Total de visualizações de página

quarta-feira, 13 de junho de 2007

new DeLi linux files


http://www.pc-actual.com/Actualidad/Noticias/Comunicaciones/Legislaci%C3%B3n/20070612010

http://rinconverde.blogspot.com/search/label/Residuos

http://www.mastermagazine.info/articulo/10693.php
Attachment: index-es.html
Attachment: index-gl.html

Non tires a PC vella!!! instalalle DeLi Linux (traducín a web deles ao galego e o español, xa está en liña, alguem me ajuda com a versao portuguesa?)




A páxina de DeLi Linux xa está en catro linguas, unha delas o galego. Como tamén a traducín ao español, podese decir que desta vez o galego foi a terceira lingua, despois do inglés e o alemán.

DeLi Linux é un Linux "de escritorio lixeiro" . É unha distribución de Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou III.  Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etcétera. Unha instalación completa, incluíndo XOrg e ferramentas de desenvolvemento, non necesita máis de 350 MB de espazo no disco duro.

O truco é que DeLi Linux soamente usa aplicacións alternativas "lixeiras". A computadora de proba é unha  486 con 16 MB de RAM, e todas as aplicacións que veñen con DeLi Linux están funcionando sen problemas.  Cecais se pregunte "porqué diaños facer un Linux para ese lixo vello?". Aínda hai moitas computadoras  coa configuración mencionada arriba, sería unha vergoña desperdicialas. Moita xente simplemente non pode comprar unha máquina de 4 Ghz por 1000 € ou máis, pero pode comprar un Pentium I 133 por 50 € en ebay. Estudantes, ONGs, ou simplemente xente consciente de que é mellor ter un PC que ter lixo altamente contaminante son os usuarios potenciais aqui, xunto con aqueles dos paises do terceiro mundo.

Entre na páxina de
DeLi Linux  ou continue lendo....



Que di a xente de DeLi Linux

"Non podo parar de xogar con el. Asi que non tire a súa vella computadora, instale DeLi Linux." (Susan Linton, de tuxmachines.org nunha reseña en Distrowatch)


"DeLi Linux sorprendeume convertendo o vello 486 nun sistema utilizable [...] o Pentium III foi extremadamente receptivo, resultando ata mais rápido que o meu PC principal, un sistema AMD64 con Fedora Core 6 [...] Ata onde chegan as distribucións lixeiras de Linux , DeLi é unha das mellores." (Stefan Vrabie nunha reseña en linux.com)


"Aínda conservo a miña primeira máquina Intel, un sistema 486 DX2 66 MHz [...] funciona actualmente con DeLi Linux como sitio de traballo para a miña nai que, a pesar de ser tecnofobica, ámao e non ten ningún problema." (mensaxe publicada en Usenet)


Consiga DeLi Linux

Aviso: DeLi Linux é aínda beta. Non hai garantía de ningunha clase, use e examine DeLi Linux baixo a súa responsabilidade e risco.

Consígao por BitTorrent (grazas a catwalk)

Baixe unha imaxe de CD (ISO) desde mihd

Baixe unha imaxe de CD (ISO) GRANDE desde mihd (con aplicaciones adicionales, desde deli32 y nx, 242 MB)

Baixe a ISO desde Mirror berlios

Baixe a ISO desde Mirror darksnow (Brasil)

Baixe discos  floppy de instalación.

Baixe unha árbore de portos

Capturas de pantalla de Deli Linux


segunda-feira, 11 de junho de 2007

Foros de discusión en portugues e castellano, de DeLi, ideal para recuperar aquel PC obsoleto


É un dos sistemas mais lixeiros, o que o fai perfecto para recuperar aquel 486 ou Pentium 1 que por sorte non tiramos ao lixo. O DeLi Linux ten agora foros en portugues e español, e están ainda sen estrenar. Animo! Escribide as vosas dúbidas e problemas!

http://www.delilinux.org/forum/index.php

sexta-feira, 8 de junho de 2007

O MOVEMENTO POLOS DEREITOS CIVIS chama a asinar pola dimisión do delegado do Goberno en Galiza

Rating:★★★★★
Category:Video Games
Genre: Strategy
Console:Classic


O Movemento polos Dereitos Civís chama a asinar pola dimisión de Manuel Ameijeiras, delegado do Goberno en Galiza e responsábel directo do uso da violencia policial desde que adquiriu o cargo contra todo tipo de movementos sociais. O MpDC enetende que os conflictos existentes non se poden resolver por medio da policialización e a criminalización da sociedade galega, e repróchalle a Ameijeiras o absoluto continuísmo cos seus antecesores do Partido Popular. Podedes ASINAR AQUI: http://mpdc.blogspot.com/

quarta-feira, 6 de junho de 2007

Queremos o Shin-Chan de volta


Fonte: Vieiros

Desde que Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de educación para a paz comezase a batalla, case persoal, para erradicar a Shin-Chan da Tvg, non se volveu oir un pio.

Sen embargo esta serie continua emitíndose na A3, e mesmo Shin-Chan foi substituido na galega por series con piores modelos educativos como os Rangers de Texas.

Grazas a este Seminario e o seu presidente, miles de galegos deixamos de ver Shin-Chan porque en castelán perdeu toda a graza. Miles de rapaces/as ven agora a serie só en español: estamos agora mellor q antes?

Escribe para dir.programas@crtvg.es pedindo q o repoñan cos novos capítulos, ainda q sexa en horario non infantil.
Centos de fans xa o fixeron. Anímate e fai q rule o mail da Tvg.

Primeiro AUDI, agora BMW aposta por GNU/Linux e Xen


Fonte: Mancomun.org


BMW está a empregar Novell SuSE Linux Enterprise Server (SLED) e virtualizacións Xen nos seus centros de datos.

Segundo as declaracións do director de Solucións de Plataformas Abertas e vicepresidente de Novell, «A integración asegura que todas as pezas da solución traballarán ben en conxunto, igual que no caso do código aberto, xa que elimina os "bloqueos dos vendedores" e mellora a elección dos consumidores».

Despois dalgunhas probas no seu centro de investigación de EE UU e Alemaña, o grupo decidiu despregar un centro de datos virtual e empregar para iso SLED e Xen en Intel x86 dual-core. Segundo parece, engadirá unha flexibilidade maior ao ciclo de vida dos servidores...


BMW non é o primeiro en empregar SuSE pois Audi xa o estaba a empregar.

Cada vez máis empresas apostan polo software libre debido á súa flexibilidade, á súa transparencia e á súa eficiencia. No caso de BMW, empregaron Xen en contraposición a outras alternativas privativas que xa valoraran.

 
Ligazón á nova:
http://www.tectonic.co.za/view.php?id=1567


Mais: