Total de visualizações de página

quarta-feira, 31 de maio de 2006

A vinganza (Este texto procede da propia Timofónica!!)




Soa o teléfono...
- ¿Dígame?
- Bos días, ¿podería falar co titular da liña?
- Son eu mesmo
- ¿Dime o seu nome por favor?
- Juan Luís
- Señor Juan Luís, chámolle de Timofónica para ofrecerlle a promoción de instalar unha liña adicional na súa casa onde vostede terá dereito a...
- Desculpe a interrupción, pero, exactamente ¿quen é vostede?
- O meu nome é Judith Maciel, de Timofónica e estamos chamando...
- Judith, descúlpeme, pero para a nosa seguridade gustaríame comprobar algúns datos antes de continuar a conversación, ¿impórtalle?
- ...Non hai problema señor
- ¿Desde que teléfono chámame? Na pantallita do meu só pon "NUMERO PRIVADO"
- 1004
- ¿Para que departamento de Timofónica traballa?
- Telemarketing Activo
- ¿Vostede ten número de traballadora de Timofónica?
- Señor, descúlpeme, pero creo que toda esa información non é necesaria...
- Entón terei que colgar porque non teño a seguridade de falar cunha traballadora de Timofónica
- Pero eu pódolle garantir...
- Ademais, eu sempre estou obrigado a dar os meus datos a toda unha lexión de empregados sempre que chamo a Timofónica para calquera cousa.
- Está ben...o meu numero é 34591212
- Un momento mentres o verifico, non se retire Judith. (Dous minutos)
- Un momento por favor, non se retire Judith (Cinco minutos)
- ¿Señor?
- Só un pouco máis, por favor, os nosos sistemas están lentos hoxe.
- Pero...señor...
- Si, Judith, grazas pola espera. ¿Cal era o asunto da súa chamada?
- Chámoo de Timofónica, estamos chamando para ofrecerlle a nosa promoción Liña Adicional, na que vostede ten dereito a unha liña adicional. ¿Vostede estaría interesado, D. Juan Luís?
- Judith, vou ter que pasarlle coa miña muller, porque é ela quen decide sobre a alteración ou adquisición de plans de Timofónica. Por favor, non se retire. (Coloco o auricular do teléfono diante dun altofalante da cadea de música e poño o CD de Caribe Mix 2004 co Repeat activado. Sabía que algún día, esa droga de música sería útil. Logo de soar o CD enteiro, a miña muller atende o teléfono):
- Desculpe pola espera, grazas...Pódeme dicir o seu teléfono pois na pantallita do meu só aparece "NUMERO PRIVADO".
- 1004
- ¿Con quen estou falando?
- Judith
- ¿Judith que máis?
- Judith Maciel (xa demostrando certa irritación na voz)
- ¿Cal é a súa numero de traballadora de Timofónica?
- 34591212 (mais irritada aínda)
- Grazas pola información ¿en que podo axudala?
- Chámoa de Timofónica, estamos chamando para ofrecerlle a nosa promoción Liña Adicional, na que vostede ten dereito a unha liña adicional. ¿A señora estaría interesada?
- Vou abrir unha incidencia e dentro dalgúns días entraremos en contacto con vostede para darlle unha decisión, ¿pode anotar o numero de incidencia por favor?...¿ola?,
¿ola?
- TUTUTUTUTU...

segunda-feira, 29 de maio de 2006

Henrique Otero, o gaiteiro de Fragoso


Ainda este domingo pasado, xuntouse de novo Henrique Otero cos gaiteiros no Catro Camiños, en Gondomar. Os gaiteiros en bañador ou calza corta, Henrique Otero tamén, Manolo regando a rua... ¿Chegaríamos os 40ºC? Non sei, mas facia calor dabondo. Algúns gaiteiros estaban sen dormir, viñan da festa de Vilaza. Son de ferro. Por certo, antes de que me esqueza, direivos que non son o único que agradece a presencia dos gaiteiros na concentración do outro dia de Salvemos Monteferro.


