Total de visualizações de página

sexta-feira, 31 de março de 2006

O ACCESO A VERDADE, XUSTIZA E REPARACION PARA AS VITIMAS DA GUERRA CIVIL E O FRANQUISMO SEGUE SENDO UMA CARREIRA DE OBSTACULOS.


 


Amnistia Internacional

En vesperas do 1 de abril, aniversario do final da Guerra Civil, e o ano en que se cumple o setenta aniversario do comezo da contienda, Amnistia Internacional lembra que as vitimas da Guerra Civil e o rexime franquista seguen a espera de que se reconhezan os seus direitos a conhecer a verdade, obter xustiza e ser reparadas polos danos sofridos.
(Imaxe: Non enterran cadavres, enterran semente, de Castelao)



Os restos de decenas de milheiros de persoas permanecen en fosas clandestinas. Os familiares dos condenados a morte e executados tras xuizos inxustos non puderon ata agora conseguir a anulacion das sentenzas. Os arquivos oficiais seguen sendo de difícil acceso e, en alguns casos, corren o risco de desaparecer.

ENTRA NA NOSA WEB E ACTUA! Pede ao presidente do Goberno, Jose Luis Rodriguez Zapatero, que cumpla cos compromisos adquiridos coas vitimas e elimine os obstaculos que lhes impeden acceder aos seus direitos..


quinta-feira, 30 de março de 2006

WindGURU


http://www.windguru.cz/int/index.php?lang=eng
Para ver o clima galego por localidades temos METEOGALICIA, o que non e xa tan conhecido é este sitio checo, que atina moi ben coa predicción do clima nas nosa terra.

quarta-feira, 29 de março de 2006

Meebo en GALEGO!!!! Acabei a traduccion, busco revisores


O Meebo esta sendo traducido a moitos idiomas, que estaran na proxima version. E boa cousa que mais de uma persoa revise o texto, se tes uns minutos podes facelo para a version en galego.


Meebo e uma paxina na Rede na que te podes conectar e falar  cos teus contactos sen ter que instalar os programas - MSN, Yahoo, ICQ, Gtalk, AIM & Jabber  e outros no futuro. A ventaxa de non ter que instalar nada e importante cando falas nun PC que non e o teu, en calquera lugar do mundo.

domingo, 26 de março de 2006

Mapas do Mundo; continentes, países, estados e capitais


http://www.luventicus.org/mapas.html
Este sitio, creado polo Grupo de Actividades Recreativas da Academia de Ciencias Luventicus (Argentina), e uma fonte de material cartografico optimizado para visualizacion no PC. Desde o seu lanzamento, en agosto do 2003, medrou de modo constante (agora conta con 76 webs),e segue aumentando e melhorando.
En Luventicus tenhen tambén moitos outros RECURSOS DIDACTICOS

quinta-feira, 23 de março de 2006

Panxon e Monteferro




Musica galega disponíbel nas tendas de música-on line de todo o mundo - Galician music abailable in on-line music shops



Fonte - source Ouvirmos


Ouvirmos convértese na primeira editora galega que ofrece o servizo de descarga de cancións en formato mp3 desde plataformas dixitais de todo o globo.









Gostas de levar a música para outra parte? Aqui tes a solución. Descarga o teu rexistro histórico preferido desde Xenebra, o Río da Prata ou Hong Kong; de día ou de noite, chova ou escampe. Non podes prescindir de ningunha peza? Pois descarga toda a colección A Tiracolo e lévaa sempre enriba.










desde hoxe en:Real
eMusiciTunes
Napstersó desde EE.UU.

Podes baixar todos os temas de Ouvirmos desde as máis importantes plataformas provedoras de contidos dixitais da rede. Máis de 130 cancións por 1$ cada unha, máis de 400 min. dispostos para o teu ordenador ou reprodutor de mp3.


Para viaxar co primeiro disco galego no peto …e axiña tamén co último (Ecléctica Ensemble).


E isto é só o comezo…


Fonte - source Ouvirmos











proximamente:Ruckus
musicNetSony Connect
MSN music