Total de visualizações de página

quarta-feira, 23 de agosto de 2006

Campaña de BOICOT a productos de Israel






Campaña
de identificación e boicot aos produtos e empresas
israelís no Estado español, e empresas españolas
que comercian con Israel


CSCAweb
(www.nodo50.org/csca)

Última actualización:

3 de xuño de 2005


Identifica
e envía a csca@nodo50.org
os datos dos produtos
e empresas israelís, e das empresas españolas
que compran, venden ou invisten en Israel



Publicamos en CSCAweb unha lista
de produtos israelís que se comercializan no Estado
español e de empresas radicadas nel que son filiales
de empresas israelís ou teñen participación de capital
israelí, así como de empresas españolas
que compran, venden ou invisten en Israel. O Comité de Solidariedade
coa Causa Árabe invita aos visitantes
de CSCAweb -particulares e organizacións- a ampliar estas listas
de produtos e empresas por medio dunha procura sistemática
que favoreza un eficaz boicot da actividade comercial bilateral
entre ambos Estados. Os produtos israelís poden ser
identificados no mercado polos tres primeiros díxitos
do seu código de barras -729- e as empresas, a través de internet
e a propia actividade profesional.



Para a súa inclusión
en CSCAweb, a información recolleita pode enviarse á
dirección de e-mail
csca@nodo50.org, remitindo o maior
número de datos posibles sobre o produto (nome co
que se comercializa, sector, lugares de venda, etc.) ou a
empresa (campo de actuación, dirección comercial,
etc.).

MIRA TAMÉN O LISTADO DAS EMPRESAS E PRODUCTOS







terça-feira, 22 de agosto de 2006

Netvibes

http://www.netvibes.com/
Aqui podes colocar todas as tuas cousas na rede, nun mesmo sitio. Noticias, ligazóns, blogs, correos, etc

quinta-feira, 17 de agosto de 2006

O domingo as 12 da mañá, todos a manifestación de Santiago!!! Lume Nunca Mais!!

 


A Plataforma NUNCA MÁIS, ante a situación de
emerxencia que, provocada polo lume, hoxe vivimos en Galiza e dende a
sensibilidade que nos ten unido na defensa dos nosos recursos naturais,
fai un CHAMAMENTO URXENTE á sociedade para lograr unha contundente
mobilización de toda a cidadanía de Galiza en defensa da riqueza e do
patrimonio natural dos nosos montes.


Hoxe, igual que na maré negra do Prestige, todos e todas -da
cidade ou do rural, do interior ou do mar- estamos sendo afectados e
agredidos por esta vaga de lumes; todos e todas estamos a sufrir os
impactos dun lume incontrolado que está a destruír a riqueza e
potencialidades do noso monte e que ameaza con converterse nun desastre
ambiental para o monte, en primeiro lugar, pero tamén para os ríos e as
rías de Galiza.


Nunca Máis entende que neste momento non pode haber máis
prioridade que a da loita contra o lume mais tamén se fai
imprescindíbel por parte da Xunta de Galiza outra política de
ordenación do territorio e un cambio de rumbo nas políticas para o noso
monte desenvolvida nas últimas décadas.


Este cambio de rumbo, consensuado cos diferentes sectores
implicados, deberá ter como obxectivo a preservación e valorización dos
nosos montes, como única garantía de afrontar desde un punto de vista
estrutural o compromiso dos poderes públicos coa nosa riqueza forestal
e o noso medio natural. Xuntamente con isto, igualmente se van ter que
desenvolver novas políticas orientadas ao medio rural, co fin de frear
o seu despoboamento, co que iso implica tamén para os nosos montes. (Mais na última ligazón abaixo)




Galiza Indymedia




Arde Galiza



Aduaneiros



Nunca Mais

















sexta-feira, 11 de agosto de 2006

A NOSA CINZA




A NOSA CINZA








(Editorial de www.SalvemosMonteferro.ORG)





Dende
hai días pódese mirar ao sol cara a cara. Dende hai días a choiva que
cae en Galiza non molla. Dende hai días os galegos respiramos a nosa
cinza…



Nun desastre natural destas características o primeiro que un se
pregunta é ¿qué pasa? ¿Fallou a prevención? É claro que si, dirá un.
¿Fallou a estratexia de extinción? É claro que si, dirá outro. ¿É unha
campaña en contra do goberno galego? É claro que si, dirá o de alá e
aínda o de mais alá exporará outra serie de razóns nas que sempre atopará
apoios.


