Total de visualizações de página

terça-feira, 5 de fevereiro de 2008

Benvidos ao Pringao-Howto!



1 Qué es Pringao-Howto



Neste documento veremos que é un pringao, é dicir, alguén que lle compra, instala ou arranxa un computador a un familiar, coñecido ou amigo sen cobrar, e que a partir dese momento convértese nun escravo dedicado a manter para sempre o equipo daquel a quen axudou (en teoría de forma puntual) desinteresadamente. Ademais este equipo leva Windows (case sempre) e é un berce de problemas, dores de cabeza e perdas de tempo.

Con este Pringao-Howto espero que os pringaos se autorecoñezan e axuden a si mesmos, así como evitar que se xeren futuros pringaos. Leo. Se cres que se parece en algo á historia da túa vida, xa o sabes, es un pringao. Non debemos sentir vergoña de ser pringaos, xa que esta condición aparece precisamente por ser boas persoas e estar dispostos a axudar. Este documento é un exemplo real de como unha persoa se converte en pringao, desde as súas orixes ata que se farta, coas conclusións de como debemos actuar para evitar tal atropelo.

Finalmente, este Howto é unha guía que vén demostrar de forma práctica as seguintes MENTIRAS universais:

* Windows é moi fácil de instalar (ata un neno podería facelo); basta con pulsar ACEPTAR.

* Windows é moi fácil de manexar (ata un neno podería facelo); non fai falta aprender nada para manexar Windows.

* Windows permite facer cousas moi avanzadas sen saber nada de informática; non fai falta saber que é a RAM ou como funciona un computador.

* Windows apréndese nuns minutos. ¡É plug-and-play!

* Grazas a Windows agora o computador é moi fácil de usar e por iso hai un PC en cada casa. A xente non sabería usar un computador se non fose por Windows.

Para a demostración de todas as anteriores premisas contaremos coa axuda dos nosos 2 inestimables colaboradores:

* Ricardo Borriquero, un adorable mozo de 15 anos fillo da señora da porta 9, que vive no mesmo rellano que o noso seguinte invitado...

* Ramón Aguillo Pardillo, o noso mozo pringao licenciado en Informática tras 5 duros anos de carreira, usuario de GNU/Linux, defensor do software libre e fillo da señora da porta 10.

Segue lendo:

2  Ingredientes necesarios para instalar un Pringao