Con esta recolla de asinaturas queremos pór en relevo que unha grande cantidade de cidadans exixe unha revisón urxente do Concordato entre o Estado Español (que envolve todas as comunidades autónomas) e o Vaticano.
1. Exiximos a finalizazón do financiamento da igrexa a cargo do orçamento xeral do Estado. A igrexa, o mesmo que o resto das organizazóns relixiosas, debe conseguir por si mesma os recursos abondo para a atenzón das súas necesidades. Reclamamos asemade a normalizazón das achegas triburarias ás arcas do estado por parte da igrexa e dos seus empregados.
2. Exiximos a revisón do ensino de Relixión. Se se imparte a cadeira de relixión como parte do currículo, terá de ser relixión como feito conteúdos será sempre responsabilidade do Estado. Os profesores deberán ter un estatuto xurídico (aceso, cesamento, dereitos, incluida a liberdade de cátedra, e obrigas) igual ao resto de docentes: Empregados do Estado pagados por el e sob a sua disciplina e inspeczón. O ensino confesional da relixión debe corresponder sempre ás confisóns relixiosas e nunca formar parte do currículo.
3. Exiximos que os acordos internacionais do Estado Español se axusten á Constituizón Española de 1978 nomeadamente no que di respeito aos artigos 14 e 27. España é un estado aconfesional donde existe a liberdade de culto e os acordos estatais deben estar suxeitos a esa realidade constitucional. Requeremos que os acordos internacionais do Estado Español se axusten á Declarazón dos Dereitos Humanos de 1948, designadamente no que atinge aos artigos 2, 18, 19, 20, 25 e 26.
Quen asinamos esta petizón pertencemos ao mais amplo abano de sensibilidades sociais, políticas, culturais e relixiosas e queremos viver nun ambiente baseado nos principios de liberdade, democracia, respeito dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais.
Nenhum comentário:
Postar um comentário