Total de visualizações de página

terça-feira, 11 de setembro de 2007

A reconquista da Illa de Toralla

Rating:★★★★★
Category:Movies
Genre: Action & Adventure
Salvemos Monteferro e as asociacions da Ría non se vende, sumaronse á convocatoria da primeira reconquista da illa de Toralla que se celebrou o Sábado día 8 as 18 horas, convocada polo colectivo Xogo Descuberto (grupo do barrio de Coia) cuxo texto convocante foi o seguinte:

O sábado 8 de setembro ás 18:00 convidámosvos a I Reconquista da illa de Toralla, coa que pretendemos reinvidinca-lo uso da illa por parte de tod@s e manifestar a nosa repulsa ás construccións feitas nela, en especial á torre. Será un acto pacífico que arrincará dende o principio da ponte, no que levaremos música e iremos con vestimenta pirata para facelo máis visibel. Animámosvos a participar, tanto pola ponte como pola auga, xa sexa en piraguas, barcas, chalupas…Un saúdo. Colectivo Xogo Descuberto

A policía desaloxa a 300 persoas que «tomaran» a illa de Toralla nun acto de protesta

Policías antidisturbios desaloxaron o sábado pola tarde da illa de Toralla a 300 persoas que invadiran esta propiedade privada.O colectivo vigués Xogo Descoberto organizara un acto lúdico e pacífico reivindicando o uso e goce público da illa, que pertence a unha comunidade de propietarios. Na concentración interviñeron membros doutros grupos como Acción Cultural A Revolta e outras asociacións como Caleidoskopio, Luar, Bouzas-Movete, GAS, Salvemos Monteferro e Verdegaia.

No acto participaron piratas, músicos bañistas, nenos e maiores. Unha vez lido o comunicado que reivindica un deslinde de seis metros ao redor da illa para uso público terminou a concentración.

Acabado o acto, un bo número de participantes entraron na illa dando un paseo. Segundo os organizadores «nese momento tres furgóns antidisturbios irrumpiron entre os paseantes de xeito totalmente inxustificabel con porras en man alzada, ofrecendo una pésima imaxe aos nenos e nenas asistentes». Segundo membros do colectivo Bouzas Móvete, unha das entidades que acudiu ao acto, algúns dos participantes recibiron «mais dun porrazo».

Nenhum comentário:

Postar um comentário