Total de visualizações de página

quarta-feira, 31 de janeiro de 2007

A candeloria: esmorece o inverno, casan os paxaros. E a seguir, o cocido de San Brais, preparadevos para cantar





Como todos os anos, lembramos que o 2 de febreiro, é a festa da Candeloria, unha modesta celebración relixiosa, cargada de simbolismo, que consiste en levar velas á misa para que o crego as bendiga. 


A candeloria era considerada tradicionalmente coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Segundo a crenza popular, o día da Candeloria casan os paxaros nas árbores. É a festa do AMOR, do sentimento, da atracción física e tamén o amor a familia, os amigos, os animais, ou a terra de nacencia.
 

Para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal. A candeloria era unha festividade que marcaba un tempo: a metade do inverno, por iso naceu aquel coñecido refrán: “Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora”. 

A festa naceu para suplir outra festa pagán que celebraban nesas datas os romanos (as lupercais), nas que acendían candeas para facer cerimonias chamadas lustracións, no entorno dos templos.






E tamén nalgúns lugares de Galicia, celébrase este día a chamada festa do Pote, como no concello de Verín, onde pode haber na mesa cachucha, ovos, cabrito, tortilla, vitela, fideos con azucre, roscas, churros, figos, roscóns, arroz con xarope, noces, laranxas e bica de rixóns, co cal á festa anterior tamén se engade unha celebración gastronómica.
En outros lugares é o 3 de Febreiro festa de San Brais, santo que ten sona de ser abogoso da gorxa. Ese dia se comese cocido, acompañado de viño tinto e cantos populares que se prolongan o longo da tarde, para que o santo protexa as nosas gorxas todo o ano   :-D
















segunda-feira, 29 de janeiro de 2007

As cruzes de pedra na Galiza




Un cruceiro é un monumento relixioso constituido por unha cruz de pedra sobre un pilar, situado nun lugar público, principalmente encrucilladas, adros e outros sitios onde nalgúns casos existían cultos pagáns á natureza. O cruceiro, fora de toda dúvida, é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra galega; é unha sincera obra de arte popular, escultura en granito, que xurde nos máis inesperados rincóns, e á que se admira e respecta con espontánea devoción Fonte: Galipedia, a wikipedia en galego
.

Foron ampliamente estudados e debuxados por Castelao que tamén os estudou na Bretaña

Orixe do cruceiro

As cruces altas de pedra teñen a súa orixe na Irlanda recén evanxelizada, cando esta serviu de refuxio á Igrexa católica escindida polas invasións, e representan a asimilación cristiana do elemento de culto en pedra herdado de culturas anteriores. Resalta a presencia de figuras esculpidas e de elementos decorativos.

En Galicia, ó igual que outros países, e especialmente Irlanda, Escocia, Gales e Bretaña, impúxose o costume cristián de cristianizar os monumentos megalíticos, convertíndoos en cruces ou convertíndoos en soportes da cruz. Da mesma forma, tamén se cistianizaban lugares consagrados por antigos ritos e os camiños. Neste caso dos camiños Galicia é o referente máis importante, de aí a importancia folclórica dos camiños galegos. Ademáis, antigamente os soterramentos tiñan lugar á beira dos camiños e nas encrucilladas, o que explica o medo histórico que estes lugares infundían pola noite. Anque os cruceiros propiamente ditos non datan de antes da cristianización, alá no século XII, si existían previamente cruces gravadas en pedra, tanto cristiaas coma precristianas.

As cruces altas de pedra naces en Irlanda no século VI como cristianización do menhir. De alí pasan á Bretaña (croaz-hir) e expándese a cristianización de camiños por Francia. De alí, a súa introducción a través do Camiño de Santiago parece evidente. Estas cruces que marcaban este camiño francés e que se introduciron en Galicia eran, sen embargo, pequenas cruces sobre promontorios rochosos.Ler máis....

sábado, 27 de janeiro de 2007

ANTISPAM (también en español, also in English)

