FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO
CONCENTRACIÓN NA ALAMEDA DE CANGAS Ó DOMINGO 19 AS 18:30 HORAS POLA DEFENSA DO LITORAL O proxecto tivo unha escura, irregular e ilegal tramitación que favorece intereses particulares e vai en contra dos intereses de mariñeiros e cidadáns en xeral. A Autoridade Portuaria de Vigo e o seu presidente Abel Caballero esta a ratificar a concesión nun alarde de prepotencia e falla de diálogo cos afectados. A Confraría de Cangas ten presentado recurso contencioso administrativo e petición de paralización cautelar ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. As obras están paralizadas de feito por compoñentes do Foro Social dende hai mais de seis meses, e estes veciños están a sofrer continua presión policial e xudicial. Se non fora por eles as obras xa terían causado un dano irreversible. Pregamos a cidadanía sensibilidade ante esta situación de indefensión, común a outros puntos concretos do litoral, e a asistencia e apoio a movilización do domingo. SALVEMOS O LITORAL FORO SOCIAL DE CANGAS http://www.cangasnonsevende.org/ |
Nenhum comentário:
Postar um comentário