleres dos seus propios
crimes.



Falsos tribunais



Nun
país no que é evidente que non hai un sistema estatal ou xudicial,
a ocupación e o seu goberno marioneta utilizan, como en todos os
réximes represivos da Historia, tribunais falsos para
exterminar a quenes se lle opoñen. Non se pode celebrar ningún
xuízo legal mentres non se dean as condicións para un proceso
do xeito debido, polo menos a presenza e a seguridade dos avogados.


As
mulleres iraquíes son a memoria da vida da nación de Iraq. Pola contra,
o goberno nomeado por EEUU impón no seu atraso
únicamente unha cultura de morte. Mentres Iraq era o Estado máis
progresista da rexión respecto de os dereitos da muller, coa
invasión estadounidense se abolíu a lexislación protectora [da
muller]. EEUU e os seus conspiradores locais, ao provocar centos de miles
de viudas e reducir a vida en Iraq á loita pola mera
supervivencia, colocaron á muller no punto de mira e agora na forca.



Resistencia das mulleres


As
mulleres son sempre as primeiras e as últimas vítimas da
guerra. Aplaudimos os incontables actos de resistencia da muller
iraquí, xa sexa a súa resistencia fronte á cultura da violación,
da tortura e do asasinato por parte das forzas
estadounidenses e iraquíes, a súa fortaleza en seguir dando vida no medio
dun xenocidio patrocinado polo estado, a súa dignidade ao
enterrar aos seus maridos, fillos, fillas ou irmáns, ou as súas accións
directas contra unha ocupación militar, ilegal e fracasada.


Esiximos
a posta en liberdade de Wassan, Zeynab e Liqa e de todos os presos
e presas políticos en Iraq. Apelamos a todas as persoas,
organizacións, parlamentos, traballadores, sindicatos e Estados a retirar
o recoñecemento a este goberno iraquí prol-ocupación e
sectario. Chamamos a realizar protestas de forma inmediata fronte a cada
embaixada iraquí no mundo. Non hai honor algún en asasinar a mulleres.
A ocupación é a maior ditadura. Non son estas tres
mulleres ás que se debe xulgar; senón a este goberno e aos
seus pagadores estranxeiros.


*
Esta declaración foi promovida por Hana Albayaty, Ian Douglas,
Abdul Ilah Albayaty, Iman Saadoon, Dirk Adriaensens e Ayse Berktay.



Ademais das adhesións individuais, a declaración conta cos
primeiros apoios de Iraq Solidarity Association (Estocolmo), Centro
Brasileiro de Solidariedade aos Povos e Luta pela Paz Cebrapaz, BRussels Tribunal Committee, International Action Center (EEUU),
International Movement for a Just World (JUST), Gerald
and Maas, Canadian Arab Federation, Tunisian Institute of
International Relations (Paris), ademais da CEOSI



Texto orixinal
en inglés en:




http://www.brusselstribunal.org/hanging.htm



Nota de IraqSolidaridad:



1.
Véxase en IraqSolidaridad:


http://www.nodo50.org/iraq/2007/docs/represion_13-02-07.html .
















sábado, 24 de fevereiro de 2007

Quince mitos sobre Linux


Se un busca na rede, pode atopar moitos documentos nos cales xente
coñecedora fai unha comparación obxectiva entre Linux e Windows (tanto
en servidores como en estacións de traballo). En moitos dos documentos
expóñense puntos validos e vigentes en contra de Linux, pero en moitos
outros só se perpetuan algúns mitos acerca deste sistema operativo.
Algunhas persoas coñeceron a Linux nos tempos do vello Red-Hat 6.0 e
debido a isto todaví­a creen neles...



Algúns destes mitos son:















1.- Se uso Linux quedareime illado do resto.
2.- Linux non está estandarizado.
3.- Só un experto programador pode instalar e usar Linux.
4.- Linux está ben como xogo, pero non para algo serio.
5.- Linux non xera empregos.
6.- Linux é feo.
7.- En Linux non hai aplicacións.
8.- Linux é gratis e xa que logo, o que se faga en el non se pode cobrar.
9.- Linux é difí­cil de manexar.
10.- No software libre non hai innovación.
11.- Todo mundo pode ver o código dos programas libres e por iso son inseguros.
12.- O software libre é comunista.
13.- Non hai virus en Linux porque pouca xente o usa.
14.- En linux non hai soporte.
15.- Linux non lle quita mercado a Windows, senón a Unix.

Se queres saber a verdade que se agocha tras eses mitos, le o seguinte artigo de Manuel Montoya en Kriptópolis




sexta-feira, 23 de fevereiro de 2007

Xornadas de Urbanismo en Nigrán




Cando o Val Miñor volta a estar en boca de todos polos lamentables delitos urbanisticos mostrados en todos os xornais, "varias asociacións e colectivos organizamos as primeiras
Xornadas de Urbanismo de Nigrán co obxetivo de que o veciños e veciñas
da comarca continúen o debate necesario sobre o seu futuro; debate que
comezou hai xa algún tempo e que nesta altura queremos avivar.