Category:   Computers

**GALEGO E PORTUGUÉS:** Ler as recomendacións ANTISPAM, que están en primeiro lugar. Son diapositivas, se poden ir pasando cos botóns que están na parte de abaixo, ou premendo na propia diapositiva.
**ESPAÑOL:** En segundo lugar bajando por la página, están las recomendaciones ANTISPAM en español.Son diapositivas, se pueden ir pasando con los botones que están en la parte de abajo, o apretando con el cursor del ratón en la diapositiva.
**ENGLISH:** look for the ANTISPAM recommendations in English, scrolling down through the page. Go through the slide show using the buttons bellow, or by clicking in the slide.







quarta-feira, 24 de janeiro de 2007

Fotografía galega de onte e de hoxe: as coleccións do CEF (centro de estudos fotográficos de Vigo)



foto Pacheco

No CEF (centro de estudos fotográficos de Vigo) podedes ver, entre outras cousas, as Coleccións dos históricos Caamaño,
Ramón
, Pacheco, Sarabia, Manuel Ferrol, José María Massó, José Suárez, Raniero Fernández, Luis Rueda, Virxilio Vieitez e Ksado
, e de numerosos autores contemporáneos.

Vale a pena visitar a páxina do autor da foto mais famosa da emigración galega, que foi Manuel Ferrol (Biografía, galería etc.). Para darnos unha idea da importancia deste fotografo chega decir que participou na exposición itinerante "O Compromiso da Mirada", formada por : Yevgueni A. CHALDEJ, Robert CAPA, David
SEYMOUR, Ernest HASS, Manuel FERROL, Werner BISCHOF, Bert HARDY, Henri
CARTIER-BRESSON, René BURRI, Ed VAN DER ELSKEN e Joan COLOM.

Os protagonistas da foto, foron Manuel Calo Marcote, O Jurjo, e seu fillo Juan Calo, Chanquete.




Foto Sarabia








Xa se pode apoiar de xeito individual o PuntoGal



 O
web da Asociación PuntoGal acaba de abrir unha nova sección para
ofrecer a opción de apoiar individualmente a reivindicación do dominio
propio para a lingua e a cultura galegas. A partir de agora calquera
pode asinar na páxina para deixar constancia do seu apoio ao PuntoGal.



Despois de unha primeira etapa de
procura de apoios de máis institucións, colectivos e asociacións,
ábrese a opción de que cada quen asine, de maneira individual, para
deixar constancia do seu apoio ás reivindicacións da Asociación
PuntoGal.

Deixar a sinatura é moi sinxelo: premendo na ligazón 'Anotarse', que se atopa dento da sección de 'Apoios Individuais', aparece un formulario do que, unha vez cuberto, só se amosarán na páxina o nome e apelidos da persoa apoiante.





sexta-feira, 19 de janeiro de 2007

Mobilización Global de apoio os que loitan en USA para parar a guerra - asina-firma-sign















Fai
algúns anos colaborei con MoveOn, espallando as suas mensaxes contra a
guerra. Pouco mais se podía facer non sendo americano. De cando en vez
recibo un correo de Eli Parisier, coma este no que avisan da creación
de un portal global e unha petición para o Congreso dos USA, que vos
agradecería espallaseis entre os vosos amigos.



Eli Pariser (nacido o 17 de decembro de 1980) é hoxe en dia o director executivo de
MoveOn.org
. Pariser uniuse a MoveOn en novembro de 2001, despois
das suas campañas independentes, nas que conqueriu a axuda abrumadora da comunidade en
liña. Dirixiu a campaña de MoveOn contra a guerra de Iraq,
triplicando os miembros de MoveOn no proceso.Como director da acción
política de MoveOn.org,alcanzou en 2004 mais de 30 millóns $ a partir
de 350.000 donantes de pequenas cantidades. Con eso MoveOn paga a
publicidade, desenvolve programas de campo de gran alcance, e apoia
diversas posicións progresistas. Fonte: Wikipedia




Eli Pariser http://www.moveon.org/
http://www.avaaz.org/en/index.php


Queridos amigos,



Cando xa pensabamos que a guerra en Iraq non podía ir peor--- peorou.
Fai poucos dias, o Presidente Bush rexeitando a realidade, desprezou o veredicto do pobo
americano, e anunciou a sua nova política: escalada militar en Iraq.


O Congreso dos Estados
Unidos, recentemente elexido, ten a facultade de parar esta locura, pero é vital mostar a oposición unánime da Comunidade Internacional.


Con tal motivo MoveOn está axudando a lanzar Avaaz, unha nova
organización internacional para movilizar as voces globais
progresistas. Estamos comenzando por unha petición de emerxencia
mundial a o Congraso dos USA e un potente enuncio a toda páxina en "Roll Call"—o xornal de Washington DC lido por cada membro do Congreso e os seus empregados.



Click abaixo para ver e asinar a petición:



http://www.avaaz.org/en/iraq_campaign_jan_2007/


Despois de anos de ocupazón fallida, todos menos
George Bush
temos claro que os USA non poden resolver este conflicto civil pola
forza. Como teñen dito os altos asesores militares do propio Bush e os
comandantes de campo, mandar decenas de milleiros de soldados
americanos somentes vai avivar as chamas de esta guerra.


A opinión mundial é importante: O pobo americano entende que os USA
non poden vixiar o globo sós. Foi por iso que antes da invasión Bush
traballou duro para implicar a Tony Blair e uns poucos lideres mundiais
escollidos, para asi derrotar os membros reluctantes do Congreso.


Hoxe, Bush permanece completamente só—mas é o noso traballo facelo saber en Washington. O anuncio posto en Roll
Call
destaca a decisión de
Tony Blair de
retirar as tropas, en oposición directa a escalada proposta por Bush. E
a petición axudará a mostrar onde está a opinión pública global.



http://www.avaaz.org/en/iraq_campaign_jan_2007/


A administrazón Bush xa está a facer todo o que pode para inpulsar
esta escalada. O congreso ainda pode atopar o valor para resistir-se
—coa nosa axuda—pero non hai tempo que perder.
Engade o teu nome a petición. Espalla a noticia entre os teus amigos. A crisis de Iraq é un problema
global. Xuntos temos o poder, e a responsibilidade, de axudar a que esto cambie.



Sinceiramente,



–Eli Pariser

MoveOn.org Political Action

January 11, 2006





Monteferro, sempre Monteferro









Non poden ser mais xentes con a ialma podre as que ainda conspiran para destruir este paraiso, que ainda que só fora pola riqueza paisaxistica xa merecería toda o nosa admiración e cariño. Premendo na foto poderás ver unha animación con todas as fotos que os veciños mandaron a Salvemos Monteferro









Meu Mapa de Visitas

http://pub31.bravenet.com/guestmap/show.php?usernum=2613004484&lightmap=0&icons=0&&entrylist=0&zoom=0&welcome=1
Un mapa onde podes poñer un "post" no lugar onde vives, e escreverme o que queiras. Grazas pola visita.

Write a post in the map, in the place where you live. Thanks for visiting.

quarta-feira, 17 de janeiro de 2007

Os Mapuches da Argentina e do Chile defenden seu dereito ao seu territorio e a sua identidade






A noticia é antiga, o conteúdo non deixa de ser actual


Comunidade Pillán Mahuiza defende seu dereito ao territorio e a identidade





A os pu peñi ka pu lamguën

A todas as Compañeiras r Compañeiros

A os pu weichafe (Loitadores) de todas as loitas





En busca da sua urxente solidaridade:



Os detentores do poder, contaminando de morte a vida, avanzan
co seu desenvolvimentismo destructivo sobre o noso territorio, servense da impunidade dos gobernos de turno, que propician desaloxos e
despoxos de todo tipo para xerar as condicións e consumar o
saqueo
.



A Comunidad Pillán Mahuiza o mesmo que moitas outras comunidades
dos pobos orixinarios, nutrida do kimun, sabiduría do noso
pobo, defende seu dereito ao territorio e a identidade.



MAPUCHE, Xente da Tierra so en ela podemos recuperar a
identidade pérdida, é por elo que defenderemos ata as últimas
consecuencias noso dereito ao territorio.



