TerceraInformación | 20-11-2007 | Revista_de_Blogs
Os asinantes do presente manifesto declaramos o noso apoio á denuncia colectiva presentada contra Pío Moa no Xulgado.
Desde fai anos Pío Moa e outros personaxes da extrema dereita franquista están facendo caixa asinando como autores de panfletos propagandísticos. En estos se torcen os feitos históricos desculpando ao franquismo polo golpe de estado de 1936, a Guerra Civil e a criminal represión exercida contra os defensores da lexítima legalidade republicana. Fronte ás investigacións rigorosas de verdadeiros historiadores, os supostos revisionistas señalan aos republicanos como causantes da Guerra Civil e maquillan a represión franquista ata facela parecer insignificante.
Esta manipulación sería ilegal se se referise ao Holocausto nazi, pero extrañamente non sucede o mesmo cando se trata do xenocidio ocorrido na España franquista.
As declaracións obxecto da denuncia, vertidas por Moa na promoción do último libro do que se declara autor, exceden claramente os límites da liberdade de expresión pasando a constituír os delitos que se señalan na denuncia. Má¡s alo das libres, aínda que repugnantes, opinións de Moa, non son admisibles frases como "Franco non liquidou aos vermellos, os escarmentou", "Aqueles que hoxe defenden a Lei da Memoria Histórica identifícanse cos criminales" e "aquí a represión se encauzou por vías legais, non como en Europa. [...] A ninguén se lle reprimiu por como pensaba, senón polo que facía. Companys non era inocente. Nin tampouco as Trece Rosas, unhas xóvenes estalinistas...
A referencia aos xuízos legais resulta absurda por canto os tribunais eran ilegítimos de orixe (como todas as institucións que xurdidas do golpe de estado do 18-7-36, lexislaban, xulgaban, condenaban e executaban) e as características dos procesos carecían das mínimas garantías: manifesta indefensión dos reos, parcialidad dos tribunais, testemuños inculpatorios interesados e ata anónimos, probas" obtidas mediante a coacción e a tortura, imposibilidade de apelar a unha instancia jurÃdica independente superior...
A liberdade de expresión non abarca en ningún caso as inxurias a aquelas persoas, partidos, organizacións e institucións que defenden unha memoria histórica democrática nin a humillación de quen foron víctimas do terror franquista. A extrema dereita española non debe permanecer na privilexiada impunidade da que parece gozar e os delitos cometidos por Pío Moa deben someterse á Xustiza como sucedería se calquera outro cidadán referísese a outras víctimas doutros terrores asasinos nos términos nos que o fai Moa.