Total de visualizações de página

quarta-feira, 28 de novembro de 2007

Manifesto en apoio á denuncia contra Pío Moa


TerceraInformación | 20-11-2007 | Revista_de_Blogs



Os asinantes do presente manifesto declaramos o noso apoio á denuncia colectiva presentada contra Pío Moa no Xulgado.

Desde fai anos Pío Moa e outros personaxes da extrema dereita franquista están facendo caixa asinando como autores de panfletos propagandí­sticos. En estos se torcen os feitos históricos desculpando ao franquismo polo golpe de estado de 1936, a Guerra Civil e a criminal represión exercida contra os defensores da lexítima legalidade republicana. Fronte ás investigacións rigorosas de verdadeiros historiadores, os supostos revisionistas señalan aos republicanos como causantes da Guerra Civil e maquillan a represión franquista ata facela parecer insignificante.

Esta manipulación serí­a ilegal se se referise ao Holocausto nazi, pero extrañamente non sucede o mesmo cando se trata do xenocidio ocorrido na España franquista.

As declaracións obxecto da denuncia, vertidas por Moa na promoción do último libro do que se declara autor, exceden claramente os lí­mites da liberdade de expresión pasando a constituír os delitos que se señalan na denuncia. Má¡s alo das libres, aínda que repugnantes, opinións de Moa, non son admisibles frases como "Franco non liquidou aos vermellos, os escarmentou", "Aqueles que hoxe defenden a Lei da Memoria Histórica identifícanse cos criminales" e "aquí­ a represión se encauzou por ví­as legais, non como en Europa. [...] A ninguén se lle reprimiu por como pensaba, senón polo que fací­a. Companys non era inocente. Nin tampouco as Trece Rosas, unhas xóvenes estalinistas...

A referencia aos xuízos legais resulta absurda por canto os tribunais eran ilegí­timos de orixe (como todas as institucións que xurdidas do golpe de estado do 18-7-36, lexislaban, xulgaban, condenaban e executaban) e as caracterí­sticas dos procesos carecí­an das mí­nimas garantí­as: manifesta indefensión dos reos, parcialidad dos tribunais, testemuños inculpatorios interesados e ata anónimos, probas" obtidas mediante a coacción e a tortura, imposibilidade de apelar a unha instancia jurídica independente superior...

A liberdade de expresión non abarca en ningún caso as inxurias a aquelas persoas, partidos, organizacións e institucións que defenden unha memoria histórica democrática nin a humillación de quen foron ví­ctimas do terror franquista. A extrema dereita española non debe permanecer na privilexiada impunidade da que parece gozar e os delitos cometidos por Pío Moa deben someterse á Xustiza como sucederí­a se calquera outro cidadán referísese a outras ví­ctimas doutros terrores asasinos nos términos nos que o fai Moa.

>> Asinar o manifesto de apoio á denuncia <<


segunda-feira, 26 de novembro de 2007

Novas tecnoloxías. Fala Larry Lessig (en inglés)

Lawrence Lessig (3 de xuño de 1961, en Dakota do Sur), avogado e profesor de Dereito na Universidade de Stanford, especializado en dereito informático. Fundador do Centro para Internet e a Sociedade da universidade, ademais da iniciativa Creative Commons. Tamén é autor do libro Cultura libre, onde defende o copyleft como novo paradigma para o desenvolvemento cultural e científico desde Internet, apoiándose no movemento do software libre de Richard Stallman. Lessig é recoñecido crítico das implicacións dos dereitos de autor
.

quinta-feira, 22 de novembro de 2007

OS MÁRTIRES DE SOBREDO


Parece incrible que sexan tan recentes os sucesos que marcaron o principio do fin da Idade Media e o feudalismo en Galiza. Só 85 anos. Varios veciños que participaban nas revoltas antiforais foron asasinados en 1922 no lugar de Sobredo (Tui). Por ter o atrevemento de pedir que os labregos tivesen a plena propiedade das terras que traballaban unha xeración tras outra.

E resulta vergoñoso o silencio que sempre se mantivo sobre estes feitos, que continúa hoxe en día na Rede.

O vindeiro domingo 25 celébrase a Homenaxe aos Mártires de Sobredo, organizado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais 'Rosalía de Castro' e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.

Reflexo na Rede, en anos recentes:
ORGACCMM
InfoRosal
Boedense
La Voz de Galicia
GalizaCig
BNG Baiona

quinta-feira, 15 de novembro de 2007

quarta-feira, 7 de novembro de 2007

Why Linux is better, by Manu Cornet - Agora tamén en galego: Por que é mellor Linux?


"Why Linux is better" é probablemente a páxina que mellor explica aos usuarios de sistemas operativos privativos as vantaxes de pasarse ao Linux. A páxina foi creada e mantida por Manu Cornet, que recentemente ten saido victorioso da sua loita cun cancro. Parabens, Manu!

Non deixen de visitar a páxina traducida a moitos idiomas, agora tamén en galego.

Manu Cornet é membro de Ubuntu, usuario de Linux desde 1998, e escribiu, entre outros,  algúns libros de peto (en francés), sobre algúns programas de Código Aberto (Firefox, Linux, etc). Tamén foi un deses excéntricos do Google's Summer of code, un dos 400 hackers escollidos entre 9000. Escribiu tamén un libro sobre China, pais que adora e do que fala a lingua. Recentemente ten sido o "inventor" do  PCJacking , que ten practicado nas grandes superficies comerciais de París (a cousa consiste en poñer un CD vivo con Linux nun PC dos que se expoñen, e reinicialo, de xeito que os que pasen poidan ver que existen outras cousas ademáis de win2. E tomar fotos do evento. Reiniciando o PC sen o disco, todo volta a "normalidade win2"). Tamén é un dos creadores do complemento texturizador para o GIMP, e traballa nos campos da música, a ciencia e a informática, entre outros. Para saber mais, podese visitar o seu sitio na rede, onde entre outras cousas está un CD cas suas músicas.



segunda-feira, 5 de novembro de 2007

CORRUBEDO 4N: CAMIÑO DA DIGNIDADE



Valoración da Plataforma Medioambiental de Corrubedo ao respecto da Marcha Nacional pola Defensa do Litoral do 4 de novembro


Dende a Plataforma Medioambiental de Corrubedo, un dos moitos colectivos que onte, 4 de novembro, marcharon en Corrubedo contra a desfeita irreversíbel que pode supor o Plano Acuícola da Xunta, queremos manifestar o noso orgullo por formarmos parte da Galiza digna, da mesma que se move polo amor a terra e da mesma que se ergue por fin e para sempre nun berro colectivo contra a violación do mellor de nós, que son as nosas paisaxes, os nosos mares, os nosos cantís, as nosas tradicións, a terra galega toda.

Non imos entrar na tradicional danza de cifras post-mobilización porque calquera pode percibir que onte, en Corrubedo, no cabo verde, houbo milleiros de persoas. Foi un éxito sen precedentes nunha vila tan pequena como esta que onte, dalgún xeito, foi a capital da dignidade dun país. Todas e todos os que se achegaron onte a Corrubedo, os que encheron de orgullo térreo as rúas desta pequena vila mariñeira, eran galegas e galegos dignos cuio único obxectivo é amosar que cando o poder político non cumpre co pobo, sexa cal for a súa cor, cando os apoltronados do Hórreo traizoan o país, aí está o poder popular, a nación, para lembrarlles que é en nós, nos do común, onde reside a soberanía desta Galiza nosa. Sen nós, non hai goberno e sen nós non hai país.

E nós, o pobo soberano, o que vive a pé de rúa, dixemos onte en Corrubedo non só que o Plano Acuícola da Xunta é inaceptábel, indecente e indigno, senón que o camiño autodestrutivo emprendido polo noso goberno, non é o noso camiño. Cando milleiros de persoas de todo o país, dende Ribadeo á Guarda e dende O Courel a Corrubedo, conflúen nun afastado cabo como o noso; cando tanta xente gasta horas e horas do seu tempo en ir berrar a un dos fins da terra nosa, é que algo acontece. Cando asociacións veciñais, pobos enteiros, sindicatos, colectivos ecoloxistas, confrarías de pescadores, asociacións de mariscadoras e mergulladores, intelectuais e artistas, marchan xuntos e sen fisuras nunha causa común, é que algo moi grave acontece.

