Total de visualizações de página

sexta-feira, 31 de março de 2006

O ACCESO A VERDADE, XUSTIZA E REPARACION PARA AS VITIMAS DA GUERRA CIVIL E O FRANQUISMO SEGUE SENDO UMA CARREIRA DE OBSTACULOS.


 


Amnistia Internacional

En vesperas do 1 de abril, aniversario do final da Guerra Civil, e o ano en que se cumple o setenta aniversario do comezo da contienda, Amnistia Internacional lembra que as vitimas da Guerra Civil e o rexime franquista seguen a espera de que se reconhezan os seus direitos a conhecer a verdade, obter xustiza e ser reparadas polos danos sofridos.
(Imaxe: Non enterran cadavres, enterran semente, de Castelao)



Os restos de decenas de milheiros de persoas permanecen en fosas clandestinas. Os familiares dos condenados a morte e executados tras xuizos inxustos non puderon ata agora conseguir a anulacion das sentenzas. Os arquivos oficiais seguen sendo de difícil acceso e, en alguns casos, corren o risco de desaparecer.

ENTRA NA NOSA WEB E ACTUA! Pede ao presidente do Goberno, Jose Luis Rodriguez Zapatero, que cumpla cos compromisos adquiridos coas vitimas e elimine os obstaculos que lhes impeden acceder aos seus direitos..


quinta-feira, 30 de março de 2006

WindGURU


http://www.windguru.cz/int/index.php?lang=eng
Para ver o clima galego por localidades temos METEOGALICIA, o que non e xa tan conhecido é este sitio checo, que atina moi ben coa predicción do clima nas nosa terra.

quarta-feira, 29 de março de 2006

Meebo en GALEGO!!!! Acabei a traduccion, busco revisores


O Meebo esta sendo traducido a moitos idiomas, que estaran na proxima version. E boa cousa que mais de uma persoa revise o texto, se tes uns minutos podes facelo para a version en galego.


Meebo e uma paxina na Rede na que te podes conectar e falar  cos teus contactos sen ter que instalar os programas - MSN, Yahoo, ICQ, Gtalk, AIM & Jabber  e outros no futuro. A ventaxa de non ter que instalar nada e importante cando falas nun PC que non e o teu, en calquera lugar do mundo.

domingo, 26 de março de 2006

Mapas do Mundo; continentes, países, estados e capitais


http://www.luventicus.org/mapas.html
Este sitio, creado polo Grupo de Actividades Recreativas da Academia de Ciencias Luventicus (Argentina), e uma fonte de material cartografico optimizado para visualizacion no PC. Desde o seu lanzamento, en agosto do 2003, medrou de modo constante (agora conta con 76 webs),e segue aumentando e melhorando.
En Luventicus tenhen tambén moitos outros RECURSOS DIDACTICOS

quinta-feira, 23 de março de 2006

Panxon e Monteferro




Musica galega disponíbel nas tendas de música-on line de todo o mundo - Galician music abailable in on-line music shops



Fonte - source Ouvirmos


Ouvirmos convértese na primeira editora galega que ofrece o servizo de descarga de cancións en formato mp3 desde plataformas dixitais de todo o globo.









Gostas de levar a música para outra parte? Aqui tes a solución. Descarga o teu rexistro histórico preferido desde Xenebra, o Río da Prata ou Hong Kong; de día ou de noite, chova ou escampe. Non podes prescindir de ningunha peza? Pois descarga toda a colección A Tiracolo e lévaa sempre enriba.










desde hoxe en:Real
eMusiciTunes
Napstersó desde EE.UU.

Podes baixar todos os temas de Ouvirmos desde as máis importantes plataformas provedoras de contidos dixitais da rede. Máis de 130 cancións por 1$ cada unha, máis de 400 min. dispostos para o teu ordenador ou reprodutor de mp3.


Para viaxar co primeiro disco galego no peto …e axiña tamén co último (Ecléctica Ensemble).


E isto é só o comezo…


Fonte - source Ouvirmos











proximamente:Ruckus
musicNetSony Connect
MSN music

quarta-feira, 22 de março de 2006

POR 2 GAL


http://por2gal.elpiso.org/
O traductor portugués-galego máis pequeno do mundo.
Este é o sitio web do programa Por2Gal, un traductor de textos de lingua portuguesa a lingua galega. Este programa é de libre distribución. Hai novas versións melloradas do programa constantemente! Dentro do código do mesmo podes ver a data da última modificación.
Por2Gal está escrito na linguaxe de programación Perl, e por tanto é preciso dispor dun intérprete de Perl para poder utilizalo no computador. Xa que Perl utilízase tipicamente en entornos Unix/Linux e é moi difícil de ver en entornos Windows, para facilitar o uso do programa ós usuarios de Windows é posible utilizar o programa desde esta propia web a través de un formulario que encontraredes, xunto co programa, nesta ligazon.

ESTADES NA VOSA CASA

Rating:★★★★★
Category:Other
Deixa tua marca no meu Mapa de Visitas
Free Web Counters & Statistics
Pola conservación da lingua

Apoiamos a Isaac Díaz PardoCampaña CLIQUE AQUI E JUNTE-SE A NÓS NESSA LUTA!Campaña PUNTO GAL, XA!!!

ETA declara o cese o fogo permanente VER VIDEO

Category:   Other/General

Festa da Arribada: Acción indixena en Baiona contra o xenocidio do "descubrimento"


Hai pouco tempo celebrouse a Festa da Arribada en Baiona, e con tal motivo coloquei un album de fotos de cando estivemos naquela festa berrando Nunca Mais!!!! Temonos divertido moito estes anos, mas a Arribada ten outro xeito de ser entendida, mais reivindicativo que festivo, que vos vou a relatar a seguir:


As cinco da tarde do sabado 4 de marzo, unha vintena de indixenas encadeadas e vixiadas por dous soldados do imperio conquistador de America e por un bispo moi preocupado pola salvación das suas almas pero pouco polo seu benestar terrenal, fixeron a travesia a pe desde Sabaris ate Baiona (onde se celebraba a Arribada da carabela “Pinta” a este porto fai cinco seculos.

Unha vez chegadas a Baiona, a comitiva percorreu as ateigadas ruas sorteando a “nobreza local” e os postos de comida e artesania, para unha vez na praza do Concello, proceder a venda das indixenas como escravas entre as persoas asistentes.

Tras un novo percorrido pola ruas do casco historico de Baiona, voltaron a debandita praza do Concello para ler o comunicado do acto, que xunto co resto das fotos, o atoparedes en 
Galiza Indymedia

terça-feira, 21 de março de 2006

O encargado da Xunta no Brasil, en tempos do PP,vivia na paradisiaca Florianopolis, cobrando mais que Lula


22/03/2006 A Xunta de Galicia tinha um representante no Brasil, concretamente nesa cidade-ilha maravilhosa con mais de 100 praias. O contrato de ese senhor esta blindado ata o ano 2006, no que o actual governo pretende acabar con ese abuso. Que aproveite e disfrute do que lhe queda!


Noticia completa en Vieiros

23 - Colga as tuas fotos na Rede EN GALEGO


http://www.23hq.com/23/signup
Comparte as túas fotos en galego con “23″
Só tes que crear unha conta de usuario (nun só paso) na ligazón.
É realmente sinxelo colgar as fotos, organizalas, comentalas, facelas privadas ou públicas, crear todos os álbumes que queiras…

Ao acceder por primeira vez coa túa conta o servizo estará configurado en inglés. Escolle a túa lingua (no menú Your account>Settings) e listo!

e-music


http://www.e-music.proxecto-ds.com/
e-music é un programa de radio semanal emitido na CuacFM, e-music trata de amosar dun xeito persoal a música electrónica e o mundo contemporáneo

Un sindicalista francés permanece en coma tras unha malleira policial


[21/03/2006  Villepin admitiu este luns a posibilidade de reformar o contrato de primeiro emprego (CPE)... unha vez aplicado. A resposta dos sindicatos, que ameazaran coa folga xeral se o primeiro ministro francés non retiraba onte o CPE, foi a convocatoria dunha folga nacional ou xornada de acción o 28 de marzo. Será o terceiro paro conxunto de traballadores e estudantes franceses en corenta anos, despois dos do 68 e os convocados para rexeitar o contrato de inserción profesional de Balladur en 1994. Pero o que máis preocupa agora ao Goberno francés, de cara á opinión pública, é a evolución de Cyril Ferez, o sindicalista da SUD que permanece en coma, con prognóstico "moi grave", tras unha malleira dos antidisturbios. Ao primeiro, o Ministerio do Interior -Sarkozy- filtrou que Ferez era "un borracho".

