Total de visualizações de página

terça-feira, 4 de setembro de 2007

Policía local. Poñamos que falo de Nigrán.




Xa teño observado en moitos lugares que a policía local nos concellos democráticos ten moitas veces unha imaxe inda peor da que tiña na ditadura. E certo que se produciu unha certa modernización, mais lamentablemente consistiu na adopción de un "look" chulesco, con Ray-Ban ou outras gafas de sol, canto mais macarriles, mellor. Como eses policías gringos do "Midwest", que tanto medo dan nas peliculas.

E que aconteceu co seu traballo? É de supoñer que co fin da ditadura tamén cambiou. Nas cidades o seu traballo na ditadura practicamente se reducía a dirixir o escaso tráfico da época, xa que para a represión dos "vagos e maleantes" xa estaban os corpos represivos. Nas vilas non existia ese tipo de policía por ser innecesario. E hoxe son necesarios para que? Podería preguntar alguén. Dificil pregunta, eu non sei respondela.

Onde eu vivo, pouca actividade se lles coñece. Unha das suas principais funcións e posar co seu "atrezzo" mais propio de
"Easy Rider" que de unha pequena e tranquila vila de 16110 Habitantes espallados en 35 km².

Outra actividade na que destacan é na persecución da mocidade de cabelo longo. Pouco importa que nos continuos rexistros a que son sometidos nunca lles encontren nada ilegal, eles ben saben que con esa pinta algo deben fumar de cando en vez, e non perden a esperanza de algún dia atopar algo. Para que tanto empeño?

Será que buscan algo que fumar gratis? non sei... pero a verdade é que parece estraña esa actitude, cando é ben sabido que hai nas veciñanzas unha discoteca onde se reune outro tipo de público, os chamados "malotes", que non levan cabelo longo, son violentos, e consumen todo un arsenal de substancias ilegais. Non é a primeira vez que hai algún morto, nas continuas liortas entre grupos rivais. Non me consta que ese local e os seus frecuentadores  recibiran Bula ou Licencia do Papa de Roma, mais eso é o que parece, xa que a impunidade parece ser total.

Non dispoño de datos dabondo para analizar en profundidade os motivos de todo o anteriormente  exposto, o que si podo decir é que, como mínimo, deberían ser estudados polas autoridades democráticas, sen esperar a que algunha traxedia o faga inevitable. Prever sempre é mellor que curar.



Nenhum comentário:

Postar um comentário