E abofé que algo moi grave acontece. O ritmo de destrución de ecosistemas, paisaxes e mesmo aldeas e tradicións é escandaloso. Nada xustifica roubar a terra ao pobo para entregarlla a empresas depredadoras. Nada xustifica privatizar o litoral ao máis puro estilo colonialista. Nada xustifica ir contra a vontade de todo un pobo.

Onte, en Corrubedo, o país galego díxolles aos seus gobernantes que xa abonda, que queremos outro modelo de desenvolvemento, que queremos conservar o pouco que nos queda, que antes cás siglas políticas, antes cós intereses económicos, está a vontade da nación, a dignidade deste curruncho do noroeste peninsular que onte, para ben ou para mal, comezou unha loita unitaria pola dignidade porque aqueles en quen confiou o seu goberno mudaron en cegos e xordos. Si, este 4 de novembro, no afastado cabo do ollar largacío que é Corrubedo, o pobo galego dixo: Galiza non se vende. E xa non pararemos, por dignidade. Parabéns a todas e todos e adiante, pois este é o camiño.



quarta-feira, 31 de outubro de 2007

Feliz Samaín!!!!




Chega o outono e con él as castañas, as caveiras de melón, os calacús, as abóboras; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín (ver a ligazón)
.

sexta-feira, 26 de outubro de 2007

Todos somos Aduaneiros sen Franteiras!!! Abaixo a censura!!!

Rating:★★★★★
Category:Other
O blog satírico Aduaneiros Sem Fronteiras, que vén dando guerra dende marzo de 2004 botou o peche esta semana por mor da reacción a un dos deseños que publicaran sobre a poeta Yolanda Castaño baixo o título Tu Quoque Iolanda? e que provocou a recepción dunha «ameaza de demanda xudicial por delitos de inxurias con publicidade» subscrita por D. Pablo Carvajal de la Torre, representante legal da que se chegara a considerar como a musa do Blogomillo.
Mais en http://www.codigocero.com/spip.php?article2572

Esta web está en contra do peche de Aduaneiros sem Fronteiras

NÓS

Rating:★★★★★
Category:Books
Genre: Comics & Graphic Novels
Author:Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelao

http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelao

sábado, 6 de outubro de 2007

Reggae ruso e ucraniano

Rating:★★★★★
Category:Music
Genre: Reggae
Artist:Grupos rusos e ucranianos
Jah Division, a primeira banda de reggae rusa, foi creada por Gera Moralez, fillo de Leopoldo Moralez que foi un revolutionario cubano que loitou xunto ao Che Gevara. http://www.jahdivision.ru/index.shtml.htm

5'nizza (pronounciado: PYATnitsa) é un grupo musical acústico formado en 1998 en Kharkiv, Ucrania. 5'Nizza está formado por dous rapaces: Sergey Babkin (Сергей Бабкин ) (guitarra), e Andrey "Sun" Zaporozhets (Андрей Запорожец) (voces). Son famosos polas suas cancións tipo reggae, mas a sua música é unha mistura de diferentes estilos musicais: Reggae, Latin, Rock e Hip-Hop, realizados nun estilo folke minimalista limitado a duas voces e unha guitarra acústica. http://www.5nizza.ru/

Jah Division, the first Russian reggae band, was created by Gera Moralez, whose father Leopoldo Moralez was a Cuban revolutionary fighting together with the famous Che Gevara. http://www.jahdivision.ru/index.shtml.htm

5'nizza (pronounced: PYATnitsa) is an acoustic music group formed in 1998 in Kharkiv, Ukraine. 5'Nizza is made up of two young friends: Sergey Babkin (Сергей Бабкин ) (guitar), and Andrey "Sun" Zaporozhets (Андрей Запорожец) (vocals). They are famous for their reggae-like songs, but their music is a mixture of different musical styles and directions: Reggae, Latin, Rock and Hip-Hop, realized in a minimalistic folk style limited to vocals and acoustic guitar http://www.5nizza.ru/

sexta-feira, 28 de setembro de 2007

Valeriano Bécquer (pintor), Gustavo Adolfo Bécquer (poeta) 'Los Borbones en pelota'


Los Borbones en Pelota. El catálogo de la biblioteca del Instituto Cervantes de Nueva York registra un libro llamado SEM: Los Borbones en pelota. Fue hecho entre 1868 y 1869 con acuarelas de Valeriano Bécquer y guiones de su hermano, Gustavo Adolfo, satirizando a Isabel II y su corte.

Os irmans Bécquer publicaron no século XIX un libro con ilustracións pornográfico-satíricas da corte borbónica.
O libro está composto por 89 acuarelas nas que a raiña Isabel II participa en orxías e o rei é sodomizado.
O clero tamén aparece reflexado nestas particulares 'viñetas'.
Fonte: http://www.20minutos.es/galeria/3057/0/0/

terça-feira, 25 de setembro de 2007

O hack do ano

Fonte: Port 666 en Espacio Filmica


É impresionante, épico, divertidísimo o que aconteceu con Media Defender. Unha empresa pagada pola industria audiovisual que se adicaba a botar lixo nas redes P2P e van e lles rouban un feixe de mails internos que, despois de ser analizados, permiten coñecer dende onde lanzaban a merda, para bloqueala mellor. Pero, ademais, píllanlles o código fonte dos programas que usaban para o seu sucio traballo. E, xa rematando, The Pirate Bay usa isto como proba para denunciar á industria.


Pero o máis impresionante foi outra cousa: o mutismo absoluto sobre este tema nos medios chamémoslles "tradicionais" ou "serios" ou.... mortos?

Por que non o contaron se había unha chea de sitios onde velo?


Aquí tédelo ben explicado, en orde cronolóxica inversa:

The Pirate Bay levanta cargos contra os estudios
http://www.fayerwayer.com/2007/09/the-pirate-bay-levanta-cargos-contra-los-estudios/

MediaDefender’s Decoy Effectiveness on BitTorrent Sites
http://torrentfreak.com/mediadefender-decoy-effectiveness-on-bittorrent-sites-070922/

ThePirateBay Files Charges Sourced to Media Defender Leak
http://www.slyck.com/news.php?story=1590

MediaDefender's Source Code Released
http://www.slyck.com/news.php?story=1587

Interview with MediaDefender Defenders.com
http://www.slyck.com/news.php?story=1586

MediaDefender and the Streisand Effect
http://yro.slashdot.org/article.pl?sid=07/09/20/1237203

Source Code for MediaDefender Anti-Piracy Tools Leaked
http://blog.wired.com/27bstroke6/2007/09/source-code-for.html

Foi liberado o código de todos os programas que os lobbys antipirateria usan para manipular as redes p2p
http://meneame.net/story/libera-codigo-todos-programas-lobbys-antipirateria-usaban-para-floodear-redes

MediaDefender Anti-Piracy Tools Leaked
http://torrentfreak.com/mediadefender-anti-piracy-tools-leaked-070920/

Meganova Site news: Tiny Security update, MediaDefender blocked and banned!
http://www.meganova.org/sitenews/article/17.html

The Biggest Ever BitTorrent Leak: MediaDefender Internal Emails Go Public
http://torrentfreak.com/mediadefender-emails-leaked-070915/

MediaDefender Phone Call and Gnutella Tracking Database Leaked
http://torrentfreak.com/more-mediadefender-leaks-070916/

Novas filtracións de MediaDefender, chamadas telefónicas e máis
http://www.theinquirer.es/2007/09/17/nuevas_filtraciones_de_mediadefender_llamadas_telefonicas_y_mas.html

