Total de visualizações de página

quinta-feira, 27 de abril de 2006

O FIN DE SEMANA VEÑEN OS MARCIANOS A SALVAR MONTEFERRO!!!

Category:   Video Games

Fartos xa das continuas falcatruadas do imperialismo globalizado, vén unha patrulla coas primeiras misións: Limpar o mediterraneo, arranxar a capa de ozono e salvar Monteferro e a Selva Amazónica. Non se perdan o video, e gocen da natureza e do bo tempo no fin de semana.

terça-feira, 25 de abril de 2006

GALIZA LEMBRA OS MÁRTIRES DE CARRAL, Memoria dunha revolución frustrada



Pensaba escrever algo deste tema e Vieiros aforroume o trabalho.



O 23 de abril de 1846, despois dunha dura batalla que comezara en Montouto, Solís e o seu exército foron derrotados na compostelá Praza da Inmaculada polas tropas do Xeneral Concha. Tres semanas antes, comezara un levantamento en Lugo en contra do Goberno de Narváez, que non tardou en extenderse por toda Galiza. Pero neste día, logo de se rendiren, moitos foron desterrados e outros foron fusilados en Carral, de camiño aos xulgados da Coruña, tres días despois. Pasaron 160 anos, pero Galiza enteira segue a lembrar aos seus mártires e a homenaxealos.



A Concellaría de Cultura compostelá comezou co recordatorio deste episodio da nosa historia, e para facelo, optou polo lugar, a data e a hora na que se produciu o rendemento: o domingo 23 ás 19:00, a Praza da Inmaculada encheuse de lembranza cun discurso do concelleiro Néstor Rego, unha actuación dos violonchelistas Chelicia, e un recital de María do Cebreiro. Ademais foi presentada unha publicación que recolle aqueles feitos, e que será presentada oficialmente o 2 de maio, na Feira do Libro, polo concelleiro Néstor Rego e o historiador Xusto G. Beramendi.

Non lonxe, na Cacheiras onde a batalla comezou, a Asociación Vecinal Raviña Valdés de San Simón de Ons promoveu un achegamento entre o alumnado dos institutos de Cacheiras e Carral: uns 60 rapaces de Cacheiras depositaron unha coroa de flores a carón do monolito que lembra a batalla que remataría con levantamento, o mesmo domingo. Os de Carral farán o propio o mércores.

Nun camiño entre Carral e Paleo
Aqueles que se sublevaran na procura da autodeterminación, contra o Estado. Só puideron levar adiante o seu intento durante tres semanas: o 2 de maio, Miguel de Solís e Cuetos iniciou a rebelción en Lugo, e non tardou en extenderse por Compostela, Pontevedra, Tui e Vigo. O 15 foi celebrada unha asemblea en Compostela co fin de constituíren unha Xunta Suprema do reino de Galicia.

Pero o día 23 foron derrotados, e o 26, moitos deles fusilados: foi nun camiño entre Carral e Paleo, onde aínda hoxe están enterrados sen lápida. Esta data dos mártires galegos ramén é lembrada por varias institucións: A Real Academia Galega organiza para o vindeiro mércores 26 varios actos en lembranza dos fusilados. Xa o pasado sábado 22 un cento de veciños de Carral lles fixeron unha ofrenda floral aos "mártires da liberdade", e representaron a obra teatral de Manuel María Abril de lume e ferro.

A Real Academia comezará ás 11:30 a súa homenaxe, cunha recepción na Casa do Concello de Carral. Ás 12:15, o presidente Xosé Ramón Barreiro Fernández ofrece un discurso ao pé do Monumento aos Mártires de Carral. Depsois haberá unha sorprendente intervención plástica de Ánxel Huete no Campo da Feira, e á unha menos cuarto dará comezo un roteiro pola ruta dos Mártires até o cemiterio de Paleo, animada polo grupo de música tradicional Alén do Mar. Ao chegaren ao cemiterio, os asistentes farán unha ofrenda poética e floral aos Mártires, na que intervirán os académicos Xosé Luís Méndez Ferrín, Salvador García-Bodaño, Xesús Alonso Montero, e o recén incorporado Darío Xohán Cabana. A continuación, os alumnos do I.E.S. de Carral e Cacheiras realizarán unha ofrenda floral, mentres Susana Seivane interpreta a Marcha do Antigo Reino de Galicia.

