Total de visualizações de página

terça-feira, 13 de abril de 2010

A historia das cousas, producción consumo e lixo - 17 Translation(s) | dotSUB

Link

Dende a súa extracción ata a venda, uso e descarte, todas as cousas na nosa vida afectan comunidades locais e no exterior, pero a maioría disto é oculto da nosa vista a propósito. A Historia das Cousas dura uns 20 minutos, dando unha rápida ollada aos  feitos embutidos nos nosos patróns de produción e consumo. A Historia das Cousas expón as conexións entre un enorme número de cuestións ambientais e sociais, e chámanos en conxunto a crear un mundo máis sostible e xusto. Vai ensinarlle algo, vai facer vostede rir, e pode cambiar para sempre o xeito no que mira todas as cousas na súa vida.

 Podes ver o vídeo aquí


Be Linux my friend: Programa PADRE para GNU/Linux

Link

Por se usades ou coñecedes a alguén que use GNU/Linux e queira usar o programa PADRE para facer a declaración, por fin pódese facer.


terça-feira, 9 de fevereiro de 2010

Symbian é libre!


Symbian liberou o seu código, xa Nokia o prometeu 2 anos atrás e hoxe, catro meses antes do previsto, symbian é agora oficialmente "Open Source Software"

Baixo Licenza EPL (Eclipse Public License) Nokia liberou máis de 40 millóns de liñas de código fonte de Symbian. Na web da Fundación Symbian, anuncian con alarde a noticia dicindo que "o futuro do teléfono móbil é aberto".

Symbian agora é libre de ser moldeado ao gosto dos desenvolvedores de todo o mundo, e débese ter presente que Symbian está non só na Nokia, se non en outras marcas como a Samsung, Panasonic, Sony Ericsson e Motorola, dando pé a que un puñado de desenvolvedores poida modificar a vontade o famoso sistema operativo. Esta decisión prematura de Nokia para symbian open source é motivada polo gran aumento da fama do concorrente Android, no entanto, Lee Williams da Fundación Symbian comentou: "Cerca dun terzo do código do Android é aberto e nada máis. E o que está aberto é unha colección de middleware. Todo o resto é pechado ou propietario". ";É a maior migración de todos os tempos ao código aberto", dixo o propio Williams.

Ademais, esta decisión de Nokia, deixa claro o anuncio da migración gradual ao sistema operativo Maemo, que dará moita máis capacidade as súas futuras terminais de última xeración.

Symbian é libre!