Total de visualizações de página

quarta-feira, 12 de setembro de 2007

Inventouse o racismo informático!!!!

Fonte: Código Cero, diario tecnolóxico de Galiza.
Racismo informático? Discriminación de sistema operativo? Un servizo de atención ó cliente que fai exactamente o contrario do que teoricamente debería facer? Segundo informa estes días The Inquirer, habería un pouco de todo iso no caso dun usuario da cadea británica PC World que quixo que lle amañaran o computador portátil logo de detectar un problema físico no seu equipo, que (hai que dicilo) foi mercado cinco meses antes nese mesmo establecemento. O cliente, que fixo o que probablemente teríamos feito todos os seres máis ou menos humanos deste mundo se detectáramos un defecto de fabricación nun produto adquirido vía as canles tradicionais de compravenda (de telo afanado, xa mudaría o conto), topou co seguinte muro de pedra: o fundamentalismo de certos seareiros e provedores de Windows.
De feito, negóuselle a reparación por un simple pero determinante detalle: o usuario substituíra o Vista por Gentoo Linux. O cliente defendeu a súa postura do seguinte xeito: tratando de explicar que o problema tiña que ver coa montaxe interna do equipo e non co sistema operativo. A empresa puxo o dedo sobre o tipo de letra que máis arrepío dá neste tipo de casos: a letra pequena. Dito doutra maneira: informou que non estaba obrigada a facer reparación algunha en caso de ter detectado algún tipo de violación da garantía, e substituír un sistema operativo por outro era un caso claro de violación. Máis información sobre o caso en Slashdot e comentarios interesantes sobre o mesmo en Barrapunto.

Um comentário:

  1. Impressionante!
    Oxalá o linux venha para ficar e acabar com o Bil Gates de uma vez!
    Beijos e mais beijos


    Orkut & MySpace Glitter Graphics

    ResponderExcluir