Total de visualizações de página

sexta-feira, 21 de abril de 2006

A Marbellización da costa galega, os Políticos e a Prensa


 


Vén sendo unha práctica habitual nos políticos do actual Goberno Galego falar de que van impedir a "marbellización" da nosa costa. Todo demasiado fermoso para ser real. É de todos sabido que os intereses en xogo son tan importantes que "os que moven os fíos" vanse a saír coa súa en moitos casos, sen reparar en medios para conseguilo. Xa hai moitos datos que apuntan nese sentido, vexamos senón o papel da prensa. Os periodicos galegos falaban non fai tanto da "marbellización", ou da "autopista en Monteferro" ou da Piscifactoría de Álvarez Cáscos na Praia das Catedrais (rede natura 2000) etc, caso este último que me fai saltar as bágoas. Dos inumerabeis recheos e portos deportivos xa non falaban tanto. Cal é a situación actual? que a prensa non di nin pio destes temas, ou se di algo é para desprestixiar aos que aínda resisten intentando defender a nosa costa. Este notório cambio de actitude resulta na miña opinión bastante sospeitoso. De ahi que vexo á prensa moi ben representada polo moniño da esquerda, o que nada di.



E que hai dos nosos políticos? Dos do anterior goberno non vale a pena perder o tempo en describir a serie de desatinos que aprobaron, especialmente cando decidiron aplicar unha política de terra queimada ao verse obrigados a abandonar o poder.



Do actual goberno galego pódense citar tantas declaracións cheas de "boas intencións" como se queira... non permitirán a marbellización das Rias Baixas... que posiblemente acaben sendo declaradas Reserva da Humanidade... ¿ou será cloacas da inhumanidade?
Todo iso é moi bonito, pero na práctica que?


Creo que os colectivos cidadáns e os ecoloxistas pronto empezarán a fartarse de pasear de Consellería en Consellería, para recibir en todas moitas palabras de ánimo, e a recomendación de "pedir cita" na seguinte Consellería... "porque non é competencia nosa"
Pero imos ver... pensan que a xente é parva? é posible que ninguén saiba de quen son competencia estes asuntos? é posible que as escasas veces que mandan parar algo, os politicos da dereita teñan a desvergoña de dicir "non imos facer nin caso do que diga o Goberno Galego"?. Parécevos unha boa representación do Goberno Galego, a que fan os outros dous moniños da foto, que non ven nin oen nada?



Fagamos unha pequena lista dos "disparates de que estamos falando, non vaia ser que non sexa para tanto. Por orde, de sur a norte:


"Autoestrada en Monteferro"


Campo de Golf en Chandebrito


Urbanización de Massó, en Cangas


Ronda en Sanxenxo


Urbanismo insostibel e ilegal en Pontedeume


Piscifactoría na Praia das Catedrais na Mariña lucense


Resumindo, como din os de ADEGA, do que se trata e de Urbanismo descontrolado: privatizar beneficios, socializar perdas. Os autores son catro listos de empresas poderosas, os complices xa os estades imaxinando...


 



 


 

Nenhum comentário:

Postar um comentário