Total de visualizações de página

sexta-feira, 30 de junho de 2006

Dominio Público Brasil (Biblioteca Virtual)


http://www.dominiopublico.gov.br/pesquisa/PesquisaObraForm.jsp
O "Portal Domínio Público", lançado em novembro de 2004 (com um acervo inicial de 500 obras), propõe o compartilhamento de conhecimentos de forma equânime, colocando à disposição de todos os usuários da rede mundial de computadores - Internet - uma biblioteca virtual que deverá se constituir em referência para professores, alunos, pesquisadores e para a população em geral.

Biblioteca Virtual Galega


http://bvg.udc.es/index.jsp
Primeiro proxectamos unha pequena xanela coa que poderiamos mostrar ao mundo un retallo da nosa produción literaria, e con esa intención comezamos a traballar.

Mais as nosas intencións ficaron cativas ante o entusiasmo e a xenerosidade con que fomos recibidos polos escritores e escritoras. Cumpría reconsiderarmos o proxecto inicial e transformarmos a nosa modesta fiestra nun enorme peirao que permitise á dorna da nosa literatura navegar por mares virtuais. E aquí estamos.

Porén, somos conscientes de que para que a nosa dorna chegue a bo porto, non podemos navegar sós. A nosa historia demostrou moitas veces que unicamente sumando esforzos se logrou alancar na normalización da cultura galega. Aprendemos a lección, e por iso agardamos contar coa vosa colaboración.

Tanto ten que sexas escritor ou non, que sexas muller ou home, que sexas novo/a ou vello/a... Tampouco nos importa que non sexas unha persoa, que sexas unha Institución. ¡Benvindos sexades! O único importante é que teñamos os mesmos obxectivos:

* Difundirmos a Literatura Galega.
* Ofrecermos a escritores e escritoras unha nova canle de publicación.
* Facilitarmos a comunicación entre o público lector e os escritores e escritoras.
* Posibilitarmos que novos valores se dean a coñecer a través da Biblioteca Virtual Galega.
* Apoiarmos calquera forma de manifestación artística galega.
* Contribuírmos á normalización da nosa lingua e da nosa cultura.

Coa túa colaboración a Biblioteca Virtual Galega chegará a ser o grande Portal Web da literatura e a cultura galegas.

terça-feira, 27 de junho de 2006

CQC: según a puta RAE, Galego= Tonto





No
programa Caiga Quien Caiga, de Tele5
existe unha seccion denominada "proteste ya" presentada polo
xornalista galego "Gonzo". No devandito programa sacan á luz as
queixas dos cidadáns intentando que grazas á presión mediática cheguen a bo
termino.


No programa do venres 16 a protesta afirmaba que no dicionario da Real Academia da lingua Española (RAE) baixo o termino galego unha das acepcions que aparece é a de tonto e tamén a de tartamudo.


NON NOLO PODIAMOS CRER !!!! así que fomos ao dicionario e no punto 4 aparece dita acepción, volvémolo
a comprobar na páxina da real academia da lingua por se o noso dicionario non
fose versión actualizada, e ahi pódese
comprovar que ata no Artígo enmendado, no Avance da vixésima terceira edición (que ainda non saiu, mas podese ver na ligazón),
ainda se mantén:








gallego, ga. (Del lat. Gallaecus)





1. adj. Natural de Galicia. U. t. c.s.



2. adj. Perteneciente o relativo a esta
comunidad autónoma de España..



3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro
o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.



4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una
persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.



5. adj. C. Rica. tonto (? falto de
entendimiento o razón).



6. adj. El Salv. tartamudo.



7. m. Lengua de los gallegos.





Aínda
por riba aparece resaltado a igual que no dicionario impreso no que aparece en
negrita.


No devandito programa o presidente da RAE non só foxiu literalmente cando o
xornalista intenta falar con el. Outros personaxes, por chamalos dalgún xeito,
din que “é unha acepción que se utiliza en Costa Rica. Consultada a embaixadora
de Costa Rica en España, esta afirma que non é certo.


