Total de visualizações de página

quinta-feira, 28 de setembro de 2006

Ex-membros do MIL critican o filme Salvador

Category:   Collectibles

As críticas son debidas a que o filme non reflexa o carácter anticapitalista, obreiro, anarquista e revolucionario do MIL e de Salvador Puig Antich, nin a evolución posterior dos demais membros, uns loitando no grupo francés "Action directe", outros cumplindo varias condeas por cabeza de cadea perpetua.

quinta-feira, 21 de setembro de 2006

quarta-feira, 13 de setembro de 2006

XOGO DE TRILEIROS EN NIGRÁN (ou o regreso dos mortos viventes)




A proposta que o finado Rodríguez Milleiros
pretende endilgar o vindeiro martes ás AA.VV. está trufada. Ten todo o
aspecto de parecerse a esas mesas que os trileiros montan na Porta do
Sol de Madrid, nas que cun manexo maxistral de cubiletes, levántanlle
ao persoal que se presta -principalmente turistas e imbéciles- uns
cantos euros. Aínda que non parece que as asociacións estean dispostas
a deixarse dar gato por lebre. Hai varias preguntas que deben
formularse os dirixentes vecinais antes de aceptar a proposta-trampa
de Rodríguez Milleiros. A saber:


1. ¿Que sentido ten, a estas alturas, pechar acordos cunha
Corporación finiquitada (estamos xa en campaña electoral) e que poden
condicionar a un novo goberno municipal, no que probablemente non
estean moitos dos principais políticos municipais do actual goberno?

2. ¿É razoable e prudente negociar cun alcalde e un equipo de
goberno que están sendo investigados pola xustiza nun procedemento do
que poderían saír imputados por prevaricación, tráfico de influencias,
uso privilexiado de información, etc. e que, xa que logo, non se sabe
como acabarán?

3. Resulta como mínimo sospeitoso, que un alcalde e un equipo
de goberno que ata o último minuto forzaron a aprobación dun Plan
cargado de irregularidades e que perseguía bastardos obxectivos, agora
pretendan vestir o moneco cos ropaxes do diálogo (que sempre evitaron)
co único fin de cumprir o “encargo” que lles fixéron os seus amigos .



Se Alfredo Rodríguez, Avelino Fernández e demais familia, teñen
problemas agora para explicarse ante os que lles encargaron
determinadas actuacións urbanísticas e que agora poderían sentirse
estafados, é o seu problema, non o dos veciños
.

De entrada, un novo
Plan debería contemplar unha redución e unha redistribución máis
equilibradas da edificabilidade, unha creación de espazos libres e de
lecer máis ambiciosa e os veciños deberán analizar se nas leiras dos "clientes e amigos" de Alfredo e de Avelino non se deben crear parques,
xardíns e espazos abertos
, dos que Nigrán carece, para o goce cidadán
e, de paso, como exempl
o e escarmento a especuladores e chamarileros.


Se Alfredo Rodríguez quere, de verdade, "tirar da manta", como vai
ameazando por aí no caso de que o seu partido non o propoña como
candidato, que o faga; é a súa obrigación en calquera caso. Os seus
problemas persoais non son sinón o resultado dunha inconmensurable e
explosiva mestura de ignorancia e osadía que, como a Don Tancredo,
impúlsalle a quedarse só "mirando ao tendido" ata que lle endiña o touro.



As AAVV deben empregar estes meses que restan ata a formación dun novo
goberno municipal, en impulsar un debate e unha reflexión colectiva que
leve a formular que modelo de urbanismo municipal -ata de municipio- se quere. Un modelo moderno, avanzado e sostenible, asesorados por
técnicos independentes. Pero non deben establecer ningún tipo de
acordos cos políticos incompetentes e tramposos que pretenderon
enganalos.



Para rematar dúas preguntas: ¿Alguén sabe porqué o servizo de correos
distribuíu -sen franqueo e de modo irregular- os panfletos do PINN de
Avelino Fernández?
¿Alguén, por ventura, sabe de que vive o concelleiro
do PINN Antonio Fernández Comesaña?



Se gratificará a quen nolo explique.






Podes ler o orixinal de Pepe Mouriño, xunto con moitas outras cousas de interés, en VIGOEMPRESA.COM








segunda-feira, 11 de setembro de 2006

O FAROL DE VIGO E A COZ DE GALICIA MINTEN: NA MANIFESTACIÓN CONTRA O RECHEO DE BOUZAS NON ESTABAMOS 200, ESTABAN 9 GORDINHAS (Faltou a cunhada de Xoan pra redondear)



E se non o podes crer, aqui vai o documento gráfico:







Agora falando a serio... Será que esqueceron algún cero (0) ou a xente vai ter que aprender a ler entre linhas, como no franquismo, ante tanto descaro na manipulación informativa?






quinta-feira, 7 de setembro de 2006

CONSECUENCIAS DOS RECHEOS





Rías como a de Vigo, na que se atopan en diferente fase de estudo e execución, unha veintena de proxectos portuarios, que conlevan a realización de recheos de diferente envergadura, son un desgraciado exemplo a ter moi en conta.


Todo o desenvolvemento portuario de Ría de Vigo, e polo que estamos vendo no resto do litoral galego, pasa pola realización de macrorrecheos e espigons, a base de restos de canteira, de obras civís, desmontes, escombros e un longo etcétera, material alleo ao medio mariño, que unha vez alí
depositados fan prácticamente irreversible a súa recuperación.
Agravado por
que xeran unha drástica alteración do patrón de circulación hidrodinámico da zona , que conleva un cambio profundo nas comunidades biolóxicas próximas e non tan próximas, xa que debido as especiais características das Rías, os seus
efectos déixanse sentir a todo o longo das mesmas. No caso da de Vigo
con apróximadamente 33 km de lonxitude, o desenvolvemento dun só deses proxectos, como o da ampliación do peirao do Arenal, no que estaba previsto un recheo de máis de 200.000 m2, as consecuencias medioambientales da súa ejecución, tendo en conta o efecto sinérxico e acumulativo das obras xa realizadas na área, deixaríanse sentir en toda ría dunha forma catastrófica para a súa biodiversidade e productividade biolóxica.


Este tipo de actuacións conlevan xeralmente a instalación de industrias e empresas, en moitos casos non relacionados co medio mariño, que polo tipo de actividade que realizan xeran unha carga contaminante que se acaba aloxando de forma permanente nos sedimentos e seres vivos do noso litoral, tal e como o demostra o boletín anual do Observatorio Medioambiental de
Ría de Vigo, da Fundación Provigo, no que se describen procesos
tumorales en certas poboacións de mexilón salvaxe da mesma, debido á sopa de contaminantes de moi distinta natureza que se atopan na zona.

Fonte: Informe da Delegación galega do Colexio Oficial
de Biólogos no Día Mundial do Mar


Outro caso con algo que aprender, Marín

E moito mais na Escolma de informes cientificos relacionados coas Rías galegas e en particular coa Ría de Vigo (PDR Vigo)










terça-feira, 5 de setembro de 2006

Que foi do PXOM de Nigrán?

Category:   Real Estate

Imaxes pra lembrar. SEICA O FISCAL SEGUE INVESTIGANDO A TRAMA DA CORRUPCION INMOBILIARIA