Total de visualizações de página

quarta-feira, 13 de setembro de 2006

XOGO DE TRILEIROS EN NIGRÁN (ou o regreso dos mortos viventes)




A proposta que o finado Rodríguez Milleiros
pretende endilgar o vindeiro martes ás AA.VV. está trufada. Ten todo o
aspecto de parecerse a esas mesas que os trileiros montan na Porta do
Sol de Madrid, nas que cun manexo maxistral de cubiletes, levántanlle
ao persoal que se presta -principalmente turistas e imbéciles- uns
cantos euros. Aínda que non parece que as asociacións estean dispostas
a deixarse dar gato por lebre. Hai varias preguntas que deben
formularse os dirixentes vecinais antes de aceptar a proposta-trampa
de Rodríguez Milleiros. A saber:


1. ¿Que sentido ten, a estas alturas, pechar acordos cunha
Corporación finiquitada (estamos xa en campaña electoral) e que poden
condicionar a un novo goberno municipal, no que probablemente non
estean moitos dos principais políticos municipais do actual goberno?

2. ¿É razoable e prudente negociar cun alcalde e un equipo de
goberno que están sendo investigados pola xustiza nun procedemento do
que poderían saír imputados por prevaricación, tráfico de influencias,
uso privilexiado de información, etc. e que, xa que logo, non se sabe
como acabarán?

3. Resulta como mínimo sospeitoso, que un alcalde e un equipo
de goberno que ata o último minuto forzaron a aprobación dun Plan
cargado de irregularidades e que perseguía bastardos obxectivos, agora
pretendan vestir o moneco cos ropaxes do diálogo (que sempre evitaron)
co único fin de cumprir o “encargo” que lles fixéron os seus amigos .



Se Alfredo Rodríguez, Avelino Fernández e demais familia, teñen
problemas agora para explicarse ante os que lles encargaron
determinadas actuacións urbanísticas e que agora poderían sentirse
estafados, é o seu problema, non o dos veciños
.

De entrada, un novo
Plan debería contemplar unha redución e unha redistribución máis
equilibradas da edificabilidade, unha creación de espazos libres e de
lecer máis ambiciosa e os veciños deberán analizar se nas leiras dos "clientes e amigos" de Alfredo e de Avelino non se deben crear parques,
xardíns e espazos abertos
, dos que Nigrán carece, para o goce cidadán
e, de paso, como exempl
o e escarmento a especuladores e chamarileros.


Se Alfredo Rodríguez quere, de verdade, "tirar da manta", como vai
ameazando por aí no caso de que o seu partido non o propoña como
candidato, que o faga; é a súa obrigación en calquera caso. Os seus
problemas persoais non son sinón o resultado dunha inconmensurable e
explosiva mestura de ignorancia e osadía que, como a Don Tancredo,
impúlsalle a quedarse só "mirando ao tendido" ata que lle endiña o touro.



As AAVV deben empregar estes meses que restan ata a formación dun novo
goberno municipal, en impulsar un debate e unha reflexión colectiva que
leve a formular que modelo de urbanismo municipal -ata de municipio- se quere. Un modelo moderno, avanzado e sostenible, asesorados por
técnicos independentes. Pero non deben establecer ningún tipo de
acordos cos políticos incompetentes e tramposos que pretenderon
enganalos.



Para rematar dúas preguntas: ¿Alguén sabe porqué o servizo de correos
distribuíu -sen franqueo e de modo irregular- os panfletos do PINN de
Avelino Fernández?
¿Alguén, por ventura, sabe de que vive o concelleiro
do PINN Antonio Fernández Comesaña?



Se gratificará a quen nolo explique.






Podes ler o orixinal de Pepe Mouriño, xunto con moitas outras cousas de interés, en VIGOEMPRESA.COM








Nenhum comentário:

Postar um comentário