Mais en Vieiros

segunda-feira, 20 de março de 2006

MANIFESTO DE TRADUCTORES POLA PAZ E OS DEREITOS HUMANOS - TRANSLATORS' MANIFESTO FOR PEACE AND HUMAN RIGHTS


http://www.saltana.org/pax/paxbabelica.htm?list.htm~mainFrame
Ó longo da historia foron dúas as formas básicas de comunicación entre pobos: a traducción e a guerra. A interacción entre ámbalas dúas é complexa, mais cabería afirmar que, se a guerra é un sinal de fracaso e a imposibilidade do diálogo, a traducción é un instrumento que crea pontes entre sociedades, culturas e relixións. Alén do simple transvasamento de palabras dunha lingua a outra, a traducción constitúe un elemento esencial para enriquece-la nosa comprensión do outro e para converte-los logros atinxidos polas diferentes culturas nun acervo común de toda a humanidade. Mais na ligazón, en 14 idiomas.(Ligazón enviada por Jussara Simões, obrigado Jussara)

Throughout history there have been two main forms of communication between peoples: translation and war. Interaction between these two forms is complex, but whereas war signals failure and the impossibility of dialogue, translation is an instrument which builds bridges between societies, cultures and religions. Far beyond the act of merely substituting the words of one language for those of another, translation is an essential tool for enhancing our understanding of others and transforming the achievements of our different cultures into the common heritage of all humanity. Check the link for more info in 14 languages. .(Link sent by Jussara Simões, thank you, Jussara)

sábado, 18 de março de 2006

CONCENTRACIÓN NA ALAMEDA DE CANGAS Ó DOMINGO 19 AS 18:30 HORAS


CANGAS NON SE VENDE


FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO


 


 






CONCENTRACIÓN NA ALAMEDA DE CANGAS Ó DOMINGO 19 AS 18:30 HORAS


POLA DEFENSA DO LITORAL

A Confraría S. Xosé de Cangas convoca unha concentración para o domingo 19 na Alameda Vella de Cangas, as 18:30 horas como protesta pola destrucción do litoral a mans de intereses especulativos. Concretamente en Cangas se quere dar vía libre a un proxecto de porto deportivo no Salgueirón que acabaría con 250.000 metros cadrados dunha importante zona marisqueira e natural.


O proxecto tivo unha escura, irregular e ilegal tramitación que favorece intereses particulares e vai en contra dos intereses de mariñeiros e cidadáns en xeral.


A Autoridade Portuaria de Vigo e o seu presidente Abel Caballero esta a ratificar a concesión nun alarde de prepotencia e falla de diálogo cos afectados.


A Confraría de Cangas ten presentado recurso contencioso administrativo e petición de paralización cautelar ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


As obras están paralizadas de feito por compoñentes do Foro Social dende hai mais de seis meses, e estes veciños están a sofrer continua presión policial e xudicial. Se non fora por eles as obras xa terían causado un dano irreversible.


Pregamos a cidadanía sensibilidade ante esta situación de indefensión, común a outros puntos concretos do litoral, e a asistencia e apoio a movilización do domingo.


SALVEMOS O LITORAL


FORO SOCIAL DE CANGAS     http://www.cangasnonsevende.org/

sexta-feira, 17 de março de 2006

Resistir Info - Sitio progresista en portugues


http://resistir.info/
"...sob certas condições, os capitalistas privados inevitavelmente controlam, directa ou indirectamente, as principais fontes de informação (imprensa, rádio, educação). É então extremamente difícil, e na maior parte dos casos na verdade quase impossível, para o cidadão individual chegar a conclusões objectivas".

Albert Einstein, no seu ensaio de 1949 Porquê o socialismo .

quinta-feira, 16 de março de 2006

CAMARA WEB DA PRAIA DE PATOS


http://www.waira.net/patoswebcam.htm
Renova-se cada 10 segundos

 
 
 

 
 
 

LAMPREA


Description:
Andamos estes días a contas co patrimonio inmaterial galego portugués, que certamente é unha obra mestra por si. Ese patrimonio está presente en tódolos ámbitos da cultura que compartimos galegos e portugueses, e a cociña e gastronomía non ía ser menos.

Sentase un á mesa en calquera lugar do norte de Portugal cun bo prato de caldo verde e séntese na casa e rodeado de amigos. O gusto polos viños algo acedos e cun chisco de agulla define de forma substancial a nosa irmandade culinaria, xa que en ningún outro lugar da península ibérica gozan de tanta estima tales caldos.