Non estaba Plácido, o pulpeiro do Carballiño, e o "polvo a feira"  foi servido por unha moza, imaxino que da sua familia. E para quen non sabe, e bo decir que o "polvo a feira" e todos os domingos, e a "gaiteirada" o último domingo de cada mes


E foi por acaso que o dia seguinte encontrei esto no Consello da Cultura Galega:


Fonte: CCG


Henrique Otero "O gaiteiro do Fragoso"


ten xa setenta anos e moita gaita ás súas costas. Cincuenta e seis anos de profesión consolidaron o seu nome coma un dos principais mestres de gaita da segunda metade do século XX en Galicia.

Nacido en 1930 no barrio de Lavadores de Vigo, acadou facer unha síntese entre a aprendizaxe tradicional da gaita e os métodos clásicos. Membro fundador do grupo "Os Cruceiros", de grande popularidade na Galicia dos anos sesenta, converteuse a partir de 1971 en mestre gaita no Conservatorio de Vigo.

Profesor e compositor
Seu é o mérito de que se validase o estudio de gaita galega polo Ministerio de Educación, e foi o primeiro gaiteiro que publicou un método para aprender gaita. Polas súas aulas pasaron algúns dos máis destacados gaiteiros da actualidade, coma o coñecido Carlos Núñez.

Como compositor realizou máis de duascentas obras nas que mestura a tradición máis fonda coa busca de novas posibilidades para o instrumento. Grupos coma Treixadura e Noitarenga teñen incluídas algunhas das súas pezas nos seus repertorios.

Disco
Logo da recente concesión da medalla Constantino Bellón en homenaxe á súa carreira, publícase agora "Henrique Otero. O Gaiteiro do Fragoso" (
Boa Music , 2001). Un disco no que se recollen quince das súas composicións orixinais.


Mais en CCG

quarta-feira, 24 de maio de 2006

Cocinalia (Blog gastronomía)


Description:
http://cocinalia.blogspot.com/

Amplia sección de Blogosfera Culinaria

Ingredients:
Antropoloxía Gastronómica
Frutas Caparros e os tomates raf
Un paseo polo British
Cata de aceites
Cow Parade
Cociñas futuristas
Cociña erótica
Eat Local Challenge

Mercados:
La Ribera, Bilbao
Mercado Central de Valencia
Vietnam
Túnez
Estambul
Lonxa de A Coruña
Mercado de pescado de Dakar
A Feria de Padrón
La Boqueria


Directions:
Libros gastronomicos:
En deuda co placer
O que Einstein lle contou o seu cociñeiro
Viaxes de un chef
A cociña para cociñar
Pimentos Vermellos Recheos
Cociña Galega
Tumbaolas y famentos
Notas de cociña de Leonardo da Vinci
Larousse Gastronomique

Receitas:
Mojo rojo canario
Repolo recheo
Codornices en escabeche
Espinacas Labradas
Castañas en almíbar
Mermelada de melocotons
Membrillo de mazá
Ameixas a mariñeira
Noodles con verduras
Guacamole
Gazpacho
Risotto a laranxa
Berenxenas con pementos
Canelons de porros
Crema malaia de brecol
Tiramisu o estilo de Siracusa

sexta-feira, 19 de maio de 2006

quinta-feira, 18 de maio de 2006

Salvemos Monteferro e a felicidade de un 13 de maio




Manifesto Cuarta Comisión Internacional de Observación de Dereitos Humanos polos sucesos de Atenco



















































 


 

Fonte

 

Barcelona, 17 de maio de 2006


Á sociedade civil mexicana
Á sociedade civil internacional
Ao goberno mexicano
Aos medios de comunicación
Ás Comisión Sexta da Outra Campaña


En febreiro.de 1998 e a raíz da matanza de Acteal ejeccutada tres meses antes, a sociedade
civil internacional reaccionou con diversas movilizaciones para mostrar a súa repudio a la
masacre realizada contra os indígenas rebeldes de Chiapas e para buscar camiños cara a unha solución pacífica do conflito.