É evidente que nos atopamos ante a maior provocación de lumes da
historia da Galiza recente. Tódalas razóns que a calquera de nos se nos
pasen pola cabeza terán como mínimo parte de verdade.


Do mesmo xeito que cando o médico non é quen de dar coa causa do
noso mal e o único que fai é atallar os síntomas da nosa enfermidade e
non as causas, tamén semella desacertado que os “facultativos” do noso
rural adicáranse durante vinte anos a atallar as consecuencias dos
incendios e non as súas causas.


A política forestal en Galiza chegou ao seu día de exame final e este é o resultado.


Ouro verde



Incentivouse a plantación de miles de hectáreas cunha soa especie, o
culpable desta situación é claro. En Galiza chamouse “ouro verde” ao
eucalipto, unha especie subvencionada pola administración na política
de reconversión de terras agrarias. Non había máis que plantala e
esperar para facer millóns, era tan agradecida que unha vez cortada
volvería medrar. Ata tres veces pódese aproveitar antes de ter que
cambiala planta. ¿A quén lle amarga un doce? ¿Cómo non decidir unha
inversión duns cartiños para a xubilación?






Imaxes da desastre. LVG

Da noite á mañá Galiza apareceu chea de “ouro verde”. De súpeto
cando moitos galegos se refregaban as mans co diñeiro que tiñan
invertido no monte, empezaron a aparecer os problemas: o eucalipto xa
non era unha planta indemne ás pragas e enfermidades, o eucalipto
necesitaba de axuda para medrar. A administración púxose mans á obra e
gastou moito diñeiro en estudios e plans de accións encamiñados a
controlar a praga, para cando xa tiraran as conclusións os montes
galegos aparecían desolados, tal que ardesen. Os pequenos propietarios
desesperábanse facendo o que podían por salvar os seus catro
eucaliptos. A administración calaba: eiquí non pasa nada. Todo está
controlado. A especie empeza a perder o seu valor, xa non é tan doado
coma antes.


Nestas estabamos, cando coa absorción da papeleira de Navia, ENCE
quedou coma a única empresa que daba saída á madeira dos propietarios
forestais. Ou o tomas ou o deixas, teño miles de hectáreas de eucalipto
esperando por min. Os prezos caen en picado. Isto xa non é o que era,
entre desbroces, tratamentos e o prezo da madeira xa non compensa.
Comeza o abandono do monte, o principio do fin. Soamente o lixo, o que
non serve, se queima.


É tempo de facer POLÍTICA con maiúsculas, da que gusta mirar, da que
gusta escoitar, da que produce resultados. Fálase de terrorismo
forestal, actuemos polo tanto en consecuencia.


Unha actuación encamiñada a que o monte non arda ten que ser asumida
por todos. O sistema forestal débese planificar a medio e longo prazo,
non entra polo tanto nos catro anos de mandato dunha lexislatura. Para
facer unha política forestal de futuro ten que haber implicación de
tódalas partes, debe perdurar no tempo, non pode depender de decisións
partidistas. Logo non só os políticos teñen que tomar decisións do que
se debe facer en Galiza cos montes. Falamos dun sector de problemática
diversa no que hai moita xente implicada.


Abandono



O despoboamento e avellentamento do rural, alentado pola ausencia de
políticas firmes de desenvolvemento, provoca un abandono dos
aproveitamentos e usos tradicionais do monte que mantiñan á poboación
vencellada ás súas terras. A nosa mocidade busca o seu futuro nas
cidades e non sempre galegas, por certo.


Lembremos que Galiza ten aproximadamente 1,4 millóns de hectáreas
arboradas producindo o 40 % da madeira do estado español, mais non
existe unha industria galega do sector. Carécese da transformación e
elaboración dun producto final.


Tendo en conta todo o antedito non debemos esquecer que a natureza
se rexenera polo tanto estamos diante dun reto consistente en facer un
novo pais e unha nova era, estudiemos e apliquemos as conclusións:
creación dunha industria da madeira de aproveitamento sostible, futuros
montes con diversidade de especies, un rural que serva de esparcemento
e de medio digno de vida. Un agro e unha gandería compatibles e
vencelladas ao monte. En definitiva unha poboación libre das redes
caciquís e solidaria non soamente en tempos de desastre, capaz de
afrontar de modo conxunto proxectos cooperativos que constitúan outra
economía social viable.


Imaxes da desastre. LVG

A política forestal debe nacer do consenso entre todos os grupos
políticos, empresas, empregados e asociacións de propietarios
forestais, organizacións ecoloxistas e demais axentes implicados. O
resultado dunha única visión estámolo a sentir nestes días. ¿Será quen o
pobo galego de sentarse a falar e de actuar despois?


















quarta-feira, 9 de agosto de 2006

map24

http://www.br.map24.com/
Busca enderezos e calcula rutas entre dous enderezos, en calquera pais do mundo.

Movilízate conta os incendios!!! Lume Nunca Mais!!!!




A comunidade internautica movilízase, e tamén nos teléfonos está a aparecer esta mensaxe: HOXE MERCORES FRENTE AO MARCO VIGO AS 8:30 CONCENTRACION NUNCA MAIS AO LUME" PASAO. A rede organizase, INCENDIOS NUNCA MAIS

Mais información no escaner de Vieiros

Arredemo, a que foi a rede cidadá herdeira da Burla Negra, protagonista
de numerosas mobilizacións durante a crise do Prestige, abre en
internet o sitio Arde Galiza, "que servirá de páxina de información, convocatoria e reflexión".

PODEMOS CO LUME!


VOLUNTARIOS CONTRA O LUME (09-08-2006)Voluntari@s contra o lume

Para
colaborar contra os incendios que están a arrasar os nosos montes
nestes días queremos agradecer e coordinar nas tarefas voluntarias de
extinción.



Grazas por Axudar!!!

Grazas por Moverte polo Noso País!!!


Se queres colaborar só tes que chamar ao

900 400 800

e informarte de como axudar.



Esta loita ímola gañar entre tod@s


Mensaxe de El Rei














sexta-feira, 4 de agosto de 2006

Esta semana despedimos a Pinho Valeiras - Homenaxe musical



Morreu o pintor
. Xa non nos vai contar mais as suas aventuras hippies nas illas gregas do Mar Exeo, nen cos anarquistas de Barcelona nen tantas e tantas outras. Xa non cantaremos con el, arredor dun bo cocido. Van sentir sua falta os republicanos, os anarquistas, os do observatorio de dereitos humanos EsCULcA e tantos outros. Ó fin da ceremonia fúnebre non faltaron amigos gaiteiros que tocasen o Hino do Antergo Reino de Galiza, como compre para os bos e xenerosos. Bebamos unha chiquita na sua lembranza.

Aqui podedes ver e ouvir a lista completa de cancións.












quinta-feira, 3 de agosto de 2006

O anteproxecto da Lei da memoria histórica non ampara os últimos galegos asesinados pola dictadura franquista (co apoio da monarquia), os vigueses Humberto Baena e Sánchez Bravo




O anteproxecto de lei de extensión de dereitos aos afectados pola Guerra Civil e pola ditadura foi aprobado pero non deixou contento a ninguén. Organizacións como Amnistía Internacional
cualifican de "decepcionante" este texto que, ao seu ver, non repara
adecuadamente os represaliados polo réxime franquista. No caso das
vítimas galegas, como Sánchez Bravo ou Humberto Baena, esta lei non os
ampararía, xa que foron asasinados no 1975 e o texto non contempla a
quen foi condenado a morte nese ano.





Nunha valoración feita por
Amnistía Internacional de Galiza sobre o contido do Anteproxecto de lei
aprobado o pasado día 28 no Consello de Ministros, o coñecido como Lei
da memoria histórica; din que o seu contido é decepcionante, que se
afasta das normas internacionais de dereitos humanos, que esquece a
xustiza, e non repara adecuadamente as víctimas. Ademais, consideran
que este texto non avanza de manera substancial na procura da verdade.
Na opinión dun dos responsábeis da organización, Alberto Estévez, esta
lei afastará a posibilidade de que a resolución se poida efectuar a
través da vía xudicial, xeito que garantiría unha maior reparación do
nome dos represaliados.




Se atendemos a estes dous galegos asasinados, Humberto Baena e José
Luís Sánchez Bravo, pero tamén no dos demais que foron asasinados no 27
de setembro do 1975, e de manterse o texto da lei tal e como se
aprobou, os seus nomes non verán anulada a culpabilidade á que foron
condenados. Neste sentido, han ser as familias, segundo relatou
Estévez, as que tiren deles para que a xustiza poida reparar o dano
causado. No que respecta ao segundo dos asesinados, este traballo
aínda non foi iniciado, xa que non se lle coñecen parentes.



Amnistía Internacional critica o anteproxecto da Lei da memoria histórica

os estertores do franquismo