Total de visualizações de página

domingo, 10 de agosto de 2008

CDLibre: Software libre para os que non conseguen abandonar micro$oft window$

CDLibre - Software imprescindible para Window$ é un proxecto que recompila nun CD programas moi útiles para o Sistema Operativo Micro$oft Window$.

Todo o software incluído é Software Libre.



Este proxecto ten como principais obxectivos:

* Facer máis cómoda a tarefa de instalación de programas básicos logo dunha instalación 'limpa' de Window$.

* Instalación de software para equipos sen conexión a Internet.

* Mantemento de PC's: O CD contén antivirus, firewall, desfragmentador, test de memoria...


Aqui podedes ver o contido e baixar o CDLibre

Todos os programas dispoñibles foron comprobados con Window$ XP. Tamén son compatibles con Window$ Vi$ta. Para versións anteriores do $istema Operativo de Micro$oft, non sel se todos os programas funcionarán.


domingo, 3 de agosto de 2008

Dous novos grupos en Last.fm : Música galega e Lusofonía

Last.fm é unha rede social, unha radio vía Internet e ademais un sistema de recomendación de música que constrúe perfís e estatísticas sobre gustos musicais, baseándose nos datos enviados polos usuarios rexistrados. Na radio pódese seleccionar as cancións segundo as preferencias persoais (de acordo a un algoritmo e ás estatísticas) ou doutros usuarios. O servizo é de código aberto. Fusionouse co seu proxecto irmán Audioscrobbler en agosto de 2005. (Fonte: wikipedia)

En Last.fm hai unha enorme cantidade de música para escoitar, e unha boa parte está dispoñible para baixala legalmente, con permiso dos autores.

Recentemente fixen dous grupos novos en Last.fm, que son o de Música galega e o da Lusofonía. Estades convidados a formar parte deses grupos, poñer a música que gostedes e disfrutar da que xa está posta. Espero que sexa do voso gusto!!!

sábado, 2 de agosto de 2008

Astérix voltará a falar en galego o vindeiro outono!

 
 A MESA - A directora da empresa, Trinidad Marull, confirmoulle a noticia a Fran Rei, coordenador de Mocidade pola Normalización Lingüística. As Mocidades da Mesa ven na noticia “o éxito notorio da campaña de presión desenvolvida” e lamentan a “manifesta pasividade” da Xunta. “A Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente directamente do presidente da Xunta, nin tan sequera levantou o teléfono para negociar coa editora”.
 
A Mocidade pola Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa, vén de confirmar con Salvat Bruño, editora responsábel da publicación das aventuras de Astérix e Obélix para o Estado español, que os máis coñecidos guerreiros galos de todos os tempos “voltarán ao fin a falar en galego” por volta do próximo outono, previsibelmente entre outubro e novembro.
 
O ano próximo festéxase o 50 aniversario do nacemento das aventuras de Astérix e os seus amigos, da man dos creadores Goscinny e Uderzo. Adiantándose uns meses, a editora Salvat Bruño ten previsto lanzar ao mercado un novo tomo triplo da coñecida banda deseñada. Esta edición, como lle confirmou a directora da empresa, Trinidad Marull, ao coordenador das Mocidades da Mesa, Fran Rei, estará dispoñíbel en castelán, catalán e, por vez primeira desde hai varios anos, tamén en galego.

A Mocidade da Mesa considera “unha excepcional noticia” a confirmación de Salvat Bruño ao tempo que “agradece” que “finalmente atendese” os millares de cartas e correos electrónicos recibidos nos últimos anos doutras tantas persoas, cativas e mozas na súa maioría, demandándolle a publicación das aventuras de Astérix no noso idioma e unha “igualdade real de tratamento” coas outras linguas do Estado en que a banda deseñada se viña publicando até o momento: castelán e catalán.

A campaña en demanda da publicación das aventuras de Astérix en galego naceu en 2005 e durante estes anos mantívose no tempo, conseguindo millares de adhesións individuais e colectivas, moi especialmente entre a poboación escolar. O “cambio de actitude” de Salvat Bruño responde, segundo Fran Rei, Responsábel Nacional da Mocidade da Mesa, “ao evidente éxito das moitas iniciativas que durante estes anos se levaron adiante” e demostra que “moverse ten todo o sentido do mundo, cando os obxectivos son xustos e razoábeis”.