Pero posiblemente o rasgo culinario máis característico de cantos unen a ambas beiras do Miño sexa o gusto pola lamprea. Neste caso o río lonxe de separarnos únenos nun abrazo fraternal profundo e primixenio.

Penso que non hai lugar do mundo onde ese peixe primitivo, antediluviano, goce de tanta estima coma o fai en Galicia e Portugal, fundamentalmente nas terras próximas ao Miño.

E non se trata unicamente do gusto de uns e outros por este peixe que nos visita so nunha curta tempada cada ano, senón que as receitas empregadas para cociñalo son moi semellantes en ambos países. A chamada “lamprea á bordalesa” énos común e xa é unha receita máis nosa que do seu Burdeos natal.

O emprego en Galicia do arroz branco como gornición desta receita lévame a pensar nunha posible influencia dos veciños portugueses na nosa maneira de guisar tan exquisito peixe. Non podemos esquecer que en Portugal o arroz é elemento imprescindible na cociña tradicional, mentres que a tradición galega tívoo confinando ao apartado das sobremesas, coas papas de arroz, ata tempos recentes. Para que non todo sexa igual, no norte de Portugal tamén se amaña o “arroz de lampreia”, mentres en Galicia metemos o animal entre dúas capas de pan e preparamos unha empanada de chupar os dedos ata o óso.

O gusto pola lamprea entre nos ven de lonxe. Nun tratado de cociña portuguesa do século XV pode atoparse a seguinte receita:


Ingredients:

”Lampreia

Limpem a lampreia em água quente, tirando-lhe as vísceras e dando-lhe golpes na carne.
Coloquem-na enrolada, numa tigela, e temperem-na com azeite, coentro, salsa(1), cebola ralada e sal.


Directions:

Deixem-na em repouso por algum tempo, levando-a em seguida ao fogo.
Depois de bem refogada, deitem-lhe um pouco d'água com vinagre, cravo, pimenta, açafrão e gengibre.
Cozinhem em fogo lento.”

(1) Perexil, en Galicia.

A DIASPORA




"fillos sen pai", "terra sen homes" ou "viúvas de vivos"

NON A GUERRA!!!!! Os EUA lanzan sobre Iraq a maior ofensiva aérea desde 2003


[16/03/2006 18:34] Mentres o Parlamento iraquí suspendía, tres meses despois das eleccións xerais, a súa primeira reunión sen elixir presidente, un comunicado divulgado polo exército dos EUA confirmaba o inicio da maior ofensiva aérea sobre Iraq desde a invasión do país en 2003. Na Operación Enxame, que durará varios días, intervirán 1.500 soldados, co apoio de máis de 200 vehículos e 50 bombardeiros que guindarán o seu cargamento sobre as "posicións insurxentes" de Samarra, escenario o 22 de febreiro do ataque contra unha simbólica mesquita xií. A vaga de violencia posterior entre sunís e xiís custou xa máis de mil mortos. "Trataremos de matar tantos terroristas como nos sexa posíbel", sinalou un voceiro do exército estadounidense. Mais en Vieiros

REVISTA RAIZ - Cultura do Brasil


http://www.revistaraiz.art.br/03/
A MISSÃO DE RAIZ. é dar a conhecer e fazer consumir a produção cultural popular brasileira em todas as suas expressões – sonora, iconográfica, cênica, escrita. Os brasileiros se orgulham das dimensões continentais do país, saúdam sua diversidade cultural como uma bênção – mas, “cegos de tanto ver”, desconhecem quase inteiramente a riquíssima gama de manifestações da própria cultura de raiz.

A Peneira Dixital - Xornal Galego


http://www.apeneira.com/
Edición dixital do Xornal Galego A PENEIRA. Información xeral, política, social, cultural, económica, etc...

quarta-feira, 15 de março de 2006

RECENTEMENTE MORREU ALI FARKA TOURE, PERDEMOS UN XIGANTE


Podedes ver os testimonios ou deixar os vosos en AFROPOP WORLWIDE


We’ve lost a giant.  Immodest, brilliant, inscrutable, and luminous, Ali Farka Toure has died in Mali, after a long battle with cancer.  Born in Kanau, Mali, Ali always remained loyal to the desert north, its peoples, traditions, music and mysteries.  Music entranced him from youth, but his noble bloodline never allowed him to embrace it as a profession without misgivings.  In discussing his recent collaboration with kora player and griot Toumani Diabate, Ali always pointed out that Toumani was a real musician, as if somehow, he was just hanging in there.  That didn’t stop the CD, In the Heart of the Moon, from winning a Grammy Award this year, Ali’s second in a long, remarkable career.  Read more

