Esto non é un feito illado, como se pode ver mais adiante, senón unha reacción organizada contra o Ano da Memoria.
Esta é a carta que Dionisio Pereira está a enviar a outros
historiadores e amigos.
Sintéticamente, a información é a que segue:
Pontevedra) do antigo alcalde de Cerdedo (dende 1950) e xefe local de Falange
nos días que seguiron ao golpe militar, Manuel Gutiérrez Torres, familia que
tamén está emparentada con outro falanxista de primeira hora, Francisco Nieto,
tenme presentado unha demanda de conciliación que se verá o día 15 de febreiro
ás 11h no Xulgado de Paz de Cerdedo, por publicar no libro "A IIª
República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo" editado en 2006
por "Verbo Xido" a seguinte frase:
pola súa presunta participación en diversas manifestacións da represión: Angel,
Luis e Manuel Gutiérrez Torres (xefe da Falange, alcalde de Cerdedo nos anos 40
e 50), Eligio e Francisco Nieto (falanxistas)...."
Tamén o fan por unha frase
semellante publicada no meu traballo incluído nas Actas do Congreso da Memoria
celebrado en Narón en decembro de 2003.
publique esa retractación nos mesmos medios nos que foron escritas as frases
devanditas e que acepte unha indemnización polos danos e perxuízos sufridos,
"en la cuantía que se determinará en el momento procesal oportuno".
podo nin quero retractarme, posto que esas persoas foron sinaladas por
numerosas fontes orais como participantes nunha represión na que se pasearon a
7 veciños, houbo malleiras, multas, roubos, detencións e humillacións se taxa,
etc. etc. Non podo, pois, por que non podo faltar á verdade, e porque tamén
está en xogo a dignidade das vítimas. O problema é que só teño fontes orais,
posto que como sabes, os paseos, as malleiras, os roubos, etc. non teñen a
penas referencias documentais (só en casos moi excepcionais) e ficaron impunes.
Ademáis, eu non utilizarei nunca as miñas fontes orais como testemuñas nun
xuízo, porque non podo implicar nesa situación tan desagradable a persoas de
máis de 80 anos, que confiaron en min e que xa saben o que foi a represión
fascista porque aturaron con ela na súa mocidade. Algúns, ademáis, son
familiares directos dos asasinados.
a liberdade de expresión e o mantemento "per secula seculorum" da
impunidade dos agresores, asumida hoxendía polos seus descendentes. A maiores,
aqueles que se beneficiaron do franquismo, pretenden seguir facéndoo en
retrospectiva.
sobarda a cuestión persoal, e debera ser tomado en conta xunto con outros
"incidentes" similares que están a acontecer (no Grove e en Cambados,
por exemplo), por todas aquelas persoas e entidades que vimos traballando na
recuperación da memoria da represión franquista, e, se é posíbel, darlles unha
resposta colectiva.
me consta que a familia en cuestión tivo presións externas, non sei de quén,
pero posibelmente de círculos da dereita, para presentar a demanda. Polo tanto,
se temos en conta as ameazas que comezan a proliferar, podemos estar no comezo
dunha estratexia para cortar as actividades de historiadores e colectivos
debruzados nesta temática, aproveitando os innegables trazos conservadores (por
utilizar unha expresión suave) do aparato xudicial: daqueles polvos da
Transición, veñen estes lodos.
información da maneira que creas máis convinte. Envíoche tamén un comunicado
que fixo a directiva da asociación "Verbo Xido" por se queredes
adheriros: trataríase de envialo rápidamente á prensa co maior apoio posíbel de
colectivos e persoas. En calquera caso, nós estamos polo labor de facer algo
conxuntamente.
partir das 12h ate as 17 h. a Asociación de Mulleres "Espadela"
celebra no Pavillón de Deportes Municipal a VIIª Festa da Vincha. Pois
ben, convidaron a "Verbo Xido" a que puxeramos un posto de
libros de autores da bisbarra; daquela, aproveitando o convite, imos facer unha
venda masiva do libro en cuestión. Como pode haber rexeites por parte dalgún
elemento montaraz da potente dereita local, estamos facendo un chamamento aos
amig@s e correlixionari@s a que nos fagan unha visita, tomen un viño, proben a
vincha, e nos arroupen coa súa presenza e impidan que haxa ningunha saída de
tono dos carcas. Así que xa sabedes, se vos animades a vir pola montaña.....
queda todo isto.
Saúde
Dionísio Pereira
Nenhum comentário:
Postar um comentário