Total de visualizações de página

sexta-feira, 9 de junho de 2006

Queremos unha rúa na capital galega para o Zeca Afonso

O pasado día 23 de febreiro cumpríronse 19 anos da morte en Setubal (Portugal) do artista portugués José Afonso. Músico, poeta e cantor, José Afonso acadou en tódalas súas actividades artísticas un nivel de calidade que o levou a ser considerado como unha das máis importantes figuras da música popular mundial.
 

José Afonso foi ademais un home solidario, un loitador incansable pola liberdade e un exemplo de compromiso cos máis desfavorecidos, mantendo ó longo da súa vida unha traxectoria éticamente exemplar.


José Afonso foi ademais un gran amigo de Galicia. Viaxou ó noso país en numerosas ocasións cantando en diversas cidades, entre elas Santiago, mantendo contactos con intelectuais e artistas e exercendo unha importante influencia na música galega.

A súa presencia xenerosa en intres de enorme dificultade para o noso país foi unha lección de solidariedade que non podemos nin debemos esquecer.


Estes motivos abondarían para que José Afonso fora merecedor de respecto e admiración por parte de tódolos galegos. Pero José Afonso escolleu ademais a cidade de Santiago para interpretar por vez primeira en público con carácter de estrea mundial a súa canción “Grândola, vila morena”, no recital celebrado no Burgo das Nacións na tarde do 10 de maio de 1972. Esa canción converteríase, sen el sabelo nin pretendelo, dous anos máis tarde no sinal e símbolo da Revolución do 25 de abril, que derrubou á dictadura e devolveu a liberdade ó pobo portugués nun dos acontecementos máis fermosos da historia contemporánea.


A canción “Grândola, vila morena” e a figura de José Afonso representan pois os mellores anceios de liberdade, igualdade e fraternidade que aniñan nos corazóns de tódolos demócratas, sentimentos que temos a obriga de promover e defender.


Se pensas que o Zeca é merecedor de unha rúa en Comportela, non esquezas asinar aqui


Podedes escoitar algunhas das suas músicas na selección do 25 de Abril.


 

sexta-feira, 2 de junho de 2006

O Bino Ladino é galego, ou a censura do gringo en YouTube e PodPress


 


Onte baixei da Dorfunteca (grazas Dorfun) un video do tal suxeito falando galego, escarallante, que encontrei nunha historia do xornal non xerárquico chuza! . Pensei en subilo o YouTube, para poder velo aqui.... pero perdeuse nun burato negro. A censura do gringo no Imperio Grande. Vin mais tarde que na Dorfunteca tamén lle deixou de funcionar o PodPress, tampouco pode compartir o video. Non o podes crer? pos intenta facelo ti, e se o consegues deixame unha nota.

quarta-feira, 31 de maio de 2006

A vinganza (Este texto procede da propia Timofónica!!)




Soa o teléfono...
- ¿Dígame?
- Bos días, ¿podería falar co titular da liña?
- Son eu mesmo
- ¿Dime o seu nome por favor?
- Juan Luís
- Señor Juan Luís, chámolle de Timofónica para ofrecerlle a promoción de instalar unha liña adicional na súa casa onde vostede terá dereito a...
- Desculpe a interrupción, pero, exactamente ¿quen é vostede?
- O meu nome é Judith Maciel, de Timofónica e estamos chamando...
- Judith, descúlpeme, pero para a nosa seguridade gustaríame comprobar algúns datos antes de continuar a conversación, ¿impórtalle?
- ...Non hai problema señor
- ¿Desde que teléfono chámame? Na pantallita do meu só pon "NUMERO PRIVADO"
- 1004
- ¿Para que departamento de Timofónica traballa?
- Telemarketing Activo
- ¿Vostede ten número de traballadora de Timofónica?
- Señor, descúlpeme, pero creo que toda esa información non é necesaria...
- Entón terei que colgar porque non teño a seguridade de falar cunha traballadora de Timofónica
- Pero eu pódolle garantir...
- Ademais, eu sempre estou obrigado a dar os meus datos a toda unha lexión de empregados sempre que chamo a Timofónica para calquera cousa.
- Está ben...o meu numero é 34591212
- Un momento mentres o verifico, non se retire Judith. (Dous minutos)
- Un momento por favor, non se retire Judith (Cinco minutos)
- ¿Señor?
- Só un pouco máis, por favor, os nosos sistemas están lentos hoxe.
- Pero...señor...
- Si, Judith, grazas pola espera. ¿Cal era o asunto da súa chamada?
- Chámoo de Timofónica, estamos chamando para ofrecerlle a nosa promoción Liña Adicional, na que vostede ten dereito a unha liña adicional. ¿Vostede estaría interesado, D. Juan Luís?
- Judith, vou ter que pasarlle coa miña muller, porque é ela quen decide sobre a alteración ou adquisición de plans de Timofónica. Por favor, non se retire. (Coloco o auricular do teléfono diante dun altofalante da cadea de música e poño o CD de Caribe Mix 2004 co Repeat activado. Sabía que algún día, esa droga de música sería útil. Logo de soar o CD enteiro, a miña muller atende o teléfono):
- Desculpe pola espera, grazas...Pódeme dicir o seu teléfono pois na pantallita do meu só aparece "NUMERO PRIVADO".
- 1004
- ¿Con quen estou falando?
- Judith
- ¿Judith que máis?
- Judith Maciel (xa demostrando certa irritación na voz)
- ¿Cal é a súa numero de traballadora de Timofónica?
- 34591212 (mais irritada aínda)
- Grazas pola información ¿en que podo axudala?
- Chámoa de Timofónica, estamos chamando para ofrecerlle a nosa promoción Liña Adicional, na que vostede ten dereito a unha liña adicional. ¿A señora estaría interesada?
- Vou abrir unha incidencia e dentro dalgúns días entraremos en contacto con vostede para darlle unha decisión, ¿pode anotar o numero de incidencia por favor?...¿ola?,
¿ola?
- TUTUTUTUTU...

