Total de visualizações de página

segunda-feira, 30 de outubro de 2006

Casa Trabazo, revisitada



E o que tinha que ser, foi, o espectáculo estaba garantido. Según chegamos, un consomé para facer boca. A seguir, un desfile de fontes, no que participaron Marujita, Pedro e as cocinheiras, que nos asombrou e deixou as carnes na mesa como se ve na foto. Un anaco de lacón e outros dous de cacheira, ca peculiaridade de que o anaco de lacón era a perna enteira do porco, e cada anaco de cacheira a metade da cabeza do mítico animal. Os xarretes, os chourizos e as filhoas para envolvelos. As patacas e a verdura non vinhan no lote, foron traidas cada pouco, ben quentinhas. Para parchear e que non colha aire o estómago, Pedro desfixo cacheira e patacas co garfo, que delicia. Mais un consomé, e mais vinho de Barrantes para ilo molhando todo. E por se quedas con fame, os famosos postres: Bica, peras o vinho, brazo de xitano e natilhas. E a saida, te entrega Marujita os famosos prensamentos (¿ou será pensamentos?) feitos con aquel mundo de cacheira que sobrou, un embutido que degustaremos outro dia. Café de pota, licor café, canha e mais café. Para rematar a faena voltando a casa, paradas en Cuntis e xa no Val Minhor, no Bar Patos. Para a felicidade total non faltou mais que o frio e uns amigos que vinhan de Madrid e perderon o avión. Outra vez será, que ocasións non han de faltar.






Casa Trabazo




quarta-feira, 25 de outubro de 2006

Tempo de Cocido e vinho tinto





Este sábado iremos a Casa Trabazo, na Estrada, que é un dos cocidos de mais sona da Galiza, e tuvemos que encargar xa fai moito tempo. Quen non poida vir, pode regalar os olhos con esa foto y cantar aquelas cancións apropiadas para a sobremesa de un bó cocido, que se poden ouvir aqui. Fai un tempo,
Colineta adicou crónica gastronómica a Casa Trabazo e outros sitios da Estrada, o que sempre é garantía. Tamén cocinasexi nos fala de Casa Trabazo, en este caso sobre o seu "Menú de verán"










sexta-feira, 20 de outubro de 2006

Da Foxa Atlántica a Londres, contra os verquidos radioactivos: Xa fai 25 anos da saga do "Xurelo"




DEFENDER O MAR, SALVAR A VIDA,
Foi o lema que leveba o "Xurelo" na sua expedición.
O
15 de setembro de hai 25 anos, saía de Ribeira un pequeno barco
palangreiro, o Xurelo. A romper a súa rutina habitual, a nave non se
dirixía á pesca. Cunha variada e inexperta tripulación feita por
militantes políticos, ecoloxistas e mais uns cantos informadores, o
Xurelo ía na busca da Foxa Atlántica, unha área a 350 millas das nosas
costas, para protestar polos vertidos de residuos radioactivos que
diferentes países facían na zona.

Mais en Cultura Galega (con Galería de Imaxes), en A Nosa Terra, on en numerosos blogalegos, entre os que están:


Brétemas
Mondoxíbaro
Galicia Confidencial
Paleón
Si home si
Cultura marítima













quinta-feira, 19 de outubro de 2006

PARA MANDAR DIÑEIRO A CUBA, burlando o bloqueo



Quen non ten amigos ou parentes en Cuba? É dificil facerlles chagar axuda, especialmente diñeiro. Encontrei este sitio canadiense parecido o PayPal que ven facendo transferencias gratuitas a Cuba dende 1994. (O PayPal é un dos poucos países que non traballa, xa sabemos por orden de quen)


DUALES.COM Tecnologías de pago







quarta-feira, 18 de outubro de 2006

O MAPA COMARCAL DA GALIZA


O mapa da polémica (Nos-UP). O mapa inclui as comarcas galegas alén da comunidade autónoma: a Terra Návia-Eo e o Vale de Íbias (administrativamente pertencentes às Astúrias) e o Berzo, a Cabreira e a Seabra (administrativamente adscritas a Castela e León). Todos eles territórios tradicional, cultural e lingüisticamente galegos, para alén das diversas circunstáncias administrativas que tenhen vivido ao longo da história.