Fai pouco o flamante gobernador, Mario Das Neves, advertiu que
impulsará todas as causas que presentou a fiscalía de estado na xusticia, entre elas a da nosa comunidade, na que estamos
imputados pola xusticia provincial como usurpadores, causa que
tramita na fiscalía de estado dende o año 2001, debido a denuncia
que fixera a policía da provincia de Chubut por haber arrincado das mans da policía 150 has. de terra que este organismo de
seguridade obtivera por desaloxar violentamente a 30 familias
mapuches en 1939, protexendo, como históricamente ten feito, a propiedade
privada dos que mais teñen.



Coincide este reimpulso da causa co anuncio que fixera o
presidente Kirchner sobre a construcción de cinco represas
hidroeléctricas que afectarán o río Corcovado, unha delas se fará a tan so tres kilómetros da nosa comunidade (Rio Hielo) o que implicará a necesidade do traslado de moitas familias que aquí
habitamos, hai sen embargo moita desinformación, se fala que en
realidade serían seis as represas pero non se sabe canta superficie
anegarán, canta masa boscosa quedará baixo a agua, debemos comentarlles
que a zona afectada conta con bosque nativo e é un dos lugares
paradisíacos da Patagonia, tampouco se sabe cantas familias se verán
afectadas, e non se ten informado do impacto ambiental e social que

traerá este megaemprendimento hidroeléctrico, so se fala dos seus
beneficios, e se desplega toda sorte de consignas propagandísticas
como por exemplo o futuro de Corcovado ten nome de muller La Elena,
nome que leva unha das represas, se di que a quen teña
titulos de propiedade expropiaránlle a terra ofrecéndolle un poco mais
do valor no que se tase, nosa pregunta é ¿a os que non temos
titulo de propiedade se nos vai desaloxar? E sí hai quen ten o
titulo e non están dacordo co traslado se lle vai impor a venta?,
se dice tamén que o país necesita enerxía e que nos debemos
actuar con compromiso polo desenvolvimento da Argentina, pero preguntamos
¿por qué siempre debemos ser nos os que paguemos os costos do
desenvolvimento?. MAIS....








GRAZAS A TODOS POR ESTAR AHI!!!









Sempre me intrigou saber quen entraba na minha páxina, cando non deixaban comentarios ou de algún xeito non se comunicaban conmigo. O meu novo contador de visitas me da bastante información e entadisticas dos visitantes, como se pode ver aqui abaixo.
 Aqui podedes ver unha mostra das últimas 100 entradas. GRAZAS A TODOS POR ESTAR AHI!!!









terça-feira, 16 de janeiro de 2007

A vida de millóns de persoas está en xogo, apoiemos a petición de Médicos Sen Fronteiras (Also in English - También en Español - Aussi en Français - Também em Portugués)









As persoas por diante dos beneficios:
A vida de millóns de persoas está en xogo



Actúa e firma a petición para axudar a protexer o acceso a medicamentos a
pr

ezos asequibeis!!



A empresa farmacéutica Novartis levou a xuicio ó goberno indio. Se a
compañía gaña, millóns de persoas de todo o planeta se quedarán sen poder
mercar medicamentos a prezo asequibel.



A India produce medicamentos asequibeis que son vitales para moita da xente
que vive nos países en desenvolvimento. Cerca da metade dos medicamentos usados
acotío para o

tratamento da sida en países en desenvolvimento son producidas na
India, e eses mesmos medicamentos se usan para tratar a máis do 80% dos 80.000
pacientes de sida dos proxectos de Médicos Sen Fronteiras.



Si Novartis ten éxito no seu desafío ao goberno indio e a sua lei de
patentes, máis medicamentos poderán ser patentados na India, dificultando en
grande medida que os productores de xenéricos poidan fabricar versións
asequibeis dos mesmos. Esta situación afectaría a millóns de persoas en todo o
mundo que dependen dos medicamentos producidos na India.



Dille a Novartis que non é un negocio interpoñerse entre as
persoas e o acceso a os medicamentos que necesitan. Firma a petición e insta a
Novartis a RETIRAR O CASO contra o goberno indio. ASINA AQUI







PEOPLE BEFORE PATENTS:

THE LIVES OF MILLIONS ARE AT STAKE!!



SIGN-ON TO HELP PROTECT ACCESS TO AFFORDABLE MEDICINES!!