Máis de 500 persoas e organizacións dos cinco continentes avalaron a creación dunha Comisión Civil Internacional de Observación polos Dereitos Humanos (CCIODH) que viaxou a Chiapas nesas datas.


En novembro de 1999, unha segunda comisión realizou unha nova visita de observación para evaluar a situación nese momento, e comparala coas observacións e recomendaciones da anteriores.


En febreiro de 2003 produciuse a terceira visita da CCIODH. Tralo triunfo nas urnas do novo goberno, o seu obxectivo foi verificar a posibilidade dunha solución xusta ao conflito
coa aprobación da Lei Indígena. Esta posibilidade quedou frustrada trala negativa do
EZLN e do CNI a dar o seu apoio á reforma constitucional aprobada en 2001 por considerar
que incumplía os acordos de San Andrés


Como resultados destas tres comisións, realizáronse senllos informes que foron entregados a todos os interlocutores da Comisión en México, a todas as organizacións e persoas que os avalaron e ás institucións internacionais (ao Parlamento Europeo, aos Parlamentos Nacionais, ao Parlamento Centroamericano, á Oficinal da Alta Comisionada para os DDHH da ONU, etc).


Tralos sucesos ocorridos en San Salvador Atenco os días 3 e 4 de maio do presente ano co resultado dun menor falecido, varias persoas gravemente feridas, preto de 300 detidos e cinco estranxeiras expulsadas nun operativo no que participaron máis de 3000 policías, presentáronse graves denuncias de abusos sexuais, violacións, malos tratos, vejaciones e torturas que atentan gravemente aos dereitos fundamentais das persoas.


Por todo o anterior solicitamos á sociedade civil mexicana así como ao goberno federal, á Comisión Sexta do EZLN para a Outra Campaña, ás organizacións e ás ongs afectadas polos sucesos, que nos outorguen a mesma confianza que nos concederon nas tres ocasións anteriores, que nos reciban e, déannos a súa palabra, e permítannos realizar libre e responsablemente o noso traballo.


Tamén solicitamos a todas as organizacións que nos avalaron entón a que o fagan de novo para observar, reflexionar e diagnosticar a situación dos dereitos humanos a consecuencia do conflito.


Por todo iso, os abaixo firmantes apoiamos este manifesto para que sexa entregado aos medios de comunicación, ao goberno mexicano e ás instancias internacionais así como á sociedade civil o día 17 de maio de 2006.


A CCIODH viaxará a México desde o 29 de maio ata o 4 de xuño para realizar as entrevistas cos actores do conflito e, a continuación, entregar o seu informe ás instancias, institucións e organizacións, tal e como se procedeu nas tres visitas anteriores.


Barcelona 15 de maio de 2006


Comisión Civil Internacional de Observación polos Dereitos Humanos
email: cciodh@pangea.org

 
URXENTE: asinar o manifesto

terça-feira, 9 de maio de 2006

ETERNA PRISIÓN DE CARBALLO


Premio Miverva

Andrés Meixide González      

  

Pablo estaba celebrando o seu corenta cumpreanos, bailando, bebendo...

en resumo; disfrutando, cando de súpeto, sentíu como se esvaecía. Ao instante

seguinte atopábase tendido nunha branda e confortable superficie, rodeado da

máis absoluta escuridade. Intentou levantarse e deu unha forte cabezada contra

unha dura e inamovible tapa que soaba a madeira, madeira de carballo. Unha

intensa dor estendeuse pola súa columna vertebral coma unha praga de langostas.

