Total de visualizações de página
quinta-feira, 17 de agosto de 2006
O domingo as 12 da mañá, todos a manifestación de Santiago!!! Lume Nunca Mais!!
A Plataforma NUNCA MÁIS, ante a situación de
emerxencia que, provocada polo lume, hoxe vivimos en Galiza e dende a
sensibilidade que nos ten unido na defensa dos nosos recursos naturais,
fai un CHAMAMENTO URXENTE á sociedade para lograr unha contundente
mobilización de toda a cidadanía de Galiza en defensa da riqueza e do
patrimonio natural dos nosos montes.
Hoxe, igual que na maré negra do Prestige, todos e todas -da
cidade ou do rural, do interior ou do mar- estamos sendo afectados e
agredidos por esta vaga de lumes; todos e todas estamos a sufrir os
impactos dun lume incontrolado que está a destruír a riqueza e
potencialidades do noso monte e que ameaza con converterse nun desastre
ambiental para o monte, en primeiro lugar, pero tamén para os ríos e as
rías de Galiza.
Nunca Máis entende que neste momento non pode haber máis
prioridade que a da loita contra o lume mais tamén se fai
imprescindíbel por parte da Xunta de Galiza outra política de
ordenación do territorio e un cambio de rumbo nas políticas para o noso
monte desenvolvida nas últimas décadas.
Este cambio de rumbo, consensuado cos diferentes sectores
implicados, deberá ter como obxectivo a preservación e valorización dos
nosos montes, como única garantía de afrontar desde un punto de vista
estrutural o compromiso dos poderes públicos coa nosa riqueza forestal
e o noso medio natural. Xuntamente con isto, igualmente se van ter que
desenvolver novas políticas orientadas ao medio rural, co fin de frear
o seu despoboamento, co que iso implica tamén para os nosos montes. (Mais na última ligazón abaixo)
Galiza Indymedia
Arde Galiza
Aduaneiros
Nunca Mais
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário