Total de visualizações de página

segunda-feira, 30 de abril de 2007

Manifestación Galiza Non se Vende: Terra Viva e Vida Digna para tod@s. 6 de maio ás 12:00


Todos a Santiago de Compostela



Saída dende a Alameda.

6 de maio ás 12:00




Fusquenlla, Verdegaia,
Salvemos Monteferro, Greenpeace, Luita Verde, Foro Social de Cangas,
Comité de emergencia da Ría do Ferrol, Ortigueira sostible, Amigos da
Terra, Anduxía, Colectivo nacionalista de Marín, Asociación na defensa
do Parque Rosalía de Castro, SOS Courel, Natura Céltica, Cíes
Artesanais S. Coop. Galega, Centro Social A Revolta, Bouzas móvete,
Grupo de Axitación Social (GAS), Caleidoskopio, Plataforma contra la
ampliación da piscifactoría de Quilmas, Plataforma contra a
piscifactoría de Costa Galloufa, Asociación para a Defensa Ecolóxica de
Galicia (ADEGA), Federación Ecologista Galega (FEG), Alumnos da
Facultade de Informática de Coruña, Salvemos Sanxenxo, Asociación Fuco
Buxán, Choiva Azeda, Comissao RGP, Jóvenes Verdes, O Tesón de Ribadeo,
Comité de defensa das Rías Altas e outras...


Xa son mais de 50 as organizacións que se suman a convocatoria.



Colabora na divulgación:


Descarga os carteis e distribúeos
Descarga os banners e colócaos na túa web:

pdf galiza_non_sevende_2 gif Banner 150x150

pdf galiza_non_sevende_4 gif Banner 450x111

pdf galiza_non_sevende_6

pdf galiza_non_sevende_7


Manifesto 6 de maio:




A
situación do territorio galego é, en certos aspectos,
catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e
gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola
outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e
mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos
xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia
para mal e ao servizo só duns poucos.



Ate
o de agora os poderes autonómicos
e municipais uníronse aos capitalistas especulativos nunha
sorte de caricatura de Capital Monopolista de Estado. Unidos os
intereses dos especuladores cos intereses da administración
autonómica


e municipal indisolubelmente, lanzouse unha
carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece
ser a destrución dos valores (que o son tamén
económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así
en terra como en mar.




Pensamos
que a situación actual esixe un golpe


de leme para mudar este
rumo que conduce ao suicidio colectivo no que se refire ao medio
ambiente. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en
conta os intereses da maioría da poboación que desexa
un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da
permisividade unida á corrupción nos concellos e na
Xunta ten que rematar e todos e todas temos que acelerar ese final.






Pensamos
que a actual Xunta de Galicia e os concellos que saian das vindeiras
eleccións deberán coordinar os seus esforzos. E non só
iso: a lexislación deberá modificarse e os poderes
centrais de Galicia están chamados a elaborar un PLAN DIRECTOR
DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, naturalmente discutido e
consensuado polas organizacións sociais e núcleos de
opinión. Esta participación das multitudes na
elaboración de tal Plan Director constituirá a garantía
de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación
central e democrática da ordenación territorial o caos
perpetuaríase.




Desde
A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto
de especulación e depredación da terra e do mar está
destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de
vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade
de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!







A
mobilización do 6 de maio en
Compostela ten que significar
unha grande xornada de esperanza e unha chamada á Xunta de
Galicia e as administracións locais para que exerzan realmente
o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación
e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar
polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza.






Sinaturas de apoio:








Xosé
Luís Méndez Ferrín. Escritor e catedrático.
Académico.



Darío
Xohan Cabana. Escritor. Académico.



Xosé
María Álvarez Cáccamo. Escritor.



Antón
Santamarina Fernández. Académico e catedrático
USC.



Pedro
de Llano. Arquitecto.



Francisco
Fernández Rei. Académico e catedráico USC.



Gustavo
Luca de Tena. Xornalista.



Francisco
Sampedro. Filósofo, ensaísta.



Margarita
Ledo Andión. Directora de cine. Catedrática USC.



Antón
Seoane. Músico e psiquiatra.