Ademais Radiofusión, a agrupación das emisoras municipais galegas, realizará un programa especial divulgativo en torno ao tema. Poderá sintonizarse de 9:00 a 12.00 da mañá do mércores en Radiofusión Ferrolterra (107.7 da Frecuencia Modulada na área Ferrol-A Coruña) e de 19:00 a 22:00 da noite no circuíto galego das emisoras municipais.




sexta-feira, 21 de abril de 2006

A Marbellización da costa galega, os Políticos e a Prensa


 


Vén sendo unha práctica habitual nos políticos do actual Goberno Galego falar de que van impedir a "marbellización" da nosa costa. Todo demasiado fermoso para ser real. É de todos sabido que os intereses en xogo son tan importantes que "os que moven os fíos" vanse a saír coa súa en moitos casos, sen reparar en medios para conseguilo. Xa hai moitos datos que apuntan nese sentido, vexamos senón o papel da prensa. Os periodicos galegos falaban non fai tanto da "marbellización", ou da "autopista en Monteferro" ou da Piscifactoría de Álvarez Cáscos na Praia das Catedrais (rede natura 2000) etc, caso este último que me fai saltar as bágoas. Dos inumerabeis recheos e portos deportivos xa non falaban tanto. Cal é a situación actual? que a prensa non di nin pio destes temas, ou se di algo é para desprestixiar aos que aínda resisten intentando defender a nosa costa. Este notório cambio de actitude resulta na miña opinión bastante sospeitoso. De ahi que vexo á prensa moi ben representada polo moniño da esquerda, o que nada di.



E que hai dos nosos políticos? Dos do anterior goberno non vale a pena perder o tempo en describir a serie de desatinos que aprobaron, especialmente cando decidiron aplicar unha política de terra queimada ao verse obrigados a abandonar o poder.



Do actual goberno galego pódense citar tantas declaracións cheas de "boas intencións" como se queira... non permitirán a marbellización das Rias Baixas... que posiblemente acaben sendo declaradas Reserva da Humanidade... ¿ou será cloacas da inhumanidade?
Todo iso é moi bonito, pero na práctica que?


Creo que os colectivos cidadáns e os ecoloxistas pronto empezarán a fartarse de pasear de Consellería en Consellería, para recibir en todas moitas palabras de ánimo, e a recomendación de "pedir cita" na seguinte Consellería... "porque non é competencia nosa"
Pero imos ver... pensan que a xente é parva? é posible que ninguén saiba de quen son competencia estes asuntos? é posible que as escasas veces que mandan parar algo, os politicos da dereita teñan a desvergoña de dicir "non imos facer nin caso do que diga o Goberno Galego"?. Parécevos unha boa representación do Goberno Galego, a que fan os outros dous moniños da foto, que non ven nin oen nada?



Fagamos unha pequena lista dos "disparates de que estamos falando, non vaia ser que non sexa para tanto. Por orde, de sur a norte:


"Autoestrada en Monteferro"


Campo de Golf en Chandebrito


Urbanización de Massó, en Cangas


Ronda en Sanxenxo


Urbanismo insostibel e ilegal en Pontedeume


Piscifactoría na Praia das Catedrais na Mariña lucense


Resumindo, como din os de ADEGA, do que se trata e de Urbanismo descontrolado: privatizar beneficios, socializar perdas. Os autores son catro listos de empresas poderosas, os complices xa os estades imaxinando...


 



 


 

China, Arabia Saudi, Iran e USA, a cabeza dos "40 Principais" dos executores do mundo PENA DE MORTE NO 2005 (AMNISTIA INTERNACIONAL)


 


. Foron executadas 2148 persoas ou mais, en 22 paises no 2005.
. 94% deles foron mortos en
China, Iran, Arabia Saudi e os USA 
. Ademais, 5,186 persoas foron sentenciadas a morte no mesmo periodo, e xa son mais de 20000 as que están en lista de espera para ser asesinadas polo seu propio governo.



A pesar deses datos alarmantes, a tendencia abolicionista continua medrando, e o número de paises que fixeron execucións baixou de novo por carto ano consecutivo. Nos últimos 20 anos, ese número reduciuse a metade. Mexico e Liberia foron os que mais recentemente aboliron a pena de morte.


"Mentras o mundo segue abandoando o uso da pena de morte, , resulta anómalo que China, Arabia Saudi, Iran e os USA se mantenhan no seu uso extremo, no "Top" dos executores do mundo." - Irene Khan, Secretaria Xeral de Amnistía Internacional.