Fíltranse datos de MediaDefender compañía encargada de loitar contra os P2P
http://www.adslzone.net/article1610-se_filtran_datos_de_mediadefender_compania_encargada_de_luchar_contra_los_p2p.html

Fíltranse case 700 MB de correspondencia interna de MediaDefender
http://www.elotrolado.net/noticia_Se-filtran-casi-700-MB-de-correspondencia-interna-de-MediaDefender_13876

Hackers Smack Anti-Piracy Firm MediaDefender Again and Again
http://www.wired.com/politics/security/news/2007/09/mediadefender

Leaked MediaDefender E-mails
http://www.schneier.com/blog/archives/2007/09/leaked_media_de.html

A filtración dos correos de media defender parece ser máis útil do que se pensou nun principio
http://meneame.net/story/filtracion-correos-media-defender-parece-ser-mas-util-penso-principio



sábado, 22 de setembro de 2007

Berners-Lee desafía a "estúpida" cultura geek masculina

Fonte: Barrapunto


O inventor da World Wide Web, Sir Tim Berners-Lee, pediu terminar de unha vez coa "estúpida" cultura geek masculina que desprecia o traballo de mulleres inxenieiras capacitadas, e fai que outras persoas refuguen  entrar na profesión. Slashdot tamén se fai eco das suas verbas.

Berners-Lee dixo que unha cultura que evitara marxinar as mulleres conseguiria atrair a máis programadoras, o que conduciria a unha maior harmonia no deseño dos sistemas. "Si houbera máis mulleres implicadas poderíamos movernos cara á interoperabilidade. Temos que cambiar en todos os niveis", segundo as suas palabras.

Dacordo con Berners-Lee, existe unha cultura na que as mulleres poden ser expulsadas da sua carreira laboral en tecnoloxía polo comportamento "estúpido" de alguns "geeks" masculinos, e polas reaccións de outras mulleres.

"E un problema complexo - vense prexuízos de unhas mulleres contra outras. Hai partes da cultura geek masculina e da cultura inxenieril que son estúpidas. Deberian darse conta de que poderían estar rexeitando a persoas que son máis intelixentes e mellores inxenieiras", afirmou Berners-Lee.

As institucions de investigación en inxeniería que fan a selección dos candidatos baseándose exclusivamente en cantas publicacions teñen realizado, corren o risco de agravar inda máis o problema, segundo Berners-Lee, debido a un sesgo aparentemente integrado no propio sistema contra as mulleres.

Una persoa do ámbito académico que pasóu por un cambio de sexo, tras enviar artígos baixo ambas identidades atopouse con que os artígos eran aceitados cando proviñan de un home, pero eran rexeitados cando os asinaba unha muller, dixo o inventor da web. Este prexuízo é inexplicábel, pero aumenta a tendéncia institucional, afirmou.

sexta-feira, 21 de setembro de 2007

CONTRA A GASIFICADORA REGANOSA: MANIFESTO DE SOLIDARIEDADE COA PLATAFORMA DE VECIÑOS DO CRUCEIRO DE MEÁ


rede_galega_de_bitacoras

[fonte:Calidonia ] Este sábado varios blogueir@s van ir a Mugardos para visitar aos veciños de Meá pechados no Concello en protesta pola construción e posta en funcionamento claramente ilegais da planta regasificadora de REGANOSA. Trátase de facer unha visita aos veciños, que xa manifestaron o seu entusiasmo por este apoio, e aproveitar para botar un polBo solidario na mesma parroquia onde se ergue o enxendro.

A Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá ten un blogue e nel podes comprobar que levan case dous meses pechados, recibindo visitas e mostras de solidariedade de cidadáns, intelectuais e artistas como: Mabel Rivera, Joao Afonso, Luís Pastor, Sala NASA, Xurxo Souto, Carlos Taibo, Lino Braxe, Xosé Manuel Beiras, Manuel Rivas, Pedro de Llano, Faltriqueira, Eva Veiga, Antón Reixa, Os Cempés… así como de diversas asociacións e colectivos de natureza diversa.

A idea é que estaría moi ben que a rede galega e a cidadanía activa non ficara á marxe deste movemento. Por iso propóñoche que mostres o teu apoio aos veciños, de varios xeitos:

- Asinando un manifesto (co teu nome, co teu nick na rede, ou simplemente co nome da túa bitácora ou páxina web) de apoio e solidariedade que podes ler e firmar aquí mesmo deixando un simple comentario na anotación. Como verás, o manifesto acho que é propositivo, asisado e bastante razoábel.

- Publicando esta convocatoria ou o texto do manifesto no teu blogue ou páxina web. Estou convencido de que o activismo na rede galega dista moito de estar durmido e que o compromiso de moit@s de vós coas causas que pagan a apena (esta e moitas outras) está fóra de toda dúbida. Podes aproveitar se queres este deseño feito por Artritris.

- Xantando un polbo solidario na parroquia de Meá, confirmando a túa asistencia deixando un comentario nesta mesma anotación . Nos comentarios iremos informando do que se vaia pechando e concertando a respecto desta cita (detalles do xantar, desprazamentos compartidos e demais detalles). A reserva de prazas para o xantar hai que facela antes do venres 21 a mediodía (14h), un día antes do xantar. O único fixo no menú é o polbo, e imos tentar que o prezo sexa todo o proporcionado que poidamos e limitado ao que custe.

A cita é en Mugardos este sábado día 22 ás 13::00 h en frente da Casa do Concello. Este é o lugar onde combinarmos .

O manifesto: ligazón .

quarta-feira, 19 de setembro de 2007

Eu SI quero negros na miña rua - YES, I want to see black people living in my neighbourhood

Rating:★★★★★
Category:Movies
Genre: Drama

Hai homes que loitan

Rating:★★★★★
Category:Other
Hai homes que loitan un día e son bós. Hai homes que loitan un ano e son mellores. Hai quen loita moitos anos e son moi bós. Pero hai os que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles. Bertold Brecht

sábado, 15 de setembro de 2007

Arte e beleza




Robert Crumb ( Filadelfia, Pensilvania, 30 de agosto de 1943) é un artista e ilustrador estadounidense. Foi un dos fundadores do cómic underground e é cecais a figura mais destacada de dito movimento. Ainda que é un dos mais coñecidos autores de cómic, a sua carreira se desenvolveu sempre ao marxe da indústria. (wikipedia)

quarta-feira, 12 de setembro de 2007

Inventouse o racismo informático!!!!

Fonte: Código Cero, diario tecnolóxico de Galiza.
Racismo informático? Discriminación de sistema operativo? Un servizo de atención ó cliente que fai exactamente o contrario do que teoricamente debería facer? Segundo informa estes días The Inquirer, habería un pouco de todo iso no caso dun usuario da cadea británica PC World que quixo que lle amañaran o computador portátil logo de detectar un problema físico no seu equipo, que (hai que dicilo) foi mercado cinco meses antes nese mesmo establecemento. O cliente, que fixo o que probablemente teríamos feito todos os seres máis ou menos humanos deste mundo se detectáramos un defecto de fabricación nun produto adquirido vía as canles tradicionais de compravenda (de telo afanado, xa mudaría o conto), topou co seguinte muro de pedra: o fundamentalismo de certos seareiros e provedores de Windows.
De feito, negóuselle a reparación por un simple pero determinante detalle: o usuario substituíra o Vista por Gentoo Linux. O cliente defendeu a súa postura do seguinte xeito: tratando de explicar que o problema tiña que ver coa montaxe interna do equipo e non co sistema operativo. A empresa puxo o dedo sobre o tipo de letra que máis arrepío dá neste tipo de casos: a letra pequena. Dito doutra maneira: informou que non estaba obrigada a facer reparación algunha en caso de ter detectado algún tipo de violación da garantía, e substituír un sistema operativo por outro era un caso claro de violación. Máis información sobre o caso en Slashdot e comentarios interesantes sobre o mesmo en Barrapunto.

terça-feira, 11 de setembro de 2007

A reconquista da Illa de Toralla

Rating:★★★★★
Category:Movies
Genre: Action & Adventure
Salvemos Monteferro e as asociacions da Ría non se vende, sumaronse á convocatoria da primeira reconquista da illa de Toralla que se celebrou o Sábado día 8 as 18 horas, convocada polo colectivo Xogo Descuberto (grupo do barrio de Coia) cuxo texto convocante foi o seguinte:

O sábado 8 de setembro ás 18:00 convidámosvos a I Reconquista da illa de Toralla, coa que pretendemos reinvidinca-lo uso da illa por parte de tod@s e manifestar a nosa repulsa ás construccións feitas nela, en especial á torre. Será un acto pacífico que arrincará dende o principio da ponte, no que levaremos música e iremos con vestimenta pirata para facelo máis visibel. Animámosvos a participar, tanto pola ponte como pola auga, xa sexa en piraguas, barcas, chalupas…Un saúdo. Colectivo Xogo Descuberto

A policía desaloxa a 300 persoas que «tomaran» a illa de Toralla nun acto de protesta

Policías antidisturbios desaloxaron o sábado pola tarde da illa de Toralla a 300 persoas que invadiran esta propiedade privada.O colectivo vigués Xogo Descoberto organizara un acto lúdico e pacífico reivindicando o uso e goce público da illa, que pertence a unha comunidade de propietarios. Na concentración interviñeron membros doutros grupos como Acción Cultural A Revolta e outras asociacións como Caleidoskopio, Luar, Bouzas-Movete, GAS, Salvemos Monteferro e Verdegaia.

No acto participaron piratas, músicos bañistas, nenos e maiores. Unha vez lido o comunicado que reivindica un deslinde de seis metros ao redor da illa para uso público terminou a concentración.

Acabado o acto, un bo número de participantes entraron na illa dando un paseo. Segundo os organizadores «nese momento tres furgóns antidisturbios irrumpiron entre os paseantes de xeito totalmente inxustificabel con porras en man alzada, ofrecendo una pésima imaxe aos nenos e nenas asistentes». Segundo membros do colectivo Bouzas Móvete, unha das entidades que acudiu ao acto, algúns dos participantes recibiron «mais dun porrazo».

terça-feira, 4 de setembro de 2007

Policía local. Poñamos que falo de Nigrán.




Xa teño observado en moitos lugares que a policía local nos concellos democráticos ten moitas veces unha imaxe inda peor da que tiña na ditadura. E certo que se produciu unha certa modernización, mais lamentablemente consistiu na adopción de un "look" chulesco, con Ray-Ban ou outras gafas de sol, canto mais macarriles, mellor. Como eses policías gringos do "Midwest", que tanto medo dan nas peliculas.

E que aconteceu co seu traballo? É de supoñer que co fin da ditadura tamén cambiou. Nas cidades o seu traballo na ditadura practicamente se reducía a dirixir o escaso tráfico da época, xa que para a represión dos "vagos e maleantes" xa estaban os corpos represivos. Nas vilas non existia ese tipo de policía por ser innecesario. E hoxe son necesarios para que? Podería preguntar alguén. Dificil pregunta, eu non sei respondela.

Onde eu vivo, pouca actividade se lles coñece. Unha das suas principais funcións e posar co seu "atrezzo" mais propio de
"Easy Rider" que de unha pequena e tranquila vila de 16110 Habitantes espallados en 35 km².

Outra actividade na que destacan é na persecución da mocidade de cabelo longo. Pouco importa que nos continuos rexistros a que son sometidos nunca lles encontren nada ilegal, eles ben saben que con esa pinta algo deben fumar de cando en vez, e non perden a esperanza de algún dia atopar algo. Para que tanto empeño?

Será que buscan algo que fumar gratis? non sei... pero a verdade é que parece estraña esa actitude, cando é ben sabido que hai nas veciñanzas unha discoteca onde se reune outro tipo de público, os chamados "malotes", que non levan cabelo longo, son violentos, e consumen todo un arsenal de substancias ilegais. Non é a primeira vez que hai algún morto, nas continuas liortas entre grupos rivais. Non me consta que ese local e os seus frecuentadores  recibiran Bula ou Licencia do Papa de Roma, mais eso é o que parece, xa que a impunidade parece ser total.

Non dispoño de datos dabondo para analizar en profundidade os motivos de todo o anteriormente  exposto, o que si podo decir é que, como mínimo, deberían ser estudados polas autoridades democráticas, sen esperar a que algunha traxedia o faga inevitable. Prever sempre é mellor que curar.



quarta-feira, 22 de agosto de 2007

O arcebispado de Valencia provoca a indignación das vítimas da dictadura franquista


O proxecto do Arcebispado de València de erixir un macrosantuario en memoria de 233 «vítimas inocentes da Santa Cruzada» provocou a indignación das vítimas do franquismo e as súas familias, que denuncian, ademais, a colaboración do PP, que doou á Igrexa 4.000 metros cadrados de terreo nunha das zona máis caras da cidade.

València foi a capital da II República española nos últimos tempos da Guerra Civil e a última cidade que caeu en poder as tropas fascistas, polo que acollía a numerosos refuxiados que fuxiran do avance das tropas de Francisco Franco noutras zonas.

Por iso, a represión que levaron a cabo foi atroz. O Fòrum per a Memòria do País Valencià ten catalogadas, con nomes e apelidos, 26.300 persoas que foron enterradas nas fosas comúns do cemiterio. moitas delas arroxadas alí sen un cadaleito. «Por iso, o que queren facer parécenos unha afronta», explica a GARA Amparo Salvador, integrante do Fòrum per a Memòria.

Quen están enterrados nas fosas comúns de València morreron entre o 1 de abril de 1939 e o 31 de decembro de 1945. É dicir, faleceron como consecuencia da represión tras a vitoria fascista. Algúns deles son de orixe vasca. «A València pasoulle o mesmo que a Alacant, que se converteron nunha rateira da que ninguén puido fuxir. Despois, nunca máis se soubo que paso con toda esa xente, que eran miles e miles de persoas. Agora, polo menos, sabemos onde está unha parte», sinala.

O Fòrum per a Memòria denuncia que non se pode considerar `inocentes' a membros dunha organización como a Igrexa católica, que se aliou con Hitler e Mussolini para executar un golpe de estado criminal contra o Goberno lexítimo da II República».

Amparo Salvador denuncia que en todo este proxecto o Arcebispado, ademais, viuse beneficiado economicamente, posto que conseguiu unha permuta do Concello, coa que se fixo cunha decena de solares en València e un terreo lindeiro ao complexo da Ciutat de lles Arts i de lles Ciències. «O do Arcebispado é un proxecto tan faraónico como o da Ciutat de lles Ciències. Só os terreos valen unha traca de millóns», destaca Amparo Salvador.

«Para nós, é un insulto directo á memoria das vítimas do franquismo. A Igrexa católica estivo totalmente implicada na represión. Ao acabar a guerra, València enteira converteuse nunha inmensa prisión. Todos os conventos eran cárceres. E todos os cárceres estiveron rexidas por ordes relixiosas. Temos 26.300 persoas rexistradas con nome, apelidos, lugar de procedencia e causa da morte que morreron por esa represión. E esa si que era xente inocente», explica Salvador.

«Eu díxenllo claramente ao arcebispo (Agustín García-Gasco). Que se quería facer unha basílica en honra de xente inocente, da noite para a mañá era capaz de darlle unha lista de 500 nenos, de cero a dez anos. Pero que se me daba un par de días, podía darlle unha lista de varios miles», recorda a integrante do Fòrum per a Memòria.

Ler o artigo completo en "Rebelión"



segunda-feira, 20 de agosto de 2007

Para Windows: OpenCD, OpenEducationCD e Magasi CD, recompilacións de Software Libre e gratuíto

Fonte: Mancomun.org


OpenCD é unha gran colección de Software Libre e tamén gratuíto, exclusivamente para Windows e que cubre as necesidades máis habituais dun usuario medio, tales como procesador de textos, presentación, correo electrónico, navegación, deseño web e edición de imaxes.  A versión actual do CD é a 07.04 e na súa páxina web tamén podemos atopar a listaxe de programas incluídos.

Ao abeiro desta iniciativa tamén xurdiu OpenEducationCD, que tamén contén Software Libre e gratuíto para Windows orientado para estudantes de todas as idades para asistilos no seu aprendizaxe. O software incluído foi seleccionado especialmente por mestres polo seu uso educativo...


Recordemos tamén que en Galicia xa xurdira outra iniciativa parecida chamada Magasi CD, de Software Libre e gratuíto para Windows, proxecto de Manuel González Regal, profesor do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos (ASI) do I.E.S. Xulián Magariños de Negreira.


Fonte: Cesarius Revolutions

Outra alternativa é o Winlibre que pódese baixar en CD ou usar o Instalador automático (mais fácil) Dispoñible en francés, inglés e portugués.

sexta-feira, 17 de agosto de 2007

Os Piratas de Silicon Valley

Rating:★★★★★
Category:Movies
Genre: Cult
Os Piratas de Silicon Valley, a historia da formación dos imperios Apple e Microsoft.

quarta-feira, 15 de agosto de 2007

Videos de Eleftheria Arvanitakis e outros de interés (dinu's Site)

http://gentleshot.multiply.com/
Eleftheria Arvanitaki is a Greek singer of Icarian descent, born October 16, 1958 in Piraeus. She started her career in singing in 1980, by joining the group "Opisthodromiki Kompania" / "Οπισθοδρομική Κομπανία" (Retrograde Company) and and in 1981 she had her first guest appearance on a CD, by being featured in the album of Vangelis Germanos titled "Ta Barakia". She broke away from the group and started a solo careerin 1984 with her album Eleftheria Arvanitaki.

In August 2004 she participated in the closing ceremony of the Athens Olympics. The unique crystal-like clarity of her voice made her a hugely popular figure in the "artistic" (entehno) Greek song genre.

She is quite popular outside Greece, as part of the World Music scene. She has performed in several WOMAD and other festivals. (Wikipedia)

quarta-feira, 8 de agosto de 2007

Queres contribuír na loita contra o arrequecemento da Terra?, acode ao supermercado en coche


Segundo indica o ecoloxista Chris Goodall, é preferible acudir ao supermercado a realizar as compras habituais en coche que camiñando, pero non penses
que é pola túa comodidade. Para chegar a tal afirmación, o ecoloxista calculou o gasto enerxético dunha persoa que acode ao seu establecemento habitual andando e tivo en conta todo o que move este simple feito e o que del se deriva.


O consumo enerxético que realiza o consumidor en cuestión provén dos alimentos que se procesan na industria, a maior consumo enerxético maior é a fame e maior é a maquinaria industrial que se move para satisfacer a necesidade do
consumidor. Esta maquinaria contamina ata catro veces máis do que o faría un coche que acode a devandito establecemento.


A resposta á pregunta queres contribuír na loita contra o
arrequecemento da Terra?, podería ser: acode ao supermercado en coche.


O simple feito de sobrealimentarse xera unha gran cantidade de contaminantes verteduras á atmosfera e en consecuencia, en prol do arrequecemento global. A contaminación ambiental tradúcese en enerxía, practicamente todos os alimentos teñen tras de si un ronsel de contaminación, ata se son ecolóxicos, claro que se son da propia horta a cousa cambia, pero por norma xeral, os produtos que compramos proveñen de distintas partes do mundo e só o transporte xera unha incrible cantidade de CO2 e demais
contaminantes.

Segundo mostra a publicación Times  Online, un quilo de carne consumido xerou nada menos que 36 quilos de gases que favorecen o arrequecemento global. Cecais, reformularse os cambios necesarios para que os alimentos non xeren tales cantidades de desperdicios sexa algo practicamente inviable que repercutiría en toda a economía mundial pero ata entón que?, imos en coche ao supermercado?


O artigo publicado en
Times  On Line é sumamente interesante e fainos reflexionar sobre a orixe real de moitos dos gases e contaminantes que propician o arrequecemento global. Esta é unha das fatais consecuencias da globalización gastronómica.

Fonte: Times On Line (via Directo al Paladar) Imaxes: METSUL


e Geografia para todos



segunda-feira, 23 de julho de 2007

Portada de "El Jueves" censurada! ABAIXO A CENSURA!




Un xuíz español ordenou o secuestro dunha publicación satírica por atentar contra a corona española. Tras ordenar o secuestro da revista, acaban de ordenar o feche da web. Esta é unha proposta pra facer frente de forma simbólica pero efectiva a este ataque á liberdade de expresión, que non é o mais grave que temos vivido, pero sí ten unha cousa importante: todo o mundo pode entendelo, e os media están a magnificalo.

A proposta é moi sinxela: collede a foto da portada e colgádea nos vosos blogs e páxinas pra ilustrar o voso comentario sobre o sucedido, a ser posibel denunciando a cuestión e sobre todo deixando así en evidencia ao sistema xudiciário, que parece que quere matar moscas a cañonazos.

Se ademais todos/as engadimos as palabras chave: portada, jueves, censurada, cover, censored, spain, lograremos multiplicar o efecto cunha boa posición en buscadores.


O caso é que levan así dende os noventa, tratando de poñerlle portas ao mar, e os tipos non aprenden! Non queren caldo? DÚAS CUNCAS!

Viva a liberdade de expresión! Abaixo a censura!

Esta proposta é algo perfectamente legal, non supón actividade económica algunha e por tanto cae fora do que a lei española pode facer, tanto a través da LSSI como da LAECPS.

Fonte: Galiza IndyMedia

domingo, 22 de julho de 2007

Chicas Linux

"Chicas Linux" é unha comunidade creada por mulleres que ten como obxectivos brindar un espazo de reunión para persoas que teñen a Linux e o software libre como un interes común. Pero o obxectivo máis importante desta comunidade é o incentivar ás mulleres á participación e iniciación no mundo do sofware libre mostrándolles que sí­ é posible participar activamente, apoiando desta forma a causa iniciada por LinuxChix.

A comunidade non fai discriminación de xénero; a axuda sempre será benvida, non importa quen a proporcione.

Esta comunidade baséase no respecto aos demá¡s e ás súas opinións.

domingo, 15 de julho de 2007

Chandebrito

Rating:★★★★★
Category:Movies
Genre: Documentary
O centro antena de Nigrán acolle ata o próximo 13 de agosto unha exposición sobre os traballos que se están realizando dentro do proxecto pioneiro de revalorización patrimonial de Chandebrito. Os visitantes atoparán fotografías sobre a riqueza desta parroquia do interior de Nigrán e poderán contemplar un vídeo para poder apreciar as súas paisaxes, sons e ata cheiros, posto que na sala tamén se colocaron diversas especies vexetais. As autoridades locais comprometéronse a continuar apoiando esta iniciativa que dirixe a arqueóloga Rosa Villar.
Fonte - La Voz de Galicia .

sexta-feira, 6 de julho de 2007

UN COUTO DE CULTURA: O Couto Mixto, un territorio histórico entre Galicia e Portugal, vive un renacemento que o sitúa no mapa cultural galego. Os Pobos Promiscuos


Unha república entre dous reinos, un lugar cheo de singularidades históricas e culturais, un símbolo da conexión entre Galicia e Portugal. O Couto Mixto, un enclave de tres aldeas que durante séculos funcionou coma unha república independente, está a converterse nos últimos anos no eixe de múltiples iniciativas culturais que reivindican a importancia deste lugar e da súa historia única. Unha historia de séculos durante os cales eran unha terra de ninguén entre Galicia e Portugal, coas súas propias leis e privilexios en canto a alfándegas. Non foi ata 1864 cando, ao se definir finalmente as fronteiras aínda hoxe en vigor, as tres aldeas pasaron a formar parte de Galicia.


Foi no 2000 cando se crean e se entregan os primeiros premios “Xuíces honorarios” do couto mixto, un premio que se repite desde entón ano tras ano a persoas que teñan apoiado a recuperación da memoria deste lugar. Ademais tense feito o irmanamento cos Pobos Promiscuos, aldeas que antes da definición da fronteira estaban divididos pola raia e que ficaron finalmente da banda portuguesa.


En 2002 foi o Couto Mixto o lugar escollido para presentar publicamente o manifesto “Falamos unha lingua milenaria” promovido pola Fundación Premios da Crítica, co que algúns dos nomes máis destacados da cultura do país, ata un total de 149 persoas, dezasete institucións e nove membros da Real Academia, proclamaban a súa fidelidade ao galego como lingua propia e independente. Coincidindo con estes evento creouse en Santiago de Rubiá un milladoiro de
pedras e palabras. Na orixe desta peculiar construcción está un monte de pedras que persoas de todo o país achegaron a este lugar canda unha palabra propia do seu lugar de orixe. A intención é que este milladoiro vaia medrando coas achegas de novas persoas comprometidas coa lingua.


Este ano tamén, a Fundación Premios da Crítica outorgou o seu premio á mellor iniciativa cultural a este lugar pola “recuperación da autoestima e memoria histórica coma parte dun espacio xeográfico e cultural” así como por “favoreceren o reencontro da convivencia entre Galicia e Portugal a partir das raíces comúns”.

Nova completa en Cultura Galega



O outro lado da "fronteira"

A norte de Montalegre situa-se o Couto Mixto composto pelas aldeias de Meaus, Rubiás e Santiago. Hoje pertencem a dois municípios galegos, mas até 1855, formaram um território com apenas 27 quilómetros quadrados, que gozava de uma série de privilégios, a começar pelo auto governação, embora dependessem das casas do duque de Bragança e do Conde de Monterrei.

Os habitantes podiam escolher entre a nacionalidade portuguesa e a espanhola, ou nenhuma. Estavam isentos da tropa, de pagar impostos e até podiam cultivar tabaco. A falta de taxas aduaneiras favoreceu o comércio e também o contrabando. Quem fosse por um caminho que ligava o Couto a Tourém, em Portugal, não podia ser preso nem a mercadoria apreendida. E, para não perder tais benesses, os habitantes do Couto casavam uns com os outros.

Pois bem, dirão vocês – O que é que tudo isto tem a ver com Lamadarcos!? Pois hoje em dia, nada. Mas houve tempos em que parte da actual aldeia de Lamadarcos era Galega e é precisamente aqui que entra o Couto Mixto, pois o tratado de Lisboa de 1864 instituiu a troca do Couto Mixto pelas aldeias de Soutelinho da Raia, Cambedo e Lamadarcos, hoje portuguesas, passando o Couto Mixto, desde então, a ser território galego e daí espanhol.

Fonte: chaves.blogs

Mais información no Instituto Galego de Analise e Documentación Internacional (IGADI)


quinta-feira, 5 de julho de 2007

Xa podes asinar en galego | English | Deutsch | Français | Español | Português | Italiano | Nederlands | Bahasa Malasya ) a petición do NON ó formato de Microsoft Office como estándar ISO





Microsoft está intentando actualmente facer crer aos organismos ISO que o seu formato aberto de Office XML (OOXML) é un bo estándar. No sitio NO-OOXML (http://www.noooxml.org/) discútese porqué este estándar propietario roto non debe ser nunca aceptado por ISO. Unha decisión será adoptada por cada país durante as vacacións de xullo ou agosto.


É URXENTE QUE ENTRAR EN CONTACTO CO CORPO DE ESTANDARDIZACIÓN DE CADA PAÍS E EXPLÍCARLLES PORQUÉ OOXML ESTÁ CREBADO; ENVIAR Unha CARTA Ao CORPO DE ESTANDARDIZACIÓN ESPAÑOL É MÁIS IMPORTANTE QUE ASINAR ESTA PETICIÓN
 
English | Deutsch | Français | Español | Português | Italiano | Nederlands | Bahasa Malasya | Galego |

Razóns non faltan...

1.- Xa hai un estándar, ISO 26300, chamado Open Document Format (ODF): un dobre estándar suporá incerteza, confusión e un custo engadido para a industria, gobernos e cidadáns;

2.- Non hai ningunha implementación de referencia da especificación de OOXML
: Microsoft Office 2007 produce unha versión especial de OOXML que non cumpre coa especificación de OOXML proposta en ISO;

3.- No documento de especificación falta información como, por exemplo, como implementar un "autoSpaceLikeWord95" ou un "useWord97LineBreakRules";

4.- Máis do 10% dos exemplos do seu especificación non validan
a conformidade con XML;

5.- Non existe garantía algunha para que calquera poida implementar parcial ou totalmente a especificación de OOXML sen arriscarse a que Microsoft lle esixa danos e prexuízos por infracción de patentes ou o pago de licenzas de patentes;

6.- Esta proposta de estándar entra en conflito con outros estándares ISO, como ISO 8601 (representación de datas e tempos), ISO 639 (códigos de representación de nome e idiomas) ou ISO/IEC 10118-3 (funcións hash de criptografía);

7.- Hai un erro na especificación do ficheiro de formatos de folla de cálculo que impide introducir calquera data previa ao ano 1900. Isto é un erro que se arrastra desde as obsoletas versións de 16bits da aplicación MS-Office;

8.- Esta proposta de estándar non foi creada axuntando a experiencia e mellores prácticas de todas as partes interesadas ( produtores, distribuidores, consumidores, usuarios e reguladores), senón por Microsoft en solitario.

ASINA AQUI: http://www.noooxml.org/petition-gal

quarta-feira, 4 de julho de 2007

As Illas Cies e o Parque Natural das Illas Atlánticas

Rating:★★★★★
Category:Movies
Genre: Documentary



O arquipélago

Este arquipélago está formado por tres illas, a de Monteagudo ou Illa Norte, a Do Faro ou Illa do Medio e a de San Martiño ou Illa Sur.

A illa de Monteagudo está separada da costa de cabo Home, na península do Morrazo, pola canle Norte, e a illa de San Martiño está separada da costa de cabo Santoulo (monte Ferro) por un estreito coñecido como Freu dá Porta. Mentres, a illa do Faro acabou unida á illa Norte por unha acumulación de area na parte interior do arquipélago, na cara leste das illas, que forma a praia de Rodas, de 1.200 metros. Ao subir a marea, a auga pasa entre as dúas illas pola cara oeste e, taponada pola praia, énchese a lagoa formada entre o areal e as rocas. O pico máis alto atópase na zona norte da illa de Monteagudo, no Alto dás Cíes, de 197 metros de altitude e ten unha superficie emerxida de 434 hectáreas.

A súa formación xeolóxica é de finais do Terciario, cando se produciron os afundimentos dalgunhas partes da costa, co que penetrou o mar e creáronse as rías. Todas as illas atlánticas son os cumes das serras costeiras que quedaron parcialmente baixo o mar e están formadas case na súa totalidade por pedra granítica.

As tres illas son montañosas cunha cara oeste abrupta, con cantís case verticais de máis de 100 metros e numerosas covas (furnas) formadas pola erosión do mar e o vento. A cara leste ten ladeiras algo máis suaves cubertas por bosques e matogueira e atópase protexida dos ventos atlánticos, o que permite a formación de praias e dunas.

As borrascas atlánticas pasan sobre as illas, descargando ao chocar coa costa, polo que as Cíes reciben máis ou menos a metade de choiva que o resto da costa das Rías Baixas.


Historia

Na antigüidade foron chamadas Siccae (áridas). Atopáronse nas Cíes restos arqueolóxicos que datan a presenza humana sobre o 3500 adC, aínda que os restos do primeiro asentamento humano de que se ten constancia son un castro de comezos da Idade de Ferro.