O xornalista fai a comparativa con outras comunidades preguntandose que pasaría se utilizaramos acepcions peiorativas como sucede no caso do termino galego.

Picounos a curiosidade e consultamos catalán, atopandonos co seguinte:





catalán,na



1. adj. Natural de Cataluña. U. t. c.s.



2. adj. Perteneciente o relativo a este
antiguo principado, hoy comunidad autónoma de España.



3. m. Lengua romance vernácula que se habla en
Cataluña y en otros dominios de la antigua Corona de Aragón.





Agora cabreamosnos mais, cando comparamos certos puntos:





CATALÁN



2. adj. Perteneciente o relativo a este
antiguo principado, hoy comunidad autónoma de España.





GALLEGO



2. adj. Perteneciente o relativo a esta
comunidad autónoma de España.





os cataláns pertencen a un antigo
principado, pero da Galiza que foi reino durante moitos séculos non se di nada
de nada, por que esta diferenza?





CATALÁN



3. m. Lengua romance vernácula que se habla en
Cataluña y en otros dominios de la antigua Corona de Aragón.





GALLEGO



7. m. Lengua de los gallegos.





O
catalán é unha lingua romance vernácula que se fala en Cataluña e outros dominios e o galego a
lingua dos galegos.

A orixe do galego é descoñecida? non merece ser chamada romance?

O galego só se fala na Galiza? e que
hai do galego na Asturias Occidental ou nas provincias de León e Zamora? e o
galego de Extremadura? Ou é que como Galicia sempre estivo apartada no
noroeste, aínda a queremos apartar máis? Sen esquecer o galego da diáspora
(emigración e exilio) ou a evolución do galego dando orixe á lusofonía, unidade
linguística presente en todos os continentes.






Por suposto nada temos en contra dos cataláns, pero si contra o trato á
identidade galega no DICCIONARIO DE LA REAL ACADEMIA
ESPAÑOLA







Podedes ir
á páxina da RAE e comprobalo:





http://www.rae.es/





Quen queira mostrar a sua protesta á RAE pódeo facer AQUI















quinta-feira, 22 de junho de 2006

OptimalAccess


http://www.optimalaccess.com/en/product_archive.htm
Fart@ de WINZIP, WINRAR e outros compresores de arquivos? Fart@ das mensaxes que te lembran que ainda non pagaches por usalo? Proba OptimalAccess, que te deixa ver e sacar o que está dentro, como se fose un cartafol, carpeta ou pasta. E é GRATIS

segunda-feira, 19 de junho de 2006

CANGAS NON ESTÁ A VENDA !!!

Category:   Real Estate

CANGAS NON ESTÁ A VENDA - Por un novo PXOM (con VIDEO)


Os veciños de Nigrán sempre agradeceremos a nutrida participación dos de Cangas na nosa manifestación contra o PXOM. E mentras non acabamos de gañar todas a batallas, vamos rindo con este video, antes de contar como eles se organizaron para loitar contra a desfeita proxectada


A POSTURA DO FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

  O obxectivo deste foro social consiste na creación dunha Plataforma cidadá contra as agresións urbanísticas irreversibles prantexadas polo goberno municipal sobre a nosa vila; en concreto a Vía Rápida e o seu impacto visual, ecolóxico e social; o proxecto de urbanización de Massó por constituir un grave atentado ecolóxico e contra o noso patrimonio social, histórico e identitário, e o proxecto de urbanización de Aldán polo seu impacto social, ecolóxico e visual.

  As principais eivas deste modelo de urbanización, promovido polo goberno do Partido Popular e da Xunta se poden enumerar da seguinte maneira, e dunha maneira moi resumida:
  Trata-se dun modelo urbanístico baseado na especulación inmobiliaria, na maior rendabilidade a corto prazo e na satisfacción e prioridade de intereses privados sobre colectivos.

  Non ten en conta mellora-la calidade de vida dos nosos veciños, en canto a que non respecta no máis mínimo a creación de espacios públicos e de disfrute colectivo, zonas verdes ou servizos mínimos que lle dean cabida á gran demanda que se vai a xerar despois da súa posta en marcha.

  Non conta co respaldo de informes serios de impacto ambiental; así por exemplo, no caso de Massó non están avaliadas as consecuencias que sobre as mareas e as praias vai a ter o recheo e dique para a creación do muelle deportivo; nen o impacto sobre a flora e fauna da zona; que consiste unha auténtica reserva; ou no caso das urbanizacións de Aldán; non ten en conta o impacto sobre os cauces naturais de auga ou se avalían as consecuencias derivadas dos verquidos das augas fecais xeneradas por un volumen tan alto de vivendas.

  Constitúen un grave atentado cultural e social; no caso de Massó porque toda a zona sobre a que se proxecta a aberración debería ser declarada Patrimonio Histórico e natural; no caso de Aldán porque significa a alteración total do perfil e características da parroquia.
Ante este modelo urbanístico que constitúe a desfeita total do noso pobo e a venta do mesmo “a cachos” propoñemos a todos os cidadáns e cidadás unirse ao FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO. Mais na páxina do FORO

domingo, 18 de junho de 2006

O Pobo de Nigrán falou: Comunicado das Asociación de Veciños na Manifestación que congregou a mais de 6000 persoas


Veciños e veciñas, amigas e amigos:

 

 As AA VV estamos agradecidas por esta expresión pública e libre de rexeitamento deste Plan Xeral que se pretendía aprobar o pasado venres 2 de xuño. Sentímonos apoiados por todos e cada un de vós para seguir reclamando o que nos corresponde.

 

Hoxe, 15 días despois de daquela revolta que espallou o nome de Nigrán arredor do mundo, moitas cousas cambiaron.  Saíu á luz moita inmundicia e os lobos xa empezaron a pelexar entre eles a dentadas.

 

Pero o máis importante, o que de verdade cambiou, é que agora saben que ninguén, nunca máis, poderá gobernar este Concello coma se fora a súa finca privada.

 

A pesar de todo, ese maldito Plan Xeral aínda non foi retirado.

O noso ánimo é seguir pelexando, e a vosa presencia aquí hoxe aínda nos anima máis.

 

Queremos que saibades que as vosas voces foron escoitadas en lugares tan distantes  como Xapón, Canadá, Irlanda, Noruega, Reino Unido, Dinamarca, Alemaña, e por suposto en todo o Estado español. De todos estes sitios nos chegan felicitacións e palabras de alento que queremos compartir con vós porque a vós van dirixidas.

 

Curiosamente, aquí ó lado, o noso Alcalde resístese a escoitarnos e o único que nos ofrece é tomar nota das nosas suxerencias que posiblemente acaben na papeleira. O que nos ofrece, non o compromete a modificar nin un só punto do Plan Xeral que pretenderon aprobar.

 

Así que estamos como hai 15 días. Xa entón reclamabamos que o Nigrán no que queremos vivir sexa o que figure sobre os planos. Un concello con vida propia, con servicios públicos, un Nigrán equilibrado en tódalas parróquias.

 

Un Nigrán pensado para vivir os veciños e veciñas e non un “Agregado Urbano Litoral” e residencial.  

 

Queremos ser un Concello, non unha sucursal.

Pero sobre todo, o que non queremos, é ver convertido este lugar marabilloso que nos veu nacer, nunha froita podre da especulación urbanística e da corrupción política.

 

Por eso, ante a avalancha de presuntos delictos, de tratos de favor, de informacións privilexiadas e de inxustificadas recualificacións de fincas, esiximos a inmediata acción da xusticia, e declaramos publicamente, con toda a forza da nosa voz, que xa non nos queda unha pinga de confianza, de credibilidade, para eses que, nun mal día, moitos de nós votamos.