Suso
de Toro. Escritor.



“Berrogüetto”.
Grupo musical.



Agustín
Fernández Paz. Escritor.



Marilar
Aleixandre. Escritora.



Carmen
Nogueira. Artista plástico.



Anxo
Angueira. Escritor.



Gonzalo
Navaza. Escritor e catedrático UVigo.



Antón
Cortizas Amado. Mestre e escritor.



Xosé
Manuel Souto González. Doutor en Xeografía.
Catedrático.



Ramón
Lorenzo Vázquez. Académico e catedrático USC



Xosé
Miranda. Escritor.



Pilar
Faxil. Documentalista.



Xabier
Cordal. Escritor.



Iván
Prado. Pallaso internacional.



Juan
Carlos Román. Artista plástico.



X.
Antón L. Dobao. Escritor.



Fran
Alonso. Escritor.



Elvira
Riveiro Tobío. Escritora.



Manuel
Seixas. Profesor. Escritor e músico.



Fon
Román. Músico.



Xavier
Senín. Catedrático.



Xoan
Anleo. Artista plastico.



“Skacha”.
Grupo musical.



Mariano
Abalo



Juan
José Soto Vidal. Funcionario.



Brais
González Pérez. Escritor.



“Soak”.
Grupo musical.



Xosé
Luís Santos Cabanas. Traballador Universidade de Santiago.



Xoán
Manuel Estévez Freijeiro.



Aitor
Rivas. Profesor.



Fátima
Ferreira Golpe



“Skarnio”.
Grupo musical



Fidel
Diéguez Díez. Profesor.



Mercedes
Martínez Fernández



“Lamatumbá”.
Grupo musical.



Alba
Nogueira. Profesora Titular de Dereito Administrativo USC.



Ángeles
Castro Dapena. Arquitecta.




Carmen Fernández Rodríguez. Deseñadora.



Xabier
Vence Deza. Catedrático de Economía USC.




Xosé Lázare Fouce



Camiño
Noia Campos. UVigo.



Xulián
Maure Rivas. Profesor e escritor







Xaime
Nogueira Meixe. Libreiro.



Xosé
M. García Crego. Técnico editorial.



Carme
Hermida Gulías. Profesora Xornalismo USC.



Xosé
Luís Regueira. Profesor Filoloxía USC.



Xosé
Manuel Eyré. Crítico literario.



Xosé
Henrique Costas. Catedrático UVigo.



Xosé
A. Laxe Martiñán. Músico.



“Dakidarría”.
Grupo musical.



Jorge
Salgado Cortizas. Arquitecto.



Alberte
González Rodríguez. Arquitecto



Francisco
X. Redondo Abal. Bibliotecario e investigador.



Amparo
Solla González UVigo.



Manuel
Igrexas. Historiador.



Lourdes
Pérez González



Iñaqui
Solla Covelo. Bibliotecario



Xosé
A. Fernánez Salgado. UVigo.



Uxío-Breogán
Diéguez. Historiador.



Ana
Iglesias Álvarez. UVigo.



“Skacha”.
Grupo musical.



Asoc.
Cultural "Amigos do Mosteiro" de Melón



Xavier
Blanco. Mestre de gaitas, Moaña




Teresa Bermúdez Montes. UVigo.



Mariano
Abalo. Funcionario.



Juan
José Soto Vidal. Funcionario.



Manuel
S. Fernández Álvarez. UVigo.



Brais
González Pérez. Escritor.



“Soak”.
Grupo musical.



Moncho
Leal. Mestre.



Xosé
Luís Santos Cabanas.



Xoán
Manuel Estévez Freijeiro.



Aitor
Rivas. Profesor.



Fátima
Ferreira Golpe



“Skarnio”.
Grupo musical.



Manuel
Vidal Villaverde. Escritor.



Fidel
Diéguez Díez. Profesor.



Mercedes
Martínez Fernández



Natanael
L. Caeiro



Mon
G. Buhigas



Emma
Lázare.



Jorge
Salvador Fernández



Pablo
C. Rielo Rodríguez



Óscar
Antón



Emilio
García Lorenzo



Rafael
Balado Merino



Carlos
E. Ríos Regueira



Xosé
M. Felpeto Enríquez



José
Ángel Carreira Montes. Arquitecto.