``Onde carallo estarei?´´ Tentou lembrar...; o último recordo que residía no seu

aturdido cerebro era a de estalo a pasar moi ben na súa festa de aniversario, e

agora alí estaba, quen sabe onde, atrapado e dorido. Comezou a palpar ao seu

redor. Atopábase nunha caixa pouco máis grande que o seu corpo, tiña a cabeza

apoiada nunha confortable almofada e estaba vestido cun traxe moi elegante, e

seguramente tamén moi caro. Non recordaba estar vestido así, na festa levaba

unha camiseta de manga curta e un pantalón frouxo. Entón caeu na conta.

Atopábase nun ataúde! Comezou a asustarse. Que facía nun ataúde? ``Non estou

morto, iso seguro´´ razoou sen moita convicción, pero entón, por que estaba alí pechado e non de festa coa súa familia e amigos?

 

``Será isto a morte? Unha eterna prisión de madeira?´´ Pensou na familia, os seus

dous fillos e a súa muller. O seu fillo máis pequeno tiña catro anos, e a súa doce e

inocente mirada facía emocionarse ao máis duro e negro corazón, podería algún

día aprenderlle a andar en bicicleta? Seu fillo máis grande, porén, xa tiña 15

anos. Preguntouse con certa melancolía se tería a sorte de atopar un amor como o

atopou el, como a súa muller. Pensou nos miles de solpores gozados na súa

engaioladora compaña, o vento axitando moi suavemente o seu pelo, o sol

vermello arrincando do seu louro cabelo os reflexos máis fermosos, e os seus

suaves susurros cativando o ouvido dun mozo namorado. Comezou a chorar

desesperadamente. Pasaran moitos anos dende a última vez que chorara tanto. A

branca almofada comezaba a mollarse coas bágoas dun home abatido cando

reaccionou. Deixou de chorar. Intentou desesperadamente autoconvencerse de

que non se atopaba nun ataúde, pero entón, onde?

 

Decidiu que se ía buscar unha posible saída era mellor non intentar saber onde se

atopaba, unha idea absurda, pero ben acollida polo seu desesperado cerebro.

Palpou os bordos da caixa coa esperanza de atopar unha forma de abrir a pesada

tapa, mentres, a idea de atoparse nun ataúde ía aflorando na súa mente, inda que

loitaba contra ela con toda a súa forza de vontade. Pasou unha hora aproximada

na frenética busca dunha posible salvación, e a cada segundo que pasaba a

desesperación ía medrando na súa mente. Rematou por derrubarse, a idea do

ataúde invadiuno por completo, mais non intentou atopar o por que, simplemente

berrou con todas as súas forzas. A histeria íase estendendo dende o seu cerebro,

empezando nas mans e rematando nas pernas. Como se os movementos do seu

corpo non foran dominados por el mesmo comezou a rabuñar na tapa da súa

agobiante prisión e a coucear contra ela fortemente, a pesares da intensísima dor

que isto lle producía. A cada rabuñada íanse esgazando a pel e as unllas dos

dedos, facéndoo sangrar cada vez máis. Axitaba as pernas cunha forza

impresionante, ata que golpeou brutalmente o xeonllo dereito contra a sólida

superficie de madeira, provocado así unha dor incríble e punzante. A

impresionante dor aturdiulle os sentidos e mareouno. Parou de rabuñar na tapa

para tocar o inmensamente dorido xeonllo, descubrindo así que afundira a rótula

co seu impetuoso golpe. Non remataba de crelo, atrapado nun ataúde, cun

xeonllo roto e os dedos sangrando.