 

Reivindicamos o dereito ó crecemento natural e sostible de todas as nosas parroquias.

 

Desde o esquecido Chandebrito, para o que só gardan o regalo envelenado dun campo de golf, ata o Nigrán que queren asfixiar cunha enchente de ladrillos.

 

Non se resolven os problemas urbanísticos de Panxón, e queren destruír o espacio natural de Monteferro como destruíron  as dunas de Gaifar hai anos.

 

A Priegue e á Ramallosa queren partilos ó medio cun absurdo vial que non vai a ningures e Camos tamén quedaría roto e afogado. Nas Angustias un negocio para catro, e a total desolación para Parada.

 

Por todo isto esiximos tamén a elaboración dun novo Plan Xeral, dende o consenso, o diálogo, o sentido común e sobre todo dende a absoluta transparencia, para que o nome de Nigrán quede limpo e non volvan resoar as voces que o cualifican vergonzosamente como a Marbella galega.

 

Queremos acabar agradecendo a presencia e a solidariedade dos que viñeron hoxe a apoiarnos desde outras vilas e lugares.

 Reciban eles tamén o noso ánimo.

 

Porque a ameaza da especulación e o perigo de destrucción do noso patrimonio, non afecta só a Nigrán,  senón a toda a costa    e a moitos lugares do interior de Galicia.

 

 Sigamos coma hoxe unidos para defendernos de aqueles que, por un puñado de euros,  queren destruír a nosa paisaxe,  a nosa riqueza natural, a nosa forma de vida.

 

Moitas gracias a todos e todas.


Falou o pobo de Nigrán: mais de 6000 manifestantes contra o PXOM e o Concello




sábado, 17 de junho de 2006

Tagzania


http://www.tagzania.com/
¿Que é esto? Tagzania trata de etiquetas e lugares. Se vostede abre unha sesión, pode agregar os lugares, puntos, para crear e documentar seus mapas. Cando vostede agrega un punto, pode marcalo con etiqueta con palabras chaves. Dese xeito, Tagzania é un lugar onde construir e gardar seus propios mapas, creando tamén territorios compartidos. Se por exemplo fai unha busqueda cas palabras clave "Monte Ferro" vai encontrar todos os mapas onde apareza esa palabra chave.

quinta-feira, 15 de junho de 2006

Oaxaca, Estado de Guerra. A prensa, vendida, oculta os feitos

Category:   Real Estate

Oaxaca, Estado de Guerra. A prensa, vendida, oculta os feitos


VER VIDEOS AQUI


Logo de que o maxisterio oaxaqueño da Sección 22 anunciase que seguiría en folga e boicotearía o proceso electoral, e no medio das tensas condicións sociais da entidade, o dia 14 de xunio nas primeiras horas da madrugada iniciouse un desaloxo violento do plantón maxisterial no Centro Histórico da cidade de Oaxaca.

Ante esta medida de carácter fascista do goberno estatal e federal solicitamos manterse atentos aos acontecementos pois se esperan accións que poden superar o sucedido en Atenco
.

Juan Sosa Maldonado, da OPIZ informa que a resistencia mantense no Zócalo e rúas aledañas, fálase dun
Estado de Guerra.

O lugar desde onde transmitía Radio Plantón foi destruído e un compa atópase desaparecido.

O gobernador Ulises Ruiz nega que os policías vaian armados cando polas estacións radiofónicas escóitase como os policías Ministeriales realizan disparos.

Actualización:
12:00 Os mestres e médicos da Cruz Vermella reportan:



  • 7 adultos mortos (1 mestra abortou e morreu por mor dos golpes)
  • 3 nenos mortos (2 nenos e 1 nena)

12:00 Comunicado da Comisión Sexta sobre a represión en Oaxaca

Se reportan movilizaciones de tropas policiacas federales desde o sur do paí­s cara a Oaxaca.


Actualización:


O dia 15 de xunio mestres, estudantes e organizacions sociais marchan e toman de novo o zócalo de Oaxaca.