Pharmaceutical company Novartis is taking the Indian government to court. If
the company wins, millions of people across the globe could have their sources
of affordable medicines dry up.





Novartis was one of the 39 companies that took the South African government
to court five years ago, in an effort to overturn the country's medicines act
that was designed to bring drug prices down. Now Novartis is up to it again and
is targeting India.



India produces affordable medicines that are vital to many people living in
developing countries. Over half the medicines currently used for AIDS treatment
in developing countries come from India and such medicines are used to treat
over 80% of the 80,000 AIDS patients in Médecins Sans Frontières projects.



If Novartis is successful in its challenge against the Indian government and
its patent law, more medicines are likely to be patented in India, making it
very difficult for generic producers to make affordable versions of them. This
could affect millions of people around the world who depend on medicines
produced in India.



Tell Novartis it has no business standing in the way of people's right to
access the medicines they need. Sign on and urge Novartis to DROP THE CASE
against the Indian government. SIGN HERE







Las personas por delante de los
beneficios:

La vida de millones de personas está en juego



Actúa y firma la petición para ayudar a proteger el acceso a
medicamentos a precios asequibles!!



La empresa farmacéutica Novartis ha llevado a juicio al gobierno indio. Si
la compañía gana, millones de personas de todo el planeta se quedarán sin poder
comprar medicamentos a precio asequible.





La India produce medicamentos asequibles que son vitales para mucha de la
gente que vive en países en desarrollo. Cerca de la mitad de los medicamentos
usados habitualmente para el tratamiento del sida en países en desarrollo son
producidas en la India, y esos mismos medicamentos se usan para tratar a más
del 80% de los 80.000 pacientes de sida de los proyectos de Médicos Sin
Fronteras.



Si Novartis tiene éxito en su desafío al gobierno indio y a su ley de
patentes, más

medicamentos podrán ser patentados en la India, dificultando en
gran medida que los productores de genéricos puedan fabricar versiones
asequibles de los mismos. Esta situación afectaría a millones de personas en
todo el mundo que dependen de los medicamentos producidos en la India.



Dile a Novartis que no es un negocio interponerse entre las personas y el
acceso a los medicamentos que necesitan. Firma la petición e insta a Novartis a
RETIRAR EL CASO contra el gobierno indio. FIRMA AQUI









LES MALADES AVANT LES BREVETS



LA VIE DE MILLIONS DE PERSONNES EST EN JEU



SIGNEZ LA PETITION POUR PROTEGER L'ACCES AUX MEDICAMENTS A PRIX
ABORDABLES



La compagnie pharmaceutique Novartis intente un procès à l'Inde. Si Novartis
gagne ce procès, des millions de personnes dans le monde verront se tarir une
source de médicaments à des prix abordables.



Novartis est l'une des 39 compagnies pharmaceutiques qui avait intenté un
procès au gouvernement sud-africain il y a 5 ans, avec la volonté de faire
annuler la loi sud-africaine sur le médicament destinée à diminuer le prix des
médicaments. Aujourd'hui, Novartis se relance dans une action en justice sur le
m�me sujet et cible cette fois le gouvernement indien.



L'Inde produit des médicaments à un co�t abordable qui sont vitaux pour un
grand nombre de malades dans les pays en développement. Plus de la moitié des
médicaments utilisés pour le traitement du sida dans les pays en développement
sont actuellement fabriqués en Inde. Ces médicaments sont utilisés pour 80% des
80.000 patients malades du sida suivis dans les programmes MSF de traitement du
sida.



Si Novartis gagne son procès contre le gouvernement indien et sa loi sur les
brevets, d'autres médicaments obtiendront un brevet en Inde, ce qui rendra plus
difficile la production de versions génériques à un co�t abordable. Cela aura
des conséquences sur des millions de personnes dans le monde qui dépendent de
médicaments produits en Inde.



Dites à Novartis qu'il ne peut s'opposer au droit des malades d'accéder aux
médicaments dont ils ont besoin. Signez la pétition pour demander à Novartis
d'ABANDONNER SON PROCES contre le gouvernement indien. SIGNEZ





PESSOAS SÃO MAIS IMPORTANTES QUE PATENTES:


AS VIDAS DE MILHÕES DE PESSOAS ESTÃO EM JOGO ASSINE PARA AJUDAR A GARANTIR
MEDICAMENTOS A PREÇOS ACESSÍVEIS!!