 

``Que carrallo, total morrerei de fame ou de sede, de que se morrerá antes?´´

Pablo nunca se vira tan preto da morte, de feito, nunca pensara na posibilidade de

morrer, aos seus corenta anos sabía perfectamente que era lei de vida, pero tan de

súpeto... quedou calado, quedo. Lembrou. A súa vida comezou a debuxarse na

súa mente acontecemento tras acontecemento, dende os seus primeiros recordos,

ata a súa derradeira festa de cumpreanos. Lembrou con nostalxia o seu primeiro

cigarro fumado, aqueles cigarros que lle roubaba a seu pai e fumaba cos seus

amigos agochados en calquera parte, tamén aquelas revistas eróticas usualmente

roubadas a calquera quiosqueiro, a súa primeira masturbación, a súa primeira

relación sexual... Lembrou o enterro da súa nai, nunca vira na cara de seu pai

unha expresión tan triste e pechada, esas expresións que non che deixan deducir

o que pasa pola cabeza do seu dono, algo insólito nel, unha persoa normalmente

forte e alegre, mais nunca superou a morte da súa muller. Un mes despois caeu

terríblemente enfermo, vencérase ante a idade. Dous meses despois morrera na

cama dun hospital, Pablo lembrou as súas últimas palabras: ``Non chores fillo,

deixame marchar sabendo que non chorarás por min. Vouche dicir unha cousa,

eu nunca crin na vida despois da morte, pero espero estar equivocado. Quero

atoparme coa miña muller, quero volver abrazala.´´ Lembrou a voz do seu pai,

unha voz rasgada polo paso do tempo e apagada pola agonía do seu último día de

vida. ``Meu pai era un bo home´´ meditou mentres lembraba o tacto da súa

rugosa e áspera pel, esa pel curtida por a experiencia e o traballo. Chorou. Pensou

que chorar nese momento era estúpido, mais non parou. Sabía perfectamente que

chorar, berrar, coucear e rabuñar non ía servir de nada, pero fíxoo de todos

modos. Entre os estúpidos movementos bruscos que Pablo realizaba coa

totalidade do seu corpo magoou máis o nocello e os dedos, e tamén magoou un

cóbado e a fronte. Notaba a húmida calidez do sangue esvarando brazo abaixo,

dende a punta dos dedos, ata chegar a mancharlle o peito. A dor que se extendía

dende os golpes e feridas ata o resto do corpo estaba empezando a marealo.

Lembrou a comida, non soubo por que, pero de súpeto a fame ocupou o primeiro

lugar nos seus pensamentos. Tamén tiña sede. Pasar quen sabe canto tempo

berrando sen parar secáralle tanto a boca e a gorxa que ao respirar notaba como

se lle cravaran milleiros de cristalíños diminutos na irritada carne da tráquea.

Intentou falar, sen saber se para falar consigo mesmo ou se para falar cun alguén

imaxinario. As palabras non saían da súa boca, os insistentes intentos de articular