As xornadas celebraranse todos os sábados do mes de Marzo ás 19:00h,
a máis dunha charla o xoves 22 ás 20:00h co arquitecto Pedro de Llano.

Dado que o concello de Nigrán non dispón de ningún auditorio nin
sala pública para a realización das xornadas, as charlas celebraranse
nunha aula do colexio público H. Juanes de Vilameán (Nigrán). Así mesmo
porque para este lugar e o seu contorno lle tiñan reservado un destino
que o pobo de Nigrán non aceptou nin vai aceptar nunca: xa que este é
un terreo de dominio público que non pode entrar como moeda de cambio
en ningún “cambalache” inmobiliario para beneficio particular. Non o
consentiremos".

Ver mais en
www.pxomnigran.com , onde se irá presentando información detallada das xornadas.

Organizan e patrocinan.

A.VV A Irmandade de Priegue

A. VV Dunas de Nigrán

Clube Espeleolóxico Maúxo

Instituto de Estudos Miñoranos

Plataforma Nunca Máis Val Miñor

Plataforma ecoloxista Salvemos Monteferro

Portal de información Valminor.info














segunda-feira, 19 de fevereiro de 2007

Alarma De Acción: A extensión do cultivo de palma para Biofuel na Indonesia nas Turbeiras da Pluviselva acelera o cambio climático





Arca Do Clima:


O portal do Cambio climático e do aquecemento global











Faga saber ao presidente da Indonesia que o mundo espera que cumpla a promesa do seu ministro do ambiente de abordar de raíz as
causas dos fogos e da drenaxe das turbeiras da pluviselva.



PARA VER DIAPOSITIVAS DA SELVA, PREMA NA FOTO






Rainforests de Indonesia





Fonte: Climate Arc

As pluviselvas da Indonesia conteñen o 60% de
toda a turba tropical do mundo.
As turbeiras das pluviselvas, cando son drenadas e
deforestadas, chegan a ser altamente
susceptibeis a incendios longos xa que
a turba que enche o solo é rica en carbón e metano. Son os xacimentos de carbón máis importantes do mundo e desempeñan un
papel vital na regulación do clima global. Son tamén
moi ricas en biodiversidade e un refuxio para especies como os orangutans,
posto que a maioría dos bosques da terra baixa xa foron deforestados.



Estas pluviselvas ricas en turba estanse destruindo rápidamente; sobre todo polo aceite de palma, a madeira, e as compañías de pasta de papel. O goberno indonesio endosou un programa masivo de biofuel que prevé un aumento das
plantacións
de aceite de palma dos 6
millons de hectáreas actuais a mais de 26 millóns de hectáreas.
Acaban de se aprobadas 5.25 millóns de hectáreas para producción de biofuel, incluindo un millón a unha das compañías que estuvo implicada nos acordos
para una mega-plantación na parte de Kalimantan coñecida como o '
corazón de Borneo ' que se conseguiu parar, pero é
probable que reapareza en outro ponto de un xeito ou outro.




O aumento da producción de biofuel, fortemente estimulada polo mercado europeo, vai ser moi probablemente a morte para a maioría das pluviselvas de turbeira da Indonesia. Lonxe de reducir emisións de gases do
cambio climático, lanzará rápidamente ata 50 mil millons de
toneladas de carbono a atmósfera. Éste é equivalente a 6 anos de emisións globais de combustible fósil e
podería facer que o aumento da temperatura global
de 2 ºC (xeralmente considrado como "nivel peligroso") fose inevitable . Esta emisión de carbón procedente das selvas de turbeira deforestadas podería de seu levar o planeta más aló do ponto de inflexión climático, producindo empeoramentos importantes no efecto invernadeiro
global como son as enormes emisións de metano
do permafrost e do océano, causando a desintegración rápida dos xeos e unha cadea imparable de extincións en masa.




As emisións de carbón de Indonesia polo drenaxe da turba e os incendios xa puxeron o país en terceiro lugar mundial en CO2. Un estudo recente encontrou que unha tonelada de biodiesel feita de aceite de palma
producido nas turbeiras de Asia suroriental está ligada
á
emisión de 10-30 toneladas de dióxido de carbono. Resulta chocante, xa que é 2-8 veces mais do que se emite con unha
tonelada de diesel procedente de combustible fósil. Lonxe de axudar no desenvolvimento, as plantacións de monocultivo están ligadas a o incremento da
pobreza e a centos
de conflictos rurais polos dereitos das terras.


Despois dunha época particularmente devastadora de lumes no 2006, o ministro indonesio do ambiente prometeu recentemente
abordar as causas de raíz dos fogos da turba: restaurar os niveis de agua nas áreas drenadas, protexer o bosque natural no futuro contra as plantacións, e reducir drásticamente os lumes futuros. É esencial que esas promesas se convirtan en feitos. Estas promesas son incompatibeis coa extensión das plantacións do monocultivo en Indonesia, así como co programa de biofuel do goberno.