Clic no mapa para ampliar a tamanho real


Clic no mapa para ampliar, segundo clic para tamanho real

O mapa inclui as comarcas galegas alén da comunidade autónoma: a Terra Návia-Eo e o Vale de Íbias (administrativamente pertencentes às Astúrias) e o Berzo, a Cabreira e a Seabra (administrativamente adscritas a Castela e León). Todos eles territórios tradicional, cultural e lingüisticamente galegos, para alén das diversas circunstáncias administrativas que tenhen vivido ao longo da história

terça-feira, 17 de outubro de 2006

A permanencia e continuidade da Comisión Volta dos Nove



Durante décadas as mans populares riscaron no chan, á beira da estrada, nove cruces que cultivaron a memoria dos asasinatos . Dende hai un ano á arbore de bronce e os loureiros ideados polo escultor Fernando Casás serven de merecida homenaxe ás víctimas da sublevación franquista. (Fernando Casás inaugura Exposición o
xoves 19 de octubre ás 20 horas na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixanova. Rúa da Reconquista s/n Vigo)

Duras críticas á desidia do concello de Baiona.
O
director do Instituto de Estudos Miñorán (
Carlos Méixome) suliñou o grande abandono por
parte do Concello de Baiona e o incumprimento das súas promesas de
colaboración na conservación e finanzamento do pequeno espazo
axardinado que arroupa o monumento de Fernando Casás.

A Comisión Volta dos Nove
Carlos Méixome anunciou a
permanencia e continuidade da Comisión Volta dos Nove para a
preservación do conxunto patrimonial artístico como son o monumento e
as obras cedidas por artistas miñoranos (fotografía, pintura e poesía)
que se espuxeron o pasado verán no Barco da Memoria amarrado no peirao
do porto de Baiona.


Por elo a
comisión da Volta dos Nove solicitou de novo a colaboración cidadá
para poder sufragar os gastos dos 20.000 euros que custou o
pequeno espazo
axardinado e os materiais empregados no monumento
.

Axuda - DonativoINGRESO na conta de Caixanova 2080 0528 66 0000005960
TARXETA ou conta PAYPAL se queres facer o donativo por internet na dirección
https://www.paypal.es/affil/pal=donativo@minhor.org

Fonte: O Portal do Val Miñor








ANO DA MEMORIA: 70 ANOS MAIS TARDE LEMBRAMOS OS ASESINATOS DA "VOLTA DOS 9", PARA QUE NON SE ESQUEZAN OS CRIMES DA DICTADURA.

Category:   Music & Movies

O domingo pasado celebrouse a ofrenda froral aos nove veciños do Val Miñor asasinados impunemente fai 70 anos na Bombardeira en Baredo. Dende aquela o lugar é coñecido como A VOLTA DOS NOVE. Estes eran os seus nomes:

Manuel Aballe Domínguez,
Felicísimo Antonio Pérez Pérez,
Elías Alejandro Gonda Alonso “O Ghonda”,
Manuel Francisco Lijó Pérez “O Lijó” ,
Modesto Fernández Rodríguez “O Rei Chiquito”,
Fidel Leyenda Rodríguez, José Rodríguez González “O Pelonio”,
Manuel Barbosa Durán “O Ferreiro do Burgo” ,
Generoso Valverde Iglesias.

Nesta ocasión tamén se pronunciaron unhas palabras para outros 17 veciños do Val Miñor e os 24 veciños de Vigo e arredores aos que a infamia lles arrincou a vida no Val Miñor.

Fonte: O Portal do Val Miñor (http://www.valminor.info)









terça-feira, 10 de outubro de 2006

MÚSICA PIRATEABLE EN GALEGO

Rating:★★★★★
Category:Music
Genre: Box Sets
Artist:MOITOS ARTISTAS E XENEROS
Interesantísima bitácora onde se recolhen ligazóns a moi diversos lugares nos que se encontra música gratis, moita de ela está nas páxinas dos propios artistas. Este é o enderezo:
http://emepegues.blogspot.com/

INMIGRACIÓN ILEGAL (noticias, foto e música)




" España ofreció el lunes a Guinea Conakry cinco millones de euros en ayuda como parte de una ofensiva diplomática en África
Occidental cuyo objetivo es frenar el flujo de inmigrantes ilegales desde el continente más pobre del mundo a Europa."

"
Miles de africanos que buscan trabajo y
una vida mejor en Europa han llegado este año a las Islas Canarias en
cayucos o pateras, lo que ha supuesto un
gran dolor de cabeza para el Gobierno español."

"
Según el PP, es fundamental que se ponga
en marcha un plan que pase por la prohibición de las regularizaciones
masivas por Ley; el refuerzo de fronteras; la creación de una Agencia
de Empleo e Inmigración; la exigencia de 'papeles' para poder
empadronarse;



el impulso de una política europea común en este área"

Etc., etc.,
etc., etc., etc., etc., etc., etc., etc., etc., etc., etc.......



E agora, moita atención a foto:


Que capacidade pasmosa de esquecer o pasado tenhen algúns.....

E para terminar, aqui vai a música







quinta-feira, 5 de outubro de 2006

Exposición do pintor SEARA

Rating:★★★★★
Category:Other
Xose Luis Alvarez Seara (SEARA para os amigos) inaugura unha exposición en Vigo, na GALERIA PM8 (C/ PABLO MORILLO 8 ESQUINA CON C/ LUIS TABOADA) do 26 de octubre o 17 de Novembro. A Inauguración vai ser o xoves 26 as 20.00

La nos vemooos!!!!