Por alí pasaron os romanos, deixando restos como un anel de ouro datado no século II de nosa era, así como ánforas, cerámica e diversos útiles que se expoñen hoxe no Museo de Pontevedra.

Na Idade Media foron habitadas por monxes de diversas ordes. No século XI estiveron alí os benedictinos, que as abandonaron e volveron a finais do século XIII. No século XIV asentáronse alí os franciscanos. Tamén pasou por aí a Orde de Cluny. Desta alternativa ocupación das illas quedan como proba os mosteiros de San Estevo na Illa do Faro e de San Martiño na illa do seu nome, así como unha fábrica de salgadura sobre cuxos restos actualmente hai construído un restaurante. As idas e vindas dos monxes eran debidas a que, pola súa proximidade á cidade de Vigo, o arquipélago era frecuentemente atacado e usado como base de operacións por piratas turcos e normandos, así como armadas invasoras, por exemplo a inglesa, comandada por Francis Drake. Esta situación dura ata o século XVIII, o que acaba producindo o seu despoboamento.

A mediados do século XIX constrúese o primeiro faro na Illa do Medio, que acaba chamándose Illa do Faro. Nesa data as illas xa volvían estar poboadas por algunhas familias que se dedicaban á pesca e á gandería ovina e caprina.

Nos anos 60 do século XX as illas se despoboan de novo, esta vez definitivamente. Nos 70 e 80 comezan a ser utilizadas como destino de descanso ao que, sobre todo a xente nova da zona, acudía en busca de natureza, mar, sol e liberdade, lonxe da vixilancia social e familiar. Entón en toda Galicia practicábase a acampada libre.

As agresións ambientais, como a importante actividade industrial na ría, os emisarios submarinos evacuando augas con escasa ou nula depuración... fan que as illas sufran unha rápida degradación.


O Parque Natural

Debido ao alto valor natural deste espazo e á rápida deterioración que estaba sufrindo por causa das actividades humanas, no ano 1980 son declaradas parque natural. A situación legal de protección vai variando ao longo dos anos ata que o 21 de novembro de 2000, o Parlamento Galego acorda por unanimidade pedir ao goberno central a declaración do arquipélago como parque nacional. O Congreso dos Deputados tomou o acordo definitivo en xuño de 2002, creando o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, formado por un conxunto de arquipélagos, illas e illotes que son as Cíes, Ons, Sálvora, Noro, Vionta, Cortegada e Malveiras.

O parque ten unha parte terrestre e outra marítima que comprende unha franxa de 100 metros, medidos a partir da baixamar. Nas Cíes está prohibida a pesca submarina desde 1992.

Desde 1988 as illas teñen ademais a consideración de ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves). Tamén se atopan incluídas, no ámbito europeo, na Rede Natura 2000, que desenvolve directivas comunitarias de hábitats e aves.

Actualmente só están ocupadas polos servizos do parque, cámping e restaurante e o acceso está restrinxido a un máximo de 2.200 persoas diarias.
Fonte: Wikipedia
Foto: Wikimedia Commons

sábado, 30 de junho de 2007

Nace RadioBloGaliza

Preme aqui para escoitar:




Ou entra no seu sitio nesta ligazón.



Escoitarás entre outras cousas:

 


Lamatumba
"Reggae Dos Marinheiros"
Reggae Dos Marinheiro

Vale Tudo
"Impronta"
Vale Tudo

Abinhadoira
"Contrapaso de Mondariz"
Abinhadoira

Maria Lado con Fanny+Alexander
"(11) a beira do rio"
Berlin

Ofensiva
"Contra ti"
A ultima palavra

Guezos
"Terradentro"
99 - 06


Todas as cancións incluídas nesta radio proveñen da propia WWW e foron publicadas no seu momento polos propios artistas, os seus representantes ou as súas discográficas. Todos os temas foron postos a disposición da comunidade de forma gratuíta, o que equivale a unha distribución masiva sen álnimo de lucro.

En moitos casos este volcado na rede das súas creacións fíxose mediante a aplicación expresa de licenzas libres que permiten o seu uso e distribución non comercial. O noso proxecto quere impulsar a rede como plataforma de difusión e posta en valor da creación musical galega, contribuílndo para rachar cos tópicos negativos que asocian internet e pirataría.

Se ti, o teu grupo ou o teu selo posuides os dereitos de algunha canción incluída aquí e non desexas que a comunidade siga disfrutando das creacións que un día publicaches na rede, envíanos un correo a radioblogaliza@gmail.com e procederemos a dala de baixa. De calquera forma lembrámosche que no mundo sen fronteiras que é a internet existen diversas páxinas de arquivo que almacenan cousas que foron publicadas algunha vez, aínda que despois fosen borradas. Na rede cando se publica, publícase para a vida, pois así é a natureza da internet.


quarta-feira, 27 de junho de 2007

Obxectivo. Xunta: Compro sumisión, pago con galego


Despois de 25 anos subvencionando con importantes sumas a fondo perdido a presenza do galego na prensa escrita, evidénciase que esta liña non funciona. Resulta sospeitoso que se manteñan as axudas a través de convenios "bis a bis" difíciles de verificar, sen esixir uns mínimos resultados de cantidade, calidade, evolución porcentual e consolidación do galego nos medios beneficiarios dos diñeiros públicos, que non se cuestione a continuidade deste tipo de "tratos" e se supriman definitivamente unha vez amosada a sua ineficiacia. Pola nosa lingua, segue lendo e participa. 

Hai varios motivos que poden levar a unha administración a abrir unha liña de axudas ou subvencións. Un deles é o de tentar corrixir determinadas eivas que afectan a sociedade, e favorecer o asentamento ou desenvolvemento de novos elementos, usos, ou prácticas que non puideron arraigar, polos motivos que fora, e que necesitan un empurro inicial por parte de organismos públicos, até que sexan aceptados como normais e se desenvolvan por si solos.

As axudas públicas, na súa maioría, teñen un caracter transitorio, buscan transformar nun período umha realidade inxusta ou mellorábel a outra corrixida. Podemos dizer que unha liña de axudas tivo éxito cando unha vez suprimida, aquel obxectivo para a que foi creada se da de forma normal, sen necesidade de ningún tipo de axuda. Si esto non se dá haberá que reprantear a táctica escollida.

Políticas de igualdade, fomento da contratación indefinida, protección medioambiental ou cultural....poderían entrar neste grupo. A liña de axudas que medios galegos de prensa levan recibindo por usar o galego nas súas páxinas tamén entran aquí.

Partindo dunha situación de ausencia total do galego dentro da prensa escrita diaria, logo de 40 anos de menosprezo e persecución do idioma, optase por abrir umha liña que, a base do incentivar economicamente o uso da lingua, corrixa o lastre deixado polo franquismo e axudar así aos nosos medios a fazer a súa propia “transición”, superar complexos, auto-odio, e normalizar no rexistro escrito o que sempre foi o normal no oral.

A 25 anos vista, despois de ver o estudio feito pola USC e publicado na revista da Mesa Pola Normalización Lingüística , Longa Lingua,  podemos dizer que o fracaso é total, o galego sigue a ser cuantitativamente residual (non chega ao 8% de media), asociado a novas de 2ª categoría ou restrinxido a eidos específicos como o folclore ou “complementos” do xornal.

Non se entende a teima de seguir dando dinheiro publico as empresas privadas de prensa escrita, a non ser que o interese do goberno en manter esta liña non estea na língua se non en “atar” certas relacións de complicidade que o aseguren mediaticamente.

Irrita especialmente o feito de que desde o noso goberno se teña que mendigar ou directamente comprar con centos de miles de euros a presencia do galego, rebaixando o orgullo pola nosa cultura a niveis de mercádeo, mentres se penaliza coa non concesión de axudas a proxectos altruístas e altamente comprometidos coa cultura, e a lingua como ponta de lanza de esta, alegando motivos de normativa. Semella que si o 92% da publicación está en castelán, non sabemos si a normativa, pero cando menos estas porcentaxes hai que premialas.