Agora escreba por favor ao goberno indonesio para expresar suas
preocupacións graves polos planes de extensión do biofuel que
ameazan destruir ainda máis as selvas e turbeiras, e así
acelerar
peligrosamente o cambio climático global.


Pode asinar na parte baixa de esta petición




E PARA VER EN IMAXES O QUE É O BIOFUEL, AS PLANTACIÓNS DE ACEITE DE PALMA E AS SUAS CONSECUENCIAS, PREMA NA FOTO


























sábado, 17 de fevereiro de 2007

Microsoft anuncia novas medidas antipiratería en Windows Vista


Entre outras cousas, as
copias piratas de Vista correrán nun modo de funcionalidade limitada,
desparecendo os efectos visuais de Aero e limitando a navegación
Web a unha hora.




Pola sua parte, Office colaborará non permitindo a edición de
documentos. Tamén WGA tratará de molestar o máis posible, etc, etc.


Sen dúbida excelentes noticias para os amantes do software libre. Xa
é hora de que Microsoft plante cara a piratería. E quen prefira
Windows que o faga con todas as consecuencias. Incluíndo o prezo...



Fontes:


Windows Vista, o último sistema operativo de
Microsoft, está cheo de sistemas de protección anticopia e de bloqueo de
contidos por presións de entidades como a MPAA , a RIAA ou a SGAE , supostamente para combatir a
piratería.

Estes sistemas
están integrados na programación básica do sistema, polo que son moi complicados de cancelar ou rodear.

O resultado é que, se instalas
Windows Vista ou mercas un ordenador que o traia preinstalado, xa non poderás
ver ou grabar vídeos nin escoitar ou grabar música descargada de Internet
.

O máis grave é que, en moitos casos, tampouco poderás facelo ainda que teñas mercado legalmente o contido , porque o DRM (sistema
de protección de dereitos de autor) integrado non deixa, por exemplo, que poidas pasar unha canción de un DVD (comprado legalmente) ao teu MP3. Nin que
poidas tostar una selección de cancións (compradas legalmente) para o CD do teu
carro.


E, con
frecuencia, nin siquera poderás reproducir unha película (comprada legalmente) no
teu ordenador ou en cualquera medio que non sexa un reproductor específico
autorizado por Microsoft e os fabricantes de contidos.


Se intentas facelo, o reproduce con mala calidad ou directamente o impide.

A única
solución segura para evitar este abuso é non instalar Windows Vista e rechazar
cualquera ordenador que te intenten vender con Windows Vista preinstalado .
Segue con Windows XP ou considera pasarte a algún sistema operativo "libre", como
Linux.

Por favor, PÁSAO . É posible que si Microsoft ve que non hai xeito de vender o Windows Vista
por culpa de esta barbaridade, o pensen mellor a próxima
vez.


Eu xa me pasei a Linux, instalando Trisquel, que funciona en galego, español e inglés. Xa me podo esquecer de virus, antivirus, espias, cortafogos e demais trapalladas. Hai tamén unha versión para pequenas e medianas empresas (PeME).












quarta-feira, 14 de fevereiro de 2007

CARTA ABERTA DE ARTISTAS BRASILEIROS SOBRE A DEVASTAÇÃO DA AMAZÔNIA















Acabamos
de comemorar o menor desmatamento da Floresta Amazônica dos últimos
três anos: 17 mil quilômetros quad
rados. É quase a metade da Holanda.
Da área total já desmatamos 16%, o equivalente a duas vezes a Alemanha
e três Estados de São Paulo. Não há motivo para comemorações. A
Amazônia não é o pulmão do mundo, mas presta serviços ambientais
importantíssimos ao Brasil e ao Planeta. Essa vastidão verde que se
estende por ma
is de cinco milhões de quilômetros quadrados é um lençol
térmico engendrado pela natureza para que os raios solares não atinjam
o solo, propiciando a vida da mais exuberante floresta da terra e
auxiliando na regulação da temperatura do Planeta.



Depois
de tombada na sua pujança, estuprada por madeireiros sem escrúpulos,
ateiam fogo às suas vestes de esmeralda abrindo passagem aos
forasteiros que a humilham ao semear capim e
soja nas cinzas de
castanheiras centenárias. Apesar do extraordinário esforço de
implantarmos unidades de conservação como alternativas de
desenvolvimento sustentável, a devastação continua. Mesmo depois do
sangue de Chico Mendes ter selado o pacto de harmonia homem/natureza,
entre seringueiros e indígenas, mesmo depois da aliança dos povos da
floresta “pelo direito de manter nossas fl
orestas em pé, porque delas
dependemos para viver”, mesmo depois de inúmeras sagas cheias de
heroísmo, morte e paixão pela Amazônia, a devastação continua.




Manifesto completo ( Texto, imagem, som)




Assinem também o manifesto para salvar a Amazônia