A pena de morte é a negación final e irreversibel dos dereitos humanos. Costuma  aplicarse de xeito discriminatorio, tras xuizos injustos ou por motivos políticos. Pode levar a errores irreversibeis. Amnistía Internacional vai seguir ca sua campanha ata abolir esta pena no último pais do mundo.

quinta-feira, 20 de abril de 2006

Biblioteca dixital (Mexico)


http://omega.ilce.edu.mx:3000/index2.html

Gastronomia mexicana


http://comenius.orbis.org.mx:8886/bibdigm/bibdigm_cart1/bid_busc_subt?f_tema=7&f_subt=5
Jose Fuentes Mares (1919-1986) é un dos historiadores mexicanos máis lidos deste seculo. Nestas paxinas brindase unha sabrosa invitacion a compartir viandas gastronomicas, circunstancias historicas e trazos culturais de "antojos", "platillos" e modales de mesa a traves duma deliciosa lectura. Na ligazon podedes ler o seu libro "Arte del bien comer y del mejor beber" e outros libros de gastronomia mexicana (Gracias a Colineta pola referencia)

quarta-feira, 19 de abril de 2006

terça-feira, 18 de abril de 2006

Meebo en Galego e outros idiomas! Meebo is ready to be used in many languages!


Xa se pode usar o Meebo en galego e outros idiomas. Conecta co MSN, Yahoo, ICQ, Gtalk Aol e outros, sen instalar os programas. E na parte baixa da paxina, en diversos idiomas.


In the lower part of that page you can found links to the following languages (Conect to MSN, Yahoo, ICQ, Gtalk Aol & others, without program instalation):


English | 中国话 | 中國話 | hrvatski jezik | Dansk | Nederlands | Filipino | Suomi | Français | Galego | Deutsch | Ελληνική | Hebrew
हिन्दी | Magyar | Indonesian | Italiano | 日本語 | 한국어 | l337 | Bahasa Melayu | Norsk bokmål | Igpay Atinlay | Português Brasileiro
Português | Română | Русский | Español | Kiswahili | Svenska | தமிழ் | తెలుగు | Türkçe | Українська | tiếng Việt

segunda-feira, 10 de abril de 2006

RACISMO


A seguinte cena aconteceu em um vôo da British Airways entre Johannesburgo 
(África do Sul) e Londres.


 Uma mulher branca, de aproximadamente 50 anos, chegou ao seu lugar na  classe econômica e viu que estava ao lado de um passageiro negro.
 Visivelmente perturbada, chamou a comissária de bordo.
 "Qual o problema, senhora"?, perguntou a comissária.
 "Não está vendo? - respondeu a senhora - "vocês me colocaram ao lado de um  negro. Não posso ficar aqui. Você precisa me dar outra cadeira".
 "Por favor, acalme-se - disse a aeromoça - "infelizmente, todos os lugares  estão ocupados. Porém, vou ver se ainda temos algum disponível".
 A comissária se afasta e volta alguns minutos depois.
 "Senhora, como eu disse, não há nenhum outro lugar livre na classe  econômica. Falei com o comandante e ele confirmou que não temos mais nenhum
 lugar nem mesmo na classe econômica. Temos apenas um lugar na primeira  classe".

 E antes que a mulher fizesse algum comentário, a comissária continua:
 "Veja, é incomum que a nossa companhia permita à um passageiro da classe  econômica se assentar na primeira classe. Porém, tendo em vista as  circunstâncias, o comandante pensa que seria escandaloso obrigar um  passageiro a viajar ao lado de uma pessoa desagradável".
 E, dirigindo-se ao senhor negro, a comissária prosseguiu:
 "Portanto, senhor, caso queira, por favor, pegue a sua bagagem de mão, pois  reservamos para o senhor um lugar na primeira classe..."
 E todos os passageiros próximos, que, estupefatos, assistiam à cena,  começaram a aplaudir, alguns de pé. 


"O que me preocupa não é o grito dos maus. É o silêncio dos bons."   Martin Luther King

sábado, 8 de abril de 2006

sexta-feira, 7 de abril de 2006

The Free Site - Recursos gratuitos de Internet e informatica


http://www.thefreesite.com/
Todo gratis!
Cifrado, Seguridade, Ilhamento Da Web..
Gratis para Bloggers...
Comercio, Comercialización, Búsqueda De Trabalho...
Servizos De Charla, Emoticons, ICQ, Charla 3D, VoIP...
Servizos Del E-mail, Alarmas...
Fontes Libres, TrueType...
Xogos En Línha, Xogos gratis...
Gráficos, Clipart, Recursos Da Imaxe..
Java applets, Javascript, ...
Postais,Tarxetas Na Rede, E-Saudos...
Software, Utilidades, Anti-Virus...
Sons, MP3s Libre, WAVs, MIDIs...
Axuda Técnica,PC Que localiza averías...
Espacio Libre Na Rede para seu sitio...
Ferramentas De Webmaster, Recursos De Sitio na Rede...

quinta-feira, 6 de abril de 2006

DESCUBERTOS DOUS CONCELHOS SEN CORRUPCION


ONDE CARALHO SERAN? PARA MIN QUE NON ESTA A FALAR DO VAL MIÑOR...


