Total de visualizações de página

sábado, 28 de abril de 2007

Comunidades creativas na Europa e solucións urbanas eficientes e sustentabeis de pequena escala

http://nomada.blogs.com/jfreire/2007/04/comunidades_cre.html


Fonte: O Blogue de Juan Freire (ler mais na ligazón a ese interesantísimo blogue)

Unha rede de escolas europeas de deseño, organizadas ao redor do proxecto EMUDE (Emerging User Demands for Sustainable Solutions), catalogaron unha serie de exemplos de innovación social que abarcan numerosos contextos culturais e socioeconómicos e que presentan como denominador común o aportar solucións eficiencientes no uso dos recursos para a vida cotiá. Trátase sempre de comunidades que traballan a pequena escala e que utilizan principalmente o seu propio coñecemento local. Algúns destes modelos son claramente marxinais no contexto europeo, no sentido de que se separan nas súas solucións dos estilos de vida máis comúns nas cidades (por exemplo reintroduciendo as prácticas agrí­colas). Este catálogo de "boas prácticas" abre un interesante debate sobre a sua escalabilidade no contexto urbano e europeo. Sexan ou non escalables proporcionan ideas interesantes para a súa re utilización (e modificación) en diferentes situacións e aportan nova información sobre discusións en auxe estes dí­as (como a defensa do consumo de alimentos producidos localmente).

Os resultados do proxecto acaban de ser publicados no libro Creative Communities (diposnible en pdf) editado polo grupo da Facultade de Deseño do Politécnico de Milán que liderou este proxecto. Ademais o sitio do proxecto EMUDE é un blog que recompila casos de innovación social e estende e continúa os contidos do libro.
Moi interesantes os videos sobre os diversos escenarios, para adultos e para os mais pequenos, que presentan aqui: http://sustainable-everyday.net/scenarios/?page_id=28

Nenhum comentário:

Postar um comentário