Total de visualizações de página

quarta-feira, 29 de novembro de 2006

CARAVANA EN DEFENSA DO LITORAL NA RIA DE VIGO, DE MONTEFERRO A CANGAS












A día de hoxe a saúde da Ría de Vigo esta sendo gravemente agredida e ameazada: verquidos contaminantes, depuradoras deficitarias, aterramentos, plans de urbanización insostíbeis, portos deportivos sen control,... que danan letalmente as praias, outros ecosistemas da ría e os seus recursos, a pesca e o marisqueo.

Podedes baixar aqui o CARTAZ para imprimir e divulgar



O sábado 2 ás 10:00 dende a praia de Patos




Saída Percorrido Coches: Patos, Nigrán, Bouzas, Vigo (circular), Teis,
Chapela, Redondela (centro urbano), Cesantes, Arcade, Vilaboa, San
Adrián, Domaio, Meira, Moaña (circular), Tirán, Cangas (centro urbano)
e Massó, ONDE OS COMPAÑEIROS DE CANGAS LEVAN UN ANO RESISTINDO FRONTE AS ESCAVADORAS, PARANDO ESA OBRA ILEGAL.




Percorrido Bicis: Patos, Nigrán, Vigo (circular), para despóis collelo barco de pasaxe en dirección Moaña ou Cangas até Massó.
Aproximadamente ás 14:00 h. xantar popular en Punta Salgueirón
(cadaquén levará a súa comida)