Total de visualizações de página

sexta-feira, 28 de setembro de 2007

Valeriano Bécquer (pintor), Gustavo Adolfo Bécquer (poeta) 'Los Borbones en pelota'


Los Borbones en Pelota. El catálogo de la biblioteca del Instituto Cervantes de Nueva York registra un libro llamado SEM: Los Borbones en pelota. Fue hecho entre 1868 y 1869 con acuarelas de Valeriano Bécquer y guiones de su hermano, Gustavo Adolfo, satirizando a Isabel II y su corte.

Os irmans Bécquer publicaron no século XIX un libro con ilustracións pornográfico-satíricas da corte borbónica.
O libro está composto por 89 acuarelas nas que a raiña Isabel II participa en orxías e o rei é sodomizado.
O clero tamén aparece reflexado nestas particulares 'viñetas'.
Fonte: http://www.20minutos.es/galeria/3057/0/0/

terça-feira, 25 de setembro de 2007

O hack do ano

Fonte: Port 666 en Espacio Filmica


É impresionante, épico, divertidísimo o que aconteceu con Media Defender. Unha empresa pagada pola industria audiovisual que se adicaba a botar lixo nas redes P2P e van e lles rouban un feixe de mails internos que, despois de ser analizados, permiten coñecer dende onde lanzaban a merda, para bloqueala mellor. Pero, ademais, píllanlles o código fonte dos programas que usaban para o seu sucio traballo. E, xa rematando, The Pirate Bay usa isto como proba para denunciar á industria.


Pero o máis impresionante foi outra cousa: o mutismo absoluto sobre este tema nos medios chamémoslles "tradicionais" ou "serios" ou.... mortos?

Por que non o contaron se había unha chea de sitios onde velo?


Aquí tédelo ben explicado, en orde cronolóxica inversa:

The Pirate Bay levanta cargos contra os estudios
http://www.fayerwayer.com/2007/09/the-pirate-bay-levanta-cargos-contra-los-estudios/

MediaDefender’s Decoy Effectiveness on BitTorrent Sites
http://torrentfreak.com/mediadefender-decoy-effectiveness-on-bittorrent-sites-070922/

ThePirateBay Files Charges Sourced to Media Defender Leak
http://www.slyck.com/news.php?story=1590

MediaDefender's Source Code Released
http://www.slyck.com/news.php?story=1587

Interview with MediaDefender Defenders.com
http://www.slyck.com/news.php?story=1586

MediaDefender and the Streisand Effect
http://yro.slashdot.org/article.pl?sid=07/09/20/1237203

Source Code for MediaDefender Anti-Piracy Tools Leaked
http://blog.wired.com/27bstroke6/2007/09/source-code-for.html

Foi liberado o código de todos os programas que os lobbys antipirateria usan para manipular as redes p2p
http://meneame.net/story/libera-codigo-todos-programas-lobbys-antipirateria-usaban-para-floodear-redes

MediaDefender Anti-Piracy Tools Leaked
http://torrentfreak.com/mediadefender-anti-piracy-tools-leaked-070920/

Meganova Site news: Tiny Security update, MediaDefender blocked and banned!
http://www.meganova.org/sitenews/article/17.html

The Biggest Ever BitTorrent Leak: MediaDefender Internal Emails Go Public
http://torrentfreak.com/mediadefender-emails-leaked-070915/

MediaDefender Phone Call and Gnutella Tracking Database Leaked
http://torrentfreak.com/more-mediadefender-leaks-070916/

Novas filtracións de MediaDefender, chamadas telefónicas e máis
http://www.theinquirer.es/2007/09/17/nuevas_filtraciones_de_mediadefender_llamadas_telefonicas_y_mas.html

Fíltranse datos de MediaDefender compañía encargada de loitar contra os P2P
http://www.adslzone.net/article1610-se_filtran_datos_de_mediadefender_compania_encargada_de_luchar_contra_los_p2p.html

Fíltranse case 700 MB de correspondencia interna de MediaDefender
http://www.elotrolado.net/noticia_Se-filtran-casi-700-MB-de-correspondencia-interna-de-MediaDefender_13876