"Coanhadeira". Grupo Musical



Xoan Hermida. Director de Amarante
























































sábado, 28 de abril de 2007

Comunidades creativas na Europa e solucións urbanas eficientes e sustentabeis de pequena escala

http://nomada.blogs.com/jfreire/2007/04/comunidades_cre.html


Fonte: O Blogue de Juan Freire (ler mais na ligazón a ese interesantísimo blogue)

Unha rede de escolas europeas de deseño, organizadas ao redor do proxecto EMUDE (Emerging User Demands for Sustainable Solutions), catalogaron unha serie de exemplos de innovación social que abarcan numerosos contextos culturais e socioeconómicos e que presentan como denominador común o aportar solucións eficiencientes no uso dos recursos para a vida cotiá. Trátase sempre de comunidades que traballan a pequena escala e que utilizan principalmente o seu propio coñecemento local. Algúns destes modelos son claramente marxinais no contexto europeo, no sentido de que se separan nas súas solucións dos estilos de vida máis comúns nas cidades (por exemplo reintroduciendo as prácticas agrí­colas). Este catálogo de "boas prácticas" abre un interesante debate sobre a sua escalabilidade no contexto urbano e europeo. Sexan ou non escalables proporcionan ideas interesantes para a súa re utilización (e modificación) en diferentes situacións e aportan nova información sobre discusións en auxe estes dí­as (como a defensa do consumo de alimentos producidos localmente).

Os resultados do proxecto acaban de ser publicados no libro Creative Communities (diposnible en pdf) editado polo grupo da Facultade de Deseño do Politécnico de Milán que liderou este proxecto. Ademais o sitio do proxecto EMUDE é un blog que recompila casos de innovación social e estende e continúa os contidos do libro.
Moi interesantes os videos sobre os diversos escenarios, para adultos e para os mais pequenos, que presentan aqui: http://sustainable-everyday.net/scenarios/?page_id=28

sexta-feira, 27 de abril de 2007

1º Maio, dia de loita proletaria

Start:     Apr 30, '07 12:45p
End:     May 1, '07 12:00p
Location:     No Mundo

A história do Primeiro de Maio mostra, portanto, que se trata de um dia de luto e de luta, mas não só pela redução da jornada de trabalho, mais também pela conquista de todas as outras reivindicações de quem produz a riqueza da sociedade. Perseu Abramo

Orixe do 1º de Maio, Os Mártires de Chicago: http://sepiensa.org.mx/contenidos/historia_mundo/siglo_xx/eua/1_mayo/1_mayo.htm

Música para o Primeiro de Maio: http://mmeixide.multiply.com/music/item/153

quarta-feira, 25 de abril de 2007

20 anos sen o Zeca


Fonte: Vieiros






Hai 33
anos, a través das ondas de Rádio Renascença, no programa Limite, o
xornalista e poeta mozambicano Leite de Vasconcelos pinchou unha
canción ás 00.20: a voz de José Afonso entoando 'Grândola Vila Morena'
foi o sinal que agardaban os combatentes contra a ditadura para comezar
as operacións da revolución máis pacífica da Historia. O Zeca deixounos
hai vinte anos, pero a súa memoria aínda segue viva nunha beira do Miño
e na outra.




Lara Rozados - 12:07 25/04/2007






O aveirense José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos morreu con 58 anos,
vítima da esclerose, en Setúbal. Vinte anos despois do seu pasamento,
Galiza e Portugal seguen a lembralo como unha figura clave da Historia:
viviu o colonialismo feroz en Angola e Mozambique durante a súa
infancia, o salazarismo do seu tío Filomeno, con quen viviu en Belmonte
na súa adolescencia, e pronto contactou co fado en Coimbra. A miseria
dos arrabaldes de Porto, os poemas da resistencia antifascista e a súa
propia teima revolucionaria eran fonte de inspiración para compoñer
cancións, mentres seguía exercendo como mestre. O seu propio activismo
contra o réxime provocou a súa expulsión do ensino, e para sobrevivir
aferrouse ao que tiña: a música. Por volta de 1964, sae o disco Baladas e Canções. Comeza entón unha carreira que seguirá con traballos como Cantares de andarilho, Cantigas do maio, Venhan mais cinco, ou, xa despois do 25 de abril do 74, Coro dos tribunais. Así até Galinhas do mato, no 85, cando a súa doenza xa lle impedía cantar boa parte dos temas.

