Total de visualizações de página

terça-feira, 21 de março de 2006

Un sindicalista francés permanece en coma tras unha malleira policial


[21/03/2006  Villepin admitiu este luns a posibilidade de reformar o contrato de primeiro emprego (CPE)... unha vez aplicado. A resposta dos sindicatos, que ameazaran coa folga xeral se o primeiro ministro francés non retiraba onte o CPE, foi a convocatoria dunha folga nacional ou xornada de acción o 28 de marzo. Será o terceiro paro conxunto de traballadores e estudantes franceses en corenta anos, despois dos do 68 e os convocados para rexeitar o contrato de inserción profesional de Balladur en 1994. Pero o que máis preocupa agora ao Goberno francés, de cara á opinión pública, é a evolución de Cyril Ferez, o sindicalista da SUD que permanece en coma, con prognóstico "moi grave", tras unha malleira dos antidisturbios. Ao primeiro, o Ministerio do Interior -Sarkozy- filtrou que Ferez era "un borracho".

Mais en Vieiros

Nenhum comentário:

Postar um comentário