A empresa farmaceutica Novartis está processando o governo indiano. Se a empresa
vencer, milhões de pessoas de todo o mundo poderão perder suas fontes de
medicamentos a preços acessíveis.



A índia produz medicamentos a pre�os
acessíveis que são vitais para muitas pessoas que vivem nos países em
desenvolvimento. Mais da metade dos medicamentos utilizados para o tratamento
da Aids nos países em desenvolvimento vem da índia e também são utilizados no
tratamento de mais 80% dos 80 mil pacientes com Aids nos projetos de Médicos
Sem Fronteiras.



Se a Norvatis for bem sucedida no seu
processo contra o governo indiano e sua lei de

patentes, é provável que mais
medicamentos sejam patenteados na índia, tornando muito difícil para produtores
de medicamentos genéricos fazer versões a preços mais acessíveis. Isto pode
afetar milhões de pessoas do mundo todo que dependem dos medicamentos
produzidos na índia.



Diga a Novartis que não há comércio que possa impedir as pessoas de ter
acesso aos medicamentos que elas precisam. Assine e exija que a Novartis
ABANDONE O CASO contra o governo indiano. ASSINE AQUI













domingo, 14 de janeiro de 2007

As lendas de Artur na Galiza: A materia de Bretaña




UN MITO BASEADO NUN FEITO REAL

O mito do Rei Artur, de orixes moi antigas, parte dun acontecemento histórico certo: Artur (501-542) foi un rei bretón que gobernou nas terras da Cornualla e do Devon. No tempo das invasións de anglos e saxóns na Britannia, moitos bretóns fuxiron masivamente ás terras de Armórica e Gallaecia, pero os máis quedaron a loitar contra os xermánicos. Artur foi quen de unir aos castros e vilas bretonas organizando unha resistencia que impediu a aqueles conquerir o suleste da illa durante moitos anos.

Na Materia de Bretaña mestúranse o feito histórico das guerras do Rei Artur contra os saxóns, o fondo mitolóxico celta, e a relixiosidade cristiá europea do primeiro milenio. Esta amalgama de elementos románticos e sobrenaturais fascinou de tal xeito ao público medieval que, desde o lugar orixinario da literatura arturiana, ésta expandiuse rápidamente da Dinamarca ao Portugal, de Irlanda a Bohemia, en todas as linguas europeas. MAIS...

GALAAZ EN GALIZA

Pedrafita do Cebreiro, Lugo

O rei dos celtas británicos, Artur, congregou ós seus cabaleiros e pediulles que foran buscar por todo o mundo o Graal, que somentes podería ser conquistado por unha alma pura sen mancha de mal.

Un destes cabaleiros era Galaaz, que se pon inmediatamente en camiño. Vai a través de bosques e montes ata chegar a unha praia onde aparece unha solitaria nave cun cáliz de ouro bordado na súa vela. Galaaz sube ó barco e este faise á mar, chegando despois de dous días de travesía a unha costa descoñecida para el.

O cabaleiro desembarca e adéntrase en terra firme: ante os seus ollos exténdese un país maravilloso. Galaaz atópase cun campesiño ó que lle pregunta en que lugar se atopa, ó que este respóstalle que está a camiñar po-las terras de Galicia.

Galaaz continua o seu camiño e, despois de moitos vales, atopou sunto dunha fonte a unha moza que o recibe con expresión amorosa. Pero Galaaz, fiel ó seu xuramento, logra vencer ós desexos de corresponder ó amor da rapaza e prosigue ó seu camiño

Como premio á súa fidelidade e á súa vontade, a Galaaz élle concedido chegar ó alto do monte do Cebreiro, onde, despois de unha longa viaxe, atopa o Santo Graal e que, aínda hoxe segue custodiado na pequena igrexa rural de Pedrafita do Cebreiro. FONTE: AS LENDAS DA GALIZA

O MILAGRE DO SANTO GRAAL DE PEDRAFITA

Alá polo ano 1300, había un cura na parroquia do Cebreiro que non era quen de crer que o pan e o viño puideran converterse no corpo e sangue de Xesús Deus.

