Total de visualizações de página

terça-feira, 18 de novembro de 2008

DECÁLOGO DO CONSUMO RESPONSABLE

1 - Faite consciente do teu poder como consumidor: a túa elección diaria afecta á Economía Mundial.

2 - Que non che pisen os teus dereitos de consumidor: fíxate na calidade do produto que mercas e na información que aparece na etiqueta.

3 - Que non che cambien a festa; o Nadal non significa consumir. Non sexas monicreque da publicidade.

4 - Detrás dun produto excesivamente barato pode haber explotación laboral, deterioración medioambiental ou problemas para a túa saúde; infórmate.

5 - Que o teu consumo respecte o Medio Ambiente: merca produtos que indiquen na súa etiqueta que non estragan a Natureza.

6 - Pensa que as marcas “de moda” encarecen o prezo final. Sé crítico.

7 - Non merques xoguetes bélicos nin sexistas.

8 - Apoia ó pequeno produtor local. Que non o esmaguen as transnacionais.

9 - Colabora coas iniciativas solidarias que che propoñan.

10 - Un consumidor responsable medra dende pequeno. Fai do teu consumo un exemplo para os teus fillos.

 

De seguro que algunha destas proposicións che parece novidosa. Infórmate mellor e divúlgao.


Fonte: http://www.covadaterra.org

Um comentário: