| Fonte | ||||||||||
Barcelona, 17 de maio de 2006 Á sociedade civil mexicana En febreiro.de 1998 e a raíz da matanza de Acteal ejeccutada tres meses antes, a sociedade Máis de 500 persoas e organizacións dos cinco continentes avalaron a creación dunha Comisión Civil Internacional de Observación polos Dereitos Humanos (CCIODH) que viaxou a Chiapas nesas datas. En novembro de 1999, unha segunda comisión realizou unha nova visita de observación para evaluar a situación nese momento, e comparala coas observacións e recomendaciones da anteriores. En febreiro de 2003 produciuse a terceira visita da CCIODH. Tralo triunfo nas urnas do novo goberno, o seu obxectivo foi verificar a posibilidade dunha solución xusta ao conflito Como resultados destas tres comisións, realizáronse senllos informes que foron entregados a todos os interlocutores da Comisión en México, a todas as organizacións e persoas que os avalaron e ás institucións internacionais (ao Parlamento Europeo, aos Parlamentos Nacionais, ao Parlamento Centroamericano, á Oficinal da Alta Comisionada para os DDHH da ONU, etc). Tralos sucesos ocorridos en San Salvador Atenco os días 3 e 4 de maio do presente ano co resultado dun menor falecido, varias persoas gravemente feridas, preto de 300 detidos e cinco estranxeiras expulsadas nun operativo no que participaron máis de 3000 policías, presentáronse graves denuncias de abusos sexuais, violacións, malos tratos, vejaciones e torturas que atentan gravemente aos dereitos fundamentais das persoas. Por todo o anterior solicitamos á sociedade civil mexicana así como ao goberno federal, á Comisión Sexta do EZLN para a Outra Campaña, ás organizacións e ás ongs afectadas polos sucesos, que nos outorguen a mesma confianza que nos concederon nas tres ocasións anteriores, que nos reciban e, déannos a súa palabra, e permítannos realizar libre e responsablemente o noso traballo. Tamén solicitamos a todas as organizacións que nos avalaron entón a que o fagan de novo para observar, reflexionar e diagnosticar a situación dos dereitos humanos a consecuencia do conflito. Por todo iso, os abaixo firmantes apoiamos este manifesto para que sexa entregado aos medios de comunicación, ao goberno mexicano e ás instancias internacionais así como á sociedade civil o día 17 de maio de 2006. A CCIODH viaxará a México desde o 29 de maio ata o 4 de xuño para realizar as entrevistas cos actores do conflito e, a continuación, entregar o seu informe ás instancias, institucións e organizacións, tal e como se procedeu nas tres visitas anteriores. Barcelona 15 de maio de 2006 Comisión Civil Internacional de Observación polos Dereitos Humanos | |||||||||||
| URXENTE: asinar o manifesto | |||||||||||
Total de visualizações de página
quinta-feira, 18 de maio de 2006
Manifesto Cuarta Comisión Internacional de Observación de Dereitos Humanos polos sucesos de Atenco
terça-feira, 9 de maio de 2006
ETERNA PRISIÓN DE CARBALLO
Premio Miverva
Andrés Meixide González
Pablo estaba celebrando o seu corenta cumpreanos, bailando, bebendo...
en resumo; disfrutando, cando de súpeto, sentíu como se esvaecía. Ao instante
seguinte atopábase tendido nunha branda e confortable superficie, rodeado da
máis absoluta escuridade. Intentou levantarse e deu unha forte cabezada contra
unha dura e inamovible tapa que soaba a madeira, madeira de carballo. Unha
intensa dor estendeuse pola súa columna vertebral coma unha praga de langostas.
``Onde carallo estarei?´´ Tentou lembrar...; o último recordo que residía no seu
aturdido cerebro era a de estalo a pasar moi ben na súa festa de aniversario, e
agora alí estaba, quen sabe onde, atrapado e dorido. Comezou a palpar ao seu
redor. Atopábase nunha caixa pouco máis grande que o seu corpo, tiña a cabeza
apoiada nunha confortable almofada e estaba vestido cun traxe moi elegante, e
seguramente tamén moi caro. Non recordaba estar vestido así, na festa levaba
unha camiseta de manga curta e un pantalón frouxo. Entón caeu na conta.
Atopábase nun ataúde! Comezou a asustarse. Que facía nun ataúde? ``Non estou
morto, iso seguro´´ razoou sen moita convicción, pero entón, por que estaba alí pechado e non de festa coa súa familia e amigos?
``Será isto a morte? Unha eterna prisión de madeira?´´ Pensou na familia, os seus
dous fillos e a súa muller. O seu fillo máis pequeno tiña catro anos, e a súa doce e
inocente mirada facía emocionarse ao máis duro e negro corazón, podería algún
día aprenderlle a andar en bicicleta? Seu fillo máis grande, porén, xa tiña 15
anos. Preguntouse con certa melancolía se tería a sorte de atopar un amor como o
atopou el, como a súa muller. Pensou nos miles de solpores gozados na súa
engaioladora compaña, o vento axitando moi suavemente o seu pelo, o sol
vermello arrincando do seu louro cabelo os reflexos máis fermosos, e os seus
suaves susurros cativando o ouvido dun mozo namorado. Comezou a chorar
desesperadamente. Pasaran moitos anos dende a última vez que chorara tanto. A
branca almofada comezaba a mollarse coas bágoas dun home abatido cando
reaccionou. Deixou de chorar. Intentou desesperadamente autoconvencerse de
que non se atopaba nun ataúde, pero entón, onde?
Decidiu que se ía buscar unha posible saída era mellor non intentar saber onde se
atopaba, unha idea absurda, pero ben acollida polo seu desesperado cerebro.
Palpou os bordos da caixa coa esperanza de atopar unha forma de abrir a pesada
tapa, mentres, a idea de atoparse nun ataúde ía aflorando na súa mente, inda que
loitaba contra ela con toda a súa forza de vontade. Pasou unha hora aproximada
na frenética busca dunha posible salvación, e a cada segundo que pasaba a
desesperación ía medrando na súa mente. Rematou por derrubarse, a idea do
ataúde invadiuno por completo, mais non intentou atopar o por que, simplemente
berrou con todas as súas forzas. A histeria íase estendendo dende o seu cerebro,
empezando nas mans e rematando nas pernas. Como se os movementos do seu
corpo non foran dominados por el mesmo comezou a rabuñar na tapa da súa
agobiante prisión e a coucear contra ela fortemente, a pesares da intensísima dor
que isto lle producía. A cada rabuñada íanse esgazando a pel e as unllas dos
dedos, facéndoo sangrar cada vez máis. Axitaba as pernas cunha forza
impresionante, ata que golpeou brutalmente o xeonllo dereito contra a sólida
superficie de madeira, provocado así unha dor incríble e punzante. A
impresionante dor aturdiulle os sentidos e mareouno. Parou de rabuñar na tapa
para tocar o inmensamente dorido xeonllo, descubrindo así que afundira a rótula
co seu impetuoso golpe. Non remataba de crelo, atrapado nun ataúde, cun
xeonllo roto e os dedos sangrando.
``Que carrallo, total morrerei de fame ou de sede, de que se morrerá antes?´´
Pablo nunca se vira tan preto da morte, de feito, nunca pensara na posibilidade de
morrer, aos seus corenta anos sabía perfectamente que era lei de vida, pero tan de
súpeto... quedou calado, quedo. Lembrou. A súa vida comezou a debuxarse na
súa mente acontecemento tras acontecemento, dende os seus primeiros recordos,
ata a súa derradeira festa de cumpreanos. Lembrou con nostalxia o seu primeiro
cigarro fumado, aqueles cigarros que lle roubaba a seu pai e fumaba cos seus
amigos agochados en calquera parte, tamén aquelas revistas eróticas usualmente
roubadas a calquera quiosqueiro, a súa primeira masturbación, a súa primeira
relación sexual... Lembrou o enterro da súa nai, nunca vira na cara de seu pai
unha expresión tan triste e pechada, esas expresións que non che deixan deducir
o que pasa pola cabeza do seu dono, algo insólito nel, unha persoa normalmente
forte e alegre, mais nunca superou a morte da súa muller. Un mes despois caeu
terríblemente enfermo, vencérase ante a idade. Dous meses despois morrera na
cama dun hospital, Pablo lembrou as súas últimas palabras: ``Non chores fillo,
deixame marchar sabendo que non chorarás por min. Vouche dicir unha cousa,
eu nunca crin na vida despois da morte, pero espero estar equivocado. Quero
atoparme coa miña muller, quero volver abrazala.´´ Lembrou a voz do seu pai,
unha voz rasgada polo paso do tempo e apagada pola agonía do seu último día de
vida. ``Meu pai era un bo home´´ meditou mentres lembraba o tacto da súa
rugosa e áspera pel, esa pel curtida por a experiencia e o traballo. Chorou. Pensou
que chorar nese momento era estúpido, mais non parou. Sabía perfectamente que
chorar, berrar, coucear e rabuñar non ía servir de nada, pero fíxoo de todos
modos. Entre os estúpidos movementos bruscos que Pablo realizaba coa
totalidade do seu corpo magoou máis o nocello e os dedos, e tamén magoou un
cóbado e a fronte. Notaba a húmida calidez do sangue esvarando brazo abaixo,
dende a punta dos dedos, ata chegar a mancharlle o peito. A dor que se extendía
dende os golpes e feridas ata o resto do corpo estaba empezando a marealo.