algo que non soara coma un gruñido só lle provocaban máis dor e unha terrible

sensación de impotencia. Inconscientemente volveu buscar na súa memoria. O

primeiro que recordou foron as horas que tiña pasado na cociña da súa casa

cociñando coa súa muller. O pensamento de non volvela ver, xunto co

pensamento de non volver comer unha comida coma aquelas que facían xuntos

golpeouno no máis profundo da alma coma un pesado martelo. A fame seguía a

golpear o seu estómagocada vez máis forte, morrería de fame? ``Non, inda non

teño a fame suficiente como para morrer´´, pensou, mais, como sabelo? Como

podería saber canta fame se tiña cando chegaba o momento da morte? Pablo

nunca antes morrera de fame... ao pensar iso entroulle a risa. Nese momento un

chiste tan malo e falto de graza coma aquel produciulle moitísima graza. Riu e

riu con sonoras gargalladas, sen case decatarse do estúpido que resultaba

expresar tanta felicidade nunha situación coma aquela. Na súa mente espertou a

idea de que estaba a volverse tolo, e isto produciulle máis graza aínda. Pouco a

pouco as dores do seu magoado corpo, a fame e a sede foron invadindo de novo o

seu angustiado cerebro. Parou de rir cun último son áspero e grave, pois o feito

de pasar varios minutos sen parar de forzar a gorxa fíxolle sentir coma se lle

arrincaran unha tira de cera da xa magoada tráquea. Rendeuse, antes era

consciente de que non ía poder saír daquel oscuro habitáculo, pero aínda así non

se rendera ante calquera posibilidade de fuxida. Quería relaxar o corpo, pero a

dor non llo permitía, tensáballe tódolos músculos e facía que a dor non se

limitara ás zonas feridas, senón que agora se estendía pola totalidade do seu

organismo, aturdindo así os seus sentidos e mareándoo aínda máis. O mareo

fíxose máis e máis intenso. Notou como se unha forte presión lle esmagara o

estómago, e esta presión foi subindo ata atravesar a dorida gorxa, e comezou a

vomitar a amarga bile que esperaba no seu interior ansiosa por saír. O feito de ter

vomitado menguou aínda máis as súa forzas, e o seu corpo terriblemente ferido

permaneceu inmóbil, sumido na mortífera calidez e suavidade do interior do

ataúde. Notaba a dor con máis intensidade que antes, notaba a roupa e os brazos

manchados de sangue, notaba a fronte e o cóbado mágoados e inchados, e a

perna, simplemente non a sentía. O hedor e o calor que a bile derramada sobre o

seu corpo lle producía facía moito máis insoportables os segundos, que cada vez

pasaban máis lentos.

 

Pablo tiña os ollos pechados, e dentro da escura prisión non había nin o máis

mínimo atisbo de luz, no entanto divisou un poderoso resplandor, o resplandor

máis potente que vira nunca. Notaba a forte luz, máis no cerebro que nos ollos, e

esa luz comezou a desaparecer lentamente. Seguía notando dores por todo o

corpo, e sentía unha suor terríblemente fría que o ía cubrindo moi rápido. ``Xa

está, vou morrer.´´ seguiu escurecendo ata a súa totalidade moi lentamente, e a

vida desprendeuse da alma, e voou, voou  moi lonxe do corpo, un corpo que

permaneceu cuberto de sangue e bile ata a súa descomposición.

 

 

 

FIN

Salvemos Monteferro e Verdegaia en A Revolta




Marcha ciclista Vigo - Nigrán en apoio a Salvemos Monteferro


Este sábado dia 13, as 10:30 da mañán, os madrugadores eco-ciclistas están convocados por diveras organizacións e clubes na Praza da Independencia, en Vigo. Algúns ciclistas  sairán mais cedo de Nigrán, para sumarse a esta convocatória, facendo a viaxe de "ida e volta". Dase o caso de que moitos deles costuman andar cas suas bicis de montaña por Monteferro, polo que son especialmente sensibeis a desfeita que se quere facer no monte.


A asociación ecoloxista Verdegaia e unha das impulsoras desta iniciativa, que encaixa na sua reivindicación do papel da bicicleta nas políticas de transporte.  Verdegaia quere amosar á sociedade que existe outra forma de moverse, de viaxar, de coñecer, máis relaxada, ecolóxica e gratificante empregando un modo de transporte totalmente ecolóxico e eficiente, a bicicleta, combinado co transporte público colectivo. A abafante presenza do automóbil privado está a xerar graves problemas ambientais, sociais e sanitarios. O transporte tense convertido nunha das causas principais da crise ecolóxica actual, responsábel do 54% do total do consumo de produtos petrolíferos e emitindo arredor do 20% do dióxido de carbono de toda Galiza e o 35 % do óxido nitroso. Un automóbil moderno emite 1 tonelada de dióxido de carbono cada 100 km, ademais doutros contaminantes, contribuíndo de xeito moi importante ao cambio climático e á degradación da calidade de vida nas cidades.


Outro motivo para que os ciclo-ecoloxistas participen nesta marcha, é que a sua meta é a Concentración que Salvemos Monteferro convocou na praza do Concello de Nigrán, no que se fará a entrega das perto de dez mil firmas recollidas. haberá gaiteiros, grupos de percusión, pandereteiras,  malabares e moitas cousas mais, segun a convocatoria.


