Hai pouco tempo celebrouse a Festa da Arribada en Baiona, e con tal motivo coloquei un album de fotos de cando estivemos naquela festa berrando Nunca Mais!!!! Temonos divertido moito estes anos, mas a Arribada ten outro xeito de ser entendida, mais reivindicativo que festivo, que vos vou a relatar a seguir:
As cinco da tarde do sabado 4 de marzo, unha vintena de indixenas encadeadas e vixiadas por dous soldados do imperio conquistador de America e por un bispo moi preocupado pola salvación das suas almas pero pouco polo seu benestar terrenal, fixeron a travesia a pe desde Sabaris ate Baiona (onde se celebraba a Arribada da carabela “Pinta” a este porto fai cinco seculos.
Unha vez chegadas a Baiona, a comitiva percorreu as ateigadas ruas sorteando a “nobreza local” e os postos de comida e artesania, para unha vez na praza do Concello, proceder a venda das indixenas como escravas entre as persoas asistentes.
Tras un novo percorrido pola ruas do casco historico de Baiona, voltaron a debandita praza do Concello para ler o comunicado do acto, que xunto co resto das fotos, o atoparedes en Galiza Indymedia
Nenhum comentário:
Postar um comentário