Grândola en Galiza

Antes de que Grândola
soase na Rádio Renascença, o 10 de maio de 1972, Zeca realizou a súa
primeira xira por Galiza. Un dos concertos foi no Burgo das Nacións
compostelán, e alí cantou por primeira vez os versos “Dentro de ti, ó
cidade, o povo é quem mais ordena”. O vínculo do cantautor coa nosa
terra foi sempre moi fondo: o seu último concerto en Galiza foi en Vigo
no 81, e alí, en Castrelos, xuntáronse catro anos despois milleiros de
persoas nunha homenaxe, co fin de recadaren cartos para axudalo a
loitar contra a súa doenza. O concerto rematou, como non podía ser
doutro xeito, con Grândola Vila Morena. Os beneficios foran destinados á Associação José Afonso (AJA). Emilio Cao, Luis Pastor, a coral De Ruada, Maria del Mar Bonet, Milladoiro ou Pi de la Serra fixeron a posteriori varias homenaxes, coordinados en gran parte polo cantante galego Benedicto, compañeiro de escenario en varias ocasións do portugués: a canción “Nosa Senhora da Guía” (podemos escoitala no blog
de Benedicto), popular a unha beira e outra do Miño, é resultado da súa
colaboración. dende o 74 distanciáronse (só no artístico) e Bibiano foi o novo compañeiro de Benedicto.
Vinte anos despois do falecemento
do Zeca, aínda é lembrado con cariño polos que foron os seus
compañeiros e toda a xente á que lle chegou a súa mensaxe, tanto en
Portugal como Galiza.




Novas relacionadas




Cravos

Compostela celebra o 25 de abril con cinema


Estes días contaremos cunha serie de proxeccións que nos achegarán á
lusofonía e ao propio 25 de abril: a Gentalha do Pichel presenta un
documental e...




Dulce Pontes, Zeca Medeiros e Uxía

A homenaxe a Zeca nas nosas pantallas


A noite do 25 de abril é a propia para gozar da retransmisión da
homenaxe ao Zeca Afonso que tivo lugar o pasado venres 13 de abril en
Pontevedra. A...

















A VOLTA


Esta noite, tanto a TVG como a RTP emiten o concerto homenaxe que tivo
lugar hai unhas semanas en Pontevedra. Nel xuntáronse tanto artistas
galegos como dos países da lusofonía, do mesmo xeito que no 85 se
celebrara un concerto no que participaran mesmo representantes do Timor
Leste.



A REVOLTA


Ademais, podemos achegarnos de preto ao 25 de abril co documental 'As
armas e o povo', que proxecta o Cineclube de Compostela esta tarde na
Gentalha do Pichel, ou asistirmos a un ciclo na residencia
universitaria Monte da Condesa onde coñecer a represión da ditadura no
Brasil, o colonialismo en Angola e o máis novo do cinema portugués.



A REVIRAVOLTA


Tamén, a Real Filharmonía de Galicia inclúe no seu concerto no
Auditorio, este xoves 26, as Cancións portuguesas de Halffter e
Encruzilhada, do compositor Braga Santos, como homenaxe a este
trixésimo terceiro aniversario da Revolución dos Caraveis.











terça-feira, 24 de abril de 2007

A Revoluçao dos Cravos: 25 de Abril Sempre!!!

Start:     Apr 24, '07 12:45p
End:     Apr 26, '07 01:00a

23 de Abril
Otelo Saraiva de Carvalho entrega, a capitães mensageiros, sobrescritos fechados contendo as instruções para as acções a desencadear na noite de 24 para 25 e um exemplar do jornal a Época, como identificação, destinada às unidades participantes.

24 de Abril
O jornal República, em breve notícia, chama a atenção dos seus leitores para a emissão do programa Limite dessa noite, na Rádio Renascença .

24 de Abril - 22:00 horas
Otelo Saraiva de Carvalho e outros cinco oficiais ligados ao MFA já estão no Regimento de Engenharia 1 na Pontinha onde, desde a véspera, fora clandestinamente preparado o Posto de Comando do Movimento. Será ele a comandar as operações militares contra o regime.

24 de Abril - 22:55 horas
A transmissão da canção " E depois do Adeus ", interpretada por Paulo de Carvalho, aos microfones dos Emissores Associados de Lisboa, marca o ínicio das operações militares contra o regime.

25 de Abril - 00:20 horas
A transmissão da canção " Grândola Vila Morena " de José Afonso, no programa Limite da Rádio Renancença, é a senha escolhida pelo MFA, como sinal confirmativo de que as operações militares estão em marcha e são irreversíveis.

25 de Abril - Das 00:30 às 16:00 horas
Ocupação de pontos estratégicos considerados fundamentais ( RTP, Emissora Nacional, Rádio Clube Português, Aeroporto de Lisboa, Quartel General, Estado Maior do Exército, Ministério do Exército, Banco de Portugal e Marconi).

Primeiro Comunicado do MFA difundido pelo Rádio Clube Português

Forças da Escola Prática de Cavalaria de Santarém estacionam no Terreiro do Paço.

As forças paramilitares leais ao regime começam a render-se: a Legião Portuguesa é a primeira.

Desde a primeira hora o povo vem para a rua para expressar a sua alegria.

Início do cerco ao Quartel do Carmo, chefiado por Salgueiro Maia, entre milhares de pessoas que apoiavam os militares revoltosos. Dentro do Quartel estão refugiados Marcelo Caetano e mais dois ministros do seu Gabinete.

25 de Abril - 16:30 horas
Expirado o prazo inicial para a rendição anunciado por megafone pelo Capitão Salgueiro Maia, e após algumas diligências feitas por mediadores civis, Marcelo Caetano faz saber que está disposto a render-se e pede a comparência no Quartel do Carmo de um oficial do MFA de patente não inferior a coronel.

25 de Abril - 17:45 horas
Spínola, mandatado pelo MFA entra no Quartel do Carmo para negociar a rendição do Governo.

O Quartel do Carmo hasteia a bandeira branca.

Cronoloxía completa en: http://www.uc.pt/cd25a/wikka.php?wakka=ano1974

25 de Abril sempre!!!


As revoluções não são factos que se aplaudam ou se condenem. Havia nisso o mesmo absurdo que em aplaudir ou condenar as evoluções do Sol. São factos fatais. Têm de vir. De cada vez que vêm é sinal que o homem vai alcançar mais uma liberdade, mais um direito, mais uma felicidade.

De certo que os horrores da revolução são medonhos, decerto que tudo o que é vital nas sociedades, a família, o trabalho, a educação, sofrem dolorosamente com a passagem dessa trovoada humana. Mas as misérias que se sofrem com as opressões, com os maus regimes, com as tiranias, são maiores ainda.

As desgraças das revoluções são dolorosas fatalidades, as desgraças dos maus governos são dolorosas infâmias.

Eça de Queiroz ( Distrito de Évora, 9 de Maio de 1867 )

Lembrando Abril con música:

25 de Abril Sempre!!!!
Zeca Afonso


Centro de Documentaçao 25 de Abril da Universidade de Coimbra, onde se encontra a cronoloxía completa, biblioteca, arquivo e moito mais.

Outros feitos revolucionarios acontecidos na Galiza nun mes de Abril.



domingo, 22 de abril de 2007

FAISE EXERCICIO AO ANDAR



Nizarindani Sopeña


Se está vostede decidido a facer exercicio, pero non conta con tempo
para inscribirse nun ximnasio, a camiñada pode ser unha excelente opción
para que se manteña en actividade, cambie a súa rutina, libere tensións
da vida cotiá e ademais consiga boa figura e condición física.


A camiñada é un dos exercicios que non necesitan instalacións, roupa ou
equipo especial, só se require vontade, un par de bos tenis (nas
tendas deportivas o asesorarán para adquirir o modelo máis adecuado ao
terreo onde a vai practicar), un lugar tranquilo e seguro, e entre 90
minutos e 3 horas por semana.


Os beneficios da camiñada son variados; axuda a baixar de peso, xa que
se queiman 340 calorías por hora (se se sostén un ritmo de 6.5
quilómetros nese lapso), desenvolve músculos, fortalece e estabiliza articulacións e ósos -razoes polas que se recomenda no tratamento de diabetes e artritis-, ademais de que mellora o estado de ánimo e
axuda a que se concilie máis doadamente o sono.


É frecuentemente usada como parte da terapia contra a depresión, pois
camiñar máis de 18 quilómetros por semana (aproximadamente 2.5
diarios) axuda a levantar o ánimo. Algúns expertos opinan que con tan
só 10 minutos diarios reduce a tensión e inxecta optimismo, ademais de
que polo descenso de enerxía que xera produce sensación de fatiga que
axuda a durmir mellor; se se practica en lugares con aire puro, vendo paisaxes fermosas, coñécendo sitios históricos ou lugares de
interese cultural acompañados dalgún amigo, a charla faise máis
agradable e a mente despéxase.


Expertos en acondicionamiento físico indican que a camiñada axuda a
combater estrés e nerviosismo, pero tense que practicar a diferentes
velocidades segundo a situación na que nos atopemos, é dicir, que se o
que desexa é analizar as súas ideas e sentimentos o mellor é camiñar
amodo; unha camiñada a paso moderado axuda cando se quere buscar unha
solución a algún problema e, finalmente, cando a camiñada é rápida,
podemos pensar no que se ten que facer e no xeito como o faremos.


Sáquelle proveito


A camiñada pode ser moito máis proveitosa se se realiza dun xeito
relaxado, sen tomar en conta o número de quilómetros que se están
percorrendo ou se chegamos en primeiro lugar. Agora que, cando o
obxectivo é baixar de peso, débese tomar en conta que o réxime alimenticio ten que ser máis coidadoso, é dicir, comer só cando se ten
fame e máis lentamente para evitar excederse, ademais de que ao masticar mellor aprovéitase máis o valor nutricional dos alimentos.


Doutra banda, esta actividade pode axudar a evitar a dor de costas que
é resultado da vida sedentaria que levamos, aínda que se non se
realiza coas debidas precaucións pode causar maiores problemas, xa que
se a posición dos pés ao camiñar non é a correcta a dor en devandita
zona increméntase. Para combater estas molestias pódense adquirir
plantillas para os zapatos ou tenis que se axusten ao tamaño do pé, pero non
esqueza que se as molestias continúan, o mellor sempre será consultar
ao médico especialista (neste caso ao ortopedista ou ao podiatra)
para que examine a súa forma de camiñar.


O anterior resulta peculiarmente importante, xa que aínda que a
camiñada é excelente exercicio para corazón e figura, os pés son a
parte do corpo que debe coidarse máis, pois son máis propensos a
sufrir lesións, por exemplo, cando se apoia con máis forza a parte
exterior ou interior, camíñase moito e moi rápido, ou se por algún
motivo se ladea o corpo ao facelo. Para evitar todas estas posibles
consecuencias negativas é recomendable revisar as solas dos tenis
para ver que lado se gasta máis, e despois concentrarse en camiñar
mantendo os pés á mesma distancia do ancho dos ombreiros e en tocar o
chan co centro do talón, ademais de usar plantillas se se ten pé plano
(tamén chamado arco caído) ou se camiña coa parte exterior do pé.


Como pode verse, a camiñada, ademais de ser un exercicio sinxelo que
non require adestramento previo, axúdanos tamén a coñecer outros
lugares e persoas, ter mellor estado de ánimo, durmir mellor, a resolver os nosos problemas e a relaxarnos; oxalá que
aproveite os nosos consellos e, cun pouco de disciplina, a súa saúde
llo agradeza.