 

Os "cipayos" atacan


Ao final do franquismo,  os traidores negociaron cos franquistas a permanencia do esencial do Réxime (o Borbón nomeado herdeiro por Franco, a permanencia nos seus postos de todos os esbirros do Réxime, a Lei de Punto Final, a Lei do Silencio e o Esquecemento, leis non escritas pero non por iso menos vixentes). Negociouse tamén o abandono dunha das reivindicacións mais queridas polos antifranquistas e todos os demócratas: a disolución dos Corpos Represivos do Franquismo. Aquelas augas trouxeron estes lodos. Os "cipayos" de sempre (estrictamente, soldados indios enrolados no exército inglés de ocupación; por extensión, os lacaios dun imperio, antes chamados vendepatrias) non puideron resistir a tentación de masacrar desde os seus vehiculos, con todo tipo de armamento, a miles de obreiros do metal, a xente que esperaba o autobús, ou a turistas do trasatlantico atracado en Vigo. Saldo: feridos, algúns graves... e detidos.


Abundante información sobre estes feitos en Vieiros, a CIG, Primeira Linha, CNT mentras que a CGT deu apenas noticias de axencia, e CCOO de Galicia ou UGT se teñen algunha información na web, a teñen tan agochada que eu non fun quen de atopala.


sexta-feira, 5 de maio de 2006

Vigo foi invadido por Salvemos Monteferro


 


No pasado fin de semana os miñoranos invadiron Vigo cas suas reivendicacións, xunto con outros colectivos sociais e ecoloxistas.


O xoves Verdegaia presentou Salvemos Monteferro  no local social A Revolta.  


O venres foi o 2º Concerto solidario na sala Iguana Club, no que participaron Cogito e Dakidarría (reegae, ska, punk).Aqui podedes ver as fotos do 2º Concerto Solidario de Salvemos Monteferro.


 O sábado, Festa-Presentación da sección viguesa de Verdegaia, en A Revolta de novo, gran festa na que tocaron Servando e Contradança, APERTA (asociación de percusionistas e tamborileiros), Música y Letra, Woïma, Thiossane (percusión africana),  e as Pandereteiras de Andarela. Aqui están as fotos.


Salvemos Monteferro non faltou tampouco en outras convocatorias fora de Vigo, como foi o Rock do Mosteiro, en Oia.


Todo esto enmarcado nas actividades da recta final para a Concentración o  sábado que ven, dia 13, as 12h, no Concello de Nigrán, para a entrega das case 10 000 asinaturas recollidas.


Ese dia se espera que os vigueses devolvan a visita, INVADINDO NIGRÁN EN APOIO A "SALVEMOS MONTEFERRO". Se tocas un instrumento, fas malabares ou tes calquera outra idea que se poida incorporar a festa, non o penses duas veces. E non esquezas traer algo de comes e bebes que a romería ten que ser sonada. Dalle unha última ollada a convocatoria, e nos vemos en Nigrán!!!!


 


 


 

SOS Touriñán: Será que temos que poñer o cava a refrescar?

Category:   Collectibles

As veces os que loitan contra eses poderosos esquecen que tarde ou cedo van vencer, porque contan con algo da sua parte moito mais forte que o poder... esa arma é a razón. O cabo Touriñán, unha das paisaxes máis fermosas e millor conservadas de Europa, LIC (Lugar de Interese Comunitario) parte da Rede Natura, podería converterse nun polígono industrial se, como proxectou o anterior governo no Plano Sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria, se constrúise a piscifatoría de rodaballo meirande do mundo (máis de 300.000 m2). O novo governo puso freo á destrucción e á especulación, e presidente do Grupo Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, rabeou. Agora sabese que os técnicos de Pescanova xa se pronunciaran positivamente para duas situacións alternativas, e o seu Presidente moderou o seu discurso. o que non se sabe ben é que intereses defendía no medio da liorta Lopez Veiga...ainda que non é dificil de imaxinar. (Fontes: ADEGA e Vieiros)