E aconteceu que un día, estando o cura celebrando a misa, non había ninguén na igrexa, debido a unha tormenta que impedía á xente saír das súas casas. Pero tendo consagrada a hostia e o cáliz, alguén entrou apresuradamente na igrexa. O sacerdote mirouno con sorpresa e, abraiado, murmurou: "¡Pobre home, vir con este tempo dende tan lonxe, e expoñéndose a morrer no camiño, só para prostrarse ante un pouco e pan e viño..."

Nese intre, estremeceuse e viu, abraiado, como a branca pastilla convertíase nun anaco de carne sangrante que parecía recén cortada dun corpo vivo, e o viño do cáliz espesábase, adquirindo unha cor máis vermella, e cheiraba a sangue.

O cura caeu de xeonllos ó pé do altar e logo sobre as gradas, desvanecido. O home que chegara naquel momento correu cara ó altar e tratou de incorporar ó sacerdote, máis estaba morto. MAIS....

A materia de Bretaña na literatura galega actual

Ainda hoxe as lendas arturicas están presente nos mellores escrtores na nosa lingua

Méndez Ferrín, X. L.

Amor de Artur


Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico. o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do amor cortés. A recuperación dos vellos heroes, Rei Artur, Xenebra, Lanzarote, Merlín. . ., supón o anovamento do pulo creativo, da tensión imaxinaria. A materia de Bretaña proporciónanos un camiño de recuperación da vella enerxía narrativa polo regreso ás fontes. Mailos heroes cos seus grandes ideais tráennos o alento quente da enerxía aventureira. ¿Quen non está xa canso de insignificantes anti-heroes, de homes sen atributos erixidos en insoportables protagonistas? Benvidos outra vez o noble Artur, o grande Merlín, o forte Lanzarote, a bela Xenebra. O noso tempo revísteos de dúbidas máis fortes, tingue de inevitable escepticismo as súas reflexións, quizais advirte inconfesables desexos nas súas relacións, pero, ó cabo, seguen a ser auténticos heroes. Abrámoslle, pois, por sempre, as terras de Galicia.

Percival e outras historias

Pasara aquil verao e viñera un invemo que case atuou a toqueiriña de Grieih. Voltara outro verao e outras chuvias, e ao seguinte verao Grieih era un grilo vello, torpe e meio xordo. Estaban lonxanos os tempos en que -case carriola áptera- loitaba contra tecidas falanxes de formigas e vencía arañas e saltóns. Agora ben sabía que lle ficaba pouco tempo de vida. Un dos seus fillos xa había tempo que lle disputara un ventre de femia. Grieih ía andando de vagariño, cos fémures entumecidos. Viu unha mantiña de serradela e diu en comela confiado e distraído. Mais a morte, en traxe verde de barbantesa, agachábase tras dil.

Fonte: Edicións Xerais

Álvaro Cunqueiro , o autor da cita "mil primaveras mais" ...ver traducción a 38 linguas.  

Merlín e familia

A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura de consello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo.

Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación en 1955 supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino nesgo humorístico, sorprende pola capacidade para facer convivir o mito co mundo cotiá.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Darío Xohan Cabana

Galván en Saor

A historia desenvólvese paralelamente na Galiza actual e na Bretaña artúrica. Galván chega a Saor despois de abandoar a busqueda do Grial que lle encomendara o seu tío, o rei Artur. Alí vai ver a Merlín que co tempo vai perdendo os poderes. Durante a súa estadía na taberna adoitaba saír na moto, mais cando o facía vivía aventuras propias da Bretaña artúrica. Nunha destas saídas atópase cun anano preso por un cabaleiro verdoso ao que libera e que lle conduce ata o castelo de Mirez onde viven el e Silvania que teñen asediado os seis irmáns do cabaleiro verde que matou Galván. Cando tras moitas aventuras despediuse de Silvania volveu para a taberna de Inés e Masito onde o veu buscar un amigo co que foi a Bretaña a última batalla do Rei Artur contra o seu fillo Mordrez, onde o seu sino era morrer.












sábado, 13 de janeiro de 2007

Querido Sr. Presidente: Manda ainda MAIS Tropas (e vai ti tamén!) ... Michael Moore











Dear Mr. President:
Send Even MORE Troops (and you go, too!)