Hackers Smack Anti-Piracy Firm MediaDefender Again and Again
http://www.wired.com/politics/security/news/2007/09/mediadefender

Leaked MediaDefender E-mails
http://www.schneier.com/blog/archives/2007/09/leaked_media_de.html

A filtración dos correos de media defender parece ser máis útil do que se pensou nun principio
http://meneame.net/story/filtracion-correos-media-defender-parece-ser-mas-util-penso-principio



sábado, 22 de setembro de 2007

Berners-Lee desafía a "estúpida" cultura geek masculina

Fonte: Barrapunto


O inventor da World Wide Web, Sir Tim Berners-Lee, pediu terminar de unha vez coa "estúpida" cultura geek masculina que desprecia o traballo de mulleres inxenieiras capacitadas, e fai que outras persoas refuguen  entrar na profesión. Slashdot tamén se fai eco das suas verbas.

Berners-Lee dixo que unha cultura que evitara marxinar as mulleres conseguiria atrair a máis programadoras, o que conduciria a unha maior harmonia no deseño dos sistemas. "Si houbera máis mulleres implicadas poderíamos movernos cara á interoperabilidade. Temos que cambiar en todos os niveis", segundo as suas palabras.

Dacordo con Berners-Lee, existe unha cultura na que as mulleres poden ser expulsadas da sua carreira laboral en tecnoloxía polo comportamento "estúpido" de alguns "geeks" masculinos, e polas reaccións de outras mulleres.

"E un problema complexo - vense prexuízos de unhas mulleres contra outras. Hai partes da cultura geek masculina e da cultura inxenieril que son estúpidas. Deberian darse conta de que poderían estar rexeitando a persoas que son máis intelixentes e mellores inxenieiras", afirmou Berners-Lee.

As institucions de investigación en inxeniería que fan a selección dos candidatos baseándose exclusivamente en cantas publicacions teñen realizado, corren o risco de agravar inda máis o problema, segundo Berners-Lee, debido a un sesgo aparentemente integrado no propio sistema contra as mulleres.

Una persoa do ámbito académico que pasóu por un cambio de sexo, tras enviar artígos baixo ambas identidades atopouse con que os artígos eran aceitados cando proviñan de un home, pero eran rexeitados cando os asinaba unha muller, dixo o inventor da web. Este prexuízo é inexplicábel, pero aumenta a tendéncia institucional, afirmou.

sexta-feira, 21 de setembro de 2007

CONTRA A GASIFICADORA REGANOSA: MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE COA PLATAFORMA DE VECIÑOS DO CRUCEIRO DE MEÁ


rede_galega_de_bitacoras

[fonte:Calidonia ] Este sábado varios blogueir@s van ir a Mugardos para visitar aos veciños de Meá pechados no Concello en protesta pola construción e posta en funcionamento claramente ilegais da planta regasificadora de REGANOSA. Trátase de facer unha visita aos veciños, que xa manifestaron o seu entusiasmo por este apoio, e aproveitar para botar un polBo solidario na mesma parroquia onde se ergue o enxendro.

A Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá ten un blogue e nel podes comprobar que levan case dous meses pechados, recibindo visitas e mostras de solidariedade de cidadáns, intelectuais e artistas como: Mabel Rivera, Joao Afonso, Luís Pastor, Sala NASA, Xurxo Souto, Carlos Taibo, Lino Braxe, Xosé Manuel Beiras, Manuel Rivas, Pedro de Llano, Faltriqueira, Eva Veiga, Antón Reixa, Os Cempés… así como de diversas asociacións e colectivos de natureza diversa.

A idea é que estaría moi ben que a rede galega e a cidadanía activa non ficara á marxe deste movemento. Por iso propóñoche que mostres o teu apoio aos veciños, de varios xeitos:

- Asinando un manifesto (co teu nome, co teu nick na rede, ou simplemente co nome da túa bitácora ou páxina web) de apoio e solidariedade que podes ler e firmar aquí mesmo deixando un simple comentario na anotación. Como verás, o manifesto acho que é propositivo, asisado e bastante razoábel.