Dia 16: Tregua e calma tensa, e durante os primeiros intentos de diálogo entre o sindicato maxisterial eo goberno estatal e federal, Ulises Ruiz se compromete a liberar 9 mestres detidos e cancelar 25 ordenes de aprehensión.
Ausencia de información precisa sobre supostos falecimentos e violacions de mulleres.


Mais en http://mexico.indymedia.orghttp://chiapas.indymedia.org/ e Radio Universidade de Oaxaca

sábado, 10 de junho de 2006

Dancilla - Todo sobre danza (buscador videos)


http://www.dancilla.com/search.asp?LANGU=EN
A maior base de datos de danza, en liña e gratuita. Danza folklórica, histórica. e todas as outras formas de danza e asuntos relacionados. Base de datos de 30.000 danzas, mais de 1.000 videos, 800 MIDIs, 1.000 instruccións de danza, articulos, imaxes e moito mais no maior arquivo mundial para a comunidade da danza, ademais de todo o relacionado con ela: tradicións, vestidos, cancións, musica.... podes participar contribuindo cos teus propios materiales.

sexta-feira, 9 de junho de 2006

Chico Buarque e Edu Lobo - Só a bailarina que não tem




Aquela bonita canción do Grande Circo Mágico

Queremos unha rúa na capital galega para o Zeca Afonso

O pasado día 23 de febreiro cumpríronse 19 anos da morte en Setubal (Portugal) do artista portugués José Afonso. Músico, poeta e cantor, José Afonso acadou en tódalas súas actividades artísticas un nivel de calidade que o levou a ser considerado como unha das máis importantes figuras da música popular mundial.
 

José Afonso foi ademais un home solidario, un loitador incansable pola liberdade e un exemplo de compromiso cos máis desfavorecidos, mantendo ó longo da súa vida unha traxectoria éticamente exemplar.


José Afonso foi ademais un gran amigo de Galicia. Viaxou ó noso país en numerosas ocasións cantando en diversas cidades, entre elas Santiago, mantendo contactos con intelectuais e artistas e exercendo unha importante influencia na música galega.

A súa presencia xenerosa en intres de enorme dificultade para o noso país foi unha lección de solidariedade que non podemos nin debemos esquecer.


Estes motivos abondarían para que José Afonso fora merecedor de respecto e admiración por parte de tódolos galegos. Pero José Afonso escolleu ademais a cidade de Santiago para interpretar por vez primeira en público con carácter de estrea mundial a súa canción “Grândola, vila morena”, no recital celebrado no Burgo das Nacións na tarde do 10 de maio de 1972. Esa canción converteríase, sen el sabelo nin pretendelo, dous anos máis tarde no sinal e símbolo da Revolución do 25 de abril, que derrubou á dictadura e devolveu a liberdade ó pobo portugués nun dos acontecementos máis fermosos da historia contemporánea.


A canción “Grândola, vila morena” e a figura de José Afonso representan pois os mellores anceios de liberdade, igualdade e fraternidade que aniñan nos corazóns de tódolos demócratas, sentimentos que temos a obriga de promover e defender.


Se pensas que o Zeca é merecedor de unha rúa en Comportela, non esquezas asinar aqui


Podedes escoitar algunhas das suas músicas na selección do 25 de Abril.


 

sexta-feira, 2 de junho de 2006

O Bino Ladino é galego, ou a censura do gringo en YouTube e PodPress


 


Onte baixei da Dorfunteca (grazas Dorfun) un video do tal suxeito falando galego, escarallante, que encontrei nunha historia do xornal non xerárquico chuza! . Pensei en subilo o YouTube, para poder velo aqui.... pero perdeuse nun burato negro. A censura do gringo no Imperio Grande. Vin mais tarde que na Dorfunteca tamén lle deixou de funcionar o PodPress, tampouco pode compartir o video. Non o podes crer? pos intenta facelo ti, e se o consegues deixame unha nota.