E mentras o champán non está listo, podedes ver este video de Arredemo - Burla Negra

E NON ESQUEZADES: O SÁBADO 13 AS 12H, NO CONCELLO DE NIGRÁN: SALVEMOS MONTEFERRO!!!

quinta-feira, 4 de maio de 2006

2º CONCERTO SOLIDARIO DE "SALVEMOS MONTEFERRO"


 


O venres día 5 ás 12,30 da noite, na Iguana Club de Vigo, terá lugar o segundo concerto Salvemos Monteferro.Ler mais AQUI

quarta-feira, 3 de maio de 2006

A organización ecoloxista Verdegaia falará en Vigo de Monteferro (xoves 4 as 8:30)


 


Aviso urxente de que o xoves 4, ás 8,30  no local de A Revolta (Rúa Real 35, Vigo),  terá lugar un acto explicativo do que está a pasar en Monteferro, organizado pola organización ecoloxista Verdegaia

Mordor avanza na Galiza

Category:   Video Games

O Señor do Anel Único quere destruir a Galiza mentras agarda polos outros Aneis de Poder. Xa mandou os seus orcos o Val Miñor, o Morrazo, a costa da Morte, Touriñán... aqui tedes un avance dos seus planos.

A UBICUIDADE DE SALVEMOS MONTEFERRO


É que non paran!!! Por si non fora bastante sair no programa de TV CámaraCafé,  este martes Salvemos Monteferro estaba na camisola de un dos premiados nos prestixiosos Premios Literarios Minerva, e no fin de semana na festa con pinchadiscos e graffitti que o Concello de Baiona encomendou para a inauguración de unha half (pista de monopatín) en Baiona. Vexan nas fotos a festa literaria e o traballo dos graffitteiros.


Tal como van as cousas, parece cada vez mais que os que gobernan en Nigrán e na Deputación van ver esfumarse o seu futuro político, a non ser que retiren a tempo o polémico vial-autopista de Monteferro.

terça-feira, 2 de maio de 2006

Premios Minerva 2006




En pe, os ganhadores

¡Por un referendo libre e xusto para a autodeterminación do pobo saharaui!


At: Kofi Anan - Secretario Xeral de Nacións Unidas


As organizacións e persoas abaixo firmantes solicitamos que Nacións Unidas asuma os seus compromisos e cúmprase a legalidad internacional coa celebración do referendo de autoderminación sobre o Sáhara Occidental cuxo proceso iniciouse fai máis dunha década (1991), conforme á legalidad internacional e segundo compromiso establecido en diversas resolucións do Consello de Seguridade da ONU.

Os intereses familiares do Presidente Bush e a contorna do emporio petrolífero -co agravante da relación profesional e persoal do fillo de Bush coa empresa que acaba de lograr a concesión por parte de Marruecos de prospecciones petrolíferas nas costas saharauis- non pode ser o determinante do futuro do pobo saharaui.

Non podemos permitir que o pobo saharaui sexa unha nova vítima do dobre rasero da política internacional.

Demasiadas vítimas, demasiados mortos.... imposible pensar en que "outro mundo sexa posible" coas premisas de flagrantes inxustizas que están conculcan os dereitos básicos dos pobos e os dereitos humanos.

Reclamamos da Unión Europea unha posición máis activa no que se refire ao conflito saharaui defendendo a legalidad internacional co mesmo interese e implicación que nestes momentos ten en relación ao conflito entre Israel e Palestina.

Pedimos aos nosos gobernos o compromiso claro en defensa desta legalidade internacional.

¡Uns cantos pozos de petróleo non poden ser suficiente para abandonar a miles de saharauis que desde fai máis de 25 anos esperan nas zonas máis inhóspitas do deserto arxelino que se faga xustiza e que se cumpran as promesas da comunidade internacional!

¡Por un referendo libre e xusto para a autodeterminación do pobo saharaui!


PREMA AQUI PARA ASINAR