Total de visualizações de página

terça-feira, 21 de outubro de 2008

En que fase estás no teu traballo?

PRIMEIRO DÍA:


Escoitas a Steve Wonder
(É o primeiro día de traballo e todo é marabilloso)






LOGO DE 3 MESES:


Escoitas música HOUSE
(Estás tan ocupado que non sabes se vas ou vés)







LOGO DE 6 MESES


Escoitas HEAVY METAL
(O teu día de traballo empeza ás 08.00 e acaba ás 22 .00)






LOGO DE 9 MESES


Escoitas HIP HOP (Engordaches por culpa do estrës e tes estreñimento)






LOGO DE 1 ANO


Escoitas GANGSTA RAP
(Dóeche a cabeza, esqueciches o significado dun bo día e sénteste coma se caeses da cama e vives só de cafeina !!)







LOGO DE 2 ANOS


Escoitas TECHNO
e volvíchesche moi tolo!!!!!

Gatos


Escoitas a Steve Wonder
(É o primeiro día de traballo e todo é marabilloso)

A fin de contas o traballo é unha maldición biblica, non si?

quinta-feira, 2 de outubro de 2008

Convite ipernity

Manuel Meixide convida-@ a unirse ao ipernity


Manuel Meixide convida-@ a unirse a ipernity.

Desexo convidarvos ao ipernity para poder descobrir os meus álbums de fotos e o meu blogue. Vamos compartir fotos, vídeos, música e conversar online.
Non teñas medo, é gratuito!




(http://www.ipernity.com/invite/view/126723/Nt1wFwa…)

Sobre o Ipernity:

O ipernity é  das melhores aplicacións online para compartir álbums de multimédia e o seu blogue de xeito revolucionário.

Aceite este convite e preparese para compartir o que quiser com quen quiser: as suas amizades, a sua família ou toda a xente...


quarta-feira, 1 de outubro de 2008

Feliz 25 aniversario GNU !!!

Rating:★★★★★
Category:Computers & Electronics
Product Type: Other
Manufacturer:  Free Software Foundation FSF


Stephen John Fry, nacido en 1957, é un comediante, actor, director e escritor británico. Foi elixido por The Observer entre os cincuenta mellores cómicos da historia, e é ben coñecido polo seu agudo cinismo, o seu peculiar estilo do humor tipicamente británico, as súas implicacións políticas, e o seu fanatismo pola tecnologia dixital. Algúns dos seus papeis foron en películas talles como Wilde, V de Vendetta, Os amigos de Peter, a adaptación ao cine do seu libro Guía do autoestopista galáctico ou Un peixe chamado Wanda .

quarta-feira, 17 de setembro de 2008

terça-feira, 16 de setembro de 2008

Firmas a prol da CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA e a IGUALDADE de DEREITOS para o GALEGO



As persoas que promovemos esta chamada queremos manifestar, perante as institucións de autogoberno e como aclaración perante a sociedade galega, o seguinte:

1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no s
eu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.

2.- A situación do galego está moi lonxe d
e ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.

3.- Por i
so, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.

4.- O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado españo
l. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.

5.-. Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade
plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.

6.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.
Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser fir
mes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.

Podes firmar  en:

Convivencia e igualdade