 

UMA NOVA ISCA LOGICA(NUM 5): Será que ele sabia? Ou não?


http://www.lucianopires.com.br/iscasbrasil/iscas/abre_isca.asp?cod=770
Iscas lógicas escritas por Jussara Simoes (a da foto)
Já estão cobrando:
-- E aí? Cadê as regras? Quando é que a gente vai saber, no duro, como é esse negócio de argumentar direitinho?
-- É mole! A lógica aristotélica…
– Ih, lá vem palavrão?
-- Mas que culpa tenho eu se o gajo se chamava Aristóteles? Vá brigar com os pais dele!

quarta-feira, 5 de abril de 2006

O Xogo da Memoria Histórica. A nosa Memoria, 1931-1982.


 


 


 


 


Existen tres modalidades de xogo. En todas elas poden participar un ou dous xogadores.

"Preguntas de todas as categorías en orde", as preguntas iranse mostrando na orde establecida no cadro que indica a evolución do xogo. Aparecerá unha pregunta de cada unha das seis categorías.

"Preguntas de categoría aleatoria", as preguntas irán aparecendo ao azar sen ningunha orde establecida.

"Preguntas dunha categoría elixida", todas as preguntas serán dunha mesma categoría elixida previamente polos xogadores.


1 Xogador, Preguntas de todas as Categorías en orde

2 Xogadores, Preguntas de todas as Categorías en orde

1 Xogador, Preguntas de Categoría aleatoria

2 Xogadores, Preguntas de Categoría aleatoria

1 Xogador, Preguntas de uma Categoría elexida

2 Xogadores, Preguntas de uma Categoría elexida



 

terça-feira, 4 de abril de 2006

DIVULGAMAT


http://www.divulgamat.net/index.asp
DIVULGAMAT - Centro Virtual de Divulgación das Matemáticas, esta sendo desenvolvido pola Comisión de Divulgación da Real Sociedad Matemática Española (R.S.M.E.). Ten as seccións de: Retos Matemáticos, Historia das Matemáticas, Érase uma vez un Problema, Publicacions de divulgación, Textos en-linha, Exposicions virtuais, Cultura e matemáticas, Matemáticas en Acción, Recursos en Internet, e Enlaces de interés. Na sección de Historia ten incluso uma parte de Recuperación da Memoria, ou de Matemáticas e Política...

segunda-feira, 3 de abril de 2006

Meebo nas suas novas instalacións


http://www.flickr.com/photos/meebo/show/
Os amigos do meebo instalanse no novo local, en Silicon Valey. Mentras nos celebramos que xa está feita a versión galega e esperamos a sua proxima aparicion en linha, eles celebran o fin do traslado. Na ligazón podedes ver as fotos da festa e as novas instalacións. E desexarlhes sorte nesta nova andaina.(Arriba, onde di: Link)

domingo, 2 de abril de 2006

25 de Abril, a Revoluçao dos Cravos









O 25 de Abril de 1974 o Movimento das Forças Armadas (MFA) derrubou o regime de ditadura que durante 48 anos oprimiu o Povo Portugues. Restituindo a Liberdade aos Portugueses, con a Revoluçao dos Cravos, os militares de Abril acabaran tamben co ilhacionismo que a que Portugal estaba condenado ha xa varios anos. Solucionando o problema colonial, dando orixen a novos paises independentes, a Revoluçao dos Cravos foi movimento pioneiro de enormes transformacions democraticas en todo o mundo e demostrou que as Forças Armadas non están condenadas a ser un instrumento de opresion, podendo, polo contrario, ser un elemento libertador dos Pobos. Democratizar, Descolonizar e Desenvolver foi o lema que enton fixo regresar Portugal o foro das nacions libres e amantes da paz.


Mais na Asociaçao 25 de Abril ou no Centro de Documentaçao 25 de Abril da Universidade de Coimbra. Tamén podes consultar aqui uma boa cronoloxia


Que foi dos loitadores da libertade? Que foi de Dinis de Almeida? ou de Otelo Saraiva de Carvalho? Ou Vasco Gonçalves? por non falar de outros anteriores, que non chegaron a ver Abril, como Humberto Delgado, "O General sem medo" de quen tanto se debería falar en Espanha...