QUE! Vigo, o xornal escrito por os lectores


http://www.quediario.com/blogs/15106/

sábado, 11 de março de 2006

MPB Net: Musica Popular Brasileira


http://www.mpbnet.com.br/
"A música é memória e a gente de tanto cantar já faz parte da História"
Este site é dedicado com carinho à Luhli e Lucina

quarta-feira, 8 de março de 2006

8 de Marzo: No Día da Muller Traballadora

Start:     Mar 8, '06 1:00a
End:     Mar 8, '06 12:00p
Location:     Todo o mundo
A principios do XX, as obreiras da fábrica téxtil Cotton de Nova York, reclamando mellores condicións de traballo, o descanso dominical, a redución de xornada a 10 horas, e recibir igual salario por igual traballo que os homes, ocuparon a fabrica e como resposta, os patróns incendiárona coas obreiras dentro, morrendo carbonizadas as 129 traballadoras.

En homenaxe a aquelas obreiras do téxtil, as mulleres militantes europeas fixaron o día 8 de Marzo como día internacional da muller traballadora. Desde entón o 8 de marzo se converteu nunha xornada de loita das mulleres obreiras e socialistas.

Hoxe, esta loita persiste, xa que a muller sigue sendo explotada no traballo e no fogar, por esta sociedade capitalista que non outorga ningún tipo de igualdade. Os intereses do capital e do patriarcado confúndense nun todo, sendo as dúas faces dunha mesma moeda.

O Bloque pide reconhecerlhes a "cidadanía plena" a filhos e netos de emigrantes


[08/03/2006] A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentará un conxunto de emendas ao Estatuto dos cidadáns espanhois no exterior, que inclúen a petición do dereito á asistencia sanitaria e a recibiren pensións. De paso, e en rolda de prensa xunto coa responsábel de emigración do conselho nacional do BNG, lembroulhe ao goberno espanhol que "non está facendo nada para garantir a limpeza do voto dos cidadáns residentes no exterior".

 

Mais en Vieiros

REGUEIFAS NO 4 CAMINHOS

Category:   Music & Movies

quinta-feira, 2 de março de 2006

Doces do Entroido ou Carnaval


Ingredients:
Fariña, leite, ovos e auga; doces ou salgadas; feitas á pedra ou na tixola; para comer soas ou con azucre, mel, crema ou nata; finas ou gordas, pero todas son filloas. O xornalista gastronómico, escritor e cociñeiro Miguel Vila Pernas acaba de publicar un libro no que estuda a cociña propia do Entroido e de San Xoán (“A cociña do Entroido e San Xoán”, editado por Xerais) e explica que “a filloa e o crepe non é exactamente o mesmo aínda que son moi parecidos”.
Filloa, Feixó, follada...
No que si coinciden a filloa e o crepe é que existen diferentes formas de denominala. En Bretaña teñen moitas variedades, teñen a crepe, teñen a gallette, a palet...”. En Galicia tamén hai múltiples denominacións. “Á filloa, explica Miguel, tamén se lle pode chamar feixó, hai outras zonas nas que se lle di “marruchos” (zona do Val Miñor), follada, tostón... Respecto ao nomes, hai quen ten publicado que os nomes varían en función se son gordas ou delgadas, pero a miña experiencia persoal é que por regra xeral depende da zona e non da forma”. Existe outra segunda cuestión, que é o uso que se lle pode dar. Hai lugares nos que se empregan como sobremesa e poden comerse con azucre ou mel, que é o máis tradicional e noutros cómese salgada, para acompañar chourizo (en Santiago) ou roxóns (en Arzúa). A terceira diferenza está no utensilio con que se fan. “Tradicionalmente, explica Miguel, as filloeiras eran placa de ferro ou de pedra e, máis recentemente, empréganse as tixolas”.
Outras sobremesas típicas
A filloa é un produto estacional, é dicir, que é propio dunha determinada época do ano, neste caso do Entroido. Pero non é a única sobremesa que se fai para este momento. No seu libro, Miguel Vila recolle unha variada e completa tradición galega que vai máis alá das orellas e das filloas.


Directions:
Ver mais en:
http://www.culturagalega.org/temadia.php?id=7575