- Publicando esta convocatoria ou o texto do manifesto no teu blogue ou páxina web. Estou convencido de que o activismo na rede galega dista moito de estar durmido e que o compromiso de moit@s de vós coas causas que pagan a apena (esta e moitas outras) está fóra de toda dúbida. Podes aproveitar se queres este deseño feito por Artritris.

- Xantando un polbo solidario na parroquia de Meá, confirmando a túa asistencia deixando un comentario nesta mesma anotación . Nos comentarios iremos informando do que se vaia pechando e concertando a respecto desta cita (detalles do xantar, desprazamentos compartidos e demais detalles). A reserva de prazas para o xantar hai que facela antes do venres 21 a mediodía (14h), un día antes do xantar. O único fixo no menú é o polbo, e imos tentar que o prezo sexa todo o proporcionado que poidamos e limitado ao que custe.

A cita é en Mugardos este sábado día 22 ás 13::00 h en frente da Casa do Concello. Este é o lugar onde combinarmos .

O manifesto: ligazón .

quarta-feira, 19 de setembro de 2007

Eu SI quero negros na miña rua - YES, I want to see black people living in my neighbourhood

Rating:★★★★★
Category:Movies
Genre: Drama

Hai homes que loitan

Rating:★★★★★
Category:Other
Hai homes que loitan un día e son bós. Hai homes que loitan un ano e son mellores. Hai quen loita moitos anos e son moi bós. Pero hai os que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles. Bertold Brecht

sábado, 15 de setembro de 2007

Arte e beleza




Robert Crumb ( Filadelfia, Pensilvania, 30 de agosto de 1943) é un artista e ilustrador estadounidense. Foi un dos fundadores do cómic underground e é cecais a figura mais destacada de dito movimento. Ainda que é un dos mais coñecidos autores de cómic, a sua carreira se desenvolveu sempre ao marxe da indústria. (wikipedia)

quarta-feira, 12 de setembro de 2007

Inventouse o racismo informático!!!!

Fonte: Código Cero, diario tecnolóxico de Galiza.
Racismo informático? Discriminación de sistema operativo? Un servizo de atención ó cliente que fai exactamente o contrario do que teoricamente debería facer? Segundo informa estes días The Inquirer, habería un pouco de todo iso no caso dun usuario da cadea británica PC World que quixo que lle amañaran o computador portátil logo de detectar un problema físico no seu equipo, que (hai que dicilo) foi mercado cinco meses antes nese mesmo establecemento. O cliente, que fixo o que probablemente teríamos feito todos os seres máis ou menos humanos deste mundo se detectáramos un defecto de fabricación nun produto adquirido vía as canles tradicionais de compravenda (de telo afanado, xa mudaría o conto), topou co seguinte muro de pedra: o fundamentalismo de certos seareiros e provedores de Windows.
De feito, negóuselle a reparación por un simple pero determinante detalle: o usuario substituíra o Vista por Gentoo Linux. O cliente defendeu a súa postura do seguinte xeito: tratando de explicar que o problema tiña que ver coa montaxe interna do equipo e non co sistema operativo. A empresa puxo o dedo sobre o tipo de letra que máis arrepío dá neste tipo de casos: a letra pequena. Dito doutra maneira: informou que non estaba obrigada a facer reparación algunha en caso de ter detectado algún tipo de violación da garantía, e substituír un sistema operativo por outro era un caso claro de violación. Máis información sobre o caso en Slashdot e comentarios interesantes sobre o mesmo en Barrapunto.

terça-feira, 11 de setembro de 2007

A reconquista da Illa de Toralla

Rating:★★★★★
Category:Movies
Genre: Action & Adventure
Salvemos Monteferro e as asociacions da Ría non se vende, sumaronse á convocatoria da primeira reconquista da illa de Toralla que se celebrou o Sábado día 8 as 18 horas, convocada polo colectivo Xogo Descuberto (grupo do barrio de Coia) cuxo texto convocante foi o seguinte:

O sábado 8 de setembro ás 18:00 convidámosvos a I Reconquista da illa de Toralla, coa que pretendemos reinvidinca-lo uso da illa por parte de tod@s e manifestar a nosa repulsa ás construccións feitas nela, en especial á torre. Será un acto pacífico que arrincará dende o principio da ponte, no que levaremos música e iremos con vestimenta pirata para facelo máis visibel. Animámosvos a participar, tanto pola ponte como pola auga, xa sexa en piraguas, barcas, chalupas…Un saúdo. Colectivo Xogo Descuberto

A policía desaloxa a 300 persoas que «tomaran» a illa de Toralla nun acto de protesta

Policías antidisturbios desaloxaron o sábado pola tarde da illa de Toralla a 300 persoas que invadiran esta propiedade privada.O colectivo vigués Xogo Descoberto organizara un acto lúdico e pacífico reivindicando o uso e goce público da illa, que pertence a unha comunidade de propietarios. Na concentración interviñeron membros doutros grupos como Acción Cultural A Revolta e outras asociacións como Caleidoskopio, Luar, Bouzas-Movete, GAS, Salvemos Monteferro e Verdegaia.

No acto participaron piratas, músicos bañistas, nenos e maiores. Unha vez lido o comunicado que reivindica un deslinde de seis metros ao redor da illa para uso público terminou a concentración.

Acabado o acto, un bo número de participantes entraron na illa dando un paseo. Segundo os organizadores «nese momento tres furgóns antidisturbios irrumpiron entre os paseantes de xeito totalmente inxustificabel con porras en man alzada, ofrecendo una pésima imaxe aos nenos e nenas asistentes». Segundo membros do colectivo Bouzas Móvete, unha das entidades que acudiu ao acto, algúns dos participantes recibiron «mais dun porrazo».

terça-feira, 4 de setembro de 2007

Policía local. Poñamos que falo de Nigrán.




Xa teño observado en moitos lugares que a policía local nos concellos democráticos ten moitas veces unha imaxe inda peor da que tiña na ditadura. E certo que se produciu unha certa modernización, mais lamentablemente consistiu na adopción de un "look" chulesco, con Ray-Ban ou outras gafas de sol, canto mais macarriles, mellor. Como eses policías gringos do "Midwest", que tanto medo dan nas peliculas.

E que aconteceu co seu traballo? É de supoñer que co fin da ditadura tamén cambiou. Nas cidades o seu traballo na ditadura practicamente se reducía a dirixir o escaso tráfico da época, xa que para a represión dos "vagos e maleantes" xa estaban os corpos represivos. Nas vilas non existia ese tipo de policía por ser innecesario. E hoxe son necesarios para que? Podería preguntar alguén. Dificil pregunta, eu non sei respondela.

Onde eu vivo, pouca actividade se lles coñece. Unha das suas principais funcións e posar co seu "atrezzo" mais propio de
"Easy Rider" que de unha pequena e tranquila vila de 16110 Habitantes espallados en 35 km².

Outra actividade na que destacan é na persecución da mocidade de cabelo longo. Pouco importa que nos continuos rexistros a que son sometidos nunca lles encontren nada ilegal, eles ben saben que con esa pinta algo deben fumar de cando en vez, e non perden a esperanza de algún dia atopar algo. Para que tanto empeño?

Será que buscan algo que fumar gratis? non sei... pero a verdade é que parece estraña esa actitude, cando é ben sabido que hai nas veciñanzas unha discoteca onde se reune outro tipo de público, os chamados "malotes", que non levan cabelo longo, son violentos, e consumen todo un arsenal de substancias ilegais. Non é a primeira vez que hai algún morto, nas continuas liortas entre grupos rivais. Non me consta que ese local e os seus frecuentadores  recibiran Bula ou Licencia do Papa de Roma, mais eso é o que parece, xa que a impunidade parece ser total.

Non dispoño de datos dabondo para analizar en profundidade os motivos de todo o anteriormente  exposto, o que si podo decir é que, como mínimo, deberían ser estudados polas autoridades democráticas, sen esperar a que algunha traxedia o faga inevitable. Prever sempre é mellor que curar.