Lembrou a comida, non soubo por que, pero de súpeto a fame ocupou o primeiro
lugar nos seus pensamentos. Tamén tiña sede. Pasar quen sabe canto tempo
berrando sen parar secáralle tanto a boca e a gorxa que ao respirar notaba como
se lle cravaran milleiros de cristalíños diminutos na irritada carne da tráquea.
Intentou falar, sen saber se para falar consigo mesmo ou se para falar cun alguén
imaxinario. As palabras non saían da súa boca, os insistentes intentos de articular
algo que non soara coma un gruñido só lle provocaban máis dor e unha terrible
sensación de impotencia. Inconscientemente volveu buscar na súa memoria. O
primeiro que recordou foron as horas que tiña pasado na cociña da súa casa
cociñando coa súa muller. O pensamento de non volvela ver, xunto co
pensamento de non volver comer unha comida coma aquelas que facían xuntos
golpeouno no máis profundo da alma coma un pesado martelo. A fame seguía a
golpear o seu estómagocada vez máis forte, morrería de fame? ``Non, inda non
teño a fame suficiente como para morrer´´, pensou, mais, como sabelo? Como
podería saber canta fame se tiña cando chegaba o momento da morte? Pablo
nunca antes morrera de fame... ao pensar iso entroulle a risa. Nese momento un
chiste tan malo e falto de graza coma aquel produciulle moitísima graza. Riu e
riu con sonoras gargalladas, sen case decatarse do estúpido que resultaba
expresar tanta felicidade nunha situación coma aquela. Na súa mente espertou a
idea de que estaba a volverse tolo, e isto produciulle máis graza aínda. Pouco a
pouco as dores do seu magoado corpo, a fame e a sede foron invadindo de novo o
seu angustiado cerebro. Parou de rir cun último son áspero e grave, pois o feito
de pasar varios minutos sen parar de forzar a gorxa fíxolle sentir coma se lle
arrincaran unha tira de cera da xa magoada tráquea. Rendeuse, antes era
consciente de que non ía poder saír daquel oscuro habitáculo, pero aínda así non
se rendera ante calquera posibilidade de fuxida. Quería relaxar o corpo, pero a
dor non llo permitía, tensáballe tódolos músculos e facía que a dor non se
limitara ás zonas feridas, senón que agora se estendía pola totalidade do seu
organismo, aturdindo así os seus sentidos e mareándoo aínda máis. O mareo
fíxose máis e máis intenso. Notou como se unha forte presión lle esmagara o
estómago, e esta presión foi subindo ata atravesar a dorida gorxa, e comezou a
vomitar a amarga bile que esperaba no seu interior ansiosa por saír. O feito de ter
vomitado menguou aínda máis as súa forzas, e o seu corpo terriblemente ferido
permaneceu inmóbil, sumido na mortífera calidez e suavidade do interior do
ataúde. Notaba a dor con máis intensidade que antes, notaba a roupa e os brazos
manchados de sangue, notaba a fronte e o cóbado mágoados e inchados, e a
perna, simplemente non a sentía. O hedor e o calor que a bile derramada sobre o
seu corpo lle producía facía moito máis insoportables os segundos, que cada vez
pasaban máis lentos.
Pablo tiña os ollos pechados, e dentro da escura prisión non había nin o máis
mínimo atisbo de luz, no entanto divisou un poderoso resplandor, o resplandor
máis potente que vira nunca. Notaba a forte luz, máis no cerebro que nos ollos, e
esa luz comezou a desaparecer lentamente. Seguía notando dores por todo o
corpo, e sentía unha suor terríblemente fría que o ía cubrindo moi rápido. ``Xa
está, vou morrer.´´ seguiu escurecendo ata a súa totalidade moi lentamente, e a
vida desprendeuse da alma, e voou, voou moi lonxe do corpo, un corpo que
permaneceu cuberto de sangue e bile ata a súa descomposición.