Artigo orixinal (en español)
















terça-feira, 17 de abril de 2007

ADEGA rexeita as touradas e esixe unha nova Lei Galega de Protección Animal




Un ano máis reproduciuse en Padrón o lamentábel espectáculo da tourada de Pascua, baseada na tortura e a morte de seis animais. A tradición non pode servir de pretexto para encubrir a máis elemental crueldade, e por moi concorrido que fose o acto segue a ser unha minoría da poboación a que acode e apoia as touradas no noso País.
Necesitamos unha nova Lei Galega de Protección Animal xa!

Ler mais na fonte:
ADEGA




quinta-feira, 12 de abril de 2007

O parlamento francés elixe Kubuntu (a distribución GNU/Linux baseada en Ubuntu, pero co escritorio KDE).







VOU IR ENGADINDO ALGUNS PARTES DA GUERRA DO CÓDIGO LIBRE NO FIN DESTE ARTIGO


Pero entón, esto do Linux non era cousa de frikis e xentes
de mal vivir? (Artigo copiado de www.mancomun.org)





Segundo pode
lerse no diario francés Le Monde
, o parlamento francés, que xa decidira
migrar a GNU/Linux hai unhas semanas, acaba de elixir Kubuntu
(a distribución GNU/Linux baseada en Ubuntu, pero co
escritorio KDE). O novo sistema tamén contará
con aplicacións de escritorio moi estendidas como o paquete ofimático
OpenOffice.org, o navegador web Firefox e o xestor de correo Thunderbird.





Artigos relacionados




Ademais, neste artigo encontrarás unha reflexión sobre o gran gurú e visionario do sw libre o Sr. Richard Stallman.



























domingo, 8 de abril de 2007

Domingo 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, International Roma Day.








Fonte: www.vieiros.com

Este domingo 8 de abril conmemórase en todo o mundo o Día Internacional do Pobo Xitano, International Roma Day.
Esta data foi institucionalizada, xunto á bandeira e o himno xitanos,
no Primeiro Congreso Mundial Xitano que tivo lugar en Londres en 1971.

Un ano de avances para o pobo xitano




En
Galiza viven dez mil xitanos. Previr a exclusión e axudar á integración
das comunidades xitanas está entre os obxectivos do goberno, cara aos
que as secretarías de Benestar e Igualdade xa iniciaron plans concretos.

Plan galego de desenvolvemento
En Galiza, onde habitan
preto de dez milleiros de cidadáns xitanos, tamén se están a levar a
cabo diferentes medidas, impulsadas polas secretarías xerais de
Benestar e Igualdade. O novo Plan Integral para a Convivencia e o
Desenvolvemento Social do Pobo Xitano en Galicia, prevé o financiamento
de actuacións específicas de "intervención social para a atención,
prevención da exclusión e promoción das comunidades xitanas".


A Vicepresidencia e o Ministerio de Traballo financian de maneira
conxunta (60 – 40%, respectivamente) os proxectos desenvolvidos polos
concellos galegos para a execución deste plan. Neste senso, o Consello
da Xunta do pasado 25 de xaneiro, aprobou un investimento inicial de
máis de 22 millóns de euros para 2007.

Normalización social

Entre os seus principais obxectivos están: acadar o acceso maioritario
da poboación xitana galega aos servizos normalizados, así como o uso
adecuado dos mesmos; facilitar os procesos de erradicación do
chabolismo e o acceso a vivenda normalizada; favorecer desde o ámbito
socio-familiar a plena normalización do alumnado xitano; mellorar a
empregabilidade e a inserción socio-laboral da poboación xitana.


Ademais, vaise facer fincapé na promoción integral da saúde, sobre todo
no que se refire ao fomento da saúde reprodutiva nas mulleres xitanas,
e na mellora da participación social do colectivo xitano con, entre
outras cousas, coa celebración aberta de días sinalados para a
comunidade e con obradoiros interculturais de ocio e de lecer.

Ano de avances

Durante este último ano, producíronse relevantes avances para a
comunidade xitana no eido institucional. Así, tras ser aprobado polo
Consello de Ministros de Madrid o pasado 9 de marzo creouse o Instituto
de Cultura Xitana, e estabeleceuse o Consello Estatal do Pobo Xitano.


