Total de visualizações de página

sábado, 18 de março de 2006

CONCENTRACIÓN NA ALAMEDA DE CANGAS Ó DOMINGO 19 AS 18:30 HORAS


CANGAS NON SE VENDE


FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO


 


 






CONCENTRACIÓN NA ALAMEDA DE CANGAS Ó DOMINGO 19 AS 18:30 HORAS


POLA DEFENSA DO LITORAL

A Confraría S. Xosé de Cangas convoca unha concentración para o domingo 19 na Alameda Vella de Cangas, as 18:30 horas como protesta pola destrucción do litoral a mans de intereses especulativos. Concretamente en Cangas se quere dar vía libre a un proxecto de porto deportivo no Salgueirón que acabaría con 250.000 metros cadrados dunha importante zona marisqueira e natural.


O proxecto tivo unha escura, irregular e ilegal tramitación que favorece intereses particulares e vai en contra dos intereses de mariñeiros e cidadáns en xeral.


A Autoridade Portuaria de Vigo e o seu presidente Abel Caballero esta a ratificar a concesión nun alarde de prepotencia e falla de diálogo cos afectados.


A Confraría de Cangas ten presentado recurso contencioso administrativo e petición de paralización cautelar ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


As obras están paralizadas de feito por compoñentes do Foro Social dende hai mais de seis meses, e estes veciños están a sofrer continua presión policial e xudicial. Se non fora por eles as obras xa terían causado un dano irreversible.


Pregamos a cidadanía sensibilidade ante esta situación de indefensión, común a outros puntos concretos do litoral, e a asistencia e apoio a movilización do domingo.


SALVEMOS O LITORAL


FORO SOCIAL DE CANGAS     http://www.cangasnonsevende.org/

Nenhum comentário:

Postar um comentário