Noticias do MEEBO




500,000
usuarios rexistrados

(O mapa mostra os usuarios en liña, e actualizase cada 15 minutos)


En algún
momento do luns, un usuario descoñecido do meebo abriu o seu
navegador e decidiu rexistrarse no meebo . Mal sabía el que
cando acabou tiña creado a conta número 500,000. Medio
millón! Os do meebo vanlle mandar un correo de agradecemento e unha das suas bonitas camisolas, como as que me mandaron por
traducilo o galego.

Tendo en conta que
a posibilidade de rexistrar unha conta meebo está disponibel
dende fai oito meses, e tendo en conta que non é necesario
facelo para poder usar o meebo, o número é notable.
Eses usuarios rexistrados teñen algunhas opcións extra,
como é o rexistro de conversas, ou a posibilidade de cambiar
os nomes, entre outras.


Outros números

Cantas
entradas hai por dia? 950 000


Queres
saber cantas de esas entradas son “únicas”? Unhas 670 000.
Polo tanto cada usuario entra unha media de 1.4 veces por dia.


En
cantas redes de IM mensaxería instantánea entra cada
un, por término medio? 1.4 tamén, ou o que é o
mesmo, 1.35 millóns de entradas nas redes IM diarias se fan a
traves do meebo.

Mais de 3.5 millóns de individuos
“unicos” entran no meebo cada mes, e
mandan e reciben 57,000,000 mensaxes diariamente
. Que pasa se
sumas todo o tempo de esas mensaxes por dia? 64,000,000
minutos
, que veñen sendo 122 anos!!!!! (click aqui
para ver o gráfico) . Resulta de esto que estamos mandando ou
recebendo unha mensaxe por minuto, estando unha media de 70
minutos/sesión.

E que pasa co trebello meebo
me
, a última reviravolta do meebo's en mensaxería
instantánea IM en rede? Para levar dous meses, estase usando
dabondo! ! Foron creados e incrustados nas páxinas da rede
42,000 trebellos meebo “únicos”. Estes trebellos foron
vistos en 600,000 sitios na rede “únicos”
URLs por... (tamboril, por favor)... 6,000,000+ persoas “únicas”.
Unha fartura de conversas IM incrustadas na rede!!!

Os do
meebo non teñen palabras para agradecer a axuda dos usuarios
nas melloras do meebo e o seu apoio, e vos convidan a seguir
informando dos
fallos
e a suxerir
novas características
a desenvolver nas versións
futuras!















segunda-feira, 2 de outubro de 2006

800 MIL NEN@S MORRERÁN NO NÍGER



MAIS DE UN CUARTO DOS CERCA DE 12 MILLÓNS DE HABITANTES PRECISA DE AXUDA ALIMENTARIA


Asistentes
sociais no Níger o dicen. O país africano non está a
conseguir recuperarse de unha praga de langosta e da sequía.


A
carencia de alimentos poderá matar nos próximos dias 800 mil cativ@s,
anunciou recentemente o relator especial das Nacions Unidas para o
Dereito à Alimentación.


«A
situación é extremamente grave e, a calquera momento, a subnutrición
severa pode dexenerar em fame xeneralizada. Xa hai xente a morrer e os
mais vulneráveis son @s menin@s, seguido por enform@s e persoas de edade»,
afirmou sociólogo suízo Jean Ziegler.


Em
Maio, o subsecretário da ONU para os Asuntos Humanitários, Jan
Egeland, solicitou fondos de emerxencia de cerca de 13,4 millóns de
euros, «mas ata a data as doacións non superaron 3,1 millóns de euros».


O
sociólogo suízo deixou moi claro que, «no Níger, non se pode
falar de desvio de fondos, corrupción, ou prevaricación»
, porque a
misión da ONU comprovou o sistema vixente para a distribución de
alimentos.


Apesar
de non haver estadísticas sobre a mortalidade infantil no
Níger, Ziegler contou que só chega aos cinco anos de edade un de cada catro. Os bebés com 18 meses de idade, que deverían pesar
entre 6,5 e sete quilos, non chegan nin a mitade deste peso e teñen lesións cerebrais irreversíveis debido desnutrición.


A crítica mais dura do relator especial das Nacións Unidas para
o Direito a Alimentación foi para os «planes de axuste» do Fondo
Monetário Internacional (FMI), que prohíben o suministro gratuito de comida e cuidados de saúde básicos.


Os
«planes de axuste» son medidas de austeridade impostas por o FMI a países que queren obter os préstamos necesarios para
pagar a sua débeda. As medidas van dende a liberalización do
comércio e a devaluación da moeda e o aumento das taxas de interés,
aos cortes no gasto público e a privatización de empresas estatais.

Mentras tanto, na "democrática" Europa séguese tratando a os que fuxen da fame como delincuentes e mafiosos. Como exemplo, o que fai o goberno "socialista" do estado español.


Mais en http://vavat.multiply.com/journal