Total de visualizações de página

quinta-feira, 8 de fevereiro de 2007

Ponte... nas Ondas!

http://www.pontenasondas.org/index.htm


Ponte...nas ondas!, experiencia de comunicación nacida no ano 95, convoca a XIII edición da xornada de radio interescolar que vai dar continuidade á liña de traballo comezada en 2002 sobre o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Desde entón, a programación e o labor de Ponte...nas ondas! puxo en valor e transmitiu ás novas xeracións diversos aspectos da cultura común galego-portuguesa.

Ademais e, segundo recomenda a UNESCO, seguimos a demandar a introdución do patrimonio inmaterial galego-portugués no sistema educativo de Galiza e do Norte de Portugal.

Na anterior edición Ponte... nas ondas! voltou a unir as voces dos tres continentes na xornada radiofónica do 26 maio. A fórmula que consolidou a experiencia de comunicación e que lle fixo acreedora de dous recoñecementos recentes como o Premio Galicia de Comunicación por parte da Xunta de Galiza e dos Bos e Xenerosos por parte da Asociación de Escritores en Lingua Galega voltou a repetirse nesta XII edición: a educación, a cultura, os medios de comunicación e as novas tecnoloxías.
Unha xornada que tivo como lema Os sons da Ponte ( www.pontenasondas.org ) e que contou coa participación de centros educativos dos tres continentes (Africa, América e Europa) e con artistas representativos que comparten unha mesma sonoridade e expresión.
Mozambique, Portugal, Galiza, Brasil, Cuba, Madeira, Colombia e Chile participaron nesa edición.

Nenhum comentário:

Postar um comentário