Ademais, as reformas estatutarias en Andalucía e Cataluña recoñecen a
contribución histórica do colectivo a estes dous territorios. O
Parlamento de Cataluña, con motivo do Ano Europeo da Igualdade de
Oportunidades para Todas as Persoas, redactou unha Declaración
Institucional, lida polo seu presidente en pleno o pasado 29 de marzo,
sobre "a persecución e o xenocidio do pobo xitano".

Garantías contra a discriminación
Os
problemas para o recoñecemento como minorías que sofre o pobo xitano
son comúns a diversos estados europeos. Nesa liña, a loita pola
superación de obstáculos para a integración social é un desafío que
envolve a comunidades xitanas en toda a Unión Europea. En 2005, a
Fundación Soros e o Banco Mundial apoiaron unha xuntanza internacional
para tratar o problema e buscar compromisos concretos da UE. Aló,
colectivos ciganos de toda Europa definíronse como "unha gran nación
sen fronteiras", ao tempo que lle pedían á ONU o recoñecemento da
condición de "nación non territorial".

A volta

A finais de 2005, a un mozo de etnia xitana impedíanlle en Galiza a
entrada nun local de copas. Ao resto de compañeiros de empresa cos que
saíra de cea deixábanos pasar sen problemas. O suceso foi cualificado
daquela de "acto intolerábel e inadmisíbel", desde a Vicepresidencia da
Xunta.

A revolta

O goberno galego anunciou daquela que no bienio 2007-2009 entraría en
funcionamento un plan de desenvolvemento e incorporación social do
colectivo xitano "co obxectivo de acadar a súa integración real na
sociedade".

A reviravolta

O éxito dun plan deste tipo dependerá dun compromiso social amplo para
acabar con situacións de intolerancia e erradicar estereotipos como "os
que identifican aos xitanos ou aos inmigrantes coa delincuencia e os
problemas".









sexta-feira, 6 de abril de 2007

Dereitos Humanos contra Bush : Vostede decide



Transcribo o correo que recibín do
equipo Avaaz:

Adel Hamad creceu numa pequena aldea no Sudán. Através de moito esforzo se fixo profesor e asistente de hospital. Para sustentar sua fami­lia aceitou un emprego melhor num hospital comunitário no Afganistán. Ata que uma noite foi arrancado de sua cama e enviado para o inferno, como o prisioneiro número 940 de Guantanamo Bay.

Adel Hamad non foi xuzgado. Non viu a os seus familiares en catro anos. Ata os oficiais militares que están evaluando sua situación definiron a sua detención como "increible". Mas el e outros 400 prisioneiros ainda están presos en Guantanamo. A semana pasada o Secretario de Defensa dos EUA Robert Gates, finalmente dixo que Guantanamo deveria ser pechado. Os asesores de Bush están divididos en ese asunto. Uma chamada global pode influenciar a decisión e presionar a Bush a pechar Guantanamo para sempre. Clique abaixo para asinar a petición para Pechar Guantanamo e asemana que ven publicaranse anuncios nos principais xornais americanos anunciando o número de asinaturas:


http://www.avaaz.org


Agora está claro que a maioria dos detidos son simplemente persoas inocentes que estaban no lugar errado na hora errada. O ex-comandante de Guantanamo Xeneral Jay Hood admitiu que "Algumas veces simplemente colhemos os que non eran". Eso é o que acontece cando as persoas son mantidas presas sen acusación nin proceso xudicial.

Despois de estar preso en Guantanamo cinco anos, a semana pasada o Australiano David Hicks foi finalmente xuzgado e sentenciado a 9 meses de prisión na Australia. Eso ilustra que os presos de Guantanamo están lonxe de ser "os peores dos peores", palabras do governo americano para xustificar a falta de compromiso con os dereitos humanos. Ademais, outros reximes ao redor do mundo usan Guantanamo como desculpa para violar tamén os dereitos humanos.

Asine a petición para qu o governo americano peche Guantanamo e para que os detidos sexan xuzgados por un tribunal lexí­timo ou sexan liberados. Vamos colocar ese anuncio em Washington DC para mostrar que os cidadáns de todos os paí­ses da Terra queren que esa inxustiza acabe:

http://www.avaaz.org

Con esperanza,

Ricken, Milena, Tom, Graziela e todo o equipo Avaaz