Total de visualizações de página

quinta-feira, 16 de março de 2006

NON A GUERRA!!!!! Os EUA lanzan sobre Iraq a maior ofensiva aérea desde 2003


[16/03/2006 18:34] Mentres o Parlamento iraquí suspendía, tres meses despois das eleccións xerais, a súa primeira reunión sen elixir presidente, un comunicado divulgado polo exército dos EUA confirmaba o inicio da maior ofensiva aérea sobre Iraq desde a invasión do país en 2003. Na Operación Enxame, que durará varios días, intervirán 1.500 soldados, co apoio de máis de 200 vehículos e 50 bombardeiros que guindarán o seu cargamento sobre as "posicións insurxentes" de Samarra, escenario o 22 de febreiro do ataque contra unha simbólica mesquita xií. A vaga de violencia posterior entre sunís e xiís custou xa máis de mil mortos. "Trataremos de matar tantos terroristas como nos sexa posíbel", sinalou un voceiro do exército estadounidense. Mais en Vieiros

Nenhum comentário:

Postar um comentário