Os musicos de Abril, a musica de intervencion e os seus herdeiros, podes ouvilos aqui,


ou baixalos de aqui.


25 DE ABRIL, SEMPRE!!!

sábado, 1 de abril de 2006

"SALVEMOS MONTEFERRO" MANDOU UMA NOTA DE PRENSA OS XORNAIS GALEGOS, ELUCIDANDO A SUA POSTURA ANTE AS ULTIMAS NOVAS


Por se  non fose dabondo para que chegue ata o ultimo recuncho, os blogalegos podemos difundila


MONTEFERRO NON SE SUBHASTA


 


Como se da subhasta nunha lonxa de peixe se tratase, o proxecto de vía de circunvalación concebido para Monteferro por Deputación de Pontevedra, Goberno municipal de Nigrán e Comunidade de Montes de Panxón está sendo reprogramado á baixa, regateando metro a metro.


 


O movemento Salvemos Monteferro e a Asociación do mesmo nome recén constituída nacen da alarma social creada polo mencionado proxecto de vial e mais pola perda de masa forestal do monte provocada polas cortas salvaxes a que ven sendo sometido.


 


Os apoios masivos recibidos nestes dous meses escasos pola nosa campaña informativa evidencian o gran interés do pobo de Panxón, de Nigrán e de todas as persoas que tradicionalmente tiveron Monteferro como referencia recreativa e como símbolo paisaxístico, porque o monte non sufra ningún ataque aberrante deses ós que tan acostumados estamos por parte de autoridades e institucións sen conciencia ou, máis ben, coa conciencia de que todo debe ser urbanizado para maior beneficio de algúns.


 


Se unha rotonda de 36 metros de diámetro nun contorno forestal protexido é unha aberración, outra de 23 é a mesma aberración.


 


Para nós, o que ten que variar é a filosofía do proxecto: acondicionar os accesos actuais de forma respectuosa e adecuada, sen amplialos nin asfaltar tramos novos, resaltando, precisamente, o carácter de espacio natural do monte. Xusto o contrario do que Deputación, Goberno municipal e Comunidade de Montes pretenden, que non é outra cousa que un arremedo de bulevar urbano con farolas, rotondas, beirarrúas e dous carrís de circulación para un só sentido. E, tamén, traída de augas.


 


Asfalto, coches e farolas por todas partes, por toda a costa. Xusto tamén o contrario da protección que o monte necesita, como en toda Europa se practica. E logo o Alcalde di que Monteferro se pode converter en Parque Natural... ¿Parque Natural ou autoestrada?  ¿Viu algunha vez un Parque Natural?


 


Para levar a cabo o proxecto de circunvalación a Monteferro, aínda na versión suavizada de última hora, serán necesarios desmontes, movemento de terras e, por suposto, corta de máis árbores. Non queremos ver escavadoras devorando o monte.


 


Nin ten sentido nin é necesario: por que nunca houbo nin hai problemas de tráfico nin de aparcamento nin de seguridade vial en Monteferro. Non coñecemos accidente de circulación alí en moitos anos. Nunca houbo tal.


 


Ben se sabe que é práctica habitual nestes casos presentar un proxecto espantallo, esperar a contestación popular e, logo, diminuír a obra nuns pouquiños metros para que cole.


 


Salvemos Monteferro confía nos criterios que o actual goberno da Xunta de Galicia ven expresando publicamente e que aínda o pasado xoves explicitou no Parlamento de Galicia o presidente Touriño, de oposición á marbellización da nosa costa. “Debemos conseguir un gran pacto polo territorio que permita facer de Galicia un escenario de desenvolvemento sustentábel, de calidade de vida e de competitividade.” Ao tempo que avanzou tamén a creación dunha Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que terá a función de paralizar os proxectos que se probe que contribúen á degradación do espazo costeiro.”


 


Confiamos tamén en que a Consellería de Medio Rural exerza as súas competencias con carácter de urxencia: as cortas “a dafeito” que se veñen realizando (non por entresaca) e o propio vial proxectado, entendemos, están na ilegalidade.


 


Calquera deixación de funcións ou de competencias sería interpretado como unha burla extemporánea para esta xeira de esperanza.


 


Varias denuncias foron interpostas por particulares e esta Asociación prepara tamén os recursos legais pertinentes, ó tempo que reclama e solicita a mobilización social ante os atentados que se veñen xestando e producindo en Monteferro.


 


No Val Miñor, a 30 de marzo de 2006.