O galego non se vende, se non o queren empregar, que non o empreguen. Envia o teu prego a Secretaría Xeral de Comunicación, a Secretaría Xeral de Política Lingüistica, aos grupos parlamentares e a os medios de comunicación para  cambiar este despropósito .

terça-feira, 26 de junho de 2007

Un estudo revela que os internautas son máis sociables e activos que o resto da poboación



Un estudo impulsado pola Universitat Oberta de Cataluya (UOC) vén de demostrar que, contrariamente ó que pensa a gran maioría da sociedade, os internautas son máis sociables, máis activos, están máis implicados na vida política e incluso teñen máis amigos que o resto da poboación non usuaria de Internet.

A investigación, levada a cabo por máis de corenta investigadores ó longo dos últimos 6 anos, nos que se entrevistaron a 15.390 individuos presenciais e 40.400 a través da Rede, deu lugar ó maior proxecto sobre sociedade da Información feito nunca en España.

Nova completa en Código Cero

domingo, 24 de junho de 2007

Torcida

Rating:★★★★★
Category:Books
Genre: Literature & Fiction
Author:Carlos Drumond de Andrade

quinta-feira, 21 de junho de 2007

"Atenco non se vende": Mulleres de México en Vigo o luns 25 de xuño. ás 19:30 hrs. Na Casa das Mulleres r/Romil, 20



A Coordenadora de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres, en solidariedade co pobo de Atenco e coa Fronte de Pobos en Defensa da Terra, CONVÍDAVOS a participar na charla-denuncia da contínua represión e violación dos dereitos humanos que sofren.
Contamos co testimonio dunha compañeira de Atenco, que ó berro de "Atenco non se vende", ten como fin dar a maior visibilidade posible ós durísimos ataques gobernamentais ó seu movemento popular, como aconteceu en maio de 2006. Este acto terá lugar o luns, ás 19:30 horas, na Casa das Mulleres (r/Romil, 20 - Vigo).

Resumo da situación no pobo de San Salvador de Atenco:
A fins do 2001 o Plan Puebla-Panamá expropiaba as campesiñas e campesiños de Atenco maís do 80% do seu territorio para a construcción dun aeroporto internacional. O pobo organizouse na Fronte de Pobos en Defensa da Terra, non pedían aumenta-lo ridículo prezo que o estado lles daba polas súas terras, pedían seguir vivindo nelas.  A guerra do goberno mexicano contra as poboacións indíxenas e campesiñas de Atenco non ten tregua, así o exército e a policía atacaraas de novo, cando en maio de 2006 apoien ás reivindicacións das vendedoras de flores ó seren expulsadas do seu mercado de sempre para construir nel un grande supermercado multinacional. Nestes enfrontamentos morreu un mozo de 14 anos, 47 mulleres presas, 37 delas violadas, brutalidade e torturas ás centenas de persoas detidas.

sábado, 16 de junho de 2007

Documental Codigo Linux

Rating:★★★★★
Category:Computers & Electronics
Product Type: Other
Manufacturer:  Linus Torvalds e outros
.
.
.
Boísimo documental, para ver con tempo (50min.)


sexta-feira, 15 de junho de 2007

Galicia en Sao Paulo


No Memorial do Imigrante


Mesa redonda dia 12 e 19 de junho às 15h00. Títulos das mesas "Galeguia do século XXI" e "Os Galegos na América".

Exposição “O Sorriso de Daniel”, promovida pelo Conselho de Cultura Galega,  até dia 25/06/2007.


Mesas Redondas

Dia 12 de junho as 15h00

TITULO DA MESA  : "Galeguia do século XXI"

Mediador: Carlos Quiroga  - Professor titular de literaturas lusófonas na Universidade de Santiago de Compostela e Director do Conselho de Redação da Revista Agália

1. José Miguel Wisnik -musico/compositor, professor na USP
2. Luiz Ruffato - escritor
3. Denise Lorch  - diretora Museu da Língua Portuguesa
4. Oswaldo Ceschin - professor na USP
5. Yara Frateschi Vieira - professora na USP

Dia 19 de junho as 15h00
TITULO DA MESA  : "Os Galegos na América"
.Mediadora: Cláudia Regina Costa Lacerda - Doutoranda em História Contemporânea e América da Universidade de Santiago de Compostela (USC).


. Expositores:
1. José Antônio Vidal – Antropólogo, especialista em migrações e doutor em História pela Universidad Complutense de Madrid. Artigo: Causas y factores posibilitadotes del proceso migratorio en el discurso de los emigrantes: los gallegos en Cuba en la primera mitad del siglo XX.

2. Marilia Dalva Klaumann Cánovas – Historiadora, mestre e doutoranda em História Social pela Universidade do Estado de São Paulo (USP). Artigo: Hambre de Tierra. Imigrantes espanhóis na cafeicultura paulista, 1880-1930.

3. Suely Aldir Messeder – Antropóloga, mestre em Ciências Sociais pela Universidade Federal da Bahia (UFBA), professora de Antropologia da Universidade do Estado da Bahia (UNEB) e doutoranda em Cuestións de Filosofia da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Artigo: A construção dos atos performativos étnicos no discurso do nacionalismo galego e brasileiro no período de 1845-1914.


Exposição

Chega a São Paulo a exposição Galícia, O Sorriso de Daniel

Mostra em cartaz no Memorial do Imigrante marca mais uma ação dos 120 anos do prédio da antiga hospedaria

O Memorial do Imigrante, da Secretaria de Estado da Cultura, recebe no próximo dia 25 de maio, a exposição itinerante: Galícia: O Sorriso de Daniel, do Arquivo da Emigração Galega. Promovida pelo Conselho da Cultura Galega da região da

Galícia, Espanha, a mostra, traz 62 painéis, de 2,18m de altura por 1m largura, na Sala Galeria do Memorial.

Os painéis fotográficos retratam com riqueza de detalhes a identidade e a diversidade cultural da Galícia e suas manifestações. Entre os trabalhos, a estátua do profeta Daniel no Pórtico da Glória da catedral de Santiago de Compostela - considerado o primeiro sorriso esculpido em pedra na Europa medieval. Outra figura emblemática da mostra é a de Daniel Castelao, em carne e osso, que representa um dos mais sólidos esforços para construir a identidade cultural e política da Galícia.


Produzida com o objetivo de apresentar a Galícia ao mundo, Galícia: O Sorriso de Daniel está dividida em dez temas, entre eles as Águas Santas; A Moradia do Homem; Figuras da Nação; Os Trabalhos e os Dias; Cara da Modernidade; Eixos do Futuro; e O Caminho.

Em cartaz até 25 de junho, Galícia: O Sorriso de Daniel é mais uma das atividades realizadas em comemoração aos 120 anos do prédio da antiga hospedaria do Memorial do Imigrante. A mostra também intensifica os trabalhos da Rede Internacional de Museus de Migração, criada em outubro do ano passado, em Roma, na Itália. No evento, então promovido pela UNESCO e a OIM, a diretora do

Memorial do Imigrante, Ana Maria Leitão, participou como único representante da América Latina.

Aqui pode ler ou baixar o Libro da exposição Galícia, O Sorriso de Daniel


SERVIÇO
Exposição: Galícia: O Sorriso de Daniel
Vernissage: dia 25/05, sexta-feira, às 19h
Abertura ao público: dia 26/05, sábado, a partir das 10h
Até: 25/06/07

MEMORIAL DO IMIGRANTE
R. Visconde de Parnaíba, 1.316, Mooca, perto do Metrô Bresser
Abre de terça a domingo, das 10h às 17h, inclusive feriados
Ingressos: R$ 4 e ½ entrada para estudantes
Grátis: último sábado do mês e para maiores de 60 e menores de 7 anos
Passeios de Locomotiva aos domingos e feriados. Ingressos: de R$ 4 a R$ 7
Passeios de Bonde somente aos domingos. Ingressos: de R$ 4 a R$ 7