Total de visualizações de página

sábado, 22 de novembro de 2008

O conto dos mandatarios


O meu amigo Angel Reigosa, de Salvemos Monteferro, falando coa súa filla de seis anos, acabou facendo este pequeno conto:

Permitídeme hoxe que vos conte un conto. Había unha vez un sistema hidráulico que abastecía a unha poboación. As presas almacenaban a auga que logo por diferentes canos, chegaba ás billas dos cidadáns.

Pasou o tempo e ocorreu que das presas saía moita máis auga da que chegaba ás casas, estaba claro que se perdía auga no traxecto, mais como había auga suficiente, ninguén fixo nada. Este problema inicial, non fixo mais que crecer e crecer. Algunhas veces a auga saía á superficie desde as conducións e entón o buraco era reparado, mais outras veces, a auga discorría baixo terra sen que ninguén o soubese e outras, trileiros da auga canalizábana cara ás súas propiedades sen que ninguén tivese constancia diso.

Nun momento determinado, a auga comezou a escasear e os sisudos mandatarios, logo de meditar durante moito tempo, optaron polo que para eles era a mellor solución: Ir casa por casa recollendo unha garrafa de auga e botar esas garrafas de auga de novo na presa.

O resultado de todo isto, é fácil de entender, onte contáballo á miña filla de 6 anos e coincidiu no diagnóstico: fracaso absoluto. Non parece moi sensato botar auga na presa antes de selar as fugas non vos parece?


E asi acabou o conto.

--------------------------------

E todo conto debe ter a súa moral:


Para o meu pobre entender, isto é o que fixeron os nosos "sisudos mandatarios" coa crise financeira mundial. utilizaron a nosa "auga" para introducila de novo na "presa", sen selar antes as "fugas" nin expulsar aos "trileiros da auga" e o resultado pode ser un "fracaso absoluto".



Nota para mellor entender:

@s amig@s de fala portuguesa: Poden mudar presas por "barragems", "billas" por "torneiras" e "trileiros" por "gatunos" ou "vigaristas".

@s amig@s de fala española: Pueden cambiar "billas" por "grifos" y "buraco" por "agujero".


Nenhum comentário:

Postar um comentário