Total de visualizações de página

sábado, 29 de novembro de 2008

O domingo, todos contra o Plan Vigo Íntegra! por que?

Start:     Nov 30, '08 12:00a
Location:     Gran Via Vigo (Praza dos Cabalos)
Vigo Íntegra: Un Plan que arruinaría o territorio, a paisaxe, a natureza, a biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial.
Un Plan que destruiría, polo tanto, a nosa identidade.

Baixo o lema "O ASFALTO NON É PROGRESO" os 30 colectivos abaixo asinantes, entre eles Salvemos Monteferro, queremos convidarvos a tod@s a participar connosco na Manifestación contra o Plan Vigo Íntegra. Este domingo, día 30 de novembro ás 12:00 h.

Partirá da Gran Vía (Praza dos Cabalos) para rematar na Porta do Sol


CONVOCAN: A Ría Non se Vende / A.C. Berra Val Miñor / A.C. Caleidoskopio / A.VV. "Dunas" (Nigrán) / A.VV. "A Irmandade" de Priegue / Afectados Ronda Vigo - Lavadores / Agrupaçom de Montanha "Augas Limpas" / Alternativa Veciñal / Asociación A Groba / Asociación Afectados PO-313 / Bouzas Móvete / Centro Social A Revolta / Clube Espeleolóxico Maúxo / Colectivo Lúa Meiga / Colectivo Nacionalista de Marín / Colectivo Xogo Descuberto / Comisión de Seguimento da Conexión da A-57 con Peinador / Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares / Foro Social de Cangas / Grupo Axitación Social (GAS) / Luita Verde / Nunca Máis Val Miñor / OAR Redondela / Plataforma Cidadá de Redondela / Plataforma pola Defensa de Mos / Plataforma Priegue Unido / Plataforma Vive Gondomar / Salvemos Monteferro / Sárdoma en Loita / SOS Serra da Groba / Verdegaia

sábado, 22 de novembro de 2008

O conto dos mandatarios


O meu amigo Angel Reigosa, de Salvemos Monteferro, falando coa súa filla de seis anos, acabou facendo este pequeno conto:

Permitídeme hoxe que vos conte un conto. Había unha vez un sistema hidráulico que abastecía a unha poboación. As presas almacenaban a auga que logo por diferentes canos, chegaba ás billas dos cidadáns.

Pasou o tempo e ocorreu que das presas saía moita máis auga da que chegaba ás casas, estaba claro que se perdía auga no traxecto, mais como había auga suficiente, ninguén fixo nada. Este problema inicial, non fixo mais que crecer e crecer. Algunhas veces a auga saía á superficie desde as conducións e entón o buraco era reparado, mais outras veces, a auga discorría baixo terra sen que ninguén o soubese e outras, trileiros da auga canalizábana cara ás súas propiedades sen que ninguén tivese constancia diso.

Nun momento determinado, a auga comezou a escasear e os sisudos mandatarios, logo de meditar durante moito tempo, optaron polo que para eles era a mellor solución: Ir casa por casa recollendo unha garrafa de auga e botar esas garrafas de auga de novo na presa.

O resultado de todo isto, é fácil de entender, onte contáballo á miña filla de 6 anos e coincidiu no diagnóstico: fracaso absoluto. Non parece moi sensato botar auga na presa antes de selar as fugas non vos parece?


E asi acabou o conto.

--------------------------------

E todo conto debe ter a súa moral:


Para o meu pobre entender, isto é o que fixeron os nosos "sisudos mandatarios" coa crise financeira mundial. utilizaron a nosa "auga" para introducila de novo na "presa", sen selar antes as "fugas" nin expulsar aos "trileiros da auga" e o resultado pode ser un "fracaso absoluto".



Nota para mellor entender:

@s amig@s de fala portuguesa: Poden mudar presas por "barragems", "billas" por "torneiras" e "trileiros" por "gatunos" ou "vigaristas".

@s amig@s de fala española: Pueden cambiar "billas" por "grifos" y "buraco" por "agujero".


terça-feira, 18 de novembro de 2008

DECÁLOGO DO CONSUMO RESPONSABLE

1 - Faite consciente do teu poder como consumidor: a túa elección diaria afecta á Economía Mundial.

2 - Que non che pisen os teus dereitos de consumidor: fíxate na calidade do produto que mercas e na información que aparece na etiqueta.

3 - Que non che cambien a festa; o Nadal non significa consumir. Non sexas monicreque da publicidade.

4 - Detrás dun produto excesivamente barato pode haber explotación laboral, deterioración medioambiental ou problemas para a túa saúde; infórmate.

5 - Que o teu consumo respecte o Medio Ambiente: merca produtos que indiquen na súa etiqueta que non estragan a Natureza.

6 - Pensa que as marcas “de moda” encarecen o prezo final. Sé crítico.

7 - Non merques xoguetes bélicos nin sexistas.

8 - Apoia ó pequeno produtor local. Que non o esmaguen as transnacionais.

9 - Colabora coas iniciativas solidarias que che propoñan.

10 - Un consumidor responsable medra dende pequeno. Fai do teu consumo un exemplo para os teus fillos.

 

De seguro que algunha destas proposicións che parece novidosa. Infórmate mellor e divúlgao.


Fonte: http://www.covadaterra.org

Morreu Warren Wooster


Fai anos coñecín a Warren Wooster cando estivo aqui en Vigo, traballando cuns colegas do meu traballo. Lembro a súa sorpresa ás 11 da mañá ao ver que alguén comía polbo ou luras, xa que no seu país non comen tentáculos, e menos a esa hora. Pero era home de mentalidade aberta e non duvidou un instante en probalos. Durante a súa estancia aqui, probabelmente bateu o record de consumo deses produtos.

Esta é a descrición do seu traballo, escrita por el mesmo:
"Eu estiven durante moito tempo involucrado no estudo da función das institucións internacionais que promovan os estudos científicos dos océanos e a aplicación das súas conclusións á utilización racional dos recursos mariños vivos. Estas institucións son ou ben intergobernamentais ou ben non gobernamentais, e mundiais ou rexionais. A miña experiencia foi con organizacións en todas estas categorías, incluída a Comisión Oceanográfica Intergobernamental da Unesco, o Comité Científico de Investigacións Oceánicas, o Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM), e máis recentemente a Organización de Ciencias Mariñas do Pacífico norte(PICES ).

Aínda que estas organizacións ocúpanse da xeración de información científica relevante para a xestión da pesca, non teñen responsabilidades de xestión. Un dilema foi o de reducir a brecha entre o estudo académico das características do océano e as poboacións e os aspectos prácticos e os problemas políticos da determinación e establecemento das taxas de captura permisible. Cruzar esta ponte é agora máis importante que nunca co recoñecemento da necesidade da xestión dos ecosistemas e a crecente toma de conciencia da influencia das variacións do medio ambiente sobre a abundancia e distribución das poboacións de peixes.

Patricio A. Bernal, Secretario Executivo da COI dixo del recentemente:
O pasado luns, 27 de outubro, eu estaba en Dalian participando na cerimonia do premio Warren Wooster 2008, concedido este ano ao profesor Charlie Miller da Universidade Estatal de Oregon. Warren enviou unha mensaxe escrita que foi lida polo Presidente da PICES. Escoitándoa, Alex Bychkov, Secretario Executivo da PICES, sentiu un mal presaxio cando comentou que Warren só enviara unha breve mensaxe escrita en lugar dun vídeo ou unha mensaxe de son como se lle solicitou... "se non se sente con ánimo para iso, debe estar moi baixo". Como mostraron os acontecementos que sucederon, el tiña razón. Esta é unha gran perda para a cooperación internacional en oceanografía e ciencias do mar en xeral. Sen dúbida, botaremos en falta a calidez e personalidade xovial de Warren e o seu sentido do humor rápido e forte.

Descanse en paz.