...from Michael Moore


mmflint@aol.com
www.michaelmoore.com




Querido Sr. Presidente: Envia ainda MAIS Tropas (e vai ti tamén!) ...Michael Moore



Querido Sr. Presidente,


Grazas por falar para a nazón. E bon saber que ainda queres falar con nos, despois de como nos temos comportado en novembre.


Escoita, podo ser franco? Mandar 20,000 soldados mais non chega para facer o traballo. Con eso chegamos somentes o nivel que xa tiñamos o ano pasado. E estabamos perdendo a guerra o ano pasado! Xa levamos mandado un millón de soldados, 2003. Outros poucos milleiros non van chegar para atopar esas armas de destrucción masiva! Er, quero decir... levar ante a xusticia os responsabeis do 9/11! Um, borra eso. Proba con esto -- TRAER A DEMOCRACIA AO ORIENTE MEDIO! SI, É ESO !


Conseguiches mostrar algunha valentía, chatiño! Ganaches esta!
Veña, apañaches a Saddam! O colgaches ben alto! Encantoume o video -- como no Vello Salvaxe Oeste! A o malo tocoulle a peor parte! Os enforcadores estaban tan averiados da cabeza como o enforcado! A ley da chusma de Lynch!!!


Mira, teño que admitir que sinto compaixón polo lio en que estás. Como dixo Ricky Bobby, "Se non eres o primeiro, eres o último." E sendo humillado diante do mundo enteiro non fas NADA bó para ningún de nos os americanos.


Escoitame. Xa mandaches MILLÓNS de soldados a Iraq, non milleiros! O único xeito de lamber esto é inundar Iraq con millóns de nos! Sei que xa non tes mais soldados preparados para combate --
asi que tes que buscar en outro sitio! O único xeito que tes de gañar contra unha nación de 27 millóns -- Iraq -- é mandar como mínimo 28 millóns!
Vouche explicar como é:


Os primeiros 27 millóns de americans van e matan un Iraqi cada un. Esto acaba rapidamente con calquera insurxencia. O outro millón de nos queda no Iraq a reconstruir o país.. Sinxelo.


Agora, sei que xa te estás preguntando, onde vou atopar 28 millóns de Americáns para ir o Iraq? Aqui tes algunhas suxestións:


1. Mais de 62,000,000 de americáns votaron por ti nas últimas eleccións
(cando xa levabamos ano e medio nunha guerra que xa sabiamos que estabamos perdendo). Confío en que polo menos un tercio deles van querer dar o seu corpo onde deron o seu voto e se van presentar voluntarios. Coñezo a moitos deles. e ainda que non esteamos de acordo politicamente, sei que non pensan que outros teñen que ir e loitar a sua loita por eles -- mentras eles se agachan aqui en America.


2. Iniciar unha "Quedada "Mata un Iraqi" Grupo de Quedada nas principais cidades por todo o pais. Sei que é unha idea moi dos inicios do século 21 I, pero eu fun unha vez a unha Quedada Lou Dobbs e o vos xuro que algunhas das mellores ideas xurden despois do terceiro mojito. Estou seguro de que vas conseguir alistar mais de outros cinco millóns escasos con este esforzo.


3. Manda a Iraq a todos os membros dos medios de comunicación importantes. Despois de todo, eles foron os teus principais colaboradores para traernos esa guerra -- e se non chegas a os 28 millóns, entón chama a filas a todos os televidentes do canal FOX News.


Sr. Bush, non se rinda! Agora non é o tempo de tirar a tohalla! Non mande uns poucos soldados sobreagotados. Leva a os teus detrás de ti e TI diríxeos como un verdadeiro comandante en xefe! ¡Non deixes ningún conservador atrás! ¡Adiante a todo filispín!


Prometo escrever. Go get 'em W!


Seu,


Michael Moore
mmflint@aol.com
www.michaelmoore.com