A Mocidade da Mesa, que constatou a actual “magnífica vontade” da editora de colaborar para a publicación regular de títulos en galego, lamenta que “a Secretaría Xeral de Política Lingüística nin tan sequera levantase o teléfono para falar coa editora”. “Esta Secretaría Xeral, que depende directamente de Emilio Pérez Touriño, só serve para propaganda e autobombo, mais nunca existe nin intervén cando a lingua galega está discriminada”, observa Fran Rei.

A sección xuvenil da Mesa chama aos departamentos autonómicos con competencias na materia a “traballaren por lograr adiantos concretos para o noso idioma” e, nomeadamente, insta a Secretaría Xeral de Política Lingüística a “non deixar pasar esta oportunidade”. O colectivo de mozas e mozos en defensa da lingua entende que “non sería de recibo” que Política Lingüística renuncie a apoiar e difundir a volta de Astérix ao galego. “Dámoslle o traballo feito, igual que llo demos para a dobraxe de Shin Chan e Doraemon. Agardamos que saiban aproveitalo”, conclúe Fran Rei.


Fonte: Kiko das Leiras (na Ciberirmandade da Fala)

segunda-feira, 7 de julho de 2008

Monteferro Parque Natural?

Nos últimos días todo parecen boas noticias para Monteferro, para a súa conservación e protección como espazo natural. (Na foto, as Illas Cíes vistas desde Monteferro).



Primeiro foron as palabras dos responsabeis da Consellería de Medio Ambiente expresando a súa intención de que Monteferro fose integrado no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Máis recentemente, Monteferro aparece citado no documento das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia (DOT) que a Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas acaba de facer público. Moi en concreto, ao falar de "Vigo-Pontevedra. A Metrópole das Rías Baixas", no parágrafo "O Sistema Verde Metropolitano", o cabo de Monteferro inclúese entre os "elementos singulares que, polo seu valor ecolóxico, deben ser obxecto dunha adecuada protección e mellora pois constitúen referentes de excelencia ambiental para o conxunto da metrópole".

De maneira que todo parece indicar que os desexos de moitas persoas, nomeadamente do Val Miñor e da ría de Vigo, poden chegar a ser unha realidade de prosperar estas declaracións de intención. Poucas reivindicacións en materia medioambiental tan sentidas coma esta de Monteferro, como así se ten demostrado con milleiros de adhesións e con mobilizacións nas propias rúas de Nigrán.

Desde Salvemos Monteferro saudamos estas boas noticias que confiamos sexan realidade máis pronto que tarde. Aí estaremos apoiando canto sexa preciso para conseguilo.

segunda-feira, 23 de junho de 2008

Noite de san xoan


Noite máxica, as 12 da noite as fogueiras e as augas purifican, as fontes milagreiras o son mais que nunca, ainda que tedes que ter coidado, xa que as meigas e os encantos andan soltos nesa noite, e tamén gostan das fontes...entre as ligazón que vos mando, hai tamén receitas para preparar as herbas de san xoan, para lavar a cara o dia seguinte. Non sei se protexen do meigallo, o que podo garantizar é que cheiran de maravilla...

As herbas de SanXoán
A noite de SanXoán
A noite de San Xoán en Galicia.
As sete herbas básicas.
Herbas e cachos. da noite de San Xoán.


E para os que estades por aqui perto, Gran Festa no Bar Patos, Concerto de Dakidarría,

Arredor da media noite, cando baixan as fadiñas, 

A Ría Non se Vende estará tamén presente

na noite máxica de San Xoán

 

Ven celebralo con nós á praia de Patos, en Panxón

 

Aproveitaremos esa noite, a máis corta do ano,  para entregar ao lume purificador tantas malas ideas, tantas agresións que ameazan e están a destruír esta marabillosa Ría.

A festa prolongarase na madrugada con divertidas actuacións e a música en directo do grupo Dakidarría

Estades todas e todos convidados.

Unha aperta desde Salvemos Monteferro