segunda-feira, 29 de maio de 2006

Henrique Otero, o gaiteiro de Fragoso


Ainda este domingo pasado, xuntouse de novo Henrique Otero cos gaiteiros no Catro Camiños, en Gondomar. Os gaiteiros en bañador ou calza corta, Henrique Otero tamén, Manolo regando a rua... ¿Chegaríamos os 40ºC? Non sei, mas facia calor dabondo. Algúns gaiteiros estaban sen dormir, viñan da festa de Vilaza. Son de ferro. Por certo, antes de que me esqueza, direivos que non son o único que agradece a presencia dos gaiteiros na concentración do outro dia de Salvemos Monteferro.


Non estaba Plácido, o pulpeiro do Carballiño, e o "polvo a feira"  foi servido por unha moza, imaxino que da sua familia. E para quen non sabe, e bo decir que o "polvo a feira" e todos os domingos, e a "gaiteirada" o último domingo de cada mes


E foi por acaso que o dia seguinte encontrei esto no Consello da Cultura Galega:


Fonte: CCG


Henrique Otero "O gaiteiro do Fragoso"


ten xa setenta anos e moita gaita ás súas costas. Cincuenta e seis anos de profesión consolidaron o seu nome coma un dos principais mestres de gaita da segunda metade do século XX en Galicia.

Nacido en 1930 no barrio de Lavadores de Vigo, acadou facer unha síntese entre a aprendizaxe tradicional da gaita e os métodos clásicos. Membro fundador do grupo "Os Cruceiros", de grande popularidade na Galicia dos anos sesenta, converteuse a partir de 1971 en mestre gaita no Conservatorio de Vigo.

Profesor e compositor
Seu é o mérito de que se validase o estudio de gaita galega polo Ministerio de Educación, e foi o primeiro gaiteiro que publicou un método para aprender gaita. Polas súas aulas pasaron algúns dos máis destacados gaiteiros da actualidade, coma o coñecido Carlos Núñez.

Como compositor realizou máis de duascentas obras nas que mestura a tradición máis fonda coa busca de novas posibilidades para o instrumento. Grupos coma Treixadura e Noitarenga teñen incluídas algunhas das súas pezas nos seus repertorios.

Disco
Logo da recente concesión da medalla Constantino Bellón en homenaxe á súa carreira, publícase agora "Henrique Otero. O Gaiteiro do Fragoso" (
Boa Music , 2001). Un disco no que se recollen quince das súas composicións orixinais.


Mais en CCG

quarta-feira, 24 de maio de 2006

Cocinalia (Blog gastronomía)


Description:
http://cocinalia.blogspot.com/

Amplia sección de Blogosfera Culinaria

Ingredients:
Antropoloxía Gastronómica
Frutas Caparros e os tomates raf
Un paseo polo British
Cata de aceites
Cow Parade
Cociñas futuristas
Cociña erótica
Eat Local Challenge

Mercados:
La Ribera, Bilbao
Mercado Central de Valencia
Vietnam
Túnez
Estambul
Lonxa de A Coruña
Mercado de pescado de Dakar
A Feria de Padrón
La Boqueria


Directions:
Libros gastronomicos:
En deuda co placer
O que Einstein lle contou o seu cociñeiro
Viaxes de un chef
A cociña para cociñar
Pimentos Vermellos Recheos
Cociña Galega
Tumbaolas y famentos
Notas de cociña de Leonardo da Vinci
Larousse Gastronomique

Receitas:
Mojo rojo canario
Repolo recheo
Codornices en escabeche
Espinacas Labradas
Castañas en almíbar
Mermelada de melocotons
Membrillo de mazá
Ameixas a mariñeira
Noodles con verduras
Guacamole
Gazpacho
Risotto a laranxa
Berenxenas con pementos
Canelons de porros
Crema malaia de brecol
Tiramisu o estilo de Siracusa

sexta-feira, 19 de maio de 2006