Marcha ciclista Vigo - Nigrán en apoio a Salvemos Monteferro
Este sábado dia 13, as 10:30 da mañán, os madrugadores eco-ciclistas están convocados por diveras organizacións e clubes na Praza da Independencia, en Vigo. Algúns ciclistas sairán mais cedo de Nigrán, para sumarse a esta convocatória, facendo a viaxe de "ida e volta". Dase o caso de que moitos deles costuman andar cas suas bicis de montaña por Monteferro, polo que son especialmente sensibeis a desfeita que se quere facer no monte.
A asociación ecoloxista Verdegaia e unha das impulsoras desta iniciativa, que encaixa na sua reivindicación do papel da bicicleta nas políticas de transporte. Verdegaia quere amosar á sociedade que existe outra forma de moverse, de viaxar, de coñecer, máis relaxada, ecolóxica e gratificante empregando un modo de transporte totalmente ecolóxico e eficiente, a bicicleta, combinado co transporte público colectivo. A abafante presenza do automóbil privado está a xerar graves problemas ambientais, sociais e sanitarios. O transporte tense convertido nunha das causas principais da crise ecolóxica actual, responsábel do 54% do total do consumo de produtos petrolíferos e emitindo arredor do 20% do dióxido de carbono de toda Galiza e o 35 % do óxido nitroso. Un automóbil moderno emite 1 tonelada de dióxido de carbono cada 100 km, ademais doutros contaminantes, contribuíndo de xeito moi importante ao cambio climático e á degradación da calidade de vida nas cidades.
Outro motivo para que os ciclo-ecoloxistas participen nesta marcha, é que a sua meta é a Concentración que Salvemos Monteferro convocou na praza do Concello de Nigrán, no que se fará a entrega das perto de dez mil firmas recollidas. haberá gaiteiros, grupos de percusión, pandereteiras, malabares e moitas cousas mais, segun a convocatoria.
Os "cipayos" atacan
Ao final do franquismo, os traidores negociaron cos franquistas a permanencia do esencial do Réxime (o Borbón nomeado herdeiro por Franco, a permanencia nos seus postos de todos os esbirros do Réxime, a Lei de Punto Final, a Lei do Silencio e o Esquecemento, leis non escritas pero non por iso menos vixentes). Negociouse tamén o abandono dunha das reivindicacións mais queridas polos antifranquistas e todos os demócratas: a disolución dos Corpos Represivos do Franquismo. Aquelas augas trouxeron estes lodos. Os "cipayos" de sempre (estrictamente, soldados indios enrolados no exército inglés de ocupación; por extensión, os lacaios dun imperio, antes chamados vendepatrias) non puideron resistir a tentación de masacrar desde os seus vehiculos, con todo tipo de armamento, a miles de obreiros do metal, a xente que esperaba o autobús, ou a turistas do trasatlantico atracado en Vigo. Saldo: feridos, algúns graves... e detidos.
Abundante información sobre estes feitos en Vieiros, a CIG, Primeira Linha, CNT mentras que a CGT deu apenas noticias de axencia, e CCOO de Galicia ou UGT se teñen algunha información na web, a teñen tan agochada que eu non fun quen de atopala.
domingo, 7 de maio de 2006
sexta-feira, 5 de maio de 2006
Vigo foi invadido por Salvemos Monteferro
No pasado fin de semana os miñoranos invadiron Vigo cas suas reivendicacións, xunto con outros colectivos sociais e ecoloxistas.
O xoves Verdegaia presentou Salvemos Monteferro no local social A Revolta.
O venres foi o 2º Concerto solidario na sala Iguana Club, no que participaron Cogito e Dakidarría (reegae, ska, punk).Aqui podedes ver as fotos do 2º Concerto Solidario de Salvemos Monteferro.
O sábado, Festa-Presentación da sección viguesa de Verdegaia, en A Revolta de novo, gran festa na que tocaron Servando e Contradança, APERTA (asociación de percusionistas e tamborileiros), Música y Letra, Woïma, Thiossane (percusión africana), e as Pandereteiras de Andarela. Aqui están as fotos.
Salvemos Monteferro non faltou tampouco en outras convocatorias fora de Vigo, como foi o Rock do Mosteiro, en Oia.
Todo esto enmarcado nas actividades da recta final para a Concentración o sábado que ven, dia 13, as 12h, no Concello de Nigrán, para a entrega das case 10 000 asinaturas recollidas.
Ese dia se espera que os vigueses devolvan a visita, INVADINDO NIGRÁN EN APOIO A "SALVEMOS MONTEFERRO". Se tocas un instrumento, fas malabares ou tes calquera outra idea que se poida incorporar a festa, non o penses duas veces. E non esquezas traer algo de comes e bebes que a romería ten que ser sonada. Dalle unha última ollada a convocatoria